1. 21 de marzo
DÍA DA POESÍA
ALGUNHAS TÉCNICAS PARA CREAR POESÍA.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA.
CEIP LÓPEZ FERREIRO.
CURSO 2014-15.
2. O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para
lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da
UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos
descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos
os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a
nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos
programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo
enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído,
para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento
dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na
emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos
xeográficos.»
(http://www.edu.xunta.es/biblioteca/)
Todos os exemplos dos poemas que aparecen a continuación,
proceden de libros existentes na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
3. POR ONDE EMPEZAR?
• É probable que che xurdan
ideas para escribir un conto,
para contar unha historia,
para expresar unha
información, pero… Como
expresar unha idea cunha
linguaxe poética?
• Con algunha destas
técnicas, comprobarás que
todos levamos un poeta ou
unha poetisa agochados.
• Que che parece se
empezamos?
4. TÉCNICAS DE REPETICIÓN.
• A repetición (dunha frase, dun retrouso, dunha
palabra, de preguntas, dunha onomatopea...), é
un dos recursos máis empregados na linguaxe
poética
• Esta técnica dálle ao poema ritmo, inquietude ,
alegría ou dramatismo segundo os casos. E na
lectura, permite realizar exercicios de
modulación de voz, ata ir creando intensidade
na recitación.
5. Repetición dunha frase ou pregunta.
Neste caso García Teijeiro usa unha
pregunta para marcar un ritmo que
dá impresión de cansazo.
Polo camiño amarelo
A onde?
Polo camiño vermello
A onde?
Polo camiño do ceo
A onde?
Polo camiño do vento
A onde?
Estou canso
e teño sono
Sento aquí
para agardar
a chegada
do
Outono.
A. García Teijeiro: As catro estacións.
Para seguir esta técnica, pensa nunha
pregunta e tenta contestala. Volve a formular
a pregunta e respóstaa. Se inventas un final
sorprendente…Composición feita!
E onde vas?
Vou ao río.
E onde vas?
Vou ás estrelas.
E onde vas?
Vou aos planetas.
E onde vas?
Vou aos camiños.
E onde vas?
Vou aos océanos.
E onde vas?
E de quen es?
Son dun sono…
6. REPETICIÓN DUNHA ONOMATOPEA
Uú-Uú,
Un moucho vai en autobús.,
Uú-Uú,
Leva un traxe azul de plumas.
Uú-Uú,
E de manicura, as uñas.
Uúuuuuuu…!
Gloria Sánchez : Rimas con letra.
Trátase dunha técnica
moi similar á anterior,
pero coas
onomatopeas
conséguese un maior
ritmo e musicalidade.
Chis-chis,
cantaba o martelo.
Chis-chis,
debaixo do medo.
Chis-chis,
no tempo das pipas.
Chis-chis,
xogaba ás canicas.
7. Repetición dun retrouso
A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado.
Na verde fror
As letras van de amor!
O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo.
Na verde fror
As letras van de amor!
No meio do río cambiaron as vistas,
el para o pano i ela prá fita.
Na verde fror
As letras van de amor!
Álvaro Cunqueiro.
• Neste caso, o que se repite é
unha expresión (retrouso) que
imprime misterio ao poema.
E Carapuchiña non tiña
nada con que comer.
E nas follas daquel bosque
vai medrando unha ilusión.
Dérallo todo ao lobo
e ela soíña quedou.
E nas follas daquel bosque
vai medrando unha ilusión.
8. Técnica do encadeamento
La plaza tiene una torre,
la torre tiene un balcón,
el balcón tiene una dama,
la dama una blanca flor.
Antonio Machado.
Neste caso, a última palabra dun
verso, empeza o seguinte. Para que
teña máis ritmo e musicalidade,
pode repetirse a mesma estrutura
sintáctica e rematar cun
encadeamento (recollida dos
elementos enumerados).
Cando ti cantas,
canta unha rosa.
Cando ti choras,
chora unha rosa.
Cando ti soñas,
soña unha rosa.
Cando ti ris,
rise unha rosa.
Cando ti cantas,
cando ti choras,
cando ti soñas,
cando ti ris…
Alumea unha rosa!
9. As definicións
• Para definir algo o mellor é exemplificalo cunha comparación (é coma,
semella, lembra…). Por exemplo: “As nubes brancas son como la de ovella”.
• Se o que facemos é identificar chegamos á metáfora, coas que podemos
crear preciosos versos.
As nubes brancas
son la de ovella
nun prado azul
cheo de estrelas.
H. Villar Janeiro: A campá da lúa.
10. Preguntas e respostas encadeadas
- Chucuruchú, onde vai a vella?
- Chucuruchú, a Redondela.
- Chucuruchú, que foi facer?
- Chucuruchú, buscar o sal.
- Chucuruchú, para que serve o sal?
- Chucuruchú, para facer o caldo.
- Chucuruchú, para que é o caldo?
- Chucuruchú, para lle dar ó can.
- Chucuruchú, para que é o can?
--------------------------
Combina tamén as técnicas
anteriores; é moi
empregada na literatura
popular para facer
recitados.
Fíxate nesta composición
extraída da páxina web de
Orella pendella, e que podes
seguir.
11. As adiviñas
Verde foi o meu
nacemento
de amarelo me vestín
e todos os que me cortan
choran por min.
Para estas composicións o
mellor é comezar facendo
comparacións, e intentar
buscarlle unha rima:
Son longo coma un cempés,
e pola vía sempre me ves.
As comparacións podemos
transformalas en metáforas:
Son un cempés;
camiño do dereito,
camiño do revés,
mais pola vía sempre me ves.
12. O aleluia
Tantarantán, tantarantiña,
o que non pensa non ten cabeciña.
Tantarantán, tantarantola,
o que non pensa non ten cabezola.
É unha das técnicas máis
sinxelas: hai que
compoñer pareados,
mesmo con palabras
inventadas, e pódense
enlazar.
Fíxate o efecto que
produce na seguinte
poesía popular, que
aparece recollida na
páxina web de Orella
pendella.
13. O limerick
É unha técnica proposta por Rodari. Trátase
de ir definindo un protagonista, indicar as
súas características e contar o que fai, as
reaccións…
Os resultados, achéganse á poesía do
absurdo, polo que son composicións
realmente creativas.
Fíxate como no poema da dereita se
resposta a estas cuestións:
o Quen?
o Cando?
o Onde?
o Como?
o Que fixo?
o Con quen?
Bartolo é un triste tolo,
un tolo louco semafórico.
Cando lle falas ponse colorado.
Cando che fala ponse verde.
Cando conversa co semáforo póñenselle
Ollos laranxa intermitente, ollos
de Bartolo, o tolo.
F. Alonso: Cidades.
14. Acrósticos
Nestas composicións, coa primeira letra de cada verso, fórmase unha palabra.
Para realizalos, é mellor pensar a palabra e logo ir compoñendo cada verso.
A este acróstico de Fran Alonso, que aparece no libro O meu gato é un poeta
parece que lle falta algo, non si? Proba a completalo.
15. Trabalinguas
• Nos trabalinguas abundan
as palabras inventadas para
dar sonoridade. Nós tamén
podemos formar palabras
diferentes.
• Fíxate na composición da
dereita que seguro vos
recorda outra moi coñecida.
• Recoñeces as palabras
inventadas?
• Nun niño de conchagarfos,
dous conchagarfiños hai.
Quen os desenconchagarfizare
bo desaconchagarfizador será.
M. Ginesta e X. Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar.
16. Chistes
• Para buscar o humor, as
rimas chocantes son un bo
recurso, ou as comparacións
hiperbólicas.
AnaMªFernández: Rimasconletra.
Teño uns zapatiños novos
ferrados con chocolate
e as biqueiras son de azucre;
¡mire “usté” que disparate!
Era un home tan pequeno,
tan pequeno, tan pequeno,
que subiuse a unha canica
e dixo:
“O mundo é meu!”
Polo A, amoriños,
polo E, pequeniños
polo I, pirulí,
polo O, potoploff!!
polo U, ai meu cú!
17. Caligrama
• Pódense convertir as
adiviñas en debuxos que
representen o que se ha
de averiguar. Hai que falar
do obxecto sen nomealo:
describilo, comparalo…
• Á esquerda, tes un
exemplo que Antón
Cortizas presnta en Vaia
Tropa!
18. Xogamos a cambiar
Arrolos: son cancións de berce ,
axeitados para cambiar as accións,
ben por contrarios ou por sinónimos
Este neniño pequeno
quen o vai aturular.
Súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar.
(Leilía)
Este neniño pequeno
quen o virá espertar.
Súa nai está lavando
e seu pai vai navegar.
(Poema transformado)
Se cambias os substantivos e, ou, os
adxectivos, comprobarás como se
transforma este poema:
Ai, lúa nena!
Flor caprichosa.
Flor exquisita.
Flor xenerosa.
Arrecendente,
lene e donosa.
Ai, lúa nena!
Flor vaporosa.
Flor transparente.
Flor ben fermosa.
A. García Teijeiro: Lueiro de papel.
19. Completamos
• Trátase de escribir complementos ou finais para
versos que parecen incompletos:
Medrou
unha planta.
Medrou
un amor.
Medraron
tres flores
no teu corazón.
A. García Teijeiro: As catro estacións.
Medrou nos teus beizos
unha planta de ilusión.
Medrou nos teus ollos
un fermoso amor.
Medraron na vida
tres flores coma tres soles
no teu , e no meu, corazón.
(Poema transformado).
20. Cambiar por contrarios
• Cos contrarios pódense
compoñer versos que
expresen ideas opostas.
Neste caso, García
Teijeiro xoga cos verbos
merco e vendo, pero
pódense empregar
centos: entro-saio;
teño-dou; collo-deixo…
Merco cunchas satinadas.
Vendo ondas brincadeiras.
Vendo lúas prateadas.
Vendo toxos e silveiras.
Vendo ventos, treboadas,
Horizontes ferruxentos.
Merco .
Vendo.
Vendo
Merco
e, por iso,
nada teño.
A. García Teijeiro. Lueiro de papel.
21. Poemas surrealistas
Podes coller un xornal e elixir un
artigo.
Recortas cada unha das palabras
que forman o artigo e méteas
nunha bolsa.
Agora saca cada recorte un tras
outro.Copia na orde en que saíron
da bolsa.
O poema parecerase a ti.
E ti es un escritor
infinitamente orixinal e
dunha gran sensibilidade.
22. E para rematar…
Ás veces o difícil é poñer un final .
As nenas e os nenos de Aguiño
investigaron na literatura oral , e
propoñen estes finais.
23. Para saber máis…
• Rosa Huertas: Poesía popular infantil y creatividad. Ed. CCS.
• Montse Ginesta e Xulio Cobas: Trabalinguas para xogar. Ed. Edelvives.
• Rosa Luengo: Animar a Leer… también poesía. Ed. Luis Vives
• http://juego-poetico.blogdiario.com/
• https://sites.google.com/site/diapoesiarecursos/
• http://menos-lobos.blogspot.com.es/2014/02/barquito-de-papel.html
• http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared
01/poesia/home.html