2. As persoas pasan a maior parte da súa vida sintíndose ofendidas polo que “alguén” lles fixo. - Ninguén te ofendeu, “TI” sénteste ofendido! As expectativas que “TI” esperabas desas persoas son as que te feren; expectativas que creas “TI” cos teus pensamentos.
3. “ TI” esperabas que os teus pais te desen máis amor … non te ofendas!... son as “TÚAS” expectativas de “uns pais ideais”, pero seguro que eles o fixeron o mellor que souberon e puideron. “ TI” esperabas que a túa parella reaccionase dunha maneira e non o fixo … a túa parella non te fixo nada, é a diferenza entre o que “TI” esperabas, e o que ela sintiu o que te fere. Novamente,as “TÚAS” expectativas oféndente.
4. Decepcionado con Alguén? MOI MAL! … é a “TÚA” crenza do que esperas dese Alguén a que te ofende. A sensación de sentirte ferido polo que che fan os “outros”, irase cando “TE” coñezas mellor e “TE” queiras un pouco máis.
5. Nacemos limpos, sen maldade … inocentes! pero esa “pureza” é suprimida e substituida por conceptos que os nosos pais, colexios, sociedade e os medios nos ensinan. “Prográmannos” cun guión erróneo de como deben ser as cousas, os conceptos e prioridades da vida, porque “eles”, á súa vez, foron “programados” antes.
6.
7. Un dos maiores problemas é tratar de impoñer o “TEU” criterio sobre outra persoa intentando guiar a súa vida; “ela” négase e creas resentimentos entre ambos … sénteste ofendido porque non che fixo caso, e a outra persoa tamén porque non a aceptas como é. Créase un círculo vicioso. Todas as persoas teñen o dereito Universal de guiar a súa propia vida e aprender dos seus propios erros … DÉIXAOS SER!!! … NINGUÉN TE PERTENCE!!! Cando os colonos americanos querían mercar as súas terras aos Peles Vermellas, estes contestáronlles: Mercar as nosas terras?... Se non nos pertencen! Nin o curso das augas, nin o aire, nin os nosos irmáns os búfalos que só cazamos para sobrevivir. Non son nosos! É unha idea descoñecida para nosoutros!.