SlideShare a Scribd company logo
1 of 35
OS REIS MAGOS SON DE VERDADE Cambio de diapositivas automático.
Papa?     Apenas seu pai sentou ao chegar á casa, disposto a escoitar, como todos os días o que a súa filla lle contaba das súas  actividades no colexio, cando esta en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:
Si, filla, cóntame
Oe, quero... que me digas a verdade
Claro, filla. Sempre cha digo   - respondeu o pai un pouco sorprendido
E que...   - titubeou Iria
Dime, filla, dime.
Papá, existen os Reis Magos?   O  pai de Iria quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu, que o miraba igualmente.
- As nenas din que son os pais. É verdade?   A nova pregunta de Iria obrigouno a volver a mirada cara á nena e tragando saliva díxolle: 
E ti que cres, filla?
Eu non sei, papá: que si e que non. Por un lado paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero, como as nenas din iso.
Mira, filla, efectivamente son os pais os que poñen os regalos pero...
Entón é verdade?   - cortou a nena cos ollos humedecidos -.
Enganástesme!
Non, mira, nunca te enganamos porque os Reis Magos si que existen . - respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Iria.
Entón non o entendo, papá!
Senta, miña nena, e escoita esta historia que che vou contar, porque xa chegou a hora de que poidas comprendela.   - dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu carón.
  Iria sentou entre seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que a sacase da súa dúbida, e seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:
Cando o Nen Xesús naceu, tres Reis que viñan de Oriente guiados por unha estrela  achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle regalos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:
“ É marabilloso ver tan feliz un Neno! Deberíamos levar regalos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.” “ Oh, si! - exclamó Gaspar -. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar regalos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.”
Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba escoitando os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou: “É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder recorrer o mundo enteiro entregando regalos a todos os nenos. Pero sería tan bonito!”
Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. O Neno Xesús, que desde o seu pobre berce parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:
“ Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos regalos. Vou a axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Decídeme: que necesitades para poder levar regalos a todos os nenos?”
“ Oh, Señor! - dixeron os tres Reis - necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos regalos, pero non podemos ter tantos paxes, non existen tantos.”
“ Non vos preocupedes por iso -dixo Deus -, eu vouvos dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.”  - “Sería fantástico! Pero, como é posible?” – dixeron á vez os tres Reis Magos, con cara de sorpresa e admiración.
“ Decídeme, non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito aos nenos?” -preguntou Deus. -  “Si, claro, iso é fundamental” - asintiron os tres Reis.  “E, verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?” - engadiu Deus.
“ Si, si! Iso é o que esixiriamos a un paxe” - responderon cada vez máis entusiasmados os tres.  “Pois decídeme, queridos Reis: hai alguén que queira máis aos nenos e os coñeza mellor que seus propios pais?” Os tres Reis oláronse asintindo e empezando a comprender o que Deus lles estaba planeando, cando se volveu oír de novo a voz:
“ Posto que así o tedes querido e para que no nome dos Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns regalos, EU ordeno que, en Nadal, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte, regalen aos seus fillos os regalos que desexen.
Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de regalos se faga como se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente grandes para entender isto, os pais lles contarán esta historia e a partir de entón, en todos os Nadais, os nenos farán tamén regalos aos seus pais en proba de agarimo.
E, arredor do Belén, recordarán que grazas aos Tres Reis Magos todos son máis felices.”
Agora si que o entendo todo papá. E estou moi contenta de saber que me queredes e que non me tedes enganado.   Cando o pai de Iria rematou de contar esta historia, a nena levantouse e, dando un bico a seus pais díxolles:
Non sei se terei bastante para mercarvos algún regalo, pero para o ano que vén xa gardarei máis cartos. e correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando coa súa hucha na man mentras dicía:
e todos se abrazaron mentres, de certo,  desde o Ceo, os tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.
“ Uns Magos que viñan de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando: “Onde está o rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela no Oriente e viñemos  adoralo” (Mateu 2, 1-2)
Música de fondo:  Campana sobre campana. Franco Bonetti e su sax de oro.

More Related Content

Viewers also liked (6)

Carta aos magos 2011
Carta aos magos 2011Carta aos magos 2011
Carta aos magos 2011
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Misa con jóvenes
Misa con jóvenesMisa con jóvenes
Misa con jóvenes
 
Misa con niños
Misa con niñosMisa con niños
Misa con niños
 
Guión para misas
Guión para misasGuión para misas
Guión para misas
 
Hojita de los niños
Hojita de los niñosHojita de los niños
Hojita de los niños
 

Similar to Os reis magos son de verdade

Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraxestabranca
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magosbibliobrozos
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13Fiz
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clasesbiblioperillo
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021PapacontosE
 

Similar to Os reis magos son de verdade (19)

Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeira
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Monólogos de Nadal
Monólogos de NadalMonólogos de Nadal
Monólogos de Nadal
 
Un no na saba
Un no na sabaUn no na saba
Un no na saba
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Infanza.
Infanza.Infanza.
Infanza.
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clases
 
O LIBRO DE 5ºC
O LIBRO DE 5ºCO LIBRO DE 5ºC
O LIBRO DE 5ºC
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Eusonhenrique
EusonhenriqueEusonhenrique
Eusonhenrique
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 

Os reis magos son de verdade

  • 1. OS REIS MAGOS SON DE VERDADE Cambio de diapositivas automático.
  • 2. Papa?   Apenas seu pai sentou ao chegar á casa, disposto a escoitar, como todos os días o que a súa filla lle contaba das súas actividades no colexio, cando esta en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:
  • 4. Oe, quero... que me digas a verdade
  • 5. Claro, filla. Sempre cha digo - respondeu o pai un pouco sorprendido
  • 6. E que... - titubeou Iria
  • 8. Papá, existen os Reis Magos?   O pai de Iria quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu, que o miraba igualmente.
  • 9. - As nenas din que son os pais. É verdade? A nova pregunta de Iria obrigouno a volver a mirada cara á nena e tragando saliva díxolle: 
  • 10. E ti que cres, filla?
  • 11. Eu non sei, papá: que si e que non. Por un lado paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero, como as nenas din iso.
  • 12. Mira, filla, efectivamente son os pais os que poñen os regalos pero...
  • 13. Entón é verdade? - cortou a nena cos ollos humedecidos -.
  • 15. Non, mira, nunca te enganamos porque os Reis Magos si que existen . - respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Iria.
  • 16. Entón non o entendo, papá!
  • 17. Senta, miña nena, e escoita esta historia que che vou contar, porque xa chegou a hora de que poidas comprendela. - dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu carón.
  • 18.   Iria sentou entre seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que a sacase da súa dúbida, e seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:
  • 19. Cando o Nen Xesús naceu, tres Reis que viñan de Oriente guiados por unha estrela achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle regalos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:
  • 20. “ É marabilloso ver tan feliz un Neno! Deberíamos levar regalos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.” “ Oh, si! - exclamó Gaspar -. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar regalos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.”
  • 21. Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba escoitando os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou: “É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder recorrer o mundo enteiro entregando regalos a todos os nenos. Pero sería tan bonito!”
  • 22. Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. O Neno Xesús, que desde o seu pobre berce parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:
  • 23. “ Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos regalos. Vou a axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Decídeme: que necesitades para poder levar regalos a todos os nenos?”
  • 24. “ Oh, Señor! - dixeron os tres Reis - necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos regalos, pero non podemos ter tantos paxes, non existen tantos.”
  • 25. “ Non vos preocupedes por iso -dixo Deus -, eu vouvos dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.”  - “Sería fantástico! Pero, como é posible?” – dixeron á vez os tres Reis Magos, con cara de sorpresa e admiración.
  • 26. “ Decídeme, non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito aos nenos?” -preguntou Deus. -  “Si, claro, iso é fundamental” - asintiron os tres Reis.  “E, verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?” - engadiu Deus.
  • 27. “ Si, si! Iso é o que esixiriamos a un paxe” - responderon cada vez máis entusiasmados os tres.  “Pois decídeme, queridos Reis: hai alguén que queira máis aos nenos e os coñeza mellor que seus propios pais?” Os tres Reis oláronse asintindo e empezando a comprender o que Deus lles estaba planeando, cando se volveu oír de novo a voz:
  • 28. “ Posto que así o tedes querido e para que no nome dos Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns regalos, EU ordeno que, en Nadal, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte, regalen aos seus fillos os regalos que desexen.
  • 29. Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de regalos se faga como se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente grandes para entender isto, os pais lles contarán esta historia e a partir de entón, en todos os Nadais, os nenos farán tamén regalos aos seus pais en proba de agarimo.
  • 30. E, arredor do Belén, recordarán que grazas aos Tres Reis Magos todos son máis felices.”
  • 31. Agora si que o entendo todo papá. E estou moi contenta de saber que me queredes e que non me tedes enganado.   Cando o pai de Iria rematou de contar esta historia, a nena levantouse e, dando un bico a seus pais díxolles:
  • 32. Non sei se terei bastante para mercarvos algún regalo, pero para o ano que vén xa gardarei máis cartos. e correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando coa súa hucha na man mentras dicía:
  • 33. e todos se abrazaron mentres, de certo, desde o Ceo, os tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.
  • 34. “ Uns Magos que viñan de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando: “Onde está o rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela no Oriente e viñemos adoralo” (Mateu 2, 1-2)
  • 35. Música de fondo: Campana sobre campana. Franco Bonetti e su sax de oro.