SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
26 de febreiro de 2012 1º Coresma (B) Marcos 1, 12-15 Red evangelizadora  BUENAS NOTICIAS Difunde o exemplo de Xesús. Pásao. José Antonio Pagola Música: Himno al amor; present.B.Areskurrinaga  HC : euskaraz: D. Amundarain
Antes de comezar a narrar  a actividade profética de Xesús,  Marcos escribe estes breves versículos: «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto.  Alí quedou corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as feras, e os anxos  servíano» . Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas vividas por Xesús  ata a súa execución na cruz.
Xesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila. Viviu impulsado polo Espírito,  pero sentiu na súa propia carne as forzas do mal.
A súa entrega apaixonada ao proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada por conflitos e tensións. Del temos que aprender os seus seguidores a vivir en tempos de proba.
«O Espírito empuxa a Xesús ao deserto» .  Non o conduce a unha vida cómoda.  Lévao por caminos de probas, riscos e tentacións.
Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre arriscado. Foino para Xesús e ha selo  para os seus seguidores.
«Quedou no deserto  corenta días». O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús.
Este lugar inhóspito e nada acolledor é símbolo de proba e purificación .
O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas.
«Tentado por Satán» . Satán significa “o adversario", a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado.  Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira,  de luz ou de tebras,  de fidelidade a Deus ou de complicidade coa inxustiza.
Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas circunstancias máis inesperadas Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus pensamento no son os de Deus".  Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus.
«Vivía entre as feras, e os anxos servíano» .  As feras, os seres máis violentos da terra, evocan os perigos que ameazarán a Xesús. Os anxos, os seres máis bos da creación, suxiren a proximidade de Deus que o bendí,  coida e sostén. Así vivirá Xesús: defendéndose de Antipas ao que chama "raposo"  e buscando na oración da noite  a forza do Pai .
Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús.  É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto. De sta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor.
ENTRE CONFLITOS E TENTACIÓNS   Antes de comezar a narrar a actividade profética de Xesús, Marcos escribe estes breves versículos:  «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto. Quedou alí corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as feras, e os anxos servíano» . Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas vividas por Xesús ata a súa execución na cruz. Xesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila. Viviu impulsado polo Espírito, pero sentiu na súa propia carne as forzas do mal. A súa entrega apaixonada ao proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada polos conflitos e tensións. Del temos que aprender os seus seguidores a vivir en tempos de proba. «O Espírito empuxa a Xesús ao deserto» . Non o conduce a unha vida cómoda. Lévao por camiños de probas, riscos e tentacións. Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre arriscado. Foino para Xesús e ha de selo para os seus seguidores. «Quedou no deserto corenta días» . O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús. Este lugar inhóspito e nada acolledor é símbolo de proba e purificación. O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas. «Tentado por Satán» . Satán significa “o adversario", a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado. Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira, de luz ou de tebras, de fidelidade a Deus ou de complicidade coa inxustiza. Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas circunstancias máis inesperadas. Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus pensamentos no son os de Deus". Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus. «Vivía entre as feras, e os anxos servíano» . As feras, os seres máis violentos da terra, evocan os perigos que amenazarán a Xesús. Os anxos, os seres máis bos da creación, suxiren a proximidade de Deus que o bendí, coida e sostén. Así vivirá Xesús: defendéndose de Antipas ao que chama "raposo" e buscando na oración da noite a forza do Pai. Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús. É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto. Desta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor.  José Antonio Pagola

More Related Content

Viewers also liked (11)

Quen nos poderá separar do amor de cristo
Quen nos poderá separar do amor de cristoQuen nos poderá separar do amor de cristo
Quen nos poderá separar do amor de cristo
 
Dá sempre o mellor
Dá sempre o mellorDá sempre o mellor
Dá sempre o mellor
 
áRbore de nadal 2010
áRbore de nadal 2010áRbore de nadal 2010
áRbore de nadal 2010
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
Nadal para todos
Nadal para todosNadal para todos
Nadal para todos
 
Agasallos de nadal baratos
Agasallos de nadal baratosAgasallos de nadal baratos
Agasallos de nadal baratos
 
Para un nadal diferente
Para un nadal diferentePara un nadal diferente
Para un nadal diferente
 
Figuras e profetas do advento
Figuras e profetas do adventoFiguras e profetas do advento
Figuras e profetas do advento
 
Nadal un canto á vida
Nadal un canto á vidaNadal un canto á vida
Nadal un canto á vida
 
Pregón de nadal
Pregón de nadalPregón de nadal
Pregón de nadal
 
Ejercicio resuelto del Equilibrio de Nash
Ejercicio resuelto del Equilibrio de NashEjercicio resuelto del Equilibrio de Nash
Ejercicio resuelto del Equilibrio de Nash
 

Similar to 1º coresma b bene pagola 2012 (6)

1º coresma c 2013 bene pagola
1º coresma  c 2013 bene pagola1º coresma  c 2013 bene pagola
1º coresma c 2013 bene pagola
 
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
 
1º domingo coresma c 2013
1º domingo coresma  c 20131º domingo coresma  c 2013
1º domingo coresma c 2013
 
2º pascua c 2013
2º pascua c 20132º pascua c 2013
2º pascua c 2013
 
Evanxeo marcos 3
Evanxeo marcos 3Evanxeo marcos 3
Evanxeo marcos 3
 
3º advento b 2011
3º advento  b 20113º advento  b 2011
3º advento b 2011
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 

1º coresma b bene pagola 2012

  • 1. 26 de febreiro de 2012 1º Coresma (B) Marcos 1, 12-15 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde o exemplo de Xesús. Pásao. José Antonio Pagola Música: Himno al amor; present.B.Areskurrinaga HC : euskaraz: D. Amundarain
  • 2. Antes de comezar a narrar a actividade profética de Xesús, Marcos escribe estes breves versículos: «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto. Alí quedou corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as feras, e os anxos servíano» . Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas vividas por Xesús ata a súa execución na cruz.
  • 3. Xesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila. Viviu impulsado polo Espírito, pero sentiu na súa propia carne as forzas do mal.
  • 4. A súa entrega apaixonada ao proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada por conflitos e tensións. Del temos que aprender os seus seguidores a vivir en tempos de proba.
  • 5. «O Espírito empuxa a Xesús ao deserto» . Non o conduce a unha vida cómoda. Lévao por caminos de probas, riscos e tentacións.
  • 6. Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre arriscado. Foino para Xesús e ha selo para os seus seguidores.
  • 7. «Quedou no deserto corenta días». O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús.
  • 8. Este lugar inhóspito e nada acolledor é símbolo de proba e purificación .
  • 9. O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas.
  • 10. «Tentado por Satán» . Satán significa “o adversario", a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado. Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira, de luz ou de tebras, de fidelidade a Deus ou de complicidade coa inxustiza.
  • 11. Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas circunstancias máis inesperadas Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus pensamento no son os de Deus". Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus.
  • 12. «Vivía entre as feras, e os anxos servíano» . As feras, os seres máis violentos da terra, evocan os perigos que ameazarán a Xesús. Os anxos, os seres máis bos da creación, suxiren a proximidade de Deus que o bendí, coida e sostén. Así vivirá Xesús: defendéndose de Antipas ao que chama "raposo" e buscando na oración da noite a forza do Pai .
  • 13. Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús. É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto. De sta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor.
  • 14. ENTRE CONFLITOS E TENTACIÓNS   Antes de comezar a narrar a actividade profética de Xesús, Marcos escribe estes breves versículos: «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto. Quedou alí corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as feras, e os anxos servíano» . Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas vividas por Xesús ata a súa execución na cruz. Xesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila. Viviu impulsado polo Espírito, pero sentiu na súa propia carne as forzas do mal. A súa entrega apaixonada ao proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada polos conflitos e tensións. Del temos que aprender os seus seguidores a vivir en tempos de proba. «O Espírito empuxa a Xesús ao deserto» . Non o conduce a unha vida cómoda. Lévao por camiños de probas, riscos e tentacións. Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre arriscado. Foino para Xesús e ha de selo para os seus seguidores. «Quedou no deserto corenta días» . O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús. Este lugar inhóspito e nada acolledor é símbolo de proba e purificación. O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas. «Tentado por Satán» . Satán significa “o adversario", a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado. Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira, de luz ou de tebras, de fidelidade a Deus ou de complicidade coa inxustiza. Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas circunstancias máis inesperadas. Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus pensamentos no son os de Deus". Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus. «Vivía entre as feras, e os anxos servíano» . As feras, os seres máis violentos da terra, evocan os perigos que amenazarán a Xesús. Os anxos, os seres máis bos da creación, suxiren a proximidade de Deus que o bendí, coida e sostén. Así vivirá Xesús: defendéndose de Antipas ao que chama "raposo" e buscando na oración da noite a forza do Pai. Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús. É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto. Desta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor.  José Antonio Pagola