Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O home sen rostro

503 views

Published on

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

O home sen rostro

  1. 1. “ O Hombre Sen Rostro “ Ola! Esta historia amósanos claramente que a enerxía e o desexo de vivir, supera calquera problema ou obstáculo. Le ata o final, desa forma poderás comprender esta historia. Esta baseada nun feito da vida real.
  2. 2. Anos atrás, un home moi traballador decide levar a súa familia desde Nova York ata Australia, en busca dunha mellor oportunidade de ingresos. A súa familia eran dous mozos moi apostos, un deles pretendía ser trapecista nun circo e o outro quería ser actor. Este último, mentres esperaba unha oportunidade, traballaba nos portos locais situados nas peores zonas da cidade.
  3. 3. Unha noite, de regreso á casa, o mozo foi asaltado por 5 bandidos. El resistiuse a entregar o seu diñeiro e foi agredido brutalmente: patearono ata deformalo, desgarráronlle o rostro, golpeárono por todo o corpo ata deixalo medio morto. Cando foi encontrado pola policía tirado na rúa, considerárono morto e chamaron á funeraria. No traxecto, un policía puido ver que o mozo facía un intento por respirar e foi levado de inmediato ao hospital de emerxencias máis próximo.
  4. 4. Foi horrible a impresión recibida polo equipo médico ao velo e constatar que aquel mozo xa non tiña rostro. Os seus ollos estaban desgarrados, o seu cranio, pernas e brazos fracturados, o seu nariz estaba literalmente perdido na súa cara, todos os seus dentes completamente partidos e a súa mandíbula desprendida. Agora había que traballar por salvarlle a vida. Permaneceu case un ano no hospital e cando saíu o seu corpo estaba recuperado, pero o seu rostro era repulsivo á vista.
  5. 5. Xa non era aquel mozo elegante ao que todos admiraban. Cando empezou a buscar traballo, sempre era rexeitado por todos, dada a súa aparencia física. Un empresario suxeriulle que participase nun espectáculo de circo, o seu nome sería: “ O Home Sen Rostro”
  6. 6. Realizou este traballo durante un tempo, pero seguía sentindo o rexeitamento das persoas, ninguén quería ser visto con el, chegou a pensar no suicidio. Loitou con esta situación por case 5 anos. Un día entrou unha igrexa, pensando que alí podía alcanzar algún alivio, viu o sacerdote orando e el, daquela, inclinou o seu corpo e tamén se puxo a rezar. O sacerdote ao velo, ergueuno piadosamente e levouno á sancristía para conversar. Estaba tan impresionado que chegou a dicirlle que faría todo o posible por axudalo a recuperar a súa dignidade e o seu rostro.
  7. 7. O mozo comezou a asistir ás misas e a comungar con frecuencia, sempre agradecía e pedía a Deus que lle dese paz espiritual e a graza de ser un mellor home día a día. Despois dun tempo, o sacerdote, por medio de influencias persoais, logrou conseguir os servizos médicos do mellor cirurxián estético de Australia e sen custo ninguén.
  8. 8. O cirurxián estaba impresionado co mozo por todo o acontecido na súa vida. A cirurxía fixo un milagre, xa que lle ofreceu os mellores servizos médicos. O mozo recuperou o seu rostro e empezou a cumprir todas as promesas feitas a Deus. Tamén foi bendicido cunha boa esposa, varios fillos e grandes éxitos profesionais. El agora dános o seu testemuño. Queres saber quen é este home?
  9. 9. Mel Gibson O resto da historia xa a sabemos, a súa vida foi inspiración para a película cinematográfica: “O Home Sen Rostro”.
  10. 10. É admirado por todos, como un home entregado a Deus, é un gran exemplo de coraxe. Somos moitos os que no coñeciamos esta historia, cruel e triste no seu comezo, pero que ao final nos amosa a grandeza do amor e da fe.
  11. 11. O sacerdote que naquel momento axudou a Mel Gibson , foi apenas un instrumento usado por Deus para a súa recuperación e todo canto lle aconteceu. Deus ten preparado o instrumento para cada un de nós, porque Deus é o amor e a xustiza, se confiamos nel. Confiemos en Deus…para El nada é imposible.
  12. 12. Que a luz e a paz estean no teu corazón, desexo que teñas un excelente día, non só o de hoxe, desexo que todos os días da túa vida sexan… Marabillosos.

×