1. Oprima tecla para pasar á seguinte Ilustrado con fotos de Baixa California Sur por Francisco Arámburo Salas. Música: A s Golondrinas co Mariachi Vargas Adeus e Benvida Agradecemento e Pregaria Oración de Fin de Ano e comezo do Novo
2. Ao rematar un ano e comezar un novo detémonos, botando unha ollada retrospectiva, avaliamos o pasado e visualizamos o porvir. É daquela cando elevamos a vista ao infinito, pois el inspíranos e estimúlanos o espírito para dar grazas ao Creador. Para tal fin, elevo esta pregaria...
3. Deus e Señor noso, dono do tempo e da eternidade, teus son o hoxe e o mañá, o pasado e o futuro... Bendícenos!
4. Ao reamtar este ano quero darche GRAZAS por todo aquilo que recibín de Ti .
5. Grazas pola vida e o amor, polas flores, o aire e o sol, polas nubes e a aurora, polo onte e o agora, pola alegría e a dor, por canto foi posible... e polo que non puido ser.
6. Grazas tamén, Señor, por eses pequenos gustos inesperados, por eses repentinos deleites, por ese pracenteiro encontro despois de tantos anos; polas sorpresas agradables que me deches nos meus momentos de tristeza. Mil grazas, bo Señor! E grazas, en fin, por terme dado esa paz interior que me serviu para sortear momentos difíciles e angustiosos.
7. Ofrézoche canto fixen neste ano, o traballo que puiden realizar e as cousas que pasaron polas miñas mans, e o que con elas puiden construír. Como agradecer os teus favores?
8. Encoméndoche as persoas que ao longo deste ano amei, as amizades novas e os antigos amigos, os máis achegados a min e os máis afastados, os que me deron a súa man e aqueles aos que puiden axudar, cos que compartín a vida, o traballo, a dor e a ledicia.
9. Pero tamén, Señor, hoxe quero pedirche perdón; perdón polo tempo perdido, polo diñeiro dilapidado, pola palabra inútil e ofensiva e polo amor malgastado.
10. Perdón polas obras baleiras e polo traballo mal feito; e perdón polo desánimo con que vivín algunhas veces... ...sen decatarme que Ti estabas sempre ao meu lado.
11. Tamén perdón, meu Deus, pola oración que pouco a pouco fun aprazando e que ata agora veño presentarche. Perdón por todos os meus esquecementos, descoidos, erros e silencios. Por ter dito “NON” cando puiden ter dito “SI”
12. Nas próximas horas iniciaremos un novo ano e deteño a miña vida ante o novo calendario, apenas por comezar, e ofrézoche estes días que só Ti sabes se chegarei a rematar. Adeus ao Onte!
13. Hoxe pídoche para min e os meus — e tamén para os que non coñezo — a paz e a alegría, a claridade e a sabedoría, a forza e a prudencia a dita e a harmonía.
14. Quero vivir cada día como se fose o último, para que cando chegues a miña porta estea aberta para dar testemuño das túas infinitas bondades.
15. Q ue cando me fales, os meus oídos estean atentos, e cando me mires o meu corazón estea cheo de luz non só para recibir, senón para compartir; non só para compadecer senón para remediar, e non só para oír senón para comprender e consolar.
16. Pecha os meus oídos a toda falsidade, e sela os meus beizos a palabras mentirosas, egoístas, mordaces ou ferintes. Pídocho, Señor!
17. Que o meu espírito se encha só de bondade e boa vontade, e que as derrame ao meu paso. Abre en cambio o meu ser a todo o que é bo, e toca a miña alma coa túa divina presenza. Quixer ser lembrado como alguén que nunca tivo a intención de magoar nin facer mal a ninguén.
18. Ateigame de fe, de optimismo, de dita e de alegría, para que cantos convivan comigo ou se acheguen a min atopen na miña vida un pouquiño de Ti.
19. Dános un ano feliz e ensínanos a aceptar o panorama que nos ofreces, asimilar as palabras que nos dis e a valorar o amor que sempre nos dás. E que así sexa.
20. Ledo Aninovo 2009, e que veña cheo de saúde, paz, amor, dita e ledicia! Eses son os meus desexos Xa está tocando á porta o mes de xaneiro...