SlideShare a Scribd company logo
1 of 48
Texto: Antonio Rodríguez Carmona Montaxe: Antonio García Polo EVANGEXEO DE  SAN MARCOS 3.  X esús e os fariseos Ciclo Litúrxico /B
Marcos dedica a primeira parte da súa obra (1,15-8,30) a presentar a Xesús como  Mesías que proclama o Reino de Deus  e as diversas  reaccións dos seus oíntes,   que simplifica en  fariseos,   pobo  e  discípulos.
 
Esta primeira sección comeza cunha presentación xeral de Xesús e a súa obra e diversas reaccións ante ela, especialmente as dos fariseos. Desenvólvese en A ,  Sumario xeral (1,14-15) B.   Primeiras vocacións C.   Un día en Cafarnaún D.   Xesús realiza os signos do Reino e reacción negativa dos fariseos E.  Conclusión: os fariseos rexeitan a Xesús. 1º SECCIÓN: XESÚS E OS FARISEOS
Despois   de que Xoán foi entregado, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus;  dicía: «Cumpriuse o tempo e está cerca o Reino de Deus. Convertédevos e crede no Evanxeo». A .  SUMARIO XERAL (1,14-15)
   Xesús comeza a súa obra cando Xoán Bautista é levado a prisión por Herodes Antipas. É un anuncio velado do que será o seu destino.    Toda esta proclamación vai ter lugar en Galilea, a terra do Evanxeo, onde Xesús actuó eficazmente na debilidade e segue actuando do mesmo modo.    Actúa como  heraldo  que  proclama.   “ Proclamar” é facer público o que decidiu o que envía o pregoeiro. Neste caso é Deus Pai que envía a Xesús.    O contido do pregón é o  Evanxeo de Deus , é  dicir, a promesa que Deus fixera por Isaías II de que reinaría como Deus escondido.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],CONTIDO DO  PREGÓN
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],B. PRIMEIRAS VOCACIÓNS
Pasando xunto ao mar de Galilea, viu a Simón e Andrés, o irmán de Simón, botando as redes no mar, pois eran  pescadores. Xesús díxolles: «Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.»  Inmediatamente, deixaron as redes e  seguírono. Un pouco máis adiante viu a Santiago, o de Zebedeo, e a seu irmán Xoán, que estaban  na barca reparando as redes. Chamounos tamén; e eles, deixaron a seu pai Zebedeo na barca cos xornaleiros e marcharon con el.
   Pola mañá na sinagoga ensina con autoridade e cura un endemoñado.    A mediodía na casa de Simón cura a súa sogra.    Ao solpor, cando remata o sábado, cura a moitos enfermos e endemoñados.    Ao amencer vai ao desierto a orar.    Ao día seguinte marcha a outras sinagogas de Galilea para continuar coa mesma tarefa. Un exemplo concreto é a curación dun leproso. C . UN DÍA DE SÁBADO EN CAFARNAÚN   Mc invita o lector a ver que fai Xesús durante un día, proclamar a chegada do Reino de Deus e realizar signos que expliquen o seu contido. En concreto:
Xesús preséntase como mestre especial que expón o verdadeiro sentido da vontade de Deus. Esperábase que o Mesías daría o verdadeiro sentido da Lei: NA SINAGOGA DE CAFARNAÚN Chegan a Cafarnaúm. No día de sábado entrou na sinagoga e púxose a ensinar. Ee quedaban asombrados da súa doutrina, porque os ensinaba como quen ten autoridade, e non como os escribas  (1,21-22).
Había precisamente na sinagoga un home posuído por un espírito inmundo, que se puxo a gritar: «Que tenemos nós contigo, Xesús de Nazaré? Viñeches a destruírnos? Sei quén es ti: o Santo de Deus». Xesús, entón, conminouno dicíndolle: «Cálate e sae del». E, axitándoo con violencia o espírito inmundo, deu un forte grito e saíu del.  Despois cura un endemoñado (1,23-26)
Todos quedaron pasmados de tal maneira que se preguntaban uns a outros: «Que é isto? Unha doutrina nova, exposta con autoridade! Manda ata aos espíritos inmundos e obedéceno.»  Axiña a súa sona estendeuse por todas partes, en toda a rexión de Galilea.     O resultado foi a admiración xeral pola nova ensinanza e o poder sobre os demoños (1,27-28):
   Con ambas actuacións Xesús ensina que o Reino de Deus implica unha nova ensinanza que indique ao home o camiño que o conduce a Deus e á felicidade; era algo que se esperaba do Mesías  ( Sei que vai vir o Mesías, o Cristo; cando veña, el nolo ensinará todo,  díxolle a samaritana a Xesús : X n 4,24).    E, por outra parte, ensina que na medida en que Deus reina, deixa de facelo Satán, príncipe deste mundo. O mundo xa non está sometido á fatalidade do mal. Cristo é superior a Satán e abriu as portas do paraíso. Hai que loitar contra todo tipo de mal porque todo ten remedio.
Cando saíu da sinagoga foi con Santiago e Xoán á casa de Simón e Andrés.  A sogra de Simón estaba na cama con febre; e fálanlle dela. Achegouse e, tomándoa pola mano, ergueuna.  A febre deixouna e ela púxose a servilos.  EN CASA DE SIMÓN CURA A SÚA SOGRA (1,29-31):
[object Object],[object Object]
Pola tardiña, á solpor, trouxéronlle todos os enfermos e endemoñados; a cudade enteira estaba amoreada á porta. Xesús curou a moitos que se encontraban mal de diversas enfermidade e expulsou moitos demoños. E non deixaba falar os demoños, pois coñecíano.   Un sumario di que, ao rematar o sábado e con el o descanso, Xesús fixo outras curacións e exorcismos (1, 32-34): A MODO DE RESUMO
Ao amencer, cando aínda estaba moi escuro, erguese, saíu e foi a un lugar solitario e alí púxose a facer oración.   AO AMENCER, XESÚS ora (1,35): Xesús vive de cara ao seu Pai e ao servizo dos homes
Simón e os seus compañeiros foron na súa busca; ao atopalo, dixéronlle: «Todos te buscan.»  El respondeulles:  «Vaiamos a outra parte, ás vilas e aldeas veciñas, para que tamén alí predique; pois para iso fun enviado». E recorreu toda Galilea, predicando nas súas sinagogas e expulsando os demos.   CONTINÚA POR OUTRAS SINAGOGAS DE GALILEA, REPETINDO O QUE FIXO NA DE CAFARNAÚN (1,36-39)
Achegóuselle un leproso suplicándolle e, caendo de xeonllos, díxolle: «Se queres, podes limparme». Compadecido del, estendeu a súa man, tocouno e díxolle: «Quero; queda limpo». E, naquel intre,  desapareceulle a lepra e quedou limpo. Despediuno decontado prohibíndolle severamente: «Mira, non llo digas a ninguén, pero vai, móstrate ao sacerdote e fai pola túa purificación a ofrenda que prescribiu Moisés para que lles sirva de testimuño». Pero él, así que se foi, púxose a pregoar con entusiasmo e a divulgar a noticia, de modo que xa non podía Xesús presentarse en público en ningunha cidade, senón que se quedaba ás aforas, en lugares solitarios. E acudían  a el de todas partes. CURACIÓN DUN LEPROSO (1, 40-45)
   A lepra era unha enfermidade que obrigaba o enfermo a vivir illado da xente e consiguintemente apartaba da participación da vida relixiosa. Popularmente equiparábase á morte, pois implicaba soidade e debilitamiento continuo.    Xesús permite o leproso que se lle acerque e cúrao, significando con isto que o Reino é un non á enfermidade e á morte, á marxinación e á exclusión do pobo de Deus.
   Naquel tempo o médico experto que diagnosticaba a lepra ou a súa curación era o sacerdote, como experto na Biblia, pois nela se dan as normas pertinentes. Xesús manda o leproso ir ao sacerdote para que certifique a súa curación;    Mándalle ademais que non llo diga a ninguén, mandato que desobedeceu o curado. A intención deste mandato era que reflexionase sobre o que implicaba esta curación como signo do Reino de Deus. Aparecerá outras veces neste Evanxeo de Marcos. O pobo non obedece, déixase levar dun entusiasmo pasaxeiro, pero así non recoñecerá a chegada do Reino e ao final pedirá a morte de Xesús.
Seguen cinco relatos con dobre mensaxe, por unha parte seguen ofrecendo signos do que é o Reino de Deus, e por outra, presentan as reaccións negativas progresivas dos fariseos:    Curación dun paralítico : O  Reino de Deus é salvación total do home – os fariseos rexeitan a Xesús  “no seu interior” polo seu dogmatismo.    Vocación e banquete de Leví : O Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores – os fariseos rexeitan a Xesús “indirectamente” polo seu puritanismo.    Cuestión do xaxún : chegou o tempo das vodas, xa  apareceu o Noivo – os fariseos rexeitan “directamente” a Xesús polos seus costumes relixiosos.    As espigas no sábado:  O  Reino Deus libera de toda escravitude ao home – os fariseos opóñense  “directamente” a Xesús polo seu legalismo.    Curación do home da man paralizada :  O  Reino de Deus  é vida e liberdade do home – Xesús toma a iniciativa e condena o fariseísmo.    CONCLUSIÓN : os fariseos deciden acabar con Xesús D.  XESÚS REALIZA OS SIGNOS DO REINO E REACCIÓN NEGATIVA DOS FARISEOS (2,1-3,5)
Xesús preséntase como salvador, o que perdoa, como o Noivo que vén desposar a humanidade e trae un tempo de alegría, como o que libera de legalismos e defende a vida.
Entrou de novo en Cafarnaúm; ao pouco tempo correra a voz de que estaba na casa. Amoreáronse tantos que nin sequera ante a porta había xa sitio, e El anunciáballes a Palabra. E veñen traer un paralítico levado entre catro. Ao non poder achegarse a causa da multitude, abriron o teito encima de onde  estaba Xesús e, descolgaron a padiola onde xacía o paralítico. Vendo Xesús a fe deles, díxolle ao paralítico: «Fillo, os teus pecados  sonche perdoados». Estaban alí sentados algúns escribas que pensaban nos seus corazóns: «Por que este fala así? Está blasfemando. Quen pode perdoar pecados, senón só Deus? ». CURACIÓN DUN PARALÍTICO (2,1-12)
Pero, ao intre, coñecendo Xesús no seu espíritu o que eles pensaban no seu interior, díxolles: «Por que pensades así nos vosos corazóns? Que é máis fácil, dicir ao paralítico: “Os teus pecados sonche perdoados", ou dicir: “Érguete, toma a túa padiola e anda?“  Pois para que saibades que o Fillo do Home ten na terra poder de perdoar pecados- díxolle ao paralítico: “contigo falo, érguete, toma a túa padiola e vai para a túa casa“.  Ergueuse e, deseguido, tomando a padiola, saíu á vista de todos, de modo que quedaban todos asombrados  e glorificaban a Deus, dicindo: «Xamais vimos cousa parecida».
   Piden a Xesús a curación dunha enfermidade e Xesús non sóo cura senón que perdoa os pecados do enfermo, significando con isto que o Reino de Deus quere a salvación total da persoa. Preséntase así como o enviado de Deus para curar e perdoar. O nunca visto! Exclama o pobo presente.    Estaban alí algúns fariseos escribas ou expertos en teoloxía. Non din nada, só pensan no seu interior que Xesús está blasfemando porque perdoa pecados, cousa que só pode facer Deus.    O tráxico desta postura é que no nome dunha verdade están rexeitando a Deus. Queren encerrar a Deus nos estreitos límites dos seus coñecementos relixiosos.
   Dogmatismo é absolutizar os coñecementos relixiosos.    Dispuxo Deus na súa sabedoría revelarse a Si mesmo e dar a coñecer o misterio da súa vontade .  O home debe acoller esta revelación,    Pero debe ser consciente de que a intelixencia finita do home non pode abarcar o misterio de Deus infinito. Por iso Deus é o Deus das sorpresas, sempre en ben do home.    E unha sorpresa foi a encarnación do Fillo de Deus. Xesús, Fillo de Deus, perdoa pecados. E os escribas fariseos rexéitano, no nome da súa teoloxía!
   A teoloxía ten que ser radicalmente humilde, xa que nos desbordan os plans de Deus    Porque non son os meus pensamentos os vosos pensamentos, nin os  vosos camiños son os meus camiños - oráculo de Iahvé -. Porque canto avantaxan os ceos á terra, así avantaxan os meus camiños aos vosos e os meus pensamentos aos vosos  (Is 55, 8-9).
   Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores.    Xesús  invita ao seu seguimento a Leví, un publicano ou persoa dedicada a cobrar impostos. Eran personas con fama de ladróns. Con isto Xesús  ofrécelle o seu perdón, confianza e amizade. VOCACIÓN E BANQUETE DE LEVÍ (2,13-17) Saíu de novo pola beira do mar, toda a xente acudía a el, e el ensinábaos. Ao pasar, viu a Leví, o de Alfeo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme». El levantouse e siguiuno . (2,13-14)
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
   Xesús, como salvador, ofrece o perdón de Deus a todos os que se recoñecen pecadores.    A comida cos pecadores é un dos signos que realizou Xesús para significar qué é o Reino e qué é a Igrexa: non un gueto de bos senón unha familia de perdoados que comparten a mesa con Xesús. E sucedeu que, estando el á mesa na casa de Leví, moitos publicanos e pecadores estaban á mesa con Xesús e os seus discípulos, pois eran moitos os que o seguían. Ao ver os escribas dos fariseos que comía cos pecadores e publicanos, dicían aos discípulos: «Que? É que come cos publicanos e pecadores?»  Ao oír isto Xesús, díxolles: «Non necesitan médico os sans, senón os enfermos; non vin chamar os xustos, senón os pecadores. » (2, 15-17).
   Se Xesús veu en busca dos pecadores, isto quere dicir que non tene nada que facer cos que se consideran bos e sen pecado. O autosuficiente pasa de Xesús.    Xesús anuncia que, ante a chegada do Reino,  todos sen excepción  deben converterse e crer no Evanxeo (1,15)    Pero os fariseos exclúense e rexeitan a Xesús polo seu  puritanismo  ao crerse “bos” e do “grupo dos bos”.
   Os discípulos de Xoán e os fariseos inician os seus discípulos na vida relixiosa acostumándoos a prácticas que teñen aire relixioso, como é o caso do zaxún.    Xesús comeza doutra forma, inculcando o motivo que levará a realizar as prácticas. No caso do xaxún, primeiro recoñecer e amar a Deus como Pai, segundo xaxuar como manifestación de dor por telo ofendido:  a  viño novo, pelellos novos . CUESTIÓN DO XAXÚN (2,18-22)
Como os discípulos de Xoán e os fariseos estaban xaxuando, viñeron dicirle: «Por que mentres os discípulos de Xoán e os discípulos dos fariseos xaxúan, os teus discípulos non xaxúan?»  Xesús díxolles: «Poden acaso xaxuar os invitados á voda mentres o noivo está con eles? Mentres teñan consigo o noivo non pueden xaxuar. Días virán en que lles será arrebatado o noivo; entón xaxuarán, naquel día.  Ninguén cose un remendo de pano novo nun vestido vello, pois doutro modo, o pano novo tira do vello, e produce unha rachadela peor. Ninguén bota tampouco viño novo en pelellos vellos; doutro modo, o viño rebentaría os pelellos e botaríase a perder tanto o viño como os pelellos: senón que o viño novo, pelellos novos.
[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]
Os fariseos queren que se cumpran as leis contidas na Biblia ao pé da letra, sen ter en centa nin o obxectivo que pretende a lei nin as circunstancias da súa aplicación en cada momento, chegando ata extremos ridículos, co que escravizan as persoas. Son legalistas e por iso tamén se opoñen directamente a Xesús. AS ESPIGAS EN SÁBADO (2, 23-28) E cadrou que un sábado, cruzaba Xesús por unha seara, e os seus discípulos, mentres ían de camiño, comezaron a arrincar  espigas.  Decíanlle os fariseos: «Mira, por que fan en sábado o que non é lícito?»
Xesús responde facendo ver como a mesma Biblia contradí a súa forma de proceder: El díxolles: «Nunca lestes o que fixo David cando tivo necesidade, e el e os que o acompañaban sentiron fame,  como entrou na Casa de Deus, en tempos do Sumo Sacerdote Abiatar, e comeu os pans da presenza, que só aos sacerdotes é lícito comer, e deu tamén aos que estaban con el?»
[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]
CURACIÓN DO HOME DA MAN TOLLEITA (3, 1-5) Continúa o mesmo tema: a oposición legalista, que tende unha trampa a Xesús para ver se cura en sábado na sinagoga:  Entrou de novo na sinagoga, e había alí un home que tiña a man tolleita.  Estaban ao axexo a ver se o curaba en sábado para poder acusalo.
Xesús toma a iniciativa: manda ao eivado que se poña no centro e pregunta sobre a finalidade do sábado: Xesús díxolle ao home que tiña a man tolleita: «Ponte aí  no medio». E a eles preuntoulles: «É lícito en sábado facer o ben en vez do mal, salvar unha vida en vez de destruíla?» Pero eles calaban. Daquela, mirándoos con ira, apenado pola dureza do seu corazón, díxolle aol home: «Estende a man». El estendeuna e quedou restablecida a súa man.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],E.  CONCLUSIÓN: OS FARISEOS REXEITAN A XESÚS (3, 6)
[object Object],[object Object],[object Object],RESUMINDO:
Volveremos co capítulo 4º © AGPolo

More Related Content

What's hot (19)

Pablo 4
Pablo 4Pablo 4
Pablo 4
 
7º pascua ascension 3013 bene pagola
7º pascua ascension  3013 bene pagola7º pascua ascension  3013 bene pagola
7º pascua ascension 3013 bene pagola
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
Pablo 7
Pablo 7Pablo 7
Pablo 7
 
7º ascensión do señor c 2013
7º ascensión do señor  c 20137º ascensión do señor  c 2013
7º ascensión do señor c 2013
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 
Vida de san xosé
Vida de san xoséVida de san xosé
Vida de san xosé
 
15º domingo tob 2012
15º domingo tob  201215º domingo tob  2012
15º domingo tob 2012
 
24 domingo toc 2013 bene pagola
24 domingo toc 2013 bene pagola24 domingo toc 2013 bene pagola
24 domingo toc 2013 bene pagola
 
4º domingo toc bene pagola 2013
4º domingo toc  bene pagola 20134º domingo toc  bene pagola 2013
4º domingo toc bene pagola 2013
 
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 
3º advento c 2015
3º advento  c  20153º advento  c  2015
3º advento c 2015
 
2º pascua b 2012
2º pascua  b  20122º pascua  b  2012
2º pascua b 2012
 
3º domingo tob 2012
3º domingo tob 20123º domingo tob 2012
3º domingo tob 2012
 
3º pascua 2015 b
3º pascua  2015  b3º pascua  2015  b
3º pascua 2015 b
 
2º advento b 2011
2º advento b 20112º advento b 2011
2º advento b 2011
 
2º domingo toa 2014 bene pagola
2º domingo toa 2014 bene pagola2º domingo toa 2014 bene pagola
2º domingo toa 2014 bene pagola
 
Fe
FeFe
Fe
 
Credo 1
Credo 1Credo 1
Credo 1
 

Viewers also liked (19)

Homes
HomesHomes
Homes
 
A rutina
A rutinaA rutina
A rutina
 
5º coresma b 2012
5º coresma b  20125º coresma b  2012
5º coresma b 2012
 
Aprendín a vivir a pesar das espiñas
Aprendín a vivir a pesar das espiñasAprendín a vivir a pesar das espiñas
Aprendín a vivir a pesar das espiñas
 
Sinte os aloumiños da vida
Sinte os aloumiños da vidaSinte os aloumiños da vida
Sinte os aloumiños da vida
 
Nadal para todos
Nadal para todosNadal para todos
Nadal para todos
 
Blowing in the wind
Blowing in the windBlowing in the wind
Blowing in the wind
 
Morte impresionante
Morte impresionanteMorte impresionante
Morte impresionante
 
Corazón de xesús festa do
Corazón de xesús festa doCorazón de xesús festa do
Corazón de xesús festa do
 
O fieto e o bambú
O fieto e o bambúO fieto e o bambú
O fieto e o bambú
 
A vida
A vidaA vida
A vida
 
Tempo de nadal
Tempo de nadalTempo de nadal
Tempo de nadal
 
7º pascua ascensión b 2012
7º pascua ascensión  b  20127º pascua ascensión  b  2012
7º pascua ascensión b 2012
 
10º corpo e sangue de cristo b 2012
10º corpo e  sangue de cristo  b  201210º corpo e  sangue de cristo  b  2012
10º corpo e sangue de cristo b 2012
 
Queda, señor, comigo
Queda, señor, comigoQueda, señor, comigo
Queda, señor, comigo
 
4 coresma b 2012
4 coresma  b  20124 coresma  b  2012
4 coresma b 2012
 
Nadal un canto á vida
Nadal un canto á vidaNadal un canto á vida
Nadal un canto á vida
 
2º coresma b 2012
2º coresma b  20122º coresma b  2012
2º coresma b 2012
 
Pensamentos fermosos
Pensamentos fermososPensamentos fermosos
Pensamentos fermosos
 

Similar to Evanxeo marcos 3

Similar to Evanxeo marcos 3 (20)

5º domingo tob 2012
5º domingo tob  20125º domingo tob  2012
5º domingo tob 2012
 
3º advento a 2013 bene pagola
3º advento  a 2013  bene pagola3º advento  a 2013  bene pagola
3º advento a 2013 bene pagola
 
7º pascua ascensión b asunción 2012
7º  pascua ascensión  b asunción 20127º  pascua ascensión  b asunción 2012
7º pascua ascensión b asunción 2012
 
4º coresma b 2015
4º coresma  b  20154º coresma  b  2015
4º coresma b 2015
 
Ascension
AscensionAscension
Ascension
 
16º domingo tob 2015
16º domingo tob 201516º domingo tob 2015
16º domingo tob 2015
 
3º domingo toc 2016 bene pagola
3º domingo toc 2016 bene pagola3º domingo toc 2016 bene pagola
3º domingo toc 2016 bene pagola
 
3º domingo toc 2016 bene pagola
3º domingo toc 2016 bene pagola3º domingo toc 2016 bene pagola
3º domingo toc 2016 bene pagola
 
5º domingo tob 2015
5º domingo  tob  20155º domingo  tob  2015
5º domingo tob 2015
 
5º domingo tob 2015
5º domingo  tob  20155º domingo  tob  2015
5º domingo tob 2015
 
2º domingo tob 2015
2º domingo  tob  20152º domingo  tob  2015
2º domingo tob 2015
 
14º domingo toc 2016 bene pagola
14º domingo  toc 2016 bene pagola14º domingo  toc 2016 bene pagola
14º domingo toc 2016 bene pagola
 
4º domingo toc 2013
4º domingo toc 20134º domingo toc 2013
4º domingo toc 2013
 
8º pentecoste 2015 b
8º pentecoste  2015  b8º pentecoste  2015  b
8º pentecoste 2015 b
 
4º domingo tob 2012
4º domingo  tob  20124º domingo  tob  2012
4º domingo tob 2012
 
2º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 20162º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 2016
 
3º domingo toc 2013 bene pagola
3º domingo toc 2013  bene pagola3º domingo toc 2013  bene pagola
3º domingo toc 2013 bene pagola
 
8º pentecoste b 2012
8º  pentecoste  b  20128º  pentecoste  b  2012
8º pentecoste b 2012
 
4º domingo to b 2015
4º domingo  to b  20154º domingo  to b  2015
4º domingo to b 2015
 
3º pascua bene pagola 2012
3º pascua bene  pagola 20123º pascua bene  pagola 2012
3º pascua bene pagola 2012
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 

Evanxeo marcos 3

  • 1. Texto: Antonio Rodríguez Carmona Montaxe: Antonio García Polo EVANGEXEO DE SAN MARCOS 3. X esús e os fariseos Ciclo Litúrxico /B
  • 2. Marcos dedica a primeira parte da súa obra (1,15-8,30) a presentar a Xesús como Mesías que proclama o Reino de Deus e as diversas reaccións dos seus oíntes, que simplifica en fariseos, pobo e discípulos.
  • 3.  
  • 4. Esta primeira sección comeza cunha presentación xeral de Xesús e a súa obra e diversas reaccións ante ela, especialmente as dos fariseos. Desenvólvese en A , Sumario xeral (1,14-15) B. Primeiras vocacións C. Un día en Cafarnaún D. Xesús realiza os signos do Reino e reacción negativa dos fariseos E. Conclusión: os fariseos rexeitan a Xesús. 1º SECCIÓN: XESÚS E OS FARISEOS
  • 5. Despois de que Xoán foi entregado, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus; dicía: «Cumpriuse o tempo e está cerca o Reino de Deus. Convertédevos e crede no Evanxeo». A . SUMARIO XERAL (1,14-15)
  • 6. Xesús comeza a súa obra cando Xoán Bautista é levado a prisión por Herodes Antipas. É un anuncio velado do que será o seu destino.  Toda esta proclamación vai ter lugar en Galilea, a terra do Evanxeo, onde Xesús actuó eficazmente na debilidade e segue actuando do mesmo modo.  Actúa como heraldo que proclama. “ Proclamar” é facer público o que decidiu o que envía o pregoeiro. Neste caso é Deus Pai que envía a Xesús.  O contido do pregón é o Evanxeo de Deus , é dicir, a promesa que Deus fixera por Isaías II de que reinaría como Deus escondido.
  • 7.
  • 8.
  • 9. Pasando xunto ao mar de Galilea, viu a Simón e Andrés, o irmán de Simón, botando as redes no mar, pois eran pescadores. Xesús díxolles: «Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.» Inmediatamente, deixaron as redes e seguírono. Un pouco máis adiante viu a Santiago, o de Zebedeo, e a seu irmán Xoán, que estaban na barca reparando as redes. Chamounos tamén; e eles, deixaron a seu pai Zebedeo na barca cos xornaleiros e marcharon con el.
  • 10. Pola mañá na sinagoga ensina con autoridade e cura un endemoñado.  A mediodía na casa de Simón cura a súa sogra.  Ao solpor, cando remata o sábado, cura a moitos enfermos e endemoñados.  Ao amencer vai ao desierto a orar.  Ao día seguinte marcha a outras sinagogas de Galilea para continuar coa mesma tarefa. Un exemplo concreto é a curación dun leproso. C . UN DÍA DE SÁBADO EN CAFARNAÚN Mc invita o lector a ver que fai Xesús durante un día, proclamar a chegada do Reino de Deus e realizar signos que expliquen o seu contido. En concreto:
  • 11. Xesús preséntase como mestre especial que expón o verdadeiro sentido da vontade de Deus. Esperábase que o Mesías daría o verdadeiro sentido da Lei: NA SINAGOGA DE CAFARNAÚN Chegan a Cafarnaúm. No día de sábado entrou na sinagoga e púxose a ensinar. Ee quedaban asombrados da súa doutrina, porque os ensinaba como quen ten autoridade, e non como os escribas (1,21-22).
  • 12. Había precisamente na sinagoga un home posuído por un espírito inmundo, que se puxo a gritar: «Que tenemos nós contigo, Xesús de Nazaré? Viñeches a destruírnos? Sei quén es ti: o Santo de Deus». Xesús, entón, conminouno dicíndolle: «Cálate e sae del». E, axitándoo con violencia o espírito inmundo, deu un forte grito e saíu del. Despois cura un endemoñado (1,23-26)
  • 13. Todos quedaron pasmados de tal maneira que se preguntaban uns a outros: «Que é isto? Unha doutrina nova, exposta con autoridade! Manda ata aos espíritos inmundos e obedéceno.» Axiña a súa sona estendeuse por todas partes, en toda a rexión de Galilea.  O resultado foi a admiración xeral pola nova ensinanza e o poder sobre os demoños (1,27-28):
  • 14. Con ambas actuacións Xesús ensina que o Reino de Deus implica unha nova ensinanza que indique ao home o camiño que o conduce a Deus e á felicidade; era algo que se esperaba do Mesías ( Sei que vai vir o Mesías, o Cristo; cando veña, el nolo ensinará todo, díxolle a samaritana a Xesús : X n 4,24).  E, por outra parte, ensina que na medida en que Deus reina, deixa de facelo Satán, príncipe deste mundo. O mundo xa non está sometido á fatalidade do mal. Cristo é superior a Satán e abriu as portas do paraíso. Hai que loitar contra todo tipo de mal porque todo ten remedio.
  • 15. Cando saíu da sinagoga foi con Santiago e Xoán á casa de Simón e Andrés. A sogra de Simón estaba na cama con febre; e fálanlle dela. Achegouse e, tomándoa pola mano, ergueuna. A febre deixouna e ela púxose a servilos. EN CASA DE SIMÓN CURA A SÚA SOGRA (1,29-31):
  • 16.
  • 17. Pola tardiña, á solpor, trouxéronlle todos os enfermos e endemoñados; a cudade enteira estaba amoreada á porta. Xesús curou a moitos que se encontraban mal de diversas enfermidade e expulsou moitos demoños. E non deixaba falar os demoños, pois coñecíano. Un sumario di que, ao rematar o sábado e con el o descanso, Xesús fixo outras curacións e exorcismos (1, 32-34): A MODO DE RESUMO
  • 18. Ao amencer, cando aínda estaba moi escuro, erguese, saíu e foi a un lugar solitario e alí púxose a facer oración. AO AMENCER, XESÚS ora (1,35): Xesús vive de cara ao seu Pai e ao servizo dos homes
  • 19. Simón e os seus compañeiros foron na súa busca; ao atopalo, dixéronlle: «Todos te buscan.» El respondeulles: «Vaiamos a outra parte, ás vilas e aldeas veciñas, para que tamén alí predique; pois para iso fun enviado». E recorreu toda Galilea, predicando nas súas sinagogas e expulsando os demos. CONTINÚA POR OUTRAS SINAGOGAS DE GALILEA, REPETINDO O QUE FIXO NA DE CAFARNAÚN (1,36-39)
  • 20. Achegóuselle un leproso suplicándolle e, caendo de xeonllos, díxolle: «Se queres, podes limparme». Compadecido del, estendeu a súa man, tocouno e díxolle: «Quero; queda limpo». E, naquel intre, desapareceulle a lepra e quedou limpo. Despediuno decontado prohibíndolle severamente: «Mira, non llo digas a ninguén, pero vai, móstrate ao sacerdote e fai pola túa purificación a ofrenda que prescribiu Moisés para que lles sirva de testimuño». Pero él, así que se foi, púxose a pregoar con entusiasmo e a divulgar a noticia, de modo que xa non podía Xesús presentarse en público en ningunha cidade, senón que se quedaba ás aforas, en lugares solitarios. E acudían a el de todas partes. CURACIÓN DUN LEPROSO (1, 40-45)
  • 21. A lepra era unha enfermidade que obrigaba o enfermo a vivir illado da xente e consiguintemente apartaba da participación da vida relixiosa. Popularmente equiparábase á morte, pois implicaba soidade e debilitamiento continuo.  Xesús permite o leproso que se lle acerque e cúrao, significando con isto que o Reino é un non á enfermidade e á morte, á marxinación e á exclusión do pobo de Deus.
  • 22. Naquel tempo o médico experto que diagnosticaba a lepra ou a súa curación era o sacerdote, como experto na Biblia, pois nela se dan as normas pertinentes. Xesús manda o leproso ir ao sacerdote para que certifique a súa curación;  Mándalle ademais que non llo diga a ninguén, mandato que desobedeceu o curado. A intención deste mandato era que reflexionase sobre o que implicaba esta curación como signo do Reino de Deus. Aparecerá outras veces neste Evanxeo de Marcos. O pobo non obedece, déixase levar dun entusiasmo pasaxeiro, pero así non recoñecerá a chegada do Reino e ao final pedirá a morte de Xesús.
  • 23. Seguen cinco relatos con dobre mensaxe, por unha parte seguen ofrecendo signos do que é o Reino de Deus, e por outra, presentan as reaccións negativas progresivas dos fariseos:  Curación dun paralítico : O Reino de Deus é salvación total do home – os fariseos rexeitan a Xesús “no seu interior” polo seu dogmatismo.  Vocación e banquete de Leví : O Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores – os fariseos rexeitan a Xesús “indirectamente” polo seu puritanismo.  Cuestión do xaxún : chegou o tempo das vodas, xa apareceu o Noivo – os fariseos rexeitan “directamente” a Xesús polos seus costumes relixiosos.  As espigas no sábado: O Reino Deus libera de toda escravitude ao home – os fariseos opóñense “directamente” a Xesús polo seu legalismo.  Curación do home da man paralizada : O Reino de Deus é vida e liberdade do home – Xesús toma a iniciativa e condena o fariseísmo.  CONCLUSIÓN : os fariseos deciden acabar con Xesús D. XESÚS REALIZA OS SIGNOS DO REINO E REACCIÓN NEGATIVA DOS FARISEOS (2,1-3,5)
  • 24. Xesús preséntase como salvador, o que perdoa, como o Noivo que vén desposar a humanidade e trae un tempo de alegría, como o que libera de legalismos e defende a vida.
  • 25. Entrou de novo en Cafarnaúm; ao pouco tempo correra a voz de que estaba na casa. Amoreáronse tantos que nin sequera ante a porta había xa sitio, e El anunciáballes a Palabra. E veñen traer un paralítico levado entre catro. Ao non poder achegarse a causa da multitude, abriron o teito encima de onde estaba Xesús e, descolgaron a padiola onde xacía o paralítico. Vendo Xesús a fe deles, díxolle ao paralítico: «Fillo, os teus pecados sonche perdoados». Estaban alí sentados algúns escribas que pensaban nos seus corazóns: «Por que este fala así? Está blasfemando. Quen pode perdoar pecados, senón só Deus? ». CURACIÓN DUN PARALÍTICO (2,1-12)
  • 26. Pero, ao intre, coñecendo Xesús no seu espíritu o que eles pensaban no seu interior, díxolles: «Por que pensades así nos vosos corazóns? Que é máis fácil, dicir ao paralítico: “Os teus pecados sonche perdoados", ou dicir: “Érguete, toma a túa padiola e anda?“ Pois para que saibades que o Fillo do Home ten na terra poder de perdoar pecados- díxolle ao paralítico: “contigo falo, érguete, toma a túa padiola e vai para a túa casa“. Ergueuse e, deseguido, tomando a padiola, saíu á vista de todos, de modo que quedaban todos asombrados e glorificaban a Deus, dicindo: «Xamais vimos cousa parecida».
  • 27. Piden a Xesús a curación dunha enfermidade e Xesús non sóo cura senón que perdoa os pecados do enfermo, significando con isto que o Reino de Deus quere a salvación total da persoa. Preséntase así como o enviado de Deus para curar e perdoar. O nunca visto! Exclama o pobo presente.  Estaban alí algúns fariseos escribas ou expertos en teoloxía. Non din nada, só pensan no seu interior que Xesús está blasfemando porque perdoa pecados, cousa que só pode facer Deus.  O tráxico desta postura é que no nome dunha verdade están rexeitando a Deus. Queren encerrar a Deus nos estreitos límites dos seus coñecementos relixiosos.
  • 28. Dogmatismo é absolutizar os coñecementos relixiosos.  Dispuxo Deus na súa sabedoría revelarse a Si mesmo e dar a coñecer o misterio da súa vontade . O home debe acoller esta revelación,  Pero debe ser consciente de que a intelixencia finita do home non pode abarcar o misterio de Deus infinito. Por iso Deus é o Deus das sorpresas, sempre en ben do home.  E unha sorpresa foi a encarnación do Fillo de Deus. Xesús, Fillo de Deus, perdoa pecados. E os escribas fariseos rexéitano, no nome da súa teoloxía!
  • 29. A teoloxía ten que ser radicalmente humilde, xa que nos desbordan os plans de Deus  Porque non son os meus pensamentos os vosos pensamentos, nin os vosos camiños son os meus camiños - oráculo de Iahvé -. Porque canto avantaxan os ceos á terra, así avantaxan os meus camiños aos vosos e os meus pensamentos aos vosos (Is 55, 8-9).
  • 30. Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores.  Xesús invita ao seu seguimento a Leví, un publicano ou persoa dedicada a cobrar impostos. Eran personas con fama de ladróns. Con isto Xesús ofrécelle o seu perdón, confianza e amizade. VOCACIÓN E BANQUETE DE LEVÍ (2,13-17) Saíu de novo pola beira do mar, toda a xente acudía a el, e el ensinábaos. Ao pasar, viu a Leví, o de Alfeo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme». El levantouse e siguiuno . (2,13-14)
  • 31.
  • 32. Xesús, como salvador, ofrece o perdón de Deus a todos os que se recoñecen pecadores.  A comida cos pecadores é un dos signos que realizou Xesús para significar qué é o Reino e qué é a Igrexa: non un gueto de bos senón unha familia de perdoados que comparten a mesa con Xesús. E sucedeu que, estando el á mesa na casa de Leví, moitos publicanos e pecadores estaban á mesa con Xesús e os seus discípulos, pois eran moitos os que o seguían. Ao ver os escribas dos fariseos que comía cos pecadores e publicanos, dicían aos discípulos: «Que? É que come cos publicanos e pecadores?» Ao oír isto Xesús, díxolles: «Non necesitan médico os sans, senón os enfermos; non vin chamar os xustos, senón os pecadores. » (2, 15-17).
  • 33. Se Xesús veu en busca dos pecadores, isto quere dicir que non tene nada que facer cos que se consideran bos e sen pecado. O autosuficiente pasa de Xesús.  Xesús anuncia que, ante a chegada do Reino, todos sen excepción deben converterse e crer no Evanxeo (1,15)  Pero os fariseos exclúense e rexeitan a Xesús polo seu puritanismo ao crerse “bos” e do “grupo dos bos”.
  • 34. Os discípulos de Xoán e os fariseos inician os seus discípulos na vida relixiosa acostumándoos a prácticas que teñen aire relixioso, como é o caso do zaxún.  Xesús comeza doutra forma, inculcando o motivo que levará a realizar as prácticas. No caso do xaxún, primeiro recoñecer e amar a Deus como Pai, segundo xaxuar como manifestación de dor por telo ofendido: a viño novo, pelellos novos . CUESTIÓN DO XAXÚN (2,18-22)
  • 35. Como os discípulos de Xoán e os fariseos estaban xaxuando, viñeron dicirle: «Por que mentres os discípulos de Xoán e os discípulos dos fariseos xaxúan, os teus discípulos non xaxúan?» Xesús díxolles: «Poden acaso xaxuar os invitados á voda mentres o noivo está con eles? Mentres teñan consigo o noivo non pueden xaxuar. Días virán en que lles será arrebatado o noivo; entón xaxuarán, naquel día. Ninguén cose un remendo de pano novo nun vestido vello, pois doutro modo, o pano novo tira do vello, e produce unha rachadela peor. Ninguén bota tampouco viño novo en pelellos vellos; doutro modo, o viño rebentaría os pelellos e botaríase a perder tanto o viño como os pelellos: senón que o viño novo, pelellos novos.
  • 36.
  • 37.
  • 38. Os fariseos queren que se cumpran as leis contidas na Biblia ao pé da letra, sen ter en centa nin o obxectivo que pretende a lei nin as circunstancias da súa aplicación en cada momento, chegando ata extremos ridículos, co que escravizan as persoas. Son legalistas e por iso tamén se opoñen directamente a Xesús. AS ESPIGAS EN SÁBADO (2, 23-28) E cadrou que un sábado, cruzaba Xesús por unha seara, e os seus discípulos, mentres ían de camiño, comezaron a arrincar espigas. Decíanlle os fariseos: «Mira, por que fan en sábado o que non é lícito?»
  • 39. Xesús responde facendo ver como a mesma Biblia contradí a súa forma de proceder: El díxolles: «Nunca lestes o que fixo David cando tivo necesidade, e el e os que o acompañaban sentiron fame, como entrou na Casa de Deus, en tempos do Sumo Sacerdote Abiatar, e comeu os pans da presenza, que só aos sacerdotes é lícito comer, e deu tamén aos que estaban con el?»
  • 40.
  • 41.
  • 42. CURACIÓN DO HOME DA MAN TOLLEITA (3, 1-5) Continúa o mesmo tema: a oposición legalista, que tende unha trampa a Xesús para ver se cura en sábado na sinagoga: Entrou de novo na sinagoga, e había alí un home que tiña a man tolleita. Estaban ao axexo a ver se o curaba en sábado para poder acusalo.
  • 43. Xesús toma a iniciativa: manda ao eivado que se poña no centro e pregunta sobre a finalidade do sábado: Xesús díxolle ao home que tiña a man tolleita: «Ponte aí no medio». E a eles preuntoulles: «É lícito en sábado facer o ben en vez do mal, salvar unha vida en vez de destruíla?» Pero eles calaban. Daquela, mirándoos con ira, apenado pola dureza do seu corazón, díxolle aol home: «Estende a man». El estendeuna e quedou restablecida a súa man.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
  • 47.
  • 48. Volveremos co capítulo 4º © AGPolo