SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
Amparo Cereixo Silva
A CLÁUSULA
Caracterízase por ter un PRDO desempeñado
por unha forma verbal:
- simple (Adiaron a reunión)
- perifrástica (Houbo que adiar a reunión).
O PREDICADO
PREDICADO (PDO) é a función sintáctica
imprescindible para a existencia dunha cláusula.
Sempre está desempeñado por unha forma verbal
simple ou perifrástica.
Hoxe choveu moito (f.simple)
Mañá vai chover (f. perifrástica)
PREDICADO VERBAL
Predicado verbal: o verbo posúe un significado
léxico > Cl. predicativa
● Segundo admita ou non CD distinguimos:
● Cl. transitivas: admiten un CD
A avogada defendeu o asasino
● Cl. intransitivas: non admite CD
María sentou na cadeira
PREDICADO NOMINAL
 Predicado nominal (PN): o verbo só serve de
enlace entre o SUX e o ATRIBUTO (Cl. atributivas).
● Os verbos copulativos son estar, ser, parecer e
semellar.
Icía é xuíza.
Manuel está canso.
Antía e Xosé semellan aburridos.
O SUXEITO
O SUX desde o punto de vista semántico pode ser:
● Activo. Realiza a acción verbal.
A avogada defendeu o asasino
● Pasivo. Sofre a acción verbal.
O detido foi defendido pola avogada.
O SUXEITO
 Concorda en número e persoa co verbo.
A avogada (P3) defendeu (P3) o asasino
As avogadas (P6) defenderon (P6) o asasino.
Gústanlle moito as verduras.
Gústalle moito a verdura.
SUXEITO. IDENTIFICACIÓN
 Casos especiais de concordancia:
Coordinacións:
Manuel e seu irmán non chegaron a tempo.
Xa chegou / chegaron Manuel e mais seu irmán.
Colectivos:
A metade (sg.) dos asistentes votou (sg.) en contra.
A xente (sg. ) está (sg.) preocupada pola situación.
Cos verbos copulativos:
A metade dos participantes (pl) son (pl.) menores.
semellan aburridos.
SUXEITO. IDENTIFICACIÓN
 Nunca vai precedido de preposición.
Está desempeñado polas seguintes unidades:
Frase substantiva / nominal
Os comerciantes da zona están preocupados.
Joana é de Lisboa.
Cláusula
Gústame que a xente sexa sincera.
Impórtalle moito quedar ben coas clientas.
Pronome tónico recto
Ti non estás de acordo?
SUXEITO ELIDIDO
 SUX. ELIDIDO: o SUX non se expresa, ben
porque xa se citou ben porque o contexto permite
a súa identificación.
Votei (P1= emisor) en contra da redución do orzamento.
Había unha pega pousada na cerdeira mais cando cheguei eu
voou (P3, contexto: a pega) cara á maceira
.
SUXEITO CERO
SUXEITO INEXISTENTE. Tipos:
● Verbos unipersoais que se refiren a fenómenos
da natureza.
Nevou durante toda a noite.
Vai moita calor.
● Cl. con haber (e facer en expresións temporais
análogas): P3 e CD..
Non hai dereito a isto!
SUXEITO CERO
 Perífrase HABER QUE + inf..
Hai que telefonar antes das 16:00 horas.
 Cos verbos abondar con, chegar con, bastar
con, ser suficiente con...
Abonda con saír ás 3.
Basta con isto?
SUXEITO INDETERMINADO
Falamos de indeterminación do SUX cando o
emisor non ten a vontade de indicar o axente da
acción: cláusula impersoais.
● O verbo vai en P3.
● Uso do pronome se
Vívese moi ben aquí.
Alúgase piso.
SUXEITO INDETERMINADO
Nas impersoais podemos distinguir entre:
● Impersoais activas: o verbo mantense na P3
independentemente da frase que o acompaña
(CD):
Alúgase pisos (CD).
Alúdese a eles (CD) como garantes da liberdade.
● Impersoais pasivas: o verbo concorda coa frase
que o acompaña:
Alúganse pisos.
COMPLEMENTO DIRECTO
Indica a entidade sobre a que recae a acción.
Xoán está a ler a última novela de Manuel Rivas.
Sabela toma café despois do xantar.
COMPLEMENTO DIRECTO.
IDENTIFICACIÓN
Non concorda co verbo en número e persoa
Elas teñen un exame (sg.) / exames (pl.)
Icía non quere café (sg.) / cereixas (pl)
CD. IDENTIFICACIÓN
● Poder ser substituído por un pronome átono de
acusativo (me, te, o/a, nos, vos, os/as).
Este pantalón xa non me serve; quérelo ti?
● Se o CD léxico se antepón ao PDO, redobra co
pronome
O veleiro merqueino eu.
● Se a cláusula admite construción pasiva, o CD
pasa a desempeñar a función de SUX.
A empresa construíu a ponte > A ponte foi construída pola
empresa.
Non fagas caso das preguntas
“Que” xa que non
sempre son efectivas.
CD. TIPOS DE UNIDADES
● Frase nominal / substantiva
Regaloulle un móbil / flores.
● Pronome persoal átono
Víchela?
● Frase preposicional (só en determinados casos)
A Antón vino onte paseando pola rúa.
● Cláusula subordinada / oración
Dixo que iría ao teatro / que se querías, viña.
CD: FRASE PREPOSICIONAL
 Con pronomes tónicos: Vinte a ti na festa.
 Co pronome indeterminado un: Tratan a un
como se fose parvo.
 Co pronome todos/todas: Deunos tempo a
visitar a todos.
 Co identificador calquera: Non van coller a
calquera para o posto de director.
 Cos antropónimos: Vin a María e a Lois na
praia. / Vin ao ~ o Lois na praia.
CD: REDOBRO
Ás veces, o CD léxico vai acompañado do pronome
átono:
● CD anteposto ao PDO: A Antón vino onte na rúa.
● Pr. persoal tónico: Convideina a ela á festa.
● Frecuente co indeterminado un: Trátano a un
~Tratan a un como se fose parvo .
● En determinados casos con todos/todas:
Convideinas a todas.
CD. TIPOS DE UNIDADES
● Frase substantiva
Regaloulle un móbil
● Pronome persoal átono
Víchela?
● Frase preposicional (só en determinados casos)
A Antón vino onte paseando pola rúa.
● Cláusula subordinada
Dixo que iría ao cine.
CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS
O referente do SUX e do CD coinciden, isto é, o SUX realiza a
acción sobre a súa persoa. O referente do pronome reflexivo
e do SUX é o mesmo.
Antón lavouse < *Antón lavou a Antón.
Ti peitéaste < *Ti peiteas a ti
CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS
Se o CD xa está expreso non é posible o uso do
reflexivo:
*Eu laveime as mans
Outros verbos que non admiten en galego a
reflexividade son:
*Ela sentouse no chan
*Caeuse da cadeira
*Esperteime con pesadelos
*Casareime aos 60 anos
COMPLEMENTO INDIRECTO (CI)
Indica o beneficiario ou destinatario da acción.
Leveille unhas flores á avoa.
A min gústame moito o rap.
CI. IDENTIFICACIÓN
● Non condorda co PDO en número e persoa
● En xeral, prodúcese o redobro (acompáñao o
pronome átono, co cal concorda en número e persoa)
A ti interésache a política?
Linlles o conto aos rapaces.
O CI nunca vai introducido
pola preposición “para”.
Introduce un CC
que en moitos casos coincide
semanticamente co CI.
Merquei flores para a avoa (CC).
CI. TIPO DE UNIDADE
O CI léxico está SEMPRE desempeñado por unha
FRASE PREPOSICIONAL (prep. a). O TERMO pode
ser:
Frase substantiva / nominal:
Xosé regaloulle un anel a súa nai.
A ela non lle regalei nada.
Cláusula
Déillo a quen me mandaron.
CI. TIPO DE UNIDADE
O CI pronominal está desempeñado por un pronome
átono de Dat. (me, che, lle, nos, vos, lles).
Xosé tróuxoche uns zocos novos.
Non che me interesa nas ese tema.
Asegúrolles que non foi así
A contracción de lles co átono de Ac.
da P3 é llelo(s) e llela(s).
Llo(s) e lla(s) é a contracción só
de lle + o(s), a(s).
Aos avós aínda non llelo dixen.
Á avoa aínda non llo dixen.
DATIVO DE SOLIDARIEDADE
O Dativo de solidariedade tenta incluír o(s)
oínte(s) na mensaxe. A súa función é implicalo para
que se solidarice co expresado.
Só se empregan pronomes dativos da P2 / P5 (ou
formas de cortesía)
Fixóchelle un bo regalo!
Cómecheme moi ben!
A conferencia resultouvos ben interesante.
COMPLEMENTO AXENTE (C. AX.)
● Refire o axente da acción.
● Só nas cláusulas con PDO en voz pasiva.
● Sempre está desempeñado por unha frase
preposicional (ENL.: por)
● Se transformamos a clásula en voz activa, pasa a
desempeñar a función de SUX.
O relato foi lido pola propia autora.
Sempre fai referencia ao
axente, de aí que non se
poida confundir con
outros complementos
introducidos pola
preposición por.
ATRIBUTO (ATR.)
● Só cos verbos copulativos (ser, estar, parecer,
semellar).
● Concorda en xénero e número co SUX.
● Tipos de unidades que poden desempeñar esta
función: fr. adx., adv., nominal, subst, prep. ou unha
cláusula.
Antón está contento
Elisa semella moi cansa.
Xulia é de Vigo / viguesa.
PREDICATIVO (PTVO.)
● Función sintáctica semellante ao ATR mais, fronte a
este, emprégase con verbos predicativos.
● Pode incidir sobre:
● o SUX (As augas baixan revoltas; As meniñas
xogaban tranquilas en Bonaval;)
● o CD (Ten os rapazos manchados – Os zapatos
tenos manchados)
PTVO. IDENTIFICACIÓN
● Concorda en xénero e número co SUX ou CD
Ten a chaqueta manchada / o xersei manchado
(PTVO. DE CD)
Elas / Eles chegaron cansas / cansos (PTVO. DE SUX.)
Eu víaos moi entretidos / víao moi entretido cos seus
xoguetes (PTVO. DE CD)
PTVO. TIPO DE UNIDADE
● Fr. adx. / subst. / adv (modo).
● Fr. prep. con “de, por, como” co significado de “en
calidade de”.
● Cláusula de participio / xerundio.
Asistiu á inauguración como representante do Reitor.
Levaban as cantimploras baleiras
Tiña todas as portas pechadas con chave.
Xerardo ordenaba os botes alegremente
Atópome moi ben.
COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL (CC)
● Son optativos.
● Indican as circunstancias de tempo, lugar, modo... da
acción ou proceso.
● Nalgúns casos, poden vir esixidos polo PDO
(complementos adverbiais) e adoitan facer referencia ao
lugar ou ao modo
Comporáronse adecuadamente
Achegouse á ventá para contemplar as vistas.
CC. TIPOS DE UNIDADE
Fr. prep. / adv. / nom.
Cláusula
Teño aquí unhas entradas para quen
as queira.
Vén da casa.
Estivo a xogar ao dominó toda a tarde.
Puxo o cadro onde tiña aquel tapiz
Chegando a Lugo, díxome que non
quería seguir.
SUPLEMENTO (SUPL.) /
COMPLEMENTO DE
RÉXIME (C.RÉX.)
● Vén determinado polo verbo e non se pode
pronominalizar.
● Sempre é unha frase preposicional e o TERMO
pode ser calquera tipo de unidade
● En xeral, as preposicións que se empregan son as
máis baleiras de contido.
Falamos de se era posible realizar este proxecto.
Recorría a ela sempre que tiña problemas.
Canto máis pensaba no tema, máis se obsesionaba.
SUPLEMENTO (SUPL.)
● Lembra: a preposición mantense
sempre, independentemente de que
tipo de unidade desempeñe a
función de TERMO na fr.
Preposicional.
Aínda non os avisara do acontecido / do
que acontecera.
Dedicábase a investigar os hórreos /
ao estudo da botánica.
SUPLEMENTO (SUPL.)
● Nalgúns casos, o verbo pronominal rexe SUPL. e a
forma pronominal non:
Ríanse das súas parvadas / con ela vs.Riron toda a tarde.
Lembrábanse del a miúdo vs. Lembraban as súas historias.
Esquecéronse de ti vs. Esquecéronte ~ Esqueceron o rapaz.
● Casos de verbos con rexencia: pasar de,
lembrarse de, decartarse de, dedicarse a, bater con,
avisar de, obrigar a, encargarse de, dubidar de-en,
decidirse por, coidar de, contar con, esquecerse de...

More Related Content

What's hot

PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)netcharo
 
FuncióNs Oracionais 3 CC CAx Atrib Cpred
FuncióNs Oracionais 3  CC  CAx  Atrib  CpredFuncióNs Oracionais 3  CC  CAx  Atrib  Cpred
FuncióNs Oracionais 3 CC CAx Atrib CpredRomán Landín
 
Cláusulas subordinadas
Cláusulas subordinadasCláusulas subordinadas
Cláusulas subordinadasLoli Cid Cid
 
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplFuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplRomán Landín
 
As FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasAs FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasManulourenzo
 
Funcións da oración
Funcións da oraciónFuncións da oración
Funcións da oraciónLoli Cid Cid
 
Suxeito e predicado (con animación)
Suxeito e predicado (con animación)Suxeito e predicado (con animación)
Suxeito e predicado (con animación)diegovianes
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Román Landín
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoalalbertomuniz
 
As FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasAs FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasManulourenzo
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Carmela Garcia
 
Clausulas coordenadas
Clausulas coordenadasClausulas coordenadas
Clausulas coordenadasLoli Cid Cid
 
As formas nominais do verbo
As formas nominais do verboAs formas nominais do verbo
As formas nominais do verboLoli Cid Cid
 

What's hot (20)

Sintaxe
SintaxeSintaxe
Sintaxe
 
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
 
FuncióNs Oracionais 3 CC CAx Atrib Cpred
FuncióNs Oracionais 3  CC  CAx  Atrib  CpredFuncióNs Oracionais 3  CC  CAx  Atrib  Cpred
FuncióNs Oracionais 3 CC CAx Atrib Cpred
 
Cláusulas subordinadas
Cláusulas subordinadasCláusulas subordinadas
Cláusulas subordinadas
 
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplFuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
 
Pronome persoal
Pronome persoalPronome persoal
Pronome persoal
 
As FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasAs FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticas
 
Determinantes
DeterminantesDeterminantes
Determinantes
 
Funcións da oración
Funcións da oraciónFuncións da oración
Funcións da oración
 
Suxeito e predicado (con animación)
Suxeito e predicado (con animación)Suxeito e predicado (con animación)
Suxeito e predicado (con animación)
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoal
 
As FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticasAs FunciÓNs SintÁCticas
As FunciÓNs SintÁCticas
 
O Pronome Persoal en Galego
O Pronome Persoal en GalegoO Pronome Persoal en Galego
O Pronome Persoal en Galego
 
Fran Godón
Fran GodónFran Godón
Fran Godón
 
Sintaxe tradicional
Sintaxe tradicionalSintaxe tradicional
Sintaxe tradicional
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
 
The Future
The FutureThe Future
The Future
 
Clausulas coordenadas
Clausulas coordenadasClausulas coordenadas
Clausulas coordenadas
 
As formas nominais do verbo
As formas nominais do verboAs formas nominais do verbo
As formas nominais do verbo
 

More from Amparo Cereixo

Redactar un texto.pptx
Redactar un texto.pptxRedactar un texto.pptx
Redactar un texto.pptxAmparo Cereixo
 
Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaAmparo Cereixo
 
Morfoloxía dos verbos irregulares
Morfoloxía dos verbos irregularesMorfoloxía dos verbos irregulares
Morfoloxía dos verbos irregularesAmparo Cereixo
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESMORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESAmparo Cereixo
 
O substantivo e o adxectivo
O substantivo e o adxectivoO substantivo e o adxectivo
O substantivo e o adxectivoAmparo Cereixo
 
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de Portugal
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de PortugalTrabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de Portugal
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de PortugalAmparo Cereixo
 
A comida e a bebida em Portugal
A comida e a bebida em PortugalA comida e a bebida em Portugal
A comida e a bebida em PortugalAmparo Cereixo
 
Unidades sintácticas e funcións
Unidades sintácticas e funciónsUnidades sintácticas e funcións
Unidades sintácticas e funciónsAmparo Cereixo
 
Acentuacion. Regras xerais
Acentuacion. Regras xeraisAcentuacion. Regras xerais
Acentuacion. Regras xeraisAmparo Cereixo
 

More from Amparo Cereixo (20)

Semántica.pptx
Semántica.pptxSemántica.pptx
Semántica.pptx
 
Redactar un texto.pptx
Redactar un texto.pptxRedactar un texto.pptx
Redactar un texto.pptx
 
Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxía
 
Morfosintaxe
MorfosintaxeMorfosintaxe
Morfosintaxe
 
Se as pedras falasen
Se as pedras falasenSe as pedras falasen
Se as pedras falasen
 
Piale 2015 acs
Piale 2015 acsPiale 2015 acs
Piale 2015 acs
 
Morfoloxía dos verbos irregulares
Morfoloxía dos verbos irregularesMorfoloxía dos verbos irregulares
Morfoloxía dos verbos irregulares
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESMORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 
O substantivo e o adxectivo
O substantivo e o adxectivoO substantivo e o adxectivo
O substantivo e o adxectivo
 
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de Portugal
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de PortugalTrabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de Portugal
Trabalho dos alunos de 2º ESO sobre rios e montanhas de Portugal
 
Rios e montanhas
Rios e montanhasRios e montanhas
Rios e montanhas
 
A comida e a bebida em Portugal
A comida e a bebida em PortugalA comida e a bebida em Portugal
A comida e a bebida em Portugal
 
Professoes
ProfessoesProfessoes
Professoes
 
Acentuacion (iii)
Acentuacion (iii)Acentuacion (iii)
Acentuacion (iii)
 
Acentuación (ii)
Acentuación (ii)Acentuación (ii)
Acentuación (ii)
 
Unidades sintácticas e funcións
Unidades sintácticas e funciónsUnidades sintácticas e funcións
Unidades sintácticas e funcións
 
Acentuacion. Regras xerais
Acentuacion. Regras xeraisAcentuacion. Regras xerais
Acentuacion. Regras xerais
 

Cláusula funcions primarias

  • 2. A CLÁUSULA Caracterízase por ter un PRDO desempeñado por unha forma verbal: - simple (Adiaron a reunión) - perifrástica (Houbo que adiar a reunión).
  • 3. O PREDICADO PREDICADO (PDO) é a función sintáctica imprescindible para a existencia dunha cláusula. Sempre está desempeñado por unha forma verbal simple ou perifrástica. Hoxe choveu moito (f.simple) Mañá vai chover (f. perifrástica)
  • 4. PREDICADO VERBAL Predicado verbal: o verbo posúe un significado léxico > Cl. predicativa ● Segundo admita ou non CD distinguimos: ● Cl. transitivas: admiten un CD A avogada defendeu o asasino ● Cl. intransitivas: non admite CD María sentou na cadeira
  • 5. PREDICADO NOMINAL  Predicado nominal (PN): o verbo só serve de enlace entre o SUX e o ATRIBUTO (Cl. atributivas). ● Os verbos copulativos son estar, ser, parecer e semellar. Icía é xuíza. Manuel está canso. Antía e Xosé semellan aburridos.
  • 6. O SUXEITO O SUX desde o punto de vista semántico pode ser: ● Activo. Realiza a acción verbal. A avogada defendeu o asasino ● Pasivo. Sofre a acción verbal. O detido foi defendido pola avogada.
  • 7. O SUXEITO  Concorda en número e persoa co verbo. A avogada (P3) defendeu (P3) o asasino As avogadas (P6) defenderon (P6) o asasino. Gústanlle moito as verduras. Gústalle moito a verdura.
  • 8. SUXEITO. IDENTIFICACIÓN  Casos especiais de concordancia: Coordinacións: Manuel e seu irmán non chegaron a tempo. Xa chegou / chegaron Manuel e mais seu irmán. Colectivos: A metade (sg.) dos asistentes votou (sg.) en contra. A xente (sg. ) está (sg.) preocupada pola situación. Cos verbos copulativos: A metade dos participantes (pl) son (pl.) menores. semellan aburridos.
  • 9. SUXEITO. IDENTIFICACIÓN  Nunca vai precedido de preposición. Está desempeñado polas seguintes unidades: Frase substantiva / nominal Os comerciantes da zona están preocupados. Joana é de Lisboa. Cláusula Gústame que a xente sexa sincera. Impórtalle moito quedar ben coas clientas. Pronome tónico recto Ti non estás de acordo?
  • 10. SUXEITO ELIDIDO  SUX. ELIDIDO: o SUX non se expresa, ben porque xa se citou ben porque o contexto permite a súa identificación. Votei (P1= emisor) en contra da redución do orzamento. Había unha pega pousada na cerdeira mais cando cheguei eu voou (P3, contexto: a pega) cara á maceira .
  • 11. SUXEITO CERO SUXEITO INEXISTENTE. Tipos: ● Verbos unipersoais que se refiren a fenómenos da natureza. Nevou durante toda a noite. Vai moita calor. ● Cl. con haber (e facer en expresións temporais análogas): P3 e CD.. Non hai dereito a isto!
  • 12. SUXEITO CERO  Perífrase HABER QUE + inf.. Hai que telefonar antes das 16:00 horas.  Cos verbos abondar con, chegar con, bastar con, ser suficiente con... Abonda con saír ás 3. Basta con isto?
  • 13. SUXEITO INDETERMINADO Falamos de indeterminación do SUX cando o emisor non ten a vontade de indicar o axente da acción: cláusula impersoais. ● O verbo vai en P3. ● Uso do pronome se Vívese moi ben aquí. Alúgase piso.
  • 14. SUXEITO INDETERMINADO Nas impersoais podemos distinguir entre: ● Impersoais activas: o verbo mantense na P3 independentemente da frase que o acompaña (CD): Alúgase pisos (CD). Alúdese a eles (CD) como garantes da liberdade. ● Impersoais pasivas: o verbo concorda coa frase que o acompaña: Alúganse pisos.
  • 15. COMPLEMENTO DIRECTO Indica a entidade sobre a que recae a acción. Xoán está a ler a última novela de Manuel Rivas. Sabela toma café despois do xantar.
  • 16. COMPLEMENTO DIRECTO. IDENTIFICACIÓN Non concorda co verbo en número e persoa Elas teñen un exame (sg.) / exames (pl.) Icía non quere café (sg.) / cereixas (pl)
  • 17. CD. IDENTIFICACIÓN ● Poder ser substituído por un pronome átono de acusativo (me, te, o/a, nos, vos, os/as). Este pantalón xa non me serve; quérelo ti? ● Se o CD léxico se antepón ao PDO, redobra co pronome O veleiro merqueino eu. ● Se a cláusula admite construción pasiva, o CD pasa a desempeñar a función de SUX. A empresa construíu a ponte > A ponte foi construída pola empresa. Non fagas caso das preguntas “Que” xa que non sempre son efectivas.
  • 18. CD. TIPOS DE UNIDADES ● Frase nominal / substantiva Regaloulle un móbil / flores. ● Pronome persoal átono Víchela? ● Frase preposicional (só en determinados casos) A Antón vino onte paseando pola rúa. ● Cláusula subordinada / oración Dixo que iría ao teatro / que se querías, viña.
  • 19. CD: FRASE PREPOSICIONAL  Con pronomes tónicos: Vinte a ti na festa.  Co pronome indeterminado un: Tratan a un como se fose parvo.  Co pronome todos/todas: Deunos tempo a visitar a todos.  Co identificador calquera: Non van coller a calquera para o posto de director.  Cos antropónimos: Vin a María e a Lois na praia. / Vin ao ~ o Lois na praia.
  • 20. CD: REDOBRO Ás veces, o CD léxico vai acompañado do pronome átono: ● CD anteposto ao PDO: A Antón vino onte na rúa. ● Pr. persoal tónico: Convideina a ela á festa. ● Frecuente co indeterminado un: Trátano a un ~Tratan a un como se fose parvo . ● En determinados casos con todos/todas: Convideinas a todas.
  • 21. CD. TIPOS DE UNIDADES ● Frase substantiva Regaloulle un móbil ● Pronome persoal átono Víchela? ● Frase preposicional (só en determinados casos) A Antón vino onte paseando pola rúa. ● Cláusula subordinada Dixo que iría ao cine.
  • 22. CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS O referente do SUX e do CD coinciden, isto é, o SUX realiza a acción sobre a súa persoa. O referente do pronome reflexivo e do SUX é o mesmo. Antón lavouse < *Antón lavou a Antón. Ti peitéaste < *Ti peiteas a ti
  • 23. CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS Se o CD xa está expreso non é posible o uso do reflexivo: *Eu laveime as mans Outros verbos que non admiten en galego a reflexividade son: *Ela sentouse no chan *Caeuse da cadeira *Esperteime con pesadelos *Casareime aos 60 anos
  • 24. COMPLEMENTO INDIRECTO (CI) Indica o beneficiario ou destinatario da acción. Leveille unhas flores á avoa. A min gústame moito o rap.
  • 25. CI. IDENTIFICACIÓN ● Non condorda co PDO en número e persoa ● En xeral, prodúcese o redobro (acompáñao o pronome átono, co cal concorda en número e persoa) A ti interésache a política? Linlles o conto aos rapaces.
  • 26. O CI nunca vai introducido pola preposición “para”. Introduce un CC que en moitos casos coincide semanticamente co CI. Merquei flores para a avoa (CC). CI. TIPO DE UNIDADE O CI léxico está SEMPRE desempeñado por unha FRASE PREPOSICIONAL (prep. a). O TERMO pode ser: Frase substantiva / nominal: Xosé regaloulle un anel a súa nai. A ela non lle regalei nada. Cláusula Déillo a quen me mandaron.
  • 27. CI. TIPO DE UNIDADE O CI pronominal está desempeñado por un pronome átono de Dat. (me, che, lle, nos, vos, lles). Xosé tróuxoche uns zocos novos. Non che me interesa nas ese tema. Asegúrolles que non foi así A contracción de lles co átono de Ac. da P3 é llelo(s) e llela(s). Llo(s) e lla(s) é a contracción só de lle + o(s), a(s). Aos avós aínda non llelo dixen. Á avoa aínda non llo dixen.
  • 28. DATIVO DE SOLIDARIEDADE O Dativo de solidariedade tenta incluír o(s) oínte(s) na mensaxe. A súa función é implicalo para que se solidarice co expresado. Só se empregan pronomes dativos da P2 / P5 (ou formas de cortesía) Fixóchelle un bo regalo! Cómecheme moi ben! A conferencia resultouvos ben interesante.
  • 29. COMPLEMENTO AXENTE (C. AX.) ● Refire o axente da acción. ● Só nas cláusulas con PDO en voz pasiva. ● Sempre está desempeñado por unha frase preposicional (ENL.: por) ● Se transformamos a clásula en voz activa, pasa a desempeñar a función de SUX. O relato foi lido pola propia autora. Sempre fai referencia ao axente, de aí que non se poida confundir con outros complementos introducidos pola preposición por.
  • 30. ATRIBUTO (ATR.) ● Só cos verbos copulativos (ser, estar, parecer, semellar). ● Concorda en xénero e número co SUX. ● Tipos de unidades que poden desempeñar esta función: fr. adx., adv., nominal, subst, prep. ou unha cláusula. Antón está contento Elisa semella moi cansa. Xulia é de Vigo / viguesa.
  • 31. PREDICATIVO (PTVO.) ● Función sintáctica semellante ao ATR mais, fronte a este, emprégase con verbos predicativos. ● Pode incidir sobre: ● o SUX (As augas baixan revoltas; As meniñas xogaban tranquilas en Bonaval;) ● o CD (Ten os rapazos manchados – Os zapatos tenos manchados)
  • 32. PTVO. IDENTIFICACIÓN ● Concorda en xénero e número co SUX ou CD Ten a chaqueta manchada / o xersei manchado (PTVO. DE CD) Elas / Eles chegaron cansas / cansos (PTVO. DE SUX.) Eu víaos moi entretidos / víao moi entretido cos seus xoguetes (PTVO. DE CD)
  • 33. PTVO. TIPO DE UNIDADE ● Fr. adx. / subst. / adv (modo). ● Fr. prep. con “de, por, como” co significado de “en calidade de”. ● Cláusula de participio / xerundio. Asistiu á inauguración como representante do Reitor. Levaban as cantimploras baleiras Tiña todas as portas pechadas con chave. Xerardo ordenaba os botes alegremente Atópome moi ben.
  • 34. COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL (CC) ● Son optativos. ● Indican as circunstancias de tempo, lugar, modo... da acción ou proceso. ● Nalgúns casos, poden vir esixidos polo PDO (complementos adverbiais) e adoitan facer referencia ao lugar ou ao modo Comporáronse adecuadamente Achegouse á ventá para contemplar as vistas.
  • 35. CC. TIPOS DE UNIDADE Fr. prep. / adv. / nom. Cláusula Teño aquí unhas entradas para quen as queira. Vén da casa. Estivo a xogar ao dominó toda a tarde. Puxo o cadro onde tiña aquel tapiz Chegando a Lugo, díxome que non quería seguir.
  • 36. SUPLEMENTO (SUPL.) / COMPLEMENTO DE RÉXIME (C.RÉX.) ● Vén determinado polo verbo e non se pode pronominalizar. ● Sempre é unha frase preposicional e o TERMO pode ser calquera tipo de unidade ● En xeral, as preposicións que se empregan son as máis baleiras de contido. Falamos de se era posible realizar este proxecto. Recorría a ela sempre que tiña problemas. Canto máis pensaba no tema, máis se obsesionaba.
  • 37. SUPLEMENTO (SUPL.) ● Lembra: a preposición mantense sempre, independentemente de que tipo de unidade desempeñe a función de TERMO na fr. Preposicional. Aínda non os avisara do acontecido / do que acontecera. Dedicábase a investigar os hórreos / ao estudo da botánica.
  • 38. SUPLEMENTO (SUPL.) ● Nalgúns casos, o verbo pronominal rexe SUPL. e a forma pronominal non: Ríanse das súas parvadas / con ela vs.Riron toda a tarde. Lembrábanse del a miúdo vs. Lembraban as súas historias. Esquecéronse de ti vs. Esquecéronte ~ Esqueceron o rapaz. ● Casos de verbos con rexencia: pasar de, lembrarse de, decartarse de, dedicarse a, bater con, avisar de, obrigar a, encargarse de, dubidar de-en, decidirse por, coidar de, contar con, esquecerse de...