SlideShare a Scribd company logo
1 of 64
Download to read offline
cousiñas feitas na casa
        Mon Daporta
Cousas da rata Luisa
MARIÑEIROS
  (por un día)
O outro día Luisa trouxo unhas vieiras,
e os nenos, curiosos, queren saber como as pescan.
Roxelio contoulles como se facía…
e quedou cun amigo para iren velo un día.
E aínda que madrugaron, case máis que o Sol,
xa os estaba agardando, no seu posto, o patrón
O primeiro que fan, ao saltaren a bordo
e vestir roupa de augas, botas e gorro.
Saen ao mar, que está como un plato,
e poñen rumbo ás marcas para empezar o traballo.
Preparan os rastos, lárgannos ao mar…
E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!
-Xa vai tempo abondo. Hai que levantar.
A ver que sae hoxe do fondo do mar!
Meten o rasto a bordo, baleiran a rede,
volven a largar, e escollen o que entre.
-Non veu moita cousa. Que lle imos facer!
Pero no medio do lixo hai cousas que ver.
conchelo                                          cangrexo ermitán
                         gradicela




    chopo                                              cunchas

       ostra


                      buguina         zamburiña

       conchelos pequenos (que volven ao mar),
      gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,…
     ás veces ven un chopo, algún día unha ostra,
   unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra
                        cousa.
Aproveitado o que serve, botan o lixo ao mar
e mentras segue a rastada… volta a agardar.
E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar,
     queren sabelo todo e preguntan sen parar.
-Como se chama esto? -Que é esto outro?
   -Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo?
  -Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes?
-Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?
Con tanta pregunta volven ao amigo tolo
      queren, só nun día, aprendelo todo.
  Pero el, todo pacencia (é un día especial),
cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.
E sen desatender, para nada, a faena,
vailles contando nos tempos de espera.
-Para pescar aos peixes que viven en mandas
   úsanse os cercos, redes longas e largas.
-Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo,
  e xa non ten saída… xa está encerrado!
Logo gáñanse os panos
para xuntar o peixe na enxagua
e, co salabardo, cóllese para as caixas.
sardiña
                            xurel                      xarda




 bocareu                    trancho
                                                      ollomol



  piarda                                              bolo
                           burás

               chincho                   velador



           Así péscanse sardiñas, xurelos e xardas,
           bocareus, tranchos, ollomoles e piardas,
           bolos, veladores, burases e chinchos…;
bonito                              atún
         …e na gran altura: atúns e bonito.
-para pescar aos outros usanse moitas artes:
 de enmalle, con engado e redes de arrastre.
As redes de enmalle, lárganse entre augas, ou cálanse no fondo,
       e os peixes, ao non velas, préndense eles solos.
Así pescan os miños e máis os tramallos,
as volantas, o xeito, as betas e os rascos.
maragota            faneca
                          sargo

   raia


                       trancho        linguado
  xouba                                                   centolo




nécora           corobelo
                                     barbo               rincha

           rodaballo
                                                 vello

          Que, según e onde, pescan: raias, sargos,
             maragotas, fanecas, xoubas, tranchos,
           linguados, centolos, nécoras, corobelos,
              barbos, rinchas, rodaballos e vellos.
-As artes de arrastre, ao ir polo fondo,
   a según a altura pescan de todo.
Cope dun arrastreiro de altura
pescada
bacallau

                                          peixe sapo            lura

                                                              escacho
                          maruca

 polbo

                                            bacalada

                              lirio

    palometa

                                            cigala
                             langostino                       castañeta
               linguado
           Os grandes arrastreiros que traballan na altura
            pescan: bacallau, pescada, peixe sapo, lura,…
             polbo, maruca, bacalada, escacho, palometa,
            lirio, cigala, langostino, linguado, castañeta…
-O chinchorro
e o bou de vara, que traballan preto de terra,
conguito
                                 xiba
         lura




        chopo                    solla                volandeira




                               faneca

Pescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.
cangrexeira




                  liñas   canas                                  nasas
palangres                            medio mundo




            -Aos peixes que comen carne póñenselle trampas
               ata ás que se atraen cun engado, a carnada.
                Así pesca o palangre, as liñas, as canas,
                o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.
nécora




                                                     centolo


                                                    camarón




A nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo     polbo
  e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.
faneca




                                                       piarda



                                                       sargo




      xurelo
                              burás

O medio mundo é unha bulsa que se isca co engado
 para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …
anguía




                                                       cangrexo


                                                       camarón




                                                  lorcho


        A cangrexeira, xa o di o nome,
pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.
As picas, os anzois, son un arte sinxelo
que ofrece o engado coa trampa dentro.
linguado
                               robaliza




                          faneca      maragota       sargo

A liña pesca, na area: robaliza, linguado,…;
    na pedra : faneca, maragota, sargo…
Pescadores de cana
congro


       abadexo        bertorella                             pescada




                                                        peixe espada
castañeta        marraxo             quenlla
     E o palangre, no fondo: bertorella, abadexo,congro, pescada,…
          e a flote: castañeta, marraxo, quenlla, peixe espada…
Hai algúns peixes, que son tan comellóns,
que engulen calquera cousa que se lle mova arredor.
lura       chopo

As luras e os chopos, as poteiras;
o polbo ás rañas
Pescando
                          ao correcán




                                                 xarda
abadexo                   bonito



     e ao correcán abadexos, bonitos e xardas.
francada
truel




   E aos que conseguen fuxir de tantas trampas,
      aínda os pescamos co truel e a francada.
-E para pescar o que vive enterrado
usamos rastos, fisgas, sachos, ganchelos, angazos, forquillas e raños.
fisga
sacho
ganchelo
angazo
forquilla
raño
ameixa fina
                      ameixa blanca       ameixa xapónica       ameixa rubia

       berbericho                                   reló
                                      carneiro




                                navalla
                                                 longueirón

              Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós,
                   ademáis de navallas …e tamén longueiróns.
-Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite,
que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede.
    E con esto que contei queda case todo dito
      do traballo do mar e dos nosos oficios.
E con unha e outra cousa, rematou a xornada.
           Volveron ao porto e…
cada un para a súa casa.
E toda a familia, ata Luisa e Roxelio,
nunca esquecerán todo o que aprenderon.
fin


Moitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a
súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
                                                          Mon Daporta

More Related Content

Viewers also liked

Aneurismas e varices
Aneurismas e varicesAneurismas e varices
Aneurismas e varicesiesasorey
 
Outubro 2012
Outubro 2012Outubro 2012
Outubro 2012iesasorey
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mariesasorey
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendasiesasorey
 
Outono no xapón
Outono no xapónOutono no xapón
Outono no xapóniesasorey
 

Viewers also liked (8)

Muncyt (1)
Muncyt (1)Muncyt (1)
Muncyt (1)
 
Aneurismas e varices
Aneurismas e varicesAneurismas e varices
Aneurismas e varices
 
Os alpes
Os alpesOs alpes
Os alpes
 
Outubro 2012
Outubro 2012Outubro 2012
Outubro 2012
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendas
 
Lémures
LémuresLémures
Lémures
 
Outono no xapón
Outono no xapónOutono no xapón
Outono no xapón
 

Similar to A rata luísa mariñeiros

Bascuas a vida as rochas.
Bascuas a vida as rochas.Bascuas a vida as rochas.
Bascuas a vida as rochas.iesasorey
 
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaArtes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaASOAR-ARMEGA
 
A bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososA bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososMonContos
 
Redeirasemarisc
RedeirasemariscRedeirasemarisc
Redeirasemariscteixopp
 
A rata Luisa. Os humanos
A rata Luisa. Os humanosA rata Luisa. Os humanos
A rata Luisa. Os humanosMonContos
 
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaArtes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaEncarna Lago
 
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaArtes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaEncarna Lago
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksmelarodriguez
 
A bubela e outros galegos
A bubela e outros galegosA bubela e outros galegos
A bubela e outros galegosiesasorey
 

Similar to A rata luísa mariñeiros (12)

Bascuas a vida as rochas.
Bascuas a vida as rochas.Bascuas a vida as rochas.
Bascuas a vida as rochas.
 
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaArtes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
 
A bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososA bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiosos
 
Redeirasemarisc
RedeirasemariscRedeirasemarisc
Redeirasemarisc
 
Mar
MarMar
Mar
 
A fraga
A fragaA fraga
A fraga
 
A rata Luisa. Os humanos
A rata Luisa. Os humanosA rata Luisa. Os humanos
A rata Luisa. Os humanos
 
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaArtes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
 
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De GaliciaArtes Pesca ConfraríAs De Galicia
Artes Pesca ConfraríAs De Galicia
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
 
A bubela e outros galegos
A bubela e outros galegosA bubela e outros galegos
A bubela e outros galegos
 
A alga
A algaA alga
A alga
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 

A rata luísa mariñeiros

  • 1. cousiñas feitas na casa Mon Daporta
  • 3. MARIÑEIROS (por un día)
  • 4. O outro día Luisa trouxo unhas vieiras, e os nenos, curiosos, queren saber como as pescan.
  • 5. Roxelio contoulles como se facía…
  • 6. e quedou cun amigo para iren velo un día.
  • 7. E aínda que madrugaron, case máis que o Sol, xa os estaba agardando, no seu posto, o patrón
  • 8. O primeiro que fan, ao saltaren a bordo e vestir roupa de augas, botas e gorro.
  • 9. Saen ao mar, que está como un plato, e poñen rumbo ás marcas para empezar o traballo.
  • 10. Preparan os rastos, lárgannos ao mar…
  • 11. E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!
  • 12. -Xa vai tempo abondo. Hai que levantar. A ver que sae hoxe do fondo do mar!
  • 13. Meten o rasto a bordo, baleiran a rede, volven a largar, e escollen o que entre.
  • 14. -Non veu moita cousa. Que lle imos facer! Pero no medio do lixo hai cousas que ver.
  • 15. conchelo cangrexo ermitán gradicela chopo cunchas ostra buguina zamburiña conchelos pequenos (que volven ao mar), gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,… ás veces ven un chopo, algún día unha ostra, unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra cousa.
  • 16. Aproveitado o que serve, botan o lixo ao mar
  • 17. e mentras segue a rastada… volta a agardar.
  • 18. E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar, queren sabelo todo e preguntan sen parar.
  • 19. -Como se chama esto? -Que é esto outro? -Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo? -Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes? -Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?
  • 20. Con tanta pregunta volven ao amigo tolo queren, só nun día, aprendelo todo. Pero el, todo pacencia (é un día especial), cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.
  • 21. E sen desatender, para nada, a faena, vailles contando nos tempos de espera.
  • 22. -Para pescar aos peixes que viven en mandas úsanse os cercos, redes longas e largas.
  • 23. -Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo, e xa non ten saída… xa está encerrado!
  • 25. para xuntar o peixe na enxagua e, co salabardo, cóllese para as caixas.
  • 26. sardiña xurel xarda bocareu trancho ollomol piarda bolo burás chincho velador Así péscanse sardiñas, xurelos e xardas, bocareus, tranchos, ollomoles e piardas, bolos, veladores, burases e chinchos…;
  • 27. bonito atún …e na gran altura: atúns e bonito.
  • 28. -para pescar aos outros usanse moitas artes: de enmalle, con engado e redes de arrastre.
  • 29. As redes de enmalle, lárganse entre augas, ou cálanse no fondo, e os peixes, ao non velas, préndense eles solos.
  • 30. Así pescan os miños e máis os tramallos,
  • 31. as volantas, o xeito, as betas e os rascos.
  • 32. maragota faneca sargo raia trancho linguado xouba centolo nécora corobelo barbo rincha rodaballo vello Que, según e onde, pescan: raias, sargos, maragotas, fanecas, xoubas, tranchos, linguados, centolos, nécoras, corobelos, barbos, rinchas, rodaballos e vellos.
  • 33. -As artes de arrastre, ao ir polo fondo, a según a altura pescan de todo.
  • 34. Cope dun arrastreiro de altura
  • 35. pescada bacallau peixe sapo lura escacho maruca polbo bacalada lirio palometa cigala langostino castañeta linguado Os grandes arrastreiros que traballan na altura pescan: bacallau, pescada, peixe sapo, lura,… polbo, maruca, bacalada, escacho, palometa, lirio, cigala, langostino, linguado, castañeta…
  • 37. e o bou de vara, que traballan preto de terra,
  • 38. conguito xiba lura chopo solla volandeira faneca Pescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.
  • 39. cangrexeira liñas canas nasas palangres medio mundo -Aos peixes que comen carne póñenselle trampas ata ás que se atraen cun engado, a carnada. Así pesca o palangre, as liñas, as canas, o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.
  • 40. nécora centolo camarón A nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo polbo e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.
  • 41. faneca piarda sargo xurelo burás O medio mundo é unha bulsa que se isca co engado para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …
  • 42. anguía cangrexo camarón lorcho A cangrexeira, xa o di o nome, pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.
  • 43. As picas, os anzois, son un arte sinxelo que ofrece o engado coa trampa dentro.
  • 44. linguado robaliza faneca maragota sargo A liña pesca, na area: robaliza, linguado,…; na pedra : faneca, maragota, sargo…
  • 46. congro abadexo bertorella pescada peixe espada castañeta marraxo quenlla E o palangre, no fondo: bertorella, abadexo,congro, pescada,… e a flote: castañeta, marraxo, quenlla, peixe espada…
  • 47. Hai algúns peixes, que son tan comellóns, que engulen calquera cousa que se lle mova arredor.
  • 48. lura chopo As luras e os chopos, as poteiras;
  • 49. o polbo ás rañas
  • 50. Pescando ao correcán xarda abadexo bonito e ao correcán abadexos, bonitos e xardas.
  • 51. francada truel E aos que conseguen fuxir de tantas trampas, aínda os pescamos co truel e a francada.
  • 52. -E para pescar o que vive enterrado usamos rastos, fisgas, sachos, ganchelos, angazos, forquillas e raños.
  • 53. fisga
  • 54. sacho
  • 58. raño
  • 59. ameixa fina ameixa blanca ameixa xapónica ameixa rubia berbericho reló carneiro navalla longueirón Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós, ademáis de navallas …e tamén longueiróns.
  • 60. -Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite, que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede. E con esto que contei queda case todo dito do traballo do mar e dos nosos oficios.
  • 61. E con unha e outra cousa, rematou a xornada. Volveron ao porto e…
  • 62. cada un para a súa casa.
  • 63. E toda a familia, ata Luisa e Roxelio, nunca esquecerán todo o que aprenderon.
  • 64. fin Moitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta