1. Benaventuranzas de Xesús Texto: Miguel Ángel Mesa. Presentación: M.Asun Gutiérrez. Música: Mendelssohn. Nas ás da canción.
2. Felices os que descubriron en Xesús o camiño para a súa máis plena realización humana, persoal, espiritual, en comuñón e respecto cara a todas as culturas, ideas e relixións da humanidade.
3. Felices aqueles para os que os valores de Xesús representan os mellores sentimentos, que poden dar auténtico sentido ás súas existencias.
4. Felices aqueles nos que Xesús espertou o manancial da insatisfacción, para seguir buscando incansablemente a verdade profunda do ser humano.
5. Felices os que se deixaron impregnar pola Boa Nova de Xesús, o desexo do Reino de Deus, é decir, a construción dunha sociedade que non estea baseada no diñeiro, no poder, no dominio duns sobre outros, senón na igualdade e a fraternidade.
6. Felices os que experimentan, como Xesús, a proximidade, a presenza e a íntima certeza dun “Deus todo bondade” que nos fortalece, anima, acompaña no sendeiro da vida.
7. Felices os que se comprometen, como fixo Xesús, en curar, aliviar, liberar, integrar e dar valor a cada persoa coa que nos encontramos, especialmente coas máis marxinadas e humilladas, a cuxo encontro debemos saír.
8. Felices os ques se amosan compasivos, os que traballan pola paz, os que non se deixan escravizar polo diñeiro, os que son perseguidos por loitar pola xustiza, os que se alegran coas alegrías dos outros e choran cun corazón de carne ante os sufrimentos dos demais.
9. Felices os que encontraron en Xesús que a vida ten sentido, que hai que vencer cada día á morte que nos rodea, que estamos chamados a máis vida, a unha vida profunda, á resurrección da nosa propia vida, xa aquí na terra, como xerme da vida eterna.
10. Felices os que descubriron en Xesús o camiño para a súa máis plena realización humana, persoal, espiritual, en comuñón e respecto cara a todas as culturas, ideas e relixións da humanidade. Felices aqueles para os que os valores de Xesús representan os mellores sentimentos, que poden dar auténtico sentido ás súas existencias. Felices aqueles nos que Xesús espertou o manancial da insatisfacción, para seguir buscando incansablemente a verdade profunda do ser humano. Felices os que se deixaron impregnar pola Boa Nova de Xesús, o desexo do Reino de Deus, é decir, a construción dunha sociedade que no estea baseada no diñeiro, no poder, no dominio duns sobre outros, senón na igualdade e a fraternidade. Felices os que experimentan, como Xesús, a proximidade, a presenza e a íntima certeza dun “Deus todo bondade” que nos fortalece, anima, acompaña no sendeiro da vida. Felices os que se comprometen, como fixo Xesús, en curar, aliviar, liberar, integrar e dar valor a cada persoa coa que nos encontramos, especialmente coas máis marxinadas e humilladas, a cuxo encontro debemos saír. Felices os que se amosan compasivos, os que traballan pola paz, os que non se deixan escravizar polo diñeiro, os que son perseguidos por loitar pola xustiza, os que se alegran coas alegrías dos outros e choran cun corazón de carne ante os sufrimentos dos demais. Felices os que encontraron en Xesús que a vida ten sentido, que hai que vencer cada día á morte que nos rodea, que estamos chamados a máis vida, a unha vida profunda, á resurrección da nosa propia vida, xa aquí na terra, como xerme da vida eterna. Miguel Ángel Mesa Benaventuranzas de Xesús