Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cancioneiro galego

5,454 views

Published on

  • Was a little hesitant about using ⇒⇒⇒WRITE-MY-PAPER.net ⇐⇐⇐ at first, but am very happy that I did. The writer was able to write my paper by the deadline and it was very well written. So guys don’t hesitate to use it.
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here

Cancioneiro galego

  1. 1. A SANTA MISA Celeb.- No nome do Pai... Pobo.- Amén Celeb.- Que o Señor sexa convosco Pobo.- E contigo tamén Acto Penitencial Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión, pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós, meus irmáns, que roguedes por min a Deus o noso Pai. Gloria Gloria a Deus no ceo, e paz ao seu pobo na terra. Noso Señor Deus, ri do ceo, Deus Pai todopoderoso; loámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste e dámosche grazas, pola túa inmensa gloria. Señor Fillo único Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai. Ti, que quita-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Ti, que quita-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración. Ti, que estás á dereita do Pai, ten piedade de nós; porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor, Ti, o único Altísimo, Xesucristo. Co Espírito Santo na gloria de Deus Pai..Amén. 1
  2. 2. Despois das lecturas Lector.- Palabra de Deus. Todos.- Grazas a Deus. Evanxeo Celeb.- O Señor sexa convosco. Pobo.- E contigo tamén. Celeb.- Lectura... Pobo.- Gloria a ti, Señor. Despois do Evanxeo Celeb.- Palabra de Deus Pobo.- Loámoste, Cristo Credo Apostólico Creo en Deus, Pai Todopoderoso. Creador do ceo e mais da terra. Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, noso Señor, que foi concibido por obra e graza do Espírito Santo e naceu de da Virxe María. Padeceu no tempo de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos. Ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu ao ceo, onde está á dereita do Pai, e de alí virá xulga-lo vivos e os mortos. Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na comuñón dos santos, no perdón dos pecados, na resurrección da carne e na vida eterna. Amén. Credo Nicenoconstantinopolitano Cremos nun só Deus, Pai omnipotente, Creador do ceo e máis da terra, do visible e do invisible. Cremos nun só Señor, Xesucristo, Fillo único de Deus, nado do Pai antes de tódolos séculos. Deus de Deus, luz de luz, Deus verdadeiro de Deus verdadeiro, 2
  3. 3. xerado e non creado, da mesma natureza có Pai. Todo foi feito por El, que por nós os homes e para a nosa salvación baixou do ceo e, por obra do Espírito Santo, encarnou no seo da Virxe María facéndose home. Tamén por nós foi crucificado no tempo de Poncio Pilato, sufriu a paixón e foi sepultado; resucitou ao terceiro día conforme ás Escrituras e subiu ao ceo, onde está á dereita do Pai. Virá de novo con gloria para xulgar aos vivos e aos mortos, e o seu reino non terá fin. Cremos no Espírito Santo, Señor e fonte de vida, que procede do Pai e do Fillo, que co Pai e co Fillo recibe unha mesma adoración e gloria, e falou polos profetas. Tamén cremos na Igrexa, que é unha santa, católica e apostólica. Recoñecemos un só bautismo para o perdón dos pecados. Esperamos a resurrección da carne e tamén a vida eterna. Amén. Presentación do pan e do viño Pobo.- Bendito sexa Deus, agora e sempre. Celeb.- Pregade... Pobo.- O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para loanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa santa Igrexa. Diálogo do prefacio Celeb.- O Señor sexa convosco Pobo.- E contigo tamén. celeb.- Erguede os corazóns Pobo.- Témolos postos no Señor Celeb.- Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus. Pobo.- E digno e de xustiza Santo 3
  4. 4. Santo, santo,santo es Ti, Señor, Deus do universo. Enche-lo ceo e maila terra coa túa gloria. Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo! Despois da consagración Celeb.- Velaquí o misterio da nosa fe Pobo.- Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección. Ven, Señor Xesús! Noso Pai Noso Pai que estás no ceo; santificado sexa o teu nome, veña o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Danos hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal. Despois do Noso Pai Celeb.- Líbranos... Pobo.- Pois teus son o reino, o poder e maila gloria por sempre eternamente. Celeb.- A paz... Pobo.- E contigo tamén. Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo: Ten piedade de nós Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo: ten piedade de nós. Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo: dáno-la paz. Celeb.- Este é o Año... Pobo.- Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa 4
  5. 5. abonda para me salvar. Celeb.- O Señor sexa convosco Pobo.- E contigo tamén Celeb.- Bendígavos... Pobo.- Amén Celeb.- Podedes ir... Pobo.- Deámoslle grazas a Deus. 5
  6. 6. Tempo Ordinario 1. CANTOS DE ENTRADA 1.- Fagamos da misa unha festa Fagamos da misa unha festa, Cantando a Ledicia da fe, pequenos e grandes cantemos, loanzas ó Deus que nos quer ( bis) 1.- Non quedes ollando de lonxe, Belezas tan grandes de amor,Comparte connosco a mesa, Darémosche todos calor. Fagamos... 2.- Para todos hai sitio na festa, A festa da fe e da luz Fogar que entre todos queremos, Encher de esperanza en Xesús. Fagamos... 2.- Con ledicia vamos todos ao altar Con ledicia vamos todos ao altar que o Señor con El nos convidou imos ser sagrarios vivos pola fe, testemuñas a apóstolos de amor. 1.- camiñarei xuntos aos irmáns e vivirei con ilusión. E con ledicia cantarei, pois o Señor comigo está. Vente comigo ti tamén cantarás. (bis) 2.- Irei así deixando paz sendo a túa luz, sendo o teu sal. E co Espírito de Deus a súa palabra vivirei; non quedes solo ven comigo a ser feliz. (bis) 3.- Con ledicia vimos Con ledicia vimos,onda ti, Señor, somos peregrinos, famentos de amor, es Ti o camiño que hai que andar, a palabra amiga e mailo pan, para nós camiñar. 1.-Ti dixeche un día que diante do altar quen rifou con outro ten que perdoar, 6
  7. 7. e deixando a ofrenda, darlle unha aperta ao irmán, voltando axiña rezarlle a Deus Pai. 2.- Coma desterrados sen patria nin lar, no teu agarimo buscámo-la paz, as nosas canseiras poñémolas neste altar para amasalas, Señor, co teu pan. 4.- Que ledicia a miña Que ledicia a miña, xa están aos meus pés, pisando o vieiros da casa de Deus. (bis) 1.- Coas súas mans milagreiras, El fixo o ceo, fixo o mar, canto rebule na terra, canto rebule no mar. 2.- El é un Pai que nos quere, dono da vida e da paz; sempre connosco camiña, sempre nos leva da man. 3.- Hoxe chegamos gozosos, a comparti-lo teu pan, escoita-la túa palabra, e sentirnos coma irmáns. 5.-Que ledos hoxe estamos Que ledos hoxe estamos, cantando a nosa fe! a fe en Xesucristo, amigo que nos quer! 1.- El ten verbas de vida, El ten xestos de amor, El quere invitarnos, El quere dar calor. 2.- El guía os nosos pasos, El ten conta de Nós. Seguros imos todos, da man do Salvador. 6.- Temos una festa Temos unha festa ó pé do altar, Deus é quen convida: vide logo irmáns. Temos unha festa ó pé do altar, se Deus nos convida, iremos alá. 1.- Encherémo-la igrexa de flores, lucirémo-las roupas mellores,pois a festa é festa rachada, porque en Deus temos posta a esperanza. 2.- Xuntarémo-las voces rezando, louvarémo-los cos nosos cantos.A súa mesa collerémo-los folgos, para logo servi-lo nos outros. 7
  8. 8. 3.- Sentirémo-la súa presenza nos irmáns que comparten a festa.E despois renovados iremos, polas rúas anunciando o Reino. 7.- Unha xuntanza de amor Unha xuntanza de amor temos aquí, (bis) pois precisamos que Ti nos queiras, que Ti nos fales, connosco vivas. (bis) 1.- Mentres na terra, Señor, exista a dor, (bis) nós non queremos vivir alleos ó sufrimento de quen padece. (bis) 2.- Cando o triunfo do irmán faino feliz, (bis) nós compartimos con el o gozo, a súa ledicia, a súa sorte. (bis) 3.- Pasa por isto, Señor, a nosa fe, (bis) vivir a fondo o amor fraterno, preto da vida, da vida enteira. (bis) 8.- Ei, meus irmáns Ei, meus irmáns, aledarvos neste día do Señor. (bis)Víndelle cantar e pregar ó noso Deus. (bis) 1.- Noso Señor un convite está a preparar, e somos nós os convidados do seu altar. 2.- Noso pregar, xunguidiño ó de Xesús, vainos gaña-los merecementos da súa cruz. 9.- Camiñando pola vida Camiñando pola vida, co frescor dunha cantiga, camiñando toparemos o amor. Camiñando todos xuntos, nas ledicias e nas dores, camiñando atoparemos ó Señor. 1.- Ai, Señor, envía o teu alento, el hanos animar; ai, Señor, se temos novos folgos, voltaremos a cantar. 2.- Ai, Señor, que o pobo está moi canso, de tanto camiñar; ai, Señor, que xa todos preguntan, polo viño e polo pan. 3.- Ai, Señor, que che é duro o camiño, e queima moito o sol;ai, Señor, que xa non abro os ollos, coas areas e coa dor. 8
  9. 9. 10.- Vinde axiña Vinde axiña compañeiros, vinde hoxe pra festexar, a ledicia polos anceios, de comparti-lo viño e o pan. 1.- Vinde, vinde galeguiños, vinde mozas, rapaces chegade, e traede tamén ós meniños, que a festa da vida está a comezar. 2.- Vinde, vinde, aldraxados, vinde pobres, famentos chegade, e traede tamén ós coitados, que a festa da Vida está a comezar. 3.- Vinde, vinde garimosos, vinde xustos, os ledos chegade, e traede tamén ós gozosos, que a festa da Vida está a comezar. 11.- Andarei na presenza Andarei na presenza do Señor, camiñarei por camiños de vida ,hei de escoitar a palabra que El nos dá, pois é a luz que nos guía. 1.- Camiñando polo mundo, imos indo cara o Alén. peregrinos no deserto: ven connosco, Deus amigo. Cando as tebras nos envolvan, fainos ver a túa luz, para acertar no camiño. 2.- Cando andamos na maldade, na inxustiza ou na mentira,destruíndo o home novo que das túas mans saíra. Fainos ver a túa luz, ven connosco Deus amigo, para trocar morte en vida. 3.- Cando nos falten as forzas pra seguir os teus vieiros, e nos sintamos vencidos por atrancos do inimigo. Ven connosco, Deus amigo, fainos ver a túa luz, para chegar ao destino. 12.- Camiñarei na presenza do Señor Camiñarei na presenza do Señor, camiñarei na presenza do Señor. 9
  10. 10. 1.- Amo ao Señor porque escoita a miña voz suplicante, porque achega a min o seu oído, no día que o invoco. Amo ao Señor, porque escoita a miña voz. 2.- Envolvíanme lazos de morte, atopeime en apuro e aflición, invoquei o nome do Señor, Señor, salva a miña vida. 3.- Amo ao Señor, porque escoita a miña voz. 2.-PERDÓN / GLORIA 13.- Arrepentido Arrepentido de vivir sen sentido, percorrendo camiños que se arredan de Ti. Arrepentido das xornadas baleiras e do tempo perdido que pasou ante min. 1.-Arrepentido de esquecer os proxectos e matar o ideal de vivir coma Ti. Arrepentido de negar o sorriso ou a axuda precisa a quen pasa onda min. 2.- Arrepentido de palabras sen vida, de amizades feridas que se foron de min. Arrepentido coma o fillo perdido, volvo a casa e confío que me esperas alí. 14.- Gloria a Deus 1.- Gloria a Deus, Gloria a Deus, Gloria ao Pai (bis). a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén.(bis) 2.-Gloria a Deus, Gloria a Deus, Gloria ao Fillo (bis). a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén. (bis) 3.-Gloria a Deus, Gloria a Deus, Espírito Santo a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén. (bis) INTERLECCIONAIS 15.- Escoita ao Señor Escoita ao Señor, pois El contigo está, 10
  11. 11. Queréndoche falar, no teu mundo interior. 1.- Abre as túas portas, deixa entrar o sol, Son verbas de esperanza que che trae o Salvador. 2.- Deixa que reluzan, dentro do teu ser As luces florecidas da palabra do teu Deus. 16.- Xesús é Señor Xesús é, Xesús é Señor ( 3 veces) Aleluia, aleluia ( 3 veces) Gloria a Deus, gloria, gloria a Deus ( 3 veces) 17.- Aleluia o Señor resucitou Aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, o Señor resucitou. (bis) O Señor resucitou, cantemos con alegría, deamos grazas ao Señor, aleluia. (bis) 18.- Douvos un mandato novo Douvos un mandato novo, douvos un mandato novo, que é amar, que é amar, como eu vos teño amado. (bis) 19.- Ditosos os que temen ao Señor Ditoso os que temen ao Señor, e van polos seus camiños. 1.- Ditosos os que temen ao Señor, os que seguen os seus camiños, comerás do traballo das túas mans. Serás ditoso, serás afortunado. 2.- A túa muller coma parra fecunda, no interior da túa casa, os teus fillos coma gromos de oliveira, arredor da túa mesa. 11
  12. 12. 3.- Así será bendito o home que tema ao Señor, que o Señor te bendiga desde Sión, e goces coa prosperidade de Xerusalén, tódolos os días da túa vida. 20.- Amóstrame, Señor Amóstrame, Señor, os camiños da vida, amóstrame, Señor, os teus camiños. 21.- Canta, aleluia Canta, aleluia, aleluia ó Señor. Canta, aleluia, aleluia ó Señor. 1.- Non me afastarei de darche a Ti, todo canto sinto, toda a miña fe, Señor. 2.- Ti que tanto loitas e penas por nós, non nos mandes angurias, perdóanos Señor. 22.- Canta o sol Con tódalas criaturas, entoemos a canción, que día e noite se canta a gloria do Creador. canta o sol, canta o mar, canta todo canto hai. Con tódolos redimidos cantamos de corazón os que fomos liberados por obra do seu amor. canta o sol... Canta o sol que nos visita desde o amencer ó solpor, cantan as tebras da noite: todo che canta, Señor. canta o sol Canta o neno, canta o vello, canta a mocidade en flor; cántache a idade adulta: todos che cantan, Señor. canta o sol Cántanche tódalas cousas 12
  13. 13. ó veren que os días son chanzos por onde subiren a escada das perfección. canta o sol Cántanche tódalas xentes que Xesucristo salvou, ó veren como as renovas co teu alento de amor. 23.- Cantade ao Señor Cantade ó señor, cantade ó Señor unha cantiga nova.Cantade ó Señor, cantade ó Señor.Aleluia. 1.- Anxos de Deus bendicide ó Señor, estrelas do ceo, bendicide ó Señor. Mencer e crepúsculo, bendicide ó Señor, noites e tebras, bendicide ó Señor. 2.- Paxaros do ceo, bendicide ó Señor. Prados e colleitas, bendicide ó Señor, peixes dos mares, bendicide ó Señor. 24.- Contade as marabillas Contade as marabillas do Señor a tódalas nacións. Contade as marabillas do Señor a tódalas nacións. 1.- Que o Señor teña piedade de nós, agarimándonos coa súa bendición, que alumee os nosos pasos coa luz dos seus ollos, que o mundo coñeza os seus camiños. 2.- Que lle canten lediciosas as nacións, pois El goberna a terra con xustiza, domina con rectitude a tódalas xentes que te respecten dunha extrema á outra do mudo. 25.- A Túa Palabra A túa Palabra é o meirande ben, dános a esperanza, mantennos na fe, dános a esperanza, mantennos na fe. 13
  14. 14. 26.- Escoita ti Escoita, ti, a palabra de Deus, escoita cos teus oídos, tamén co teu corazón. Escoita, ti, a Palabra de Deus, e estate sempre atento a súa voz. 1.- Permítelle entrar dentro do teu corazón e na túa mente dálle o seu valor. Vívea, vívea na vida real; pola túa vida que chegue ós demais. 2.- Se son as túas mans instrumentos de Deus, dálle o pan ó pobre, faite a súa voz. Ama a Deus, ama a Deus, amando aos irmáns, escoita a Palabra aberto ós demais. 27.- O Señor é o meu Pastor O Señor é o meu Pastor, nada me falta; o Señor é o meu pastor, sempre vai comigo. (bis) 1.- Ós pastos verdescentes me leva a repousar,me leva a refrescar nas augas tranquilas. 2.- Repón as miñas forzas polas vereas rectas,seguro me coñece por mor do teu nome. 3.- Nas valgadas sombrías ningún mal vou temer, ó pe do teu caxato sentín o sosego. 28.- Como che cantarei ? Cómo che cantarei, meu Deus, cómo che cantarei? Cómo che cantarei, meu Deus, tan pouca cousas eu son? 1.- Ti estás nos montes e no mar, enches a esperanza deste día grande, andas sempre cabo nós. 2.- Non miras na xente o poder, 14
  15. 15. T es Pai de todos, Ti es Pai dos pobres, andas sempre cabo nós. 3.- Chámasnos a todos pra facer, unha terra nova con máis irmandade, andas sempre cabo nós. 29.- Salvador do mundo Salvador do mundo, sálvanos ( 3 veces) CREDO 30.- Credo dos nenos Creo en Deus Pai, creo en Xesús, Creo no Espírito de amor (bis). 1. No Creador eu creo que fixo o ceo; no Pai que quere a vida e ama os nenos. 3. Creo que Cristo vive resucitado, e que se fai presente nos máis pequenos. 4.- OFERTORIO 31.- Recibe, Señor 1.- Recibe, Señor, co pan e co viño, o froito da nosa suor. 1.- A inquedanza das xentes do mar, a laboura dos nosos labregos, A angustia de quen non traballa, as dores dos nosos enfermos. 2.- A morriña de quen está lonxe. A tristura dos que teñen menos, a soidade dos nosos maiores, a esperanza de tódolos nenos. 32.- Eiquí están 15 2. Creo en Xesús o Fillo, palabra eterna que de María Virxe se fixo neno. 4. Creo no Santo Alento do Pai e o Fillo, fonte de vida e graza para os máis pequenos.
  16. 16. Eiquí están, Señor, enriba do altar, os bens que ofrecemos co viño e co pan. 1.- A paz dos fogares, as raiolas do sol, o sorriso dos nenos, a ledicia e o amor. (bis) 2.- A dor do que sofre a tristura ao loitar, a inquedanza dos xoves, o traballo cotián. (bis) 33.- Cantádelle ao Señor Cantádelle ao Señor unha cantiga nova, cantádelle, cantádelle unha cantiga triunfal. 1.-Cántenlle a nube e o mar, a vela e o vento; cántelle o cume e o chan a fonte e eido. Cántelle a chousa e o val a auga e o rego. Cántelle o pobo cristián un cántico ledo. 2.- Cántenlle a barca e o con, a neve e a terra; cántelle a brisa e o sol, o lume e a esca. Cántenlle a uva a flor, o mel e a herba. Canten connosco ao Señor cantares de festa. 3.- Cántenlle a lebre e a luz, o fume e o río; cántelle o leste e o sur, o carro e o trigo. Cántelle o forno e a uz, o prado e o grilo. Todos cantemos en un, un canto festivo. 34.- Gracias, Señor 1-Gracias, Señor, na mañá; gracias polo novo día; gracias tamén polo pan que nos das na Eucaristía. Gracias por Nosa Señora pola paz de cada hora gracias por Nosa Señora. (bis) 2-Gracias, Señor, polo amor que mantén ó peregrino don que compartes, Señor; facendo o noso camiño; gloria ó Pai, gloria ó Fillo, 16
  17. 17. gloria ó Espírito Santo, Eternamente. Amén. (bis) 35.- Loade, servos do Señor Loade, servos, do Señor, loade o nome do Señor. Aleluia, aleluia. 1.- Bendito sexa o nome do Señor, agora e por sempre, dende a saída do sol ó solpor, loado sexa o nome do Señor. 2.- Sobre tódolos pobos é excelso o Señor, sobre o ceo a súa gloria. Quen coma o Señor o noso Deus, que elevado no seu trono mira ó ceo, e a terra. 3.- El ergue do po aos indixentes, levanta da varredura aos pobres, para darlles asento cos príncipes. Os príncipes do seu pobo. 36.- Na nosa terra 1.- Na nosa terra, regalo de Deus, facemos a ofrenda do pan. O pan do noso traballo sen fin e o viño do noso alalá. Dentro de nós un moi fondo desexo: amar a xustiza e a paz, Saber que virás, saber que estarás partíndolle ós pobres o pan. (bis) 2.- A escravitude da xente labrega envolta en traballo e suor; A súa arela aberta e sincera, chegar a un futuro mellor. Unha Galicia esperta e ergueita nos brazos dos homes de ben. 3.-A forte loita de tanto emigrante, o esforzo dos homes do mar; bagoas dos vellos que morren soíños, e cansos de tanto brear. Na bandexiña da nosa oblación Acepta a vida, Señor. 37.- Velaqui, Señor, o viño 17
  18. 18. Velaquí, Señor, o viño froito das nosas videiras, e o pan de trigo arrincado ó lentor das nosas leiras. O mar, as estrelas, os ríos , o sol, os prados, as leiras, para Ti, Señor. Tamén traemos as penas, as angurias, inquedanzas, as ledicias, a beleza, a nosa fe e esperanza . 5.- SANTO 38.- O Señor noso Deus 1.- O Señor noso Deus, todo o mundo bendí. Todo o mundo proclama e cantando lle di: SANTO, SANTO, SANTO É O SEÑOR, SANTO, SANTO, SANTO É O SEÑOR 2.- Hosanna, hosanna. bendito o que ven, o que vén no nome do Señor. 39.- Santo es Ti, Señor da vida Santo es Ti, Señor, da vida, Santo es Ti, Deus, do universo, Santo es Ti, Deus, que agarimas coa túa gloria os nosos ceos. Santo es Ti, Deus, da alborada, que abres a noite dos tempos, e fas medrar a esperanza, dos pobres e dos pequenos. Hosanna e benia ao Fillo, que ven traer a salvación, tamén nas terras do Miño, hosanna ao noso Señor ( bis) 40.- Hosanna Hei 18
  19. 19. Hosanna hei, Hosanna ha, Hosanna hei, Hosanna hei, Hosanna ha. 1.- Ti es o Santo, es o Fillo de María, es o Deus de Israel, es o Fillo de David. 2.- El é o Cristo, é o unificador, é Hosanna nas alturas, é Hosanna no amor. 41.- Os ceos e a terra 1.- Os ceos e a terra cubertos de gloria, o universo enteiro aclama ó Señor, unamos as voces ós anxos do ceo, cantemos a Deus Redentor. Hosanna no ceo, Hosanna na terra, hosanna ó noso Señor. 2.- O Santo dos Santos estivo entre nós, naceu de María pra ser Salvador. Hosanna no ceo, hosanna na terra, hosanna ó noso Señor. 42.- Santo Santo, santo, santo es ti, Señor, Deus do universo. Enches o ceo e maila terra coa túa gloria. ¡Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor. ¡Hosanna no ceo! 6.- NOSO PAI 43.- No camiño No camiño do amor, sementaremos todos nós, Lumieiriñas de esperanza e liberdade. Xesús quero o teu perdón, E sempre buscar compaixón, A irmandade que nos une a ti Señor. Noso Pai, en ti cremos. Noso Pai, te ofrecemos. Noso Pai, estar nas mans de irmáns. ( rezo e ecos de fondo ) 19
  20. 20. Noso Pai... 44.- Pai do ceo Pai do ceo Ti que estás, nos que aman a verdade, fai que o reino que xa comezou, chegue axiña ao noso corazón, e o amor que o teu Fillo nos deixou, ese amor. Estea xa, connosco. E no pan da unidade, Cristo, danos Ti a paz. E esquécete do noso mal, se esquecemos, nós, o dos demais. Non permitas que caiamos na tentación, Oh,Señor, e ten piedade do mundo. 7.- PAZ 45.- Que veña a paz Que veña a paz a nosa terra (tres) que veña o ben ( tres) que veña Deus ( tres ) 46.- Fagámola paz Fagamos a paz irmáns, fagamos a paz, a paz entre nós. 1.- No medio das nosas familias, no centro do noso fogar. 2.- No eido dos nosos traballos, no esforzo dun digno vivir. 47.- Téndeme a túa man Téndeme a túa man, que a miña está aberta, teño lume no fogar. Téndeme a túa man, que a miña está aberta non me fagas esperar. 48.- Démonos todos a man 20
  21. 21. Démonos todos a man. Démonos todos a man, irmáns, irmáns, démonos todos a man. 1.- Unha man para o camiño, unha man para axudar, unha man para quen chora, unha man para perdoar. 2.- Unha man para o cansado, unha man para soster, unha man para quen chega, unha man para querer. 8.- COMUÑÓN 49.- No colo da miña nai No colo de miña nai escoitei que morreras por min, e aínda é hoxe o día que creo en Ti. ( bis) 1.- Véxote andar polos camiños, cheos de po do teu país, os pecadores a xente pobre e os enfermos buscar por Ti. 2.- Véxote andar onda os amigos, sentarte á mesa, falar de amor; tornar os medos, amar a vida, espallar azos ao teu redor. 3.- Vexo a mañá en que rexordes, á vida nova que agardo eu, marchar a noite, chegar o día, facerse o mundo Reino de Deus. 50.- Gracias, Señor 1.-Pola vida que regalan os teus dedos, polo sol que nos esperta cada alba, pola noite que agarima os nosos soños, pola lúa que nos enche de nostalxia. Gracias, Señor, graciñas.(bis) 2.- Polos cumes onde raia a luz do día , polos vales froitidores da fartura, polos mares polivantes de inquedanza, pola calma, polo vento e pola chuvia. Gracias, Señor, graciñas.(bis) 21
  22. 22. 3.- Polos nenos en quen brilla o teu sorriso, pola idade na que o amor con forza bate , pola aquela en que a fe se madurece, pola hora na que a vida é señardade. Gracias, Señor, graciñas.( bis) 4.- Pola casa e mais o pan, polo traballo, pola busca dos que labran e non teñen, polo empeño comunal de uns e outros, polo albor do mundo xusto que pretendes.Gracias,Señor, graciñas. (bis) 51.- Acharte presente Acharte presente na vida, fiarme de Ti sen te ver, levar unha luz acendida, querer e deixarse querer. 1.- Andar canda ti o camiño, vibrar ó sentirte falar, tomar o teu pan e o teu viño, doerme de verte marchar. 2.- Prender no teu lume unha tea, saber acoller a quen vén, doar a quen nada me dea, partir co irmán que non ten. 3.- Abrirche se petas na porta, deixarte sentar no meu lar, saber o que oírte me aporta, quedarme contigo a velar. 52.- Señor Xesús Señor Xesús, bendito sexas, Señor Xesús, bendito sexas, Señor Xesús, bendito sexas, Señor Xesús, bendito sexas. 1.- Por todas as criaturas, polo sol e pola lúa, polo vento e as estrelas, pola auga e polo lume. 2.- Pola irmá naiciña terra, que de nós terma contenta, pola herba, flor e froitos, polos montes e os mares. 3.- O sentido desta vida é cantar o teu amor, e que toda a nosa vida, sexa sempre unha canción. 22
  23. 23. 53.- Pan do ceo Pan do ceo, pan da vida no que Cristo está presente. O que come deste pan vivirá eternamente. (bis) 1.- Que se acheguen os famentos de verdade e de xustiza,e atoparán a fartura na mesa da Eucaristía. (bis) 2.- Os que sentides a sede dos sedentos de auga viva, vinde beber xubilosos na fonte da Eucaristía. ( bis) 3.- O banquete do Señor é unha mesa de irmandade, vinde vestidos de festa cantándolle á liberdade. 4.- Achegádevos a Min os anguriados da vida, serei o voso agarimo e enchereivos de ledicia. (bis) 5.-O que coma do meu Pan vivirá eternamente; o que beba do meu sangue ha de ser sempre inmorrente. (bis) 6.- Xa non vos chamarei servos,heivos de chamar amigos,gardando as miñas palabras serédelos meus testigos. 7.- Vós sodes o sal da terra, vós sodes a luz do mundo. Permanecede comigo para dar froito dabondo. (bis) 54.- Ti es o pan do ceo Ti es o pan do ceo, novo maná, que para a nosa vida, o Pai nos dá. 1.- Eu son o verdadeiro Pan que do ceo veu, non coma aquel primeiro que Moisés nos deu. 2.- Eu son o Pan da vida que non se acabará, o que ben me reciba, por sempre vivirá. 3.- Eu son o manantío, veña beber en min quen queira ter un río vivo dentro de si. 23
  24. 24. 4.- Eu son a luz do mundo: o que comigo vén, non anda máis no escuro, senón na luz da fe. 5.- Deixade que os meniños se acheguen onda min, pois é dos pequeniños o Reino que ha de vir. 55.- Ide e pregoade Ide e pregoade a nova de Deus. Ide e pregoade a nova de Deus. Ide e pregoade polo mundo enteiro. Ide e pregoade a nova de Deus. 1.- Escoitei a túa voz no fondo da alma, oín que chamabas, Señor; deixei os airiños, aires da terra, escollín outros mares, meu Deus. 2.- Camiñabas con presa, non tiñas acougo, notei as urxencias do amor; falabas de eidos, terras lonxanas onde a vida non pode esperar. 3.- Eran certas, Señor, as túas palabras; abrín os meus ollos e vin, semente do Reino, xente famenta e que loita por crer e vivir. 56.- Todos xuntos Todos xuntos coas mans unidas, guiados pola forza do amor, cruzaremos as montañas e os outeiros e faremos que brille un novo sol, ollaremos máis estrelas encendidas, sentiremos que connosco está o Señor. 1.- Se queres camiñar sendo ti mesmo, non te ates con cadeas para andar: libérate de todo o que escraviza, de todo o que non te deixa pensar. Se ves alguén que sofre no camiño, ten fame ou ten sede ou queda atrás, 24
  25. 25. non pares ata que siga contigo, que todos xuntos temos que chegar. 2.- Agora que es xove e sorrís, reparte xuventude cos demais, sementa ilusión por todas partes, ensina a mirar alén do mar. Loitemos polas augas transparentes, polo aire sano para respirar, por unha terra con froito abundante, por deixar ceibe a pombiña da paz. 57.- Ti es camiño e verdade Ti es camiño e verdade.Ti es a vida ,Señor, a carón teu encontramos luz, agarimo e calor. Aquí vimos confiados, aquí chegamos, Señor. Aquí comemos teu corpo, sinal de agarimo e amor. Ti coidas dos paxariños, das ás flores linda cor, da túa man agardamos canto nós temos, Señor. Aquí... Ti acaricias os nenos, na praia escolles a Xoán. Deixa, Señor, que a túa beira sempre poidamos estar. Polos camiños da vida quen queira seguro andar, veña beber deste viño, veña comer deste pan. 58.- Eu soñei que algunha vez Eu soñei que algunha vez, todo o mundo era un fogar, todo o mundo unha familia, unha familia universal. Unha casa que eu soñei, coas portas sen pechar, todo o mundo unha familia, unha familia universal. 1.- Xa se abren fronteiras e caen os muros, e téndense as mans e vívese en paz, e fálase en linguas e rézase unidos, sen medos podemos cantar. 2.- Destrúense as armas, abáixanse os montes, 25
  26. 26. o mar xa non brúa e amaina o trebón. E come o famento e o pobre respira, cantando sen medo a canción. 59.- Xa nos dixo Xesús Xa nos dixo Xesús, onde está o noso lar, onde está o noso Pai, e os nosos irmáns.Xa nos dixo Xesús, que debemos amar, sen facer distincións aos nosos irmáns. 60.- Non vou só 1.- Unha certeza nos guía ao longo do camiñar,por iso imos a Ti, alegremente a cantar,por iso imos a Ti, alegremente a cantar. Non vou só, teño un amigo ao meu lado, non vou só, eu sei que Deus está comigo. (bis) 2.- Brilla no ceo unha estrela, pra iluminar o camiño, para que vexa ao Señor, no rostro do meu veciño. para que vexa ao Señor, no rostro do meu veciño. 3.- Cando a xornada for dura,e a forza xa che faltar, levanta os ollos ao ceo, só Deus te pode axudar, levanta os ollos ao ceo, só Deus te pode axudar. 61.- Déixate querer Déixate querer, déixate querer, déixate querer por El. (bis) 1.- Non poñas trabas ao teu amigo, non teñas medo a compartir,as inquedanzas dunha amizade, que ten de froito feliz vivir. (bis) 2.- Vente connosco e fagamos vida, preto do amigo, no seu fogar,alí quentiños acadaremos moi grandes pulos pra camiñar.(bis) 3.- Se ti es xove, se tes esperanza, non perdas tempo en responder,acolle a voz dun bo Amigo, que nunca falla, que ben te quer.(bis) 62.- Oh, Señor, escólleme Oh, Señor, escólleme para facer de min un pregoeiro cotián, dos froitos da túa paz. 26
  27. 27. 1.- Alí onde haxa odio, poña eu o amor, alí onde haxa ofensa, poña o teu perdón. 2.- Onde hai liortas poña, eu axuntamento Alí onde haxa dúbida, poña a luz da túa fe. 3.- Alí onde haxa erro, poña eu a verdade. Onde hai desespero, poña eu esperanza. 4.- Onde haxa tristura, poña eu a ledicia. Alí onde haxa tebras, poña a túa luz. 63.- Quédate, Señor, connosco Quedate, Señor, connosco. Non nos deixes da túa man. Precisamos dos teus folgos, neste noso camiñar. 1.- Somos famentos do pan da túa mesa Ai!, dános sempre, Señor, deste pan! 2.- Ti que alixeiras os xugos pesados, os nosos xugos ven alixeirar. 3.- Quen teña sede, dixeches un día, beba dabondo do meu manancial. 4.- As túas verbas son de vida eterna, fálanos Ti verbas de eternidade. 5.- Como noutrora cos dous de Emaús, dignate hoxe connosco quedar. 64.- Eu sei de quen me fiei (Comuñón / oración) 1. “Eu sei de quen me fiei” Ti serás o meu camiño o Pastor dos verdes prados compañeiro e peregrino. “Eu sei de quen me fiei”, pois Ti mesmo vas comigo. Camiñarei na Verdade 27 Sinto a túa voz amiga alá no fondo da alma e quero seguila sempre a onde queira que vaia.
  28. 28. e serás o meu destino. 2. “Eu sei de quen me fiei”: ó buscar sentido á vida, escoitei a túa Palabra e procurarei seguila. “Eu sei de quen me fiei” ó chamarme noite e día. Fun tras de Ti de contado e prendado quedaría. 3. “Eu sei de quen me fiei” cando che respondín si. Enchíchesme de ledicia fixéchesme home feliz. “Eu sei de quen me fiei” e renacín na esperanza para anunciar sen desmaio a Vida que todo alcanza. 65.- Onde hai caridade (Comuñón) Onde hai caridade, onde hai amor, Deus alí está (bis). 1. Congregounos na unidade o amor de Cristo, exultemos e gocemos todos nós por iso. 2. Respectemos e amemos o Deus sempre vivo e entre nós brille un amor recíproco e cumprido. 3. Pois que adoito nos reunimos en comunidade, evitemos que as distintas mentes nos separen. 4. Arredemos as a liortas, cesen as querelas pra que Cristo Deus estea sempre á nosa beira 66.- Cristo é quen convida (Comuñón) Vinde á Eucaristía para comungar. Cristo é quen convida por nós feito Pan (bis). 28 Es Ti, Xesús, meu amigo es Ti a voz garimosa, es Ti quen pode saciarme esta sede tan ansiosa. Quero ser un mensaxeiro gozoso e con ilusión: hei de anunciar ós irmáns que Xesús é salvación.
  29. 29. 1. Pan que vén do Ceo para nos manter; pan que é Pan de Vida para non morrer. 2. Pan que nos converte en sinal de unión; pan que, o repartilo, multiplica o amor. 3. Pan que Cristo parte cos dous de Emaús; pan que nos descobre o mesmo Xesús. 9.- CANTOS Á VIRXE 67.- Virxe María Virxe María, naiciña do ceo, Corazón firme, acollendo a Xesús. Voz garimosa, sinxela e humilde, Nai dos que sofren e están xunto a cruz. 1.- Ti sempre escoitas a voz do máis débil, ti sempre axudas a quen ten a dor, nai garimosa acóllenos sempre, nunca te esquezas de estar xunto a nós. 2.- Ti que nos brazos tiveches a Cristo, fuches escrava do noso Deus. Virxe María, naiciña dos homes, Gárdanos sempre coma fillos teus. 3.- Ti sempre axudas ós necesitados, ti sempre falas con doce voz, nai dos máis pobres, protéxenos sempre, para que cheguemos á Resurrección 68.- Camiñar, sen Xesús 29 4. Pan que non devece canto máis se dá; pan que Xesucristo ofrece no altar. 5. Pan que a quen o come o converte en pan; para que se entregue sen medo ós irmáns. 6. Pan que de María a carne tomou; pan que no Calvario por nós se inmolou.
  30. 30. Camiñar, sen Xesús, sen amor. Camiñar sen ti, María. Camiñar sen Pastor que nos garda e guía, Non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar. 1.- Camiñar sen saber onde está,o que buscas noite e día, camiñar sen Camiño, Verdade e Vida,Non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar. 2.- Busca o mar, busca o ceo estelar,coas estrelas lumieiras, busca máis e se atopas ao camiñar, O amor de verdade, iso é camiñar,iso é camiñar. 69.- Coa nosa Naiciña do ceo Coa nosa naiciña do ceo, Cantémoslle a Deus nesta terra: Nos Milagres, Ollos Grandes e os Remedios, no Lodairo, na Barca e na Franqueira. 1.-A miña alma glorifica ó Señor, brinca de ledicia ante o Deus da salvación, pois El puxo os seus ollos garimosos, na humildanza desta filla benquerida. Coa... 2.-E desde agora chamaranme venturosa, tódalas nacións hanme dar o parabén, porque fixo en min marabillas, o que ten de todos nós misericordia. Coa... El derrubou do seu trono ós soberbios, ergueu do chan ós humildes ós pobres, El encheu de fartura ós famentos, pero ós ricos mandounos baleiros. Coa... El deulle a man ó seu pobo Israel, pois El ten entrañas de misericordia, o lembrarse da promesa que fixera, a favor de Abraham e dos seus fillos. Coa... 70.- Boas noites 1-Boas noites che dicimos, María no fondal do corazón. (bis) 30
  31. 31. Acolle o noso saúdo, pois cho dedicamos con amor. (bis) 2-No teu colo, nosa nai garimosa, hai alivio para a dor: (bis) as túas olladas maternas mantéñanos fieis ó Señor. (bis) 3- Á noitiña, cando amaina o trafego, rematando xa o labor, (bis) conforta lembrarnos de novo que ti nós trouxeches ó Señor. (bis) 71.- Xa nos tés aquí Xa nos tés aquí, nosa naiciña do ceo, Teu agarimo nos encha da ledicia de vivir. Nós vimos, nós vimos moi ledos, moi ledos para estar contigo. Nós vimos, nós vimos moi ledos, Moi ledos pra te querer máis. Queremos, queremos un mundo, Un mundo que sexa máis xusto. Queremos, queremos un mundo, Un mundo, moito máis humán. 72.- Esa é María 1.- Que bonito despois do traballo recollerse ó calor do fogar, e sentir esa fala tan doce dunha nai que te sabe esperar. que bonito nas noites de insomnio, cando o medo te vén desvelar, escoitar unha nana suave, dunha nai que te ven arroupar. Esa é María, é nosa nai, Doce naiciña comigo vai. Esa é María, é nosa nai, Doce naiciña comigo vai. 2.- Que bonito sentir na door, 31
  32. 32. esa man que sabe acariciar, esa man que consola e alivia, esa man que te pode curar. que bonito atopar no perigo, un braciño ó que se agarrar, que bonito ter unha naiciña á que os fillos poidamos chamar. 73.- Salve, Raíña Salve, raiña, nai garimosa, vida, dozura, Esperanza nosa. 1.- A ti chamamos os desterrados fillos de Eva. A ti suspiramos, xemendo e chorando en lonxana terra. 2.- Avogada nosa, míranos con ollos De misericordia, e despois deste desterro, lévanos a Xesús, froito do teu seo. Oh clemente, oh pía, oh doce nai María. 74.- Noraboa, María Noraboa, María, Nai e Señora dos ceos e da terra. En boa hora! ¡Noraboa, Ti es raíz e porta por onde a terra se viu en luz envolta! Brindamos contigo, Virxe gloriosa sobre tódalas criaturas a máis fermosa. 32
  33. 33. De Ti nos despedimos, Nai a máis boa con nosoutros a Cristo suplica e ora. ¡Noraboa, María; noraboa, María, Nai e Señora 75.- Para ti este canto, María Para ti este canto, María, para ti nai de tódolos homes as túas bágoas abren camiño, a túa man, un horizonte, o teu si engrandece unha vida, tamén hoxe dicimos, coma ti, si María. Ti, María, es a nai, acompaña ao camiñar, dáme a túa man, dáme a túa man. Renovar o misterio da vida, ensalzar o teu nome, María; cantar himnos, cantar aleluias para ti, nosa naiciña. Pregoámo-la túa bondade, a gloria infinita desa nai que é María. 76.- Saúde, clara estrela Saúde, clara estrela, precursora do día que inaugurou a era da nova creación. Saúde, a ti cantamos vibrantes melodías, a ti que fuches canle da nosa Redención. 1.- Feliz te proclamamos con cantos de alegría, feliz han de chamarte futuras xeracións: feliz por teres crido na mensaxe divina, feliz por escoitares as verbas do Señor. 2.- Es ti, muller bendita, Santísima María, verteu o alto ceo os seus mellores dons. En ti confía sempre a Igrexa peregrina, en ti consolo encontra na dor e na aflición. 3.- Ao Pai eterno gloria; ao Fillo honor reciba; o Espírito Divino igual gloria e honor, e Deus, Trindade Santa, no derradeiro día a todos nos conceda eterna salvación. 33
  34. 34. 10.-DIFUNTOS 77.- Adeus, irmán 1.-Adeus, irmán (á), que se abran os ceos. adeus, irmán (á), que sexas feliz, na despedida queremos cantarche: que grande é Deus, que chama por ti! 2.-Dende esta terra que ti xa deixaches os nosos ollos bagoan por ti, mais a esperanza de vernos un día enxuga as bágoas do nosos sufrir. 3.-Que Deus te acolla no Reino glorioso, onde esperamos por sempre reinar, que un día chegue pra xuntos no ceo, resucitados con Cristo gozar. 4.-Adeus, irmán (á) que teñas acougo, nos brazos quentes de Deus nosos Pai, ficamos tristes mais xa confiados que teñas parte no reino da paz. 78.-Cando a morte 1.- Cando a morte, Señor, nos rodea, entre bágoas e mostras de dor, O que importa, Señor, é a vida, con cantares de resurrección. O que importa, Señor, é a vida, con cantares de resurrección 2.- Non importa,Señor, que a morte nos sacuda con forza e paixón. 3.- Anque o loito semente tristura, anque a morte nos traia o seu son. 4.- Anque as bágoas discorran lixeiras enchoupando a nosa oración. 34
  35. 35. 79.- Preto de ti Preto de ti vivir, quero, Señor, anque deba sufrir na cruz da dor. Ledo no meu sufrir hei de cantar así: máis preto quero estar, meu Deus de Ti. 1.-Se camiñando vou, sen atopar, o mundo ao percorrer, doce fogar, verei o ceo brillar e soñarei que así: axiña chegarei, meu Deus, a Ti. 2.-Con pedras do penar hai de labrar para o meu amado Pai un sagro altar, e as miñas aflicións xugo serán así: máis preto hanme levar, meu Deus de Ti. 3.-Escóitanos, Señor, abre as túas mans,acóllenos, Señor, na túa paz. Co teu grande valor, móstranos, Señor, que Ti estás aquí, preto de nós. 4.-E cando ao pazo teu,me mandes ir, deixando todo atrás, hei de subir. Voando cara o ceo, irei cantando así: agora vou gozar, preto de Ti. 80.- Acolle, Señor, esta vida Acolle, Señor, esta vida nos teus brazos abertos de Pai, non a deixes perder no camiño, dálle acougo e ledicia na paz. (bis) 1.- Ti rexordes, Señor, cada día no que loita e se gasta por ti. Ti es vida para aquel que na morte, vénlle a hora de ter que partir. 2.-Ti es luz que alumea o camiño, de quen conta co teu ben querer. 35
  36. 36. Ti es forza para aquel que confía, encontrarse contigo e vencer. 81.- Na tardiña baixa da vida Na tardiña baixa da vida han examinarme de amor, na tardiña baixa da vida, han examinarme de amor. Se lle dei comida ao famento se ao sedento dei de beber; se fun ver o preso á cadea e se ao camiñante hospedei. Se fun quen de dar un consello, se a quen vin chorar consolei, se nos máis cativos e pobres co Señor Xesús atopei. Podo do divino e do humano en estrañas linguas falar; se non teño amor, son talmente coma o badalar da campá. Podo coñecer os misterios, podo ser profeta ou doutor, podo pola fe mover montes; se non teño amor, nada son. Podo consumir en esmolas o meu capital e os meus bens, pódome deixar queimar vivo: se non teño amor, que máis ten? 82.- Dálle o descanso Dálle o descanso ao noso irmán ,(á) dálle o descanso no teu reino; dálle o descanso ao noso irmán, (á) dálle o descanso. 1.- Garda contigo a súa alma en espera da resurrección, 36
  37. 37. el que sempre seguiu os teus camiños, teña un sitio no teu corazón. 37
  38. 38. 2.- E no medio dos teus anxos por sempre cos xustos estará, e aló nas alturas cantará vitoria, preto de ti resucitará. 83.- Velaquí, Señor, unha vida Velaquí, Señor, unha vida, unha vida que xa esmoreceu, velaquí, Señor, as súas obras, a colleita final amenceu. Na túas mans acolle esta ofrenda, na bandexa do viño e do pan, as pregarias da nosa irmandade, pola alma da nosa irmá (an). 84.- Lévame cara o ceo 1. Que o Señor para sempre che abra as portas do paraíso, que te acolla no seu Reino onde tes o teu destino, gozarás eternamente da nova terra da vida. Señor escoita a pregaria por este irmán que chamaches; que a luz eterna para el brille, e que contigo descanse. 2. Cando a morte nos sorprenda dánola túa man amiga, e teremos a certeza de que a morte leva á vida. Onda Ti pedirche vimos coa nosa alma ferida. 3. Cando chegue a miña hora, dáme manter o sentido, estar certo na esperanza de que vivirei contigo; dos pecados e das culpas quero estar arrepentido. 85.- Acólleo no teu colo Acólleo, Pai no teu colo e dálle a paz cunha apreta, faino sentar co teu Año na mesa leda da festa. 38
  39. 39. 1. Con Cristo morto o noso irmán morreu. Resucitado, por sempre viva nel. 2. Sufriu con Cristo e aldraxes padeceu. Consolo e palmas reciba coma El. 3. Amou con Cristo, ós pobres acolleu. A túa gloria comparta, Pai, con El. 11.- Advento 86.- Ven axiña visitarnos Ven axiña visitarnos, agardamos por ti, Señor. Ven enchernos coa ledicia da túa liberación. (bis). 1.- O pobo séntese escravo vivindo nesta opresión os pobres claman xustiza ¡Ven a salvarnos Señor! 2.- Polos vieiros da vida acompáñanos, Señor, pra sementar a esperanza en quen busca salvación. 3.- Ó preparar os camiños polos que chegas a nós, temos que sentirnos ledos porque estas preto de nós. 4.- Co Bautista e con María agardamos a chegada daquel que ven a salvarnos E que é Deus feito Palabra. 87.- Que miras na noite Que miras na noite dinos centinela (bis) 1.- Morto xa o levaban a unha tumba nova, nunca tan adentro tivo o sol a terra, 39 Xesús
  40. 40. daba o monte gritos, pedra contra pedra. Que miras... 40
  41. 41. 2.- Gloria no sepulcro, move Deus a pedra, érguese o mundo como un galo en vela. Non durmas á alba. Cristo está xa cerca. Que miras... 3.- Vin os ceos novos e a terra nova. Cristo entre os mortos e a morte morta, Deus nas criaturas e eran todas boas. Que miras na noite dinos centinela (bis) 88.- Veña o teu Reino 1. Nada hai que eu queira máis cá chegada do teu Reino, sei que ben acougarei coa xustiza que nel vexo. Todo o demais hei de ter o suficiente que desexo como o paxariño ten a cotío o alimento. Veña o teu Reino, Señor, veña o teu Reino. (bis) que na terra hai boa falla de que muden moitas cousas e melloren. (bis) 2. O mundo arela tamén a chegada do teu Reino,sen que poida repousar ata que o sinta no seo. Dores de parto que ten, berros que profire arreo habémolos aturar mentres non veña o teu Reino. 89.- Xesús chamado Amigo 1.- Xesús chamado Amigo, esvara de corazón, o sentimento doente que deixa nos homes a falla de amor. Ti non quere-la señardade que na terra fai a inxustiza, arrinca as nosas saudades, énchenos da túa ledicia. (bis) 2.- Xesús, chamado o Mestre, apréndenos a vivir ao xeito dos que seguiron polo carreiriño do teu existir. 41
  42. 42. 3.- Xesús, chamado Amigo, mantén o noso timón de xeito que a nosa vida sexa neste mundo mensaxe de amor. 90.- Volve, Señor Meu Deus de quen vén a paz: que reine a paz entre nós no teu pobo de Israel, líbranos da opresión! Volve, Señor, tráenos a paz, imos camiñando de cara á liberdade. Volve, Señor, tráenos a paz, imos camiñando de cara á liberdade. 1.- Maranathá: volve, Señor. O pobo está en loita pola liberación. 2.- Maranathá: volve, Señor. Non cesan as guerras e medra o desamor. 3.- Maranathá: volve, Señor. Imos camiñando de cara á liberdade. Nadal 3. PANXOLIÑAS 91.- Durme meniño 1.- Durme, meniño, que o vento te arrola, zoando nas fendas da cova. Durme, meniño, que Nosa Señora abana o teu berce con rurrú de pomba. Soaron as gaitas, soaron as cordas, con luces e cores e reviravoltas. Soaron as gaitas, soaron as cordas, con festa na terra que os homes renova. 2.- Durme, meniño, San Xosé te adora, no ceo repican a gloria. O neno chora, o neno non durme, a terra e o ceo fan a festa nosa. 42
  43. 43. 92.- Gloria ao Señor nas alturas Gloria ao Señor nas alturas, cantemos todos irmáns, gloria ao Señor nas alturas, a na terra aos homes paz. 1.- Hoxe naceunos un neno, fillo do Noso Señore. Hoxe naceu o Mesías, o noso Deus Salvadore. 2.- Hoxe naceu Xesucristo, hoxe o Salvador naceu. Cantan os anxos cos homes loando alegres a Deus. 3.- A muller que tivo a Deus, Nai e Virxe a un tempo foi; nunca tal cousa se vira nin nunca se viu despois. 93.- Vinde nenos e rapaces 1.- Vinde nenos e rapaces, vinde meniños tamén; xuntémonos cos pastores e vaiamos a Belén. Para ver ese meniño, para ese meniño ver, para ver ese meniño, acabado de nacer. Cantemos todos e con lecer a ese Deus neno, nado en Belén,Cantemos todos e con lecer, a ese Deus neno, nado en Belén. Gloria, gloria na terra e no ceo. Gloria, gloria grande no ceo. 2.- Vinde grandes e pequenos, 43
  44. 44. vinde do norte e do sur, pra ver ese meniño que veu ser a nosa luz. Vinde tódolos galegos cantarlle ao neno Xesús, veredes que ben parece o que ha de morrer na cruz. 94.- Vinde ve-lo neno Vinde ve-lo neno que está espidiño e acurrucadiño ao pé dos seus pais, e máncano as pallas en que está deitado e o noso pecado aínda o manca máis. O neniño pequeniño entre unhas pallas se ve, como o neno é tan pequeno aínda non se ten de pé. Ai que neno! ai que meniño! ai que ganiñas me dan! de comerlle a cara a bicos de gordo e branco que está! 95.- Con un sombreiro de palla 1.- Con un sombreiro de palla, un galego a Belén foi, mentres adoraba ao neno, comeulle o sombreiro o boi. Deixade os pastores, deixádeos pasar, que van cantar os reis, a Xesús no portal. (bis) 2.- San Xosé e máis María van camiñando a Belén, van cantando panxoliñas, cantémoslle nós tamén. 3.- Nunhas pallas deitadiño e en coiriños alí está, sendo dono deste mundo, e Señor de canto hai. 4.- Que contento vou estar cando chegue a ver o neno! dareille o meu corazón, o mellor de canto teño. 96.- Cantade ben baixo 44
  45. 45. Cantade ben baixo, petade pouquiño, para que non esperte o noso meniño. 1.- Os anxeliños do ceo, cantan cantiguiñas meigas.(bis) E os pastoriños do campo, cantan coplas feiticeiras.(bis) 2.- En Belén en pobres pallas, naceu por fin o Deus neno.(bis) Por iso hai festa na terra, por iso hai festa no ceo.(bis) 97.- Noite de paz 1.- Noite de paz, noite de amor, de esplendor sen igual, doce, plácida noite inmortal, que nos enche de felicidade, porque naceu Xesús, nesta noite de paz. 2.- Noite de paz, noite de amor, todo dorme en redor, pastoriños que vides cantar, ao meniño ides espertar, durme o neno pequeno, durme o neno Xesús. 3.- Noite de paz, noite de luz, moito sono ten Xesús, unha nana se escoita cantar, entre arrolos durmidiño xa, durme o neno Xesús, durme o neno Xesús. 98.- Vinde galeguiños, vinde Vinde galeguiños, vinde, vinde con pandeiro e gaita, que un meniño moi riquiño, naceu hoxe na montaña. 1.- Naceu un neno moi feito, naceu un neno moi guapo, e súa nai sequera tiña nin un pobre farrapo. 2.- O meniño está na neve, a neve faino tremer; meniño da miña alma, quen che puidera valer! 3.- O meniño está na neve, 45
  46. 46. ímolo desenterrar, levémoslle os corazóns, para o meniño calar. 99.- Alegría meus amigos 1.- Alegría meus amigos, máis alegría e pracer, contan que naceu un neno, garrido e de gran xacer. Meu meniño, miña rosa, miña prendiña, meu ben, Ti serás noso consolo, Ti serás rei de Israel. 2.- Acendemos catro pallas e corremos pra Belén, que contan moitos milagres e cousas dignas de ver. 100.- Por entre as silveiras Por entre as silveiras cantan alegres os paxariños,anunciando a todos con gran esplendor, que naceu o neno máis excelente, máis bonitiño, que vén a ser fillo do nosos Señor. A Belén vinde pastores, alí naceu un meniño, que está meu ben tiritando, ai tiriando de frío. E o pobriño tremendo está, e ninguén corre pra o ir quentar, só un boiciño co seu soprar, quentaba ao neno sen descansar. 101.- Cantade ben baixo 1.- Cantade que nace Xesús, no medio do mundo. (bis) cantade que ven alegrar o noso Nadal.(bis) Cantade que trae esperanza, cantade que é un día feliz. Cantade na festa grande, El nace aquí. (bis) Cantade todos, o mundo trocou, cantade todos, cantade ben forte. Hai luz na terra, pois Xesús chegou coa súa ledicia, con paz con amor. (bis) 2.- O pobre, o que non ten nada, o desamparado.(bis) O débil, o que é perseguido por causa do mal.(bis) 46
  47. 47. O que vive na escuridade, o que non coñece a paz, Xesús ven pra todos eles no Nadal. (bis) 102.- Canta, cantade pastores Canta, cantade pastores porque naceu noso Rei, canta, cantade pastores porque naceu noso Deus. 1.- A nai, pequena moza, non tiña nada, non tiña mais ca súa fe. E un corazón para servir aos que non teñen a ninguén. 2.- Gloria a Deus no ceo e paz na terra aos homes de boa fe. Todos cantemos con alegría ao que naceu en Belén. 12.- Coresma 103.- Seguirei os teus pasos Seguirei os teus pasos, buscarei a luz, e andarei o camiño que me leva a túa cruz. Seguirei os teus pasos, secarei a suor, do teu corpo ferido, e o seu sangue meu Señor. 1.- E andarei facendo ben a todos Sen mirarlle a raza nin a cor, Guíame, guíame, Señor. Quero ver o mundo e canto sofre E aliviarlle as penas e a dor, Guíame, guíame, Señor. 2.- E andarei cos meus irmáns decote O camiño que os leve ó teu amor, Guíame, guíame, Señor. Quero ser quen os guíe e acompañe Á quentura do teu grande corazón, guíame, guíame, Señor. 104.- Na noite escura 47
  48. 48. Cando me colle a noite no camiño,cando me colle a noite e non te vexo. Chamo por Ti, meu Deus, chamo por Ti, meu Deus, chamo por Ti, meu Deus, e non respondes. (bis) 1.- Seica deixaches de valernos, orfos, e sós na noite escura? seica deixaches de querernos fillos perdidos sen axuda? porque eu... 2.- Sei que de novo has de valernos coa túa luz na noite escura. Sei que de novo has de querernos e imos sentir a túa axuda. Pero eu... 13.- Pascua 105.- Santa Pascua inmolada Santa Pascua inmolada, aleluia, é Cristo o Señor. Aleluia, aleluia. 1. Festa da Pascua que triúnfas pola luz, esperta ti que dormes, o Señor hate alumar. 2. Festa da Pascua, ledicia universal. O mundo renovado canta himnos ó Señor. 3. Festa da Pascua, que triúnfas pola Cruz. A morte derrotada ten perdido o aguillón. 4. Festa da Pascua, oh noite bautismal. Pasando polas augas, renacemos ó Señor. 106.- Aleluia Aleluia, aleluia, o Señor resucitou Aleluia, aleluia, Cristo vive e camiña con nós. Aleluia, aleluia. 1. Pola luz da mañá, polo amor dos irmáns e pola paz, por tódolos que van xuntos de cara a Ti, quero cantar Aleluia. 2. Pola verdade que nos amosaches Ti, polo perdón, 48
  49. 49. polo pan que nos dás e que nos xunta a Ti, quero cantar Aleluia. 3. Polos nenos que rin ao bicalos súa nai, por tanto amor, polos homes que están o mundo a construír, quero cantar Aleluia. 107.- Aleluia Aleluia, aleluia, aleluia (bis). A Palabra por amor fíxose carne e connosco veu morar sen importarlle. 108.- Vinde todos ao altar (Entrada / Comuñón)) 1. Vinde todos ó altar, vinde á mesa do Señor recibir o Pan do ceo e a súa bendición (bis). O Señor, recibamos ao Señor, Pan de vida verdadeiro e viño bo que dá vigor (bis). 2. Vinde todos ó altar, vinde á festa do Señor gorentar os dons do alto, e a súa salvación. 109.- Deus nos convoca (Entrada) Deus nos convoca á Eucaristía, memorial da pascua e festa da vida. Somos o pobo da nova alianza, somos asemblea santa. 1. Cristo vén connosco para conversar; as súas palabras son verbas de amor que nos van quentando o noso corazón. El, sentado á mesa pártenos o pan: é o alimento que nos fai crecer no amor, na esperanza e tamén na fe. 2. En comunidade vimos onda ti, en fraternidade temos que vivir se o teu Corpo e Sangue imos recibir. Fainos xenerosos para compartir 49
  50. 50. cos irmáns máis pobres os bens que nos dás e espallar no mundo o ben que Ti fas. 110.- A Cristo cantamos A Cristo cantamos na luz que alumea, a Cristo cantamos co lume da fe. 1.-A esperanza é unha fonte que está ao final do camiño sede é a forza que nos move, Deus nos manteña sedentos! Deus nos manteña sedentos! romeiros, a camiñar á procura dunha terra que deite o viño da paz. 2.- Imos rematar as tebras que a noite abondo durou, e se o sol non quer saír alumeamos todos nós, alumeamos todos nós, co facho dunha esperanza limpa, quente, fonda e rexa como a cantiga das augas. 111.- Bendito ti, Xesús resucitado Bendito ti, Xesús resucitado, coas feridas da lanza e máis dos cravos. Bendito, para sempre ti es loado. Bendito ti, Xesús, resucitado- 1.- Bendito no aire fresco da mañá, e no cantar do paxaro ao espertar. Bendito na auga fresca e rebuldeira que dá vida aos prados e ás leiras. 2.- Bendito sexas sempre na terra que agradece o duro traballar coa súa anada, bendito na esperanza que se esforza 50
  51. 51. por chegar a outra terra mellorada. 14.-VARIOS 112.- Ergo os meus ollos Ergo os meus ollos cara os montes; de onde me vai vir axuda? Vaime vir do Señor Deus que fixo o ceo e mais a terra (bis). 1. Non deixará que escorreguen os teus pés, o que te coida non se adurmiñará. Non teñas medo, non vai topenear o que de sempre foi garda de Israel. 2. El hache dar coma a sombra protección,coma un amigo irá contigo ó par;de noite a lúa non che ha de facer mal nin polo día te vai queimar o sol. 3. El tornará do teu lado todo mal a túa vida terá de che soster; saias ou entres, alí estará El, hoxe e por sempre o Señor te coidará. 113.- As túas palabras, Señor (Salmo 18) As túas palabras, Señor, son espírito e vida (bis). 1. A lei do Señor é perfecta: reconforta a alma; a declaración do Señor é firme: fai sabio ó inxenuo. 2. Os mandatos do Señor son rectos: aledan o corazón; o precepto do Señor é limpo: ilumina os ollos. 3. A vontade do Señor é pura: permanece sempre; as decisións do Señor son verdadeiras, enteiramente xustas. 4. Dígnate aceptar a palabra da miña boca e o sentir do meu corazón: Señor, ti es a miña rocha, o meu redentor. 51
  52. 52. 114.- Señor, noso Señor (Salmo 8) Señor, noso Señor, ¡que grande é o teu nome en toda a terra! 1. Señor, noso Señor, que grande é o teu nome en toda a terra! A túa maxestade érguese por enriba do ceo. 2. Cando contemplo o ceo, feitura da túa man, a lúa e as estrelas que nel dispuxeches, que é o home pra que te lembres del, o fillo do home pra que o veñas visitar? 3. Fixéchelo pouco menos ca un anxo, coroáchelo de honor e de dignidade; décheslle mando sobre as obras das túas mans, todo o sometiches baixo os seus pés. 115.- Misioneiro 1.- Dise entre a xente que este mundo é moi raro e o que hai que facer é pasar... pero non lles fagas caso, pois non levan razón no falar. Ese don que ignoran en ti o han de encontrar. Se cho descobren, misioneiro serás. Misioneiro serás, misioneiro serás, misioneiro dos teus irmáns, misioneiro que búscala ledicia en axudar (bis) 116.- Grazas, Señor, pola túa bondade 1.- Grazas, Señor, por toda a túa bondade. Grazas, Señor, por toda a túa fe. Grazas, Señor, por darme a vida. Grazas, Señor, ledo ti es. Grazas, grazas, Señor, por tódolos Consellos. Grazas, Señor de todo corazón,Dicirche quero:dicirche quero:grazas, Señor. 2.- Grazas, Señor, por toda a túa ledicia, Grazas, Señor, por toda a túa ilusión, Grazas, Señor, por darme a graza, Grazas, Señor, que feliz son. 52
  53. 53. Grazas, Señor, por tódolos consellos, Grazas, Señor, de todo corazón. Dicirche eu quero: grazas, Señor. 117.- Grazas, Señor na mañá 1.- Grazas, Señor, na mañá: grazas polo novo día: grazas, Señor polo pan, que nos das na Eucaristía. Grazas por nosa Señora, pola paz de cada hora. Grazas por nosa Señora. Eternamente. Amén. 2.- Grazas, Señor, polo amor que mantén ao peleriño, don que compartes, Señor, facendo o noso camiño; gloria ao Pai, gloria ao Fillo, gloria ao Espírito Santo, eternamente.Amén. 118.- Salve, Santo Sacramento 1.- Salve, Santo Sacramento, medicina e alimento, corpo e sangue non finxidos que a Palabra en si tomou, de María recibidos, e na cruz nos entregou.. 2.- En ti temos a alianza sen igual nin semellanza que nos une en amizade estreitísima con Deus e sustenta a irmandade dos que fixo fillos seus. 3.- Es a vida para o home que na paz de Deus te come; es promesa de futuro 53
  54. 54. grande banquete, e fiel peñor; es sinal certo e seguro da presenza do Señor. 4.- Es misterio saudable, portentoso e admirable: don de si que, en pan e viño, Xesucristo ós crentes fai para andármo-lo camiño cara ó Reino de Deus Pai. 5.- Gloria, bendición e loa ao Pai que este don nos doa; ao seu Fillo benquerido bendición, gloria e honor, e parello honor cumprido ao Espírito de amor. 119.- Benaventurados Benaventurados, benaventurados, benaventurados os que saben amar. 1.-Felices os que son sinxelos, felices os que son sufridos, felices os que cando choran viran para Deus o corazón. 2.- Felices os que compadecen, felices os de limpos ollos, felices os que ven a vida con ilusión. 3.- Felices son tamén os pobres, felices os que son valentes, felices os que nunca perden a liberdade e o valor. 4.- Felices son os ben pensados, felices son os que comprenden, felices os que buscan sempre un mundo mellor. 120.- O amor é o meirande Acharte presente na vida, 54
  55. 55. fiarme de Ti sen te ver, levar unha luz acendida, querer e deixarse querer. 1.- Andar canda ti o camiño, vibrar ó sentirte falar, tomar o teu pan e o teu viño, doerme de verte marchar. 2.- Prender no teu lume unha tea, saber acoller a quen vén, doar a quen nada me dea, partir co irmán que non ten. 3.- Abrirche se petas na porta, deixarte sentar no meu lar, saber o que oírte me aporta, quedarme contigo a velar 121.- Onda Ti, Noso Pai Onda Ti, noso Pai, á tardiña, onda Ti que nos levas da man, axuntámonos para agradecerche a ledicia do día que cae. 1.- Como van co pastor as ovellas, á tardiña durmir ao redil; cando a noite cae sobor do mundo, nas túas mans nós deixámonos ir. 2.- Como axunta a galiña aos pitiños, cando a tarde se vai indo ao sol, ao calor das túas ás, moi quentiños, na túa paz nos acollas, Señor. 3.- As estrelas e a lúa bendicen, o teu nome en silencio e en paz, e as tebras da noite pregoan, moi quediño, o fogar de mañá. 4.- Onda Ti achegámonos cansos, do traballo do día, Señor, o traballo que vai construíndo, nesta terra a cidade do amor. 5.- O universo adormece rendido, nos teus brazos que o gardan do mal, na túa paz nós durmimos tranquilos: boas noites, Pai, ata mañá. Xoves Santo.- Nesta tarde de gloria e de festa, recordamos ao amigo Xesús, na súa cea cos seus compañeiros, pouco antes de morrer por nós. 55
  56. 56. Cos seus feitos, coas súas palabras, ensinounos a todos Xesús, que servindo a amando aos veciños, faise aquí a vontade de Deus. Día de Pascua.- Baixo a luz deste día glorioso, onda Ti vimos xuntos, Señor, a pedir polos pobres que sofren, polos orfos de pan e de amor. Que a túa man farturenta derrame, sobre as brasas da fera dolor,auga santa que apague as fogueiras,da inxustiza na terra, Señor. 122.- Ten piedade Ten piedade, Señor, ten piedade de nós, ten piedade de nós. (bis) Ten piedade de nós pola túa bondade borra as nosas culpas e dáno-lo teu perdón. Cristo ten compaixón dos que en ti confiamos, sanda o noso pecado e dáno-la salvación. 123.- A beira da nosa esperanza Á beira da nosa esperanza, Sentímola man de Xesús, palabras de vida e bondade que abren camiños de luz. 1.- Se as tebras da vida te deixan a escuras, sen luz e calor, Non te quedes tristeiro e covarde, Solitario nun mundo sen sol. 3.-Se ves moi cegado o horizonte Polas néboas escuras do mal, Non te encollas e perdas a esperanza, Pois a luz chegará sen tardar. 4.-Se o mal deste vida te empuxa, 56 2.- Se a xente non premia o teu triunfo,por envexa ou calquer mal querer; segue adiante, non quedes agoado, que o premio máis grande é a fe.
  57. 57. a perder a esperanza e a fe, ten en conta que a vida é loita, ti es xove non podes perder. 124.- A Cristo cantantamos A Cristo cantamos na luz que alumea, A Cristo cantamos co lume de fe. 1.- Lumiño de lúa clara, lume novo da alborada, ti aluméa-la noite, ai a noite das nosas casas! 2.- Na noite triste poñemos a ledicia dun luceiro, non temos medo da noite, que xa hai luz nos nosos carreiros. 3.- A noite fíxose día e dentro de nós temos festa, témo-la man dun Amigo, e no ceo un Pai que nos queira. 125.- A Auga do Señor A auga do Señor, cambioume o corazón, a auga do Señor Xesús. (bis) 1.-O que queira e teña sede, que veña e beba gratis. O que queira e teña sede, beba a auga que é a vida. 2.-Sobre ti verterei a auga da miña vida, e o teu corazón de pedra en amor transformarei. 3.-O que beba desta auga, xamais terá sede. O que beba desta auga, xamais terá sede. 126.- Manda o teu Espírito Manda o teu Espírito. Manda o teu Espírito; manda o teu Espírito e renova a faciana da terra. 1.- A miña alma bendice ao Señor, meu Deus, que grande es. 2.- Vestícheste de inmenso poder, o sol que escuro é. 3.-Erguíchesme do abismo, meu Deus; por sempre te amarei. 57
  58. 58. 127.- Ven, Espírito Santo Ven Espírito Santo, dánolo teu amor. Ven Espírito Santo, dáno-lo teu amor. (bis) 128.- Xurdirá Xurdirá, xurdirá, sabemos que está alí, detrás do noso esforzo, o teu Reino de amor, de liberdade e paz. Chegará, chegará, ollamos cara ela, unha alborada nova, que traia a luz do día, da vitoria final. 129.- Canta Aleluia Canta aleluia ao Señor, canta aleluia ao Señor. Canta aleluia, canta aleluia, canta aleluia ao Señor. 130.-Os bautizados Os bautizados levamos,Unha branca vestidura Para dicirnos que somos,Unha nova criatura. (bis) 1.- Somos o sal desta terra, Deus quere velo salgar: Non é sal para guindalo Nin para deixalo estragar. ÍNDICE NUMÉRICO 1.- Fagamos da misa unha festa 2.- Con ledicia vamos todos ao altar 3.- Con ledicia vimos 4.- Que ledicia a miña 5.-Que ledos hoxe estamos 6.- Temos una festa 7.- Unha xuntanza de amor 8.- Ei, meus irmáns 9.- Camiñando pola vida 10.- Vinde axiña 11.- Andarei na presenza 12.- Camiñarei na presenza do Señor 13.- Arrepentido 14.- Gloria a Deus 58
  59. 59. 15.- Escoita ao Señor 16.- Xesús é Señor 17.- Aleluia o Señor resucitou 18.- Douvos un mandato novo 19.- Ditosos os que temen ao Señor 20.- Amóstrame, Señor 21.- Canta, aleluia 22.- Canta o sol 23.- Cantade ao Señor 24.- Contade as marabillas 25.- A Túa Palabra 26.- Escoita ti 27.- O Señor é o meu Pastor 28.- Como che cantarei ? 29.- Salvador do mundo 30.- Credo dos nenos (Credo / catequese) 31.- Recibe, Señor 32.- Eiquí están 33.- Cantádelle ao Señor 34.- Gracias, Señor 35.- Loade, servos do Señor 36.- Na nosa terra 37.- Velaqui, Señor, o viño 38.- O Señor noso Deus 39.- Santo es Ti, Señor da vida 40.- Hosanna Hei 41.- Os ceos e a terra 42.- Santo 43.- No camiño 44.- Pai do ceo 45.- Que veña a paz 46.- Fagamos a paz 47.- Téndeme a túa man 48.- Démonos todos a man 49.- No colo da miña nai 50.- Gracias, Señor 51.- Acharte presente 52.- Señor Xesús 53.- Pan do ceo 54.- Ti es o pan do ceo 55.- Ide e pregoade 56.- Todos xuntos 57.- Ti es camiño e verdade 58.- Eu soñei 59.- Xa nos dixo Xesús 59
  60. 60. 60.- Non vou só 61.- Déixate querer 62.- Oh, Señor, escólleme 63.- Quédate, Señor, 64.- Eu sei de quen me fiei 65.- Onde hai caridade 66.- Cristo é quen convida 67.- Virxe María 68.- Camiñar, sen Xesús 69.- Coa nosa Naiciña do ceo 70.- Boas noites 71.- Xa nos tés aquí 72.- Esa é María 73.- Salve, Raíña 74.- Noraboa, María 75.- Para ti este canto, María 76.- Saúde, clara estrela 77.- Adeus, irmán 78.-Cando a morte 79.- Preto de ti 80.- Acolle, Señor, esta vida 81.- Na tardiña baixa da vida 82.- Dálle o descanso 83.- Velaquí, Señor, unha vida 84.- Lévame cara o ceo 85.- Acólleo no teu colo 86.- Ven axiña visitarnos 87.- Que miras na noite 88.- Veña o teu Reino 89.- Xesús chamado Amigo 90.- Volve, Señor 91.- Durme meniño 92.- Gloria ao Señor nas alturas 93.- Vinde nenos e rapaces 94.- Vinde ve-lo neno 95.- Con un sombreiro de palla 96.- Cantade ben baixo 97.- Noite de paz 98.- Vinde galeguiños, vinde 99.- Alegría meus amigos 100.- Por entre as silveiras 101.- Cantade ben baixo 102.- Canta, cantade pastores 103.- Seguirei os teus pasos 104.- Na noite escura 60
  61. 61. 105.- Santa Pascua inmolada 106.- Aleluia 107.- Aleluia 108.- Vinde todos ao altar 109.- Deus nos convoca 110.- A Cristo cantamos 111.- Bendito ti, Xesús resucitado 112.- Ergo os meus ollos 113.- As túas palabras, Señor 114.- Señor, noso Señor 115.- Misioneiro 116.- Grazas, Señor, pola túa bondade 117.- Grazas, Señor na mañá 118.- Salve, Santo Sacramento 119.- Benaventurados 120.- O amor é o meirande 121.- Onda Ti, Noso Pai 122.- Ten piedade 123.- A beira da nosa esperanza 61 127.- Ven, Espírito Santo 128.- Xurdirá 129.- Canta Aleluia 130.-Os bautizados
  62. 62. 124.- A Cristo cantamos 125.- A Auga do Señor 126.- Manda o teu Espírito
  63. 63. .- Loade, servos do Señor
  64. 64. Loade, servos, do Señor, loade o nome do Señor. Aleluia, aleluia. 1.- Bendito sexa o nome do Señor, agora e por sempre, dende a saída do sol ó solpor, loado sexa o nome do Señor. 2.- Sobre tódolos pobos é excelso o Señor, sobre o ceo a súa gloria. Quen coma o Señor o noso Deus, que elevado no seu trono mira ó ceo, e a terra. 3.- El ergue do po aos indixentes, levanta da varredura aos pobres, para darlles asento cos príncipes. Os príncipes do seu pobo. Ti es camiño e verdade Ti es camiño e verdade.Ti es a vida ,Señor, a carón teu encontramos luz, agarimo e calor. Aquí vimos confiados, aquí chegamos, Señor. Aquí comemos teu corpo, sinal de agarimo e amor. Ti coidas dos paxariños, das ás flores linda cor, da túa man agardamos canto nós temos, Señor. Aquí... Ti acaricias os nenos, na praia escolles a Xoán. Deixa, Señor, que a túa beira sempre poidamos estar. Polos camiños da vida quen queira seguro andar, veña beber deste viño, veña comer deste pan .- Ditosos os que temen ao Señor Ditoso os que temen ao Señor, e van polos seus camiños. 1.- Ditosos os que temen ao Señor, os que seguen os seus camiños, comerás do traballo das túas mans. Serás ditoso, serás afortunado. 2.- A túa muller coma parra fecunda, no interior da túa casa, os teus fillos coma gromos de oliveira, arredor da túa mesa. 3.- Así será bendito o home que tema ao Señor, que o Señor te bendiga desde Sión, e goces coa prosperidade de Xerusalén, tódolos os días da túa vida. Camiñarei na presenza do Señor
  65. 65. Camiñarei na presenza do Señor, camiñarei na presenza do Señor. 1.- Amo ao Señor porque escoita a miña voz suplicante, porque achega a min o seu oído, no día que o invoco. Amo ao Señor, porque escoita a miña voz. 2.- Envolvíanme lazos de morte, atopeime en apuro e aflición, invoquei o nome do Señor, Señor, salva a miña vida. 3.- Amo ao Señor, porque escoita a miña voz.

×