1. A santidade (felicidade)
é o noso camiño
e a nosa meta.
Mateo 5, 1-12a
Solemnidade de Tod@s l@s Sant@s.
1 novembro 2009
2. Celebramos o amor de Deus, que xa acolleu na casa os que nos
precederon e nos espera cos brazos abertos aos que aínda
estamos en camiño.
Hoxe celebramos a todos, non só os que constan nas listas
oficiais. Entre eles están os nosos familiares e amigos.
É unha festa universal.
3. Ao ver a xente, Xesús subiu ao monte, sentou, e
achegáronselle os seus discípulos . Entón comezou a
ensinalos con estas palabras:
4. Ditosos os pobres no espírito,
porque deles é o reino dos
ceos.
En cada benaventuranza dáse unha tensión entre o “xa” e o
“aínda non non”.
As persoas que cambian o proxecto de posuír polo de
compartir o que son e o que teñen, son felices.
5. Ditosos os que están tristes,
porque Deus os consolará.
Ditosos os humildes,
porque herdarán a terra.
Traballar para que a vida sexa máis humana, máis
soportable, máis feliz; para converter a terra nun ben
común para todos, é fuente da auténtica felicidade.
6. Ditosos os que teñen fame e sede de xustiza,
porque Deus os saciará.
A benaventuranza é unha
invitación a unha vida feliz.
Quen practica a xustiza
vivirá feliz e estará
satisfeito na súa loita de
cada día.
7. s
ue Deu
rq
sos, po
io
ericord
is
os os m ia deles.
Ditos
d
sericor
terá mi
A persoa misericordiosa ten unha actitude maternal cara a si
mesma e cara aos demais. A misericordia abrolla do amor a un
mesmo e ao próximo. O misericordioso sente paz interior,
bondade, tenrura, amabilidade. A misericordia é o camino cara
8. Xesús asegúranos que hai persoas que teñen un corazón puro,
sinxelo, limpo, claro, sen segundas intencións, que non xulgan os
demais... As persoas de corazón limpo ven a Deus. Con esta
benaventuranza Xesús quere espertar en nós o sentido da
limpeza interior que nos sanda e nos fai felices.
Ditosos os que teñen un corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
9. Ditosos os que constrúen a
paz, porque Deus os
chamará seus fillos.
As persoas que sementan reconciliación, non marxinan, nin
xulgan, nin condenan a ninguén, utilizan unha linguaxe
pacificadora, non necesitan destacar... crean a paz no seu
interior e no ambiente que as rodea. O amor é a forza que
crea a paz verdadeira.
10. Ditosos os que sofren persecución
pola xustiza, porque deles é o
reino dos ceos.
Ignacio Ellacuria
Jon Sobrino
Óscar Romero
Xesús felicita os que son perseguido por causa da xustiza.
Quen loita pola xustiza, por un mundo xusto, resulta incómodo.
A persecución é a consecuencia inevitable da opción polo reinado
de Deus. As persoas que soportan a persecución teñen a Deus
por rei e son felices.
11. Quen vive pacificamente en
harmonía co sistema
establecido ten que
preguntarse seriamente se
entrou no reino de Deus.
Ditosos seredes cando vos aldraxen e vos persigan, e digan
contra vós toda clase de calumnias por causa miña. Alegrádevos
porque será grande a vosa recompensa nos ceos.
12. Non cabe dicir que o programa das Benaventuranzas
é unha utopía, irreal e imposible,
antes de ternos posto a practicalo,
aínda que sexa de forma incipiente, imperfecta.
O importante é poñerse en marcha. A Felicidade e a
Alegría acompañarán o camiñar.
13. Creo en Xesús, o Mestre,
o que coñece o camiño da vida.
Creo nas súas palabras, tan sinxelas,
que espertan o mellor de min mesmo,
que me fan ser máis persoa e máis irmán.
Creo que é mellor dar que recibir,
é mellor perdoar que vingarse,
é mellor compartir que atesourar,
é mellor vivir con pouco,
é mellor sementar que recoller,
é mellor sementarse que conservarse,
é mellor camiñar que instalarse,
é mellor confiar que xulgar.
Creo que son felices, sobre todo,
os que escoitan a Palabra de Deus
e a poñen en práctica.
José E. Ruiz de Galarreta, SJ