SlideShare a Scribd company logo
1 of 80
Alexander
von Humboldt
250 aniversario
Alexander von Humboldt, pintado por Joseph K. Stieler (1843)
En 2019 celébranse os 250 anos do
nacemento de Alexander von Humboldt.
Con este traballo queremos achegar o noso
grao de area aos moitos recoñecementos
dedicados á vida e obra deste grande
científico e humanista.
Panel realizado para a
exposición no IES Francisco
Asorey, no marco da
Semana da Ciencia 2019
-14 de setembro de 1769: nace en Berlín
Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr
von Humboldt. Fillo de Alexander Georg von
Humboldt, un oficial do exército de Prusia e de
Marie Elizabeth von Hollwege.
-1777-1787: recibe educación, xunto co seu
irmán Wilhelm a cargo de titores particulares.
Vive no castelo de Tegel (do actual distrito de
Reinickendorf).
Placa conmemorativa no
lugar de nacemento de
Humbold en Berlín-Mitte
(hoxe: Academia de Ciencias)
Alexander von Humboldt, por
Johann Heinrich Schmidt (1784)
Pazo de Tegel
-1787-1788: realiza estudos superiores de Economía na
Universidade de Frankfort do Oder.
-1789-1790: estuda na Universidade de Gotinga: Física e
Química, Filosofía, Historia e Ciencias Naturais. En
Hamburgo estuda Comercio e linguas estranxeiras;
Xeoloxía en Freeiberg, Anatomía en Jena, Astronomía e
usos de instrumentos científicos…
Universidade de Frankfort do Oder
Universidade de Gotinga
-1790: realiza viaxes de investigación a
París e Inglaterra xunto a George Foster.
Percorre o río Rhin ata Holanda e de alí vai
a Inglaterra. O resultado de toda esa
exploración científica recolleuna nunha
obra titulada Mineralogische
Beobachtungen über einige Basalte am
Rhein (Observacións mineralóxicas sobre
algúns basaltos do Rin) (Brunswick, 1790).
-1791: Estuda na Academia de Minas de
Friburgo.
-1793- publica as súas pescudas sobre a
vexetación das minas de Freiberg no Florae
Fribergensis Specimen.
-1792-1795: desempeña un cargo no Consello
Superior de Minas, onde realiza avances para
a explotación mineira.
Abre unha escola de formación de mineiros,
que financia cos seus propios cartos, e realiza
estudos para mellorar a seguridade das
minas.
-1795: realizou unha viaxe de carácter
xeolóxico e botánico a Suíza e Italia.
-1796: morre a súa nai e Humboldt recibe
unha importante herdanza que facilita a súa
dedicación aos viaxes e a exploración.
Humboldt
coa súa nai
Durante a década de 1790, Humboldt coñeceu
a Goethe e Friedrich Schiller.
Xunto co sei irmán Wilhelm, o cuarteto será
coñecido como o Círculo de Jena e será un dos
centros de difusión do idealismo alemán.
Debuxo de 1797: de esquerda a dereita: Schiller,
Wilhelm e Alexander von Humboldt e Johann
Wolfgang Goethe.
-1797: abandona o seu cargo en Minas
para dedicarse á exploración nalgúns
países de Europa. Viaxa a París e planea
unha viaxe a África que non chega a
realizar.
Publica os resultados dunha prolongada
serie de experiencias sobre o fenómeno
da irritabilidade muscular, acabada de
descubrir por Galvani, no Versuche über
die gereizte Muskel- und
Nervenfaser (Berlín, 1797).
-1799: o rei de España concédelle autorización para
realizar unha viaxe de investigación nas colonias
españolas do territorio americano.
O 5 de xuño embarca no buque Pizarro na Coruña
acompañado de Bonpland, que actúa como o seu
segredario.
Fan unha escala de seis días en Tenerife, onde
ascenden ao Teide, e chegan a Cumaná o 16 de
xullo.
Durante a navegación, Humboldt efectúa medidas
astronómicas, meteorolóxicas, de magnetismo e da
temperatura e composición química do mar.
Na noite do 11 ao 12 de novembro, Humboldt
observa e documenta unha extraordinaria chuvia de
meteoros (as Leónidas) “millares e millares de
estrelas fugaces e bólidos caeron durante catro
horas consecutivas”.
-1799-1804:
percorre, xunto
con Aimé
Bonpland e
Carlos Montúfar
(desde 1802) os
territorios actuais
de Venezuela,
Colombia,
Ecuador, Perú,
México, Cuba e
Estados Unidos.
Fixo 9.650 km en
tres etapas a pé,
a cabalo ou en
canoas.
PRIMEIRA ETAPA
En Suramérica, partindo de
Cumaná e Caracas, e no alto
Orinoco visitando A
Esmeralda e o río Casiquiare.
En febreiro de 1800
Humboldt deixa a costa para
explorar o curso do río
Orinoco durante catro meses
nos que percorre máis de
2.750 km dunha terra
inhabitada e salvaxe.
Documenta a existencia
dunha comunicación entre os
sistemas hidrográficos dos
ríos Orinoco e Amazonas (a
Canle do Casiquiare)
Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland no
Orinoco, pintura de Eduard Ender (1856)
Mapa do sistema de auga arredor do
Casiquiare de Alexander von Humboldt
Río Casiquiare
SEGUNDA ETAPA
De Bogotá a Quito polos Andes. Visitou
Santa Fe de Bogotá coa idea de
entrevistarse co botánico José Celestino
Mutis, para o que tivo que remontar o
río Magdalena e ascender polos
camiños dos Andes.
Escalou e realizou importantes estudos
dos volcáns Chimborazo e Pichincha, en
Ecuador, e fixo unha expedición ás
fontes do Amazonas.
Humboldt gaña renome mundial ao escalar o Chimborazo, pico
considerado na época como o máis alto do mundo.
José Celestino
Mutis.
Sacerdote,
botánico,
matemático e
profesor da
Universidade
do Rosario,
en Bogotá,
Humboldt e Bonpland ao pé do Chimborazo
Pichincha (Ecuador)
Ilustración de Ideas para unha xeografía das plantas, París 1805
TERCEIRA ETAPA
Visita a Nova España onde obtivo as
autorizacións necesarias para percorrer
o vasto territorio, coa condición de que
non revelara esa información ao
goberno dos Estados Unidos. Recolle
una grande cantidade de datos sobre o
clima, os recursos naturais, a orografía,
a flora e a fauna da zona e realiza
mapas. En México, estuda o calendario
azteca.
Humboldt e os seus compañeiros
pasaron o ano 1803 percorrendo
México. Escribe o seu Essai politique sur
le royaume de la Nouvelle Espagne
(Ensaio político sobre o reino da Nova
España) (1811), o primeiro ensaio
xeográfico rexional, no que relata
sumariamente as súas viaxes.
Prismas de basalto en
Santa María Regla
(México), por Alexander
von Humboldt,
publicado en Vue des
Cordillères et
monuments des peuples
indigènes de l'Amérique
Humboldt rematou as súa viaxes por
América cunha visita a Estados Unidos,
onde foi hóspede do presidente Thomas
Jefferson, un grande afeizoado aos estudos
xeográficos, en especial sobre a Nova
España. Achegou inxenuamente
información que facilitou a conquista de
territorios mexicanos polos Estados
Unidos.
O Mapa, que apareceu máis tarde
publicado no seu Ensaio político de la
Nueva España (1811), era coñecido e
utilizado polo exército de Estados Unidos
na guerra contra México.
Mapa de Nova España
A expedición de Humboldt e Bonpland, que durou cinco
anos, custoulle a Humboldt un terzo da súa fortuna.
Foi unha das máis destacadas expedicións científicas de
todos os tempos, cun volume de datos dun valor científico
inestimable e a recollida dunha importante cantidade de
mostras e espécimes.
Debuxos de Humboldt
Precisou latitudes e lonxitudes,
mellorou mapas, identificou 60.000
plantas (6.300 ata entón
descoñecidas), desenvolveu a
xeografía das plantas e describiu a
corrente que levou máis tarde o seu
nome (corrente de Humboldt).
Pode ser considerado quen sentou as
bases das ciencias físicas da xeografía
e da meteoroloxía.
Fixo importantes estudos xeolóxicos
dos volcáns do Novo Mundo. Amosou
que se ordenaban naturalmente en
grupos lineares, presumiblemente
correspondendo a vastas fisuras
subterráneas; e demostrou a orixe
ígnea de moitas rochas.
Lago de Guatavita (Colombia)
Carlos de Montúfar y Larrea-Zurbano (Quito 1780-Buga 1816)
un noble e militar crioulo, considerado un dos libertadores de Ecuador.
Coñeceu en Quito, en 1802, aos xeógrafos Alexander Humboldt e Aimé
Bonpland e acompañounos (con 21 anos) durante o resto da expedición
americana polos actuais Ecuador, Perú, México, Estados Unidos e Cuba.
Montúfar levou un diario da viaxe, con importantes anotacións, que inicia
en Quito e remata no Perú.
Aimé Goujaud Bonpland (La Rochelle 1773-Paso de los Libres 1858). Médico,
naturalista e botánico francés que acompañou a Humboldt na expedición americana.
Bonpland reuneu e depositou no Jardin des Plantes de París un herbario de 60.000
especies, das que 6.000 eran descoñecidas en Europa.
Como resultado da súa viaxe publicou catro volumes sobre plantas na obra Voyage aux
régions equinocciales du noveau continent fait en 1799 - 1804 e, en colaboración con
Humboldt, os sete volúmenes de Nova genera et spacies plantarum.
Orquídea Masdevallia bonplandii
Humboldt representado por
Charles Willson Peale, que o
coñeceu durante a súa visita
aos Estados Unidos en 1804.
-3 de agosto de 1804: Humboldt, Bonpland e
Montúfar chegan a Francia (Burdeos) desde
Filadelfia.
O 7 de de decembro presenta no Instituto de París
o seu descubrimento da diminución da
intensidade do campo magnético terrestre dos
polos ao ecuador.
-1804: coñece a Simón Bolívar en París
-1805: viaxa a Italia para atoparse co seu irmán
Wilhelm. En maio reúnese por segunda vez con
Simón Bolívar
Bolívar e Humboldt coñecéronse en París en 1804 e volveron a
verse en Roma en 1805. Bolívar aínda non era o líder que
guiaría as revoluciónes de Sudamérica contra a corona
española. Bolívar decía que Humboldt era ”o descubridor
científico do Novo Mundo e o seu estudo dou a América algo
mellor que todos os conquistadores xuntos”.
Grazas á influencia e os coñecementos de Humboldt, Bolívar
informouse sobre a natureza e os sucesos dos territorios de
Latinoamérica e fixo varias leis para protexer os bosques.
Humboldt, pintura de Friedric Georg Weitsch (1806) Humboldt (debuxo de Frédéric d'Houdetot, 1807)
-1808: volve a París para continuar a
elaboración das súas obras sobre América.
-1810: establécese París (onde pasará 15 anos).
Nese tempo traballa na Escola Politécnica e na
Biblioteca do Instituto Nacional. Durante varios
anos comparte un cuarto con Gay-Lussac.
Publica o seu Voyage interminable sur
l'Amérique du Sud (Viaxe interminable pola
América do Sur).
Joseph Louis Gay-Lussac (1778-1850) foi un químico
e físico francés amigo e colaborador científico de
Alexander von Humboldt.
Xuntos descubriron que a composición da atmósfera
non cambia coa diminución da presión (aumento da
altitude) e que a auga está formada por dúas partes
de hidróxeno e unha de oxíxeno (por volume).
Os gobernos alemán e francés conceden anualmente
o premio de ciencias Gay-Lussac-Humboldt.
-1814: publica en francés o Resume da Situación
Política do Novo Reino de España.
-1818: Humboldt coñece en París ao mozo científico
peruano estudante na École Royal de Mines de París
Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz, do que foi anos
despois un grande amigo e mentor.
-1827: volve a Berlín, onde fixa a súa residencia de
forma definitiva.
-1828: imparte cursos na universidade e numerosas
conferencias.
Organiza unha reunión da Asociación Científica en
Berlín na que participan 600 dos máis renomeados
científicos.
Autorretrato de
Humboldt (1814)
Mariano Eduardo de Rivero y Ustáriz, (Perú, 1798-París 1857).
Científico, enxeñeiro de minas, xeológo, mineraloxista, naturalista,
anticuario e diplomático.
Considerado como o principal científico peruano do século XIX.
Diversas publicacións científicas convérteno nun pionero das ciencias
naturaies en América Latina.
Foi alumno e amigo de Humboldt.
Mineral descuberto por Rivero e Boussingault
-1829: realiza unha expedición a Rusia e Siberia con Gustave Rose (profesor
de química e de mineraloxía) e C.G. Ehrenberg (naturalista e zoólogo).
Humboldt pasa un mes estudando as minas dos Urais e predí a existencia de
diamantes. Foi o conde Polier, propietario das minas e a quen Humboldt
explicou a súa teoría, o que atopou o primeiro diamante dos Urais.
A expedición atravesa a Siberia ata o Altai (seis meses e 17.000 km). Anos
máis tarde publica o seu Asie centrale (en tres volumes).
Mapa das expedicións de Humboldt a Rusia e Siberia
Alexander von Humboldt,
pintura de H. W. Pickersgill
(1831)
-1834: Inicia a redacción da súa obra
Kosmos, unha condensación do
coñecemento científico de súa época.
-1835: morre o seu imán Wilhelm
-1845 a 1847: elabora e publica os
primeiros dous volumes do Kosmos.
-1850 a 1858: terceiro e cuarto volumes
do Kosmos.
Un fragmento dun quinto volumen
publícase postumamente en 1862.
Humboldt en 1847
(daguerrotipo de Hermann Biow)
No Kosmos Humboldt ten como obxectivo comunicar
a excitación intelectual e a necesidade práctica da
investigación científica.
Describe en cinco volumes todos os coñecementos
da época sobre os fenómenos terrestres e celestes.
Tenta a representación da unidade no medio da
complexidade da Natureza.
Nesa obra, os grandes e vagos ideais do século
XVIII son recuperados e combinados coas
necesidades científicas do século XIX.
O seu valor supremo consiste no feito de representar
fielmente o reflexo da mente dun grande home. Ao
tentar, representar o universo, conseguiu de maneira
perfecta representar a súa propia intelixencia
comprensiva.
As notas do Kosmos están repletas de citas onde el,
de certa maneira, recoñece as súas "débedas"
intelectuais.
-1852: Humboldt recibe a medalla Copley da
Royal Society de Londres.
-6 de maio de 1859: Humboldt morre en
Berlín aos 89 anos.
Humboldt coa Orde da Águia
Negra (fotografía de 1857)
Alexander von
Humboldt na súa
biblioteca
(Oranienburger
Strasse, Berlín).
Por Eduard
Hildebrandt
Placa conmemorativa no
último edificio residencial de
Humboldt en Oranienburger
Straße 67 en Berlin-Mitte
Último retrato de
Alexander von Humboldt
por Julius Schrader (1859).
Ao fondo o Chimborazo.
Despois da morte de Humboldt os seus amigos
e colegas crearon a FUNDACIÓN ALEXANDRE
VON HUMBOLDT para manter o xeneroso
apoio aos novos científicos.
VIDA: CIENCIA, CULTURA E POLÍTICA
Humbolt, dominador de nove idiomas e “sabio” en moitas
disciplinas do coñecemento, foi explorador, naturalista,
investigador, xeógrafo, xeólogo, vulcanólogo, meteorólogo,
astrónomo, ecólogo, oceanógrafo… ; pero tamén foi un
humanista e, incluso, un político.
Destaca a súa paixón polo coñecemento da natureza e,
especialmente, a súa visión integradora dos diferentes
campos científicos. Entendía que para estudar o planeta
era necesario facelo de forma interdisciplinaria e moitos
dos temas que abordou, así como os seus métodos de
traballo manteñen a súa vixencia.
A partir da morte de Humbolt (1959, data que coincide coa
publicación da “Orixe das especies” de Darwin), a ciencia
comezou a especializarse e ninguén máis tentou abarcar
todos os campos de coñecemento.
Alexander von Humboldt (busto
de Christian Daniel Rauch, 1857)
Mantivo amizade con Johan Carl Friedrich Gauss
(un dos matemáticos máis importantes da
historia), con Gay-Lussac (químico e físico que
enunciou a “Lei dos gases”), con Bonpland
(explorador, médico e botánico francés), con
Goethe (celebridade literaria, novelista,
dramaturgo, poeta, científico e filósofo
humanista), Bouganville (militar e navegante
francés), Schiller (poeta, dramaturgo, filósofo e
historiador), irmáns Grimn (escritores de contos
populares e infantís), Celestino Mutis (un dos
grandes botánicos da época) e con distintos
persoeiros políticos como Thomas Jefferson, o
zar Nicolás I, o rei de España Carlos IV, Federico
Guillermo IV de Prusia, Napoleón, Simón
Bolivar...
Johann Carl Friedrich Gauss
Johann Carl Friedrich Gauss (1777-1855). Considerado
un dos matemáticos máis grandes e influentes de toda a
historia polas súas amplas contribucións en moitos eidos:
teoría dos números, álxebra, estatística, análise,
xeometría diferencial, xeodesia, xeofísica, mecánica,
electrostática, astronomía. Teoría da matriz, óptica...
Fixo os seus primeiros descubrimentos matemáticos
innovadores cando aínda era adolescente e completou a
súa obra máis importante aos 21 anos (Disquisitiones
Arithmeticae.)
Dixo que as matemáticas eran "a raíña das ciencias".
Película basada no libro de Daniel
Kehlmann que relata as vidas
paralelas de Gauss e Humboldt
A correspondencia de Humboldt con colegas científicos
componse de 35.000 cartas (aproximadamente 12.500
están arquivadas).
VIAXES: CIENCIA, AVENTURA, GLORIA …
Nun momento da historia onde o coñecemento
natural do planeta era moi precario, Humbolt
comprendeu que había moito por descubrir e
que para conseguilo era necesario coñecer de
primeira man os diferentes lugares e
continentes; era necesario viaxar e achegarse a
todos aqueles lugares cientificamente
descoñecidos.
O seu obxectivo era viaxar por todo o mundo e
deixar plasmado en ensaios e publicacións a
riqueza natural en todas as súas manifestacións.
Humbolt foi o grande viaxeiro, o precursor do
que no século XVIII serían as grandes viaxes
científicas que realizarían, especialmente,
británicos, franceses e alemáns.
LEGADO: PASADO, PRESENTE E FUTURO
Alexander Von Humbolt foi o precursor de
moitas das actuais ramas da ciencia e o seu
legado científico e social segue presente entre
nos.
Foi quen de dar o primeiro paso en moitas
disciplinas científicas.
É é o mellor exemplo de explorador naturalista,
o pai da xeografía moderna universal, o
descubridor científico do Novo Mundo, o
iniciador da ecoloxía que anticipa o cambio
climático e inicia o debate medioambiental da
destrución dos bosques pola acción humana e
o seu negativo efecto no clima.
Tamén foi o precursor doutras como a
oceanografía (descubrimento da “Corrente de
Humbolt”, hoxe vinculada ao fenómeno
atmosférico de “El Niño”) sismoloxía,
vulcanoloxía ou bioxeografía.
Atribúeselle a invención de novas expresións
como isodinámicas, isotermas, isóclinas,
xurásico, tempestade magnética...
PUBLICACIÓNS DESTACADAS
Le voyage aux régions equinoxiales du Nouveau Continent (Viaxe ás rexións equinociais
do Novo Continente), escrita entre 1799-1804, por Alexander von Humboldt e Aimé
Bonpland (París, 1807). Está formada por 30 volumes e engloba un número considerable
de obras subordinadas:
-Vue des Cordillères et monuments des peuples indigènes de l'Amérique (Vista da Cordilleira e monumentos dos
pobos indíxenas de América) (1810).
-Examen critique de l'histoire de la géographie du Nouveau Continent (Exame crítico da historia da xeografía do
Novo Continente) (1814-1834).
-Atlas géographique et physique du royaume de la Nouvelle Espagne (Atlas xeográfico e físico do virreinato da
Nova España) (1811).
-Essai politique sur le royaume de la Nouvelle Espagne (Ensaio político sobre o reino da Nova España) (1811).
-Essai sur la géographie des plantes (Ensaio sobre a xeografía das plantas) (1805).
-Relation historique (Relación histórica) (1814-1825), unha narración inconclusa das súas viaxes, que inclúe Essai
politique sur l'île de Cuba (Ensaio político sobre a illa de Cuba).
-Nova genera et species plantarum (Novos xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1825). Contén descricións de
máis de 4.500 especies de plantas colectadas por Humboldt e Aimé Bonpland.
-Ansichten der Natur (Cadros da Natureza)
(1808) .
-Nova genera et species plantarum (Novos
xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1815-
1825). Contén descricións de máis de 4.500
especies de plantas colectadas por Humboldt
e Aimé Bonpland.
-Recueil d'observations
astronomiques (Compendio de observacións
astronómicas) (1808) coa colaboración de J.
Oltmanns.
-Recueil d'observations de zoologie et
d'anatomie comparée (Compendio de
observacións de zooloxía e de anatomía
comparada) (1805-1833) coa colaboración de
Cuvier, Latreille, Valenciennes e Gay-Lussac.
-Fragments de géologie et de
climatologie asiatiques (Fragmentos de
xeoloxía e climatoloxía asiáticas) (1831) e
Asie centrale (Asia central) (1843),
recollen os resultados da súa viaxe
asiática.
-Kosmos - Entwurf einer physischen
Weltbeschreibung (Cosmos – Ensaio para
unha descrición física do Mundo) (1845 a
1862). Obra na que fai unha descrición
gráfica do mundo físico que estudou e
observou durante case medio século.
.....
A importancia do traballo de Humboldt recoñécese con numerosos monumentos e dándolle o seu nome
a elementos da natureza (montañas, glaciares, covas, correntes mariñas, minerais, máis de 300 especies
de plantas e 100 de animais, fungos, fósiles...), lugares, institucións, premios, becas...
Monte Humboldt (Venezuela)
Cadea de montañas East and West Humboldt Range (Estados Unidos)
Cordal Humboldt (Nova Celandia)
Sima Humboldt
en Venezuela
Lago Humboldt (Nevada, Estados Unidos)
Badía de Humbold nos EstadosUnidos
Redwoods State Park (Humboldt County California)
Río Humboldt (Nevada, Estados Unidos) Glaciar Humboldt en Groenlandia
Mare Humboldtianum na Lúa Cadea de Humboldt na Lúa
Humboldtina, mineral de oxalato de ferro
Miradoiro Humboldt en Tenerife
Cuba
Parque Humboldt en Chicago
Humboldt (Santa Fe, Arxentina)
Guevea de Humboldt (México)
Phragmipedium humboldtii (orquídea Humboldt) Quercus humboldtii (carballo andino)
Mammillaria humboldtii (cactus de Humboldt)
Lilium humboldtii (azucena de Humboldt)
Histiotus humboldti (morcego de orellas
castañas grandes de Humboldt)
Conepatus humboldtii – Mofeta de Humboldt
Spheniscus humboldti (Pingüín de Humboldt)
Hylocharis humboldtii (Zafiro de Humboldt)
Perisama humboldtii (perisama de Humboldt)
Mitracephala humboldti
Chirostoma humbodtianum
Dosidicus gigas
(Lura de Humboldt)
Rhinella humboldti (sapo venezolano)
Tricholomopsis humboldtii Sticta humboldtii (lique)
Buque de investigación polar peruano Humboldt.
Alexander von Humboldt II,
buque escola da Deutsche
Stiftung Sail Training
(Fundación de
entrenamento de vela
alemana)
Portacontedores
CMA CGM
Alexander von
Humboldt
Cruceiro nas Illas Galápagos
INSTITUCIÓNS
Universidade Humboldt
(Berlín)
Axencia Internacional de Viaxes
para organización de rutas
naturais polo mundo
Planetario Humboldt en Venezuela
Museo Humbold de Historia Natural (Berlín)
Museo Casa Alejandro de Humbold en Cuba
LIBROS SOBRE HUMBOLDT
CINE/DOCUMENTAIS
“As ideas so serán útiles
cando estean vivas en
moitas cabezas”
Alexander von Humboldt
Busto de Humboldt na
Universidade da Habana de
Erfurt Christian Paschold.

More Related Content

Similar to Alexander Von Humboldt 2019

Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo GalileiCCMC
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8LOPEZMOURENZA
 
Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Fiz
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaEVAVIDALFERRO
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSFiz
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Dives Gallaecia
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasangelciencia
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 

Similar to Alexander Von Humboldt 2019 (20)

Caroline Herschel
Caroline HerschelCaroline Herschel
Caroline Herschel
 
O Greco
O GrecoO Greco
O Greco
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
Carla,yan,nere
Carla,yan,nereCarla,yan,nere
Carla,yan,nere
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
 
Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. Shaila
 
Pablo Picasso
Pablo PicassoPablo Picasso
Pablo Picasso
 
O exilio
O exilio O exilio
O exilio
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
 
A ilustración
A ilustraciónA ilustración
A ilustración
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
A revolución romántica
A revolución románticaA revolución romántica
A revolución romántica
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
Lu,an,alv
Lu,an,alvLu,an,alv
Lu,an,alv
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Alexander Von Humboldt 2019

  • 1. Alexander von Humboldt 250 aniversario Alexander von Humboldt, pintado por Joseph K. Stieler (1843)
  • 2. En 2019 celébranse os 250 anos do nacemento de Alexander von Humboldt. Con este traballo queremos achegar o noso grao de area aos moitos recoñecementos dedicados á vida e obra deste grande científico e humanista. Panel realizado para a exposición no IES Francisco Asorey, no marco da Semana da Ciencia 2019
  • 3. -14 de setembro de 1769: nace en Berlín Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr von Humboldt. Fillo de Alexander Georg von Humboldt, un oficial do exército de Prusia e de Marie Elizabeth von Hollwege. -1777-1787: recibe educación, xunto co seu irmán Wilhelm a cargo de titores particulares. Vive no castelo de Tegel (do actual distrito de Reinickendorf). Placa conmemorativa no lugar de nacemento de Humbold en Berlín-Mitte (hoxe: Academia de Ciencias)
  • 4. Alexander von Humboldt, por Johann Heinrich Schmidt (1784) Pazo de Tegel
  • 5. -1787-1788: realiza estudos superiores de Economía na Universidade de Frankfort do Oder. -1789-1790: estuda na Universidade de Gotinga: Física e Química, Filosofía, Historia e Ciencias Naturais. En Hamburgo estuda Comercio e linguas estranxeiras; Xeoloxía en Freeiberg, Anatomía en Jena, Astronomía e usos de instrumentos científicos… Universidade de Frankfort do Oder Universidade de Gotinga
  • 6. -1790: realiza viaxes de investigación a París e Inglaterra xunto a George Foster. Percorre o río Rhin ata Holanda e de alí vai a Inglaterra. O resultado de toda esa exploración científica recolleuna nunha obra titulada Mineralogische Beobachtungen über einige Basalte am Rhein (Observacións mineralóxicas sobre algúns basaltos do Rin) (Brunswick, 1790). -1791: Estuda na Academia de Minas de Friburgo. -1793- publica as súas pescudas sobre a vexetación das minas de Freiberg no Florae Fribergensis Specimen.
  • 7.
  • 8. -1792-1795: desempeña un cargo no Consello Superior de Minas, onde realiza avances para a explotación mineira. Abre unha escola de formación de mineiros, que financia cos seus propios cartos, e realiza estudos para mellorar a seguridade das minas. -1795: realizou unha viaxe de carácter xeolóxico e botánico a Suíza e Italia. -1796: morre a súa nai e Humboldt recibe unha importante herdanza que facilita a súa dedicación aos viaxes e a exploración. Humboldt coa súa nai
  • 9. Durante a década de 1790, Humboldt coñeceu a Goethe e Friedrich Schiller. Xunto co sei irmán Wilhelm, o cuarteto será coñecido como o Círculo de Jena e será un dos centros de difusión do idealismo alemán. Debuxo de 1797: de esquerda a dereita: Schiller, Wilhelm e Alexander von Humboldt e Johann Wolfgang Goethe.
  • 10. -1797: abandona o seu cargo en Minas para dedicarse á exploración nalgúns países de Europa. Viaxa a París e planea unha viaxe a África que non chega a realizar. Publica os resultados dunha prolongada serie de experiencias sobre o fenómeno da irritabilidade muscular, acabada de descubrir por Galvani, no Versuche über die gereizte Muskel- und Nervenfaser (Berlín, 1797).
  • 11. -1799: o rei de España concédelle autorización para realizar unha viaxe de investigación nas colonias españolas do territorio americano. O 5 de xuño embarca no buque Pizarro na Coruña acompañado de Bonpland, que actúa como o seu segredario. Fan unha escala de seis días en Tenerife, onde ascenden ao Teide, e chegan a Cumaná o 16 de xullo. Durante a navegación, Humboldt efectúa medidas astronómicas, meteorolóxicas, de magnetismo e da temperatura e composición química do mar. Na noite do 11 ao 12 de novembro, Humboldt observa e documenta unha extraordinaria chuvia de meteoros (as Leónidas) “millares e millares de estrelas fugaces e bólidos caeron durante catro horas consecutivas”.
  • 12. -1799-1804: percorre, xunto con Aimé Bonpland e Carlos Montúfar (desde 1802) os territorios actuais de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, México, Cuba e Estados Unidos. Fixo 9.650 km en tres etapas a pé, a cabalo ou en canoas.
  • 13. PRIMEIRA ETAPA En Suramérica, partindo de Cumaná e Caracas, e no alto Orinoco visitando A Esmeralda e o río Casiquiare. En febreiro de 1800 Humboldt deixa a costa para explorar o curso do río Orinoco durante catro meses nos que percorre máis de 2.750 km dunha terra inhabitada e salvaxe. Documenta a existencia dunha comunicación entre os sistemas hidrográficos dos ríos Orinoco e Amazonas (a Canle do Casiquiare) Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland no Orinoco, pintura de Eduard Ender (1856)
  • 14. Mapa do sistema de auga arredor do Casiquiare de Alexander von Humboldt Río Casiquiare
  • 15. SEGUNDA ETAPA De Bogotá a Quito polos Andes. Visitou Santa Fe de Bogotá coa idea de entrevistarse co botánico José Celestino Mutis, para o que tivo que remontar o río Magdalena e ascender polos camiños dos Andes. Escalou e realizou importantes estudos dos volcáns Chimborazo e Pichincha, en Ecuador, e fixo unha expedición ás fontes do Amazonas. Humboldt gaña renome mundial ao escalar o Chimborazo, pico considerado na época como o máis alto do mundo. José Celestino Mutis. Sacerdote, botánico, matemático e profesor da Universidade do Rosario, en Bogotá,
  • 16. Humboldt e Bonpland ao pé do Chimborazo
  • 18. Ilustración de Ideas para unha xeografía das plantas, París 1805
  • 19. TERCEIRA ETAPA Visita a Nova España onde obtivo as autorizacións necesarias para percorrer o vasto territorio, coa condición de que non revelara esa información ao goberno dos Estados Unidos. Recolle una grande cantidade de datos sobre o clima, os recursos naturais, a orografía, a flora e a fauna da zona e realiza mapas. En México, estuda o calendario azteca. Humboldt e os seus compañeiros pasaron o ano 1803 percorrendo México. Escribe o seu Essai politique sur le royaume de la Nouvelle Espagne (Ensaio político sobre o reino da Nova España) (1811), o primeiro ensaio xeográfico rexional, no que relata sumariamente as súas viaxes.
  • 20.
  • 21. Prismas de basalto en Santa María Regla (México), por Alexander von Humboldt, publicado en Vue des Cordillères et monuments des peuples indigènes de l'Amérique
  • 22. Humboldt rematou as súa viaxes por América cunha visita a Estados Unidos, onde foi hóspede do presidente Thomas Jefferson, un grande afeizoado aos estudos xeográficos, en especial sobre a Nova España. Achegou inxenuamente información que facilitou a conquista de territorios mexicanos polos Estados Unidos. O Mapa, que apareceu máis tarde publicado no seu Ensaio político de la Nueva España (1811), era coñecido e utilizado polo exército de Estados Unidos na guerra contra México. Mapa de Nova España
  • 23. A expedición de Humboldt e Bonpland, que durou cinco anos, custoulle a Humboldt un terzo da súa fortuna. Foi unha das máis destacadas expedicións científicas de todos os tempos, cun volume de datos dun valor científico inestimable e a recollida dunha importante cantidade de mostras e espécimes. Debuxos de Humboldt
  • 24. Precisou latitudes e lonxitudes, mellorou mapas, identificou 60.000 plantas (6.300 ata entón descoñecidas), desenvolveu a xeografía das plantas e describiu a corrente que levou máis tarde o seu nome (corrente de Humboldt). Pode ser considerado quen sentou as bases das ciencias físicas da xeografía e da meteoroloxía. Fixo importantes estudos xeolóxicos dos volcáns do Novo Mundo. Amosou que se ordenaban naturalmente en grupos lineares, presumiblemente correspondendo a vastas fisuras subterráneas; e demostrou a orixe ígnea de moitas rochas. Lago de Guatavita (Colombia)
  • 25. Carlos de Montúfar y Larrea-Zurbano (Quito 1780-Buga 1816) un noble e militar crioulo, considerado un dos libertadores de Ecuador. Coñeceu en Quito, en 1802, aos xeógrafos Alexander Humboldt e Aimé Bonpland e acompañounos (con 21 anos) durante o resto da expedición americana polos actuais Ecuador, Perú, México, Estados Unidos e Cuba. Montúfar levou un diario da viaxe, con importantes anotacións, que inicia en Quito e remata no Perú. Aimé Goujaud Bonpland (La Rochelle 1773-Paso de los Libres 1858). Médico, naturalista e botánico francés que acompañou a Humboldt na expedición americana. Bonpland reuneu e depositou no Jardin des Plantes de París un herbario de 60.000 especies, das que 6.000 eran descoñecidas en Europa. Como resultado da súa viaxe publicou catro volumes sobre plantas na obra Voyage aux régions equinocciales du noveau continent fait en 1799 - 1804 e, en colaboración con Humboldt, os sete volúmenes de Nova genera et spacies plantarum. Orquídea Masdevallia bonplandii
  • 26. Humboldt representado por Charles Willson Peale, que o coñeceu durante a súa visita aos Estados Unidos en 1804.
  • 27. -3 de agosto de 1804: Humboldt, Bonpland e Montúfar chegan a Francia (Burdeos) desde Filadelfia. O 7 de de decembro presenta no Instituto de París o seu descubrimento da diminución da intensidade do campo magnético terrestre dos polos ao ecuador. -1804: coñece a Simón Bolívar en París -1805: viaxa a Italia para atoparse co seu irmán Wilhelm. En maio reúnese por segunda vez con Simón Bolívar Bolívar e Humboldt coñecéronse en París en 1804 e volveron a verse en Roma en 1805. Bolívar aínda non era o líder que guiaría as revoluciónes de Sudamérica contra a corona española. Bolívar decía que Humboldt era ”o descubridor científico do Novo Mundo e o seu estudo dou a América algo mellor que todos os conquistadores xuntos”. Grazas á influencia e os coñecementos de Humboldt, Bolívar informouse sobre a natureza e os sucesos dos territorios de Latinoamérica e fixo varias leis para protexer os bosques.
  • 28. Humboldt, pintura de Friedric Georg Weitsch (1806) Humboldt (debuxo de Frédéric d'Houdetot, 1807)
  • 29. -1808: volve a París para continuar a elaboración das súas obras sobre América. -1810: establécese París (onde pasará 15 anos). Nese tempo traballa na Escola Politécnica e na Biblioteca do Instituto Nacional. Durante varios anos comparte un cuarto con Gay-Lussac. Publica o seu Voyage interminable sur l'Amérique du Sud (Viaxe interminable pola América do Sur). Joseph Louis Gay-Lussac (1778-1850) foi un químico e físico francés amigo e colaborador científico de Alexander von Humboldt. Xuntos descubriron que a composición da atmósfera non cambia coa diminución da presión (aumento da altitude) e que a auga está formada por dúas partes de hidróxeno e unha de oxíxeno (por volume). Os gobernos alemán e francés conceden anualmente o premio de ciencias Gay-Lussac-Humboldt.
  • 30. -1814: publica en francés o Resume da Situación Política do Novo Reino de España. -1818: Humboldt coñece en París ao mozo científico peruano estudante na École Royal de Mines de París Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz, do que foi anos despois un grande amigo e mentor. -1827: volve a Berlín, onde fixa a súa residencia de forma definitiva. -1828: imparte cursos na universidade e numerosas conferencias. Organiza unha reunión da Asociación Científica en Berlín na que participan 600 dos máis renomeados científicos. Autorretrato de Humboldt (1814)
  • 31. Mariano Eduardo de Rivero y Ustáriz, (Perú, 1798-París 1857). Científico, enxeñeiro de minas, xeológo, mineraloxista, naturalista, anticuario e diplomático. Considerado como o principal científico peruano do século XIX. Diversas publicacións científicas convérteno nun pionero das ciencias naturaies en América Latina. Foi alumno e amigo de Humboldt. Mineral descuberto por Rivero e Boussingault
  • 32. -1829: realiza unha expedición a Rusia e Siberia con Gustave Rose (profesor de química e de mineraloxía) e C.G. Ehrenberg (naturalista e zoólogo). Humboldt pasa un mes estudando as minas dos Urais e predí a existencia de diamantes. Foi o conde Polier, propietario das minas e a quen Humboldt explicou a súa teoría, o que atopou o primeiro diamante dos Urais. A expedición atravesa a Siberia ata o Altai (seis meses e 17.000 km). Anos máis tarde publica o seu Asie centrale (en tres volumes). Mapa das expedicións de Humboldt a Rusia e Siberia
  • 33.
  • 34. Alexander von Humboldt, pintura de H. W. Pickersgill (1831)
  • 35. -1834: Inicia a redacción da súa obra Kosmos, unha condensación do coñecemento científico de súa época. -1835: morre o seu imán Wilhelm -1845 a 1847: elabora e publica os primeiros dous volumes do Kosmos. -1850 a 1858: terceiro e cuarto volumes do Kosmos. Un fragmento dun quinto volumen publícase postumamente en 1862.
  • 36.
  • 37.
  • 38. Humboldt en 1847 (daguerrotipo de Hermann Biow) No Kosmos Humboldt ten como obxectivo comunicar a excitación intelectual e a necesidade práctica da investigación científica. Describe en cinco volumes todos os coñecementos da época sobre os fenómenos terrestres e celestes. Tenta a representación da unidade no medio da complexidade da Natureza. Nesa obra, os grandes e vagos ideais do século XVIII son recuperados e combinados coas necesidades científicas do século XIX. O seu valor supremo consiste no feito de representar fielmente o reflexo da mente dun grande home. Ao tentar, representar o universo, conseguiu de maneira perfecta representar a súa propia intelixencia comprensiva. As notas do Kosmos están repletas de citas onde el, de certa maneira, recoñece as súas "débedas" intelectuais.
  • 39. -1852: Humboldt recibe a medalla Copley da Royal Society de Londres. -6 de maio de 1859: Humboldt morre en Berlín aos 89 anos. Humboldt coa Orde da Águia Negra (fotografía de 1857)
  • 40. Alexander von Humboldt na súa biblioteca (Oranienburger Strasse, Berlín). Por Eduard Hildebrandt
  • 41. Placa conmemorativa no último edificio residencial de Humboldt en Oranienburger Straße 67 en Berlin-Mitte
  • 42. Último retrato de Alexander von Humboldt por Julius Schrader (1859). Ao fondo o Chimborazo. Despois da morte de Humboldt os seus amigos e colegas crearon a FUNDACIÓN ALEXANDRE VON HUMBOLDT para manter o xeneroso apoio aos novos científicos.
  • 43. VIDA: CIENCIA, CULTURA E POLÍTICA Humbolt, dominador de nove idiomas e “sabio” en moitas disciplinas do coñecemento, foi explorador, naturalista, investigador, xeógrafo, xeólogo, vulcanólogo, meteorólogo, astrónomo, ecólogo, oceanógrafo… ; pero tamén foi un humanista e, incluso, un político. Destaca a súa paixón polo coñecemento da natureza e, especialmente, a súa visión integradora dos diferentes campos científicos. Entendía que para estudar o planeta era necesario facelo de forma interdisciplinaria e moitos dos temas que abordou, así como os seus métodos de traballo manteñen a súa vixencia. A partir da morte de Humbolt (1959, data que coincide coa publicación da “Orixe das especies” de Darwin), a ciencia comezou a especializarse e ninguén máis tentou abarcar todos os campos de coñecemento. Alexander von Humboldt (busto de Christian Daniel Rauch, 1857)
  • 44. Mantivo amizade con Johan Carl Friedrich Gauss (un dos matemáticos máis importantes da historia), con Gay-Lussac (químico e físico que enunciou a “Lei dos gases”), con Bonpland (explorador, médico e botánico francés), con Goethe (celebridade literaria, novelista, dramaturgo, poeta, científico e filósofo humanista), Bouganville (militar e navegante francés), Schiller (poeta, dramaturgo, filósofo e historiador), irmáns Grimn (escritores de contos populares e infantís), Celestino Mutis (un dos grandes botánicos da época) e con distintos persoeiros políticos como Thomas Jefferson, o zar Nicolás I, o rei de España Carlos IV, Federico Guillermo IV de Prusia, Napoleón, Simón Bolivar... Johann Carl Friedrich Gauss
  • 45. Johann Carl Friedrich Gauss (1777-1855). Considerado un dos matemáticos máis grandes e influentes de toda a historia polas súas amplas contribucións en moitos eidos: teoría dos números, álxebra, estatística, análise, xeometría diferencial, xeodesia, xeofísica, mecánica, electrostática, astronomía. Teoría da matriz, óptica... Fixo os seus primeiros descubrimentos matemáticos innovadores cando aínda era adolescente e completou a súa obra máis importante aos 21 anos (Disquisitiones Arithmeticae.) Dixo que as matemáticas eran "a raíña das ciencias". Película basada no libro de Daniel Kehlmann que relata as vidas paralelas de Gauss e Humboldt
  • 46. A correspondencia de Humboldt con colegas científicos componse de 35.000 cartas (aproximadamente 12.500 están arquivadas).
  • 47. VIAXES: CIENCIA, AVENTURA, GLORIA … Nun momento da historia onde o coñecemento natural do planeta era moi precario, Humbolt comprendeu que había moito por descubrir e que para conseguilo era necesario coñecer de primeira man os diferentes lugares e continentes; era necesario viaxar e achegarse a todos aqueles lugares cientificamente descoñecidos. O seu obxectivo era viaxar por todo o mundo e deixar plasmado en ensaios e publicacións a riqueza natural en todas as súas manifestacións. Humbolt foi o grande viaxeiro, o precursor do que no século XVIII serían as grandes viaxes científicas que realizarían, especialmente, británicos, franceses e alemáns.
  • 48. LEGADO: PASADO, PRESENTE E FUTURO Alexander Von Humbolt foi o precursor de moitas das actuais ramas da ciencia e o seu legado científico e social segue presente entre nos. Foi quen de dar o primeiro paso en moitas disciplinas científicas. É é o mellor exemplo de explorador naturalista, o pai da xeografía moderna universal, o descubridor científico do Novo Mundo, o iniciador da ecoloxía que anticipa o cambio climático e inicia o debate medioambiental da destrución dos bosques pola acción humana e o seu negativo efecto no clima. Tamén foi o precursor doutras como a oceanografía (descubrimento da “Corrente de Humbolt”, hoxe vinculada ao fenómeno atmosférico de “El Niño”) sismoloxía, vulcanoloxía ou bioxeografía. Atribúeselle a invención de novas expresións como isodinámicas, isotermas, isóclinas, xurásico, tempestade magnética...
  • 49. PUBLICACIÓNS DESTACADAS Le voyage aux régions equinoxiales du Nouveau Continent (Viaxe ás rexións equinociais do Novo Continente), escrita entre 1799-1804, por Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland (París, 1807). Está formada por 30 volumes e engloba un número considerable de obras subordinadas: -Vue des Cordillères et monuments des peuples indigènes de l'Amérique (Vista da Cordilleira e monumentos dos pobos indíxenas de América) (1810). -Examen critique de l'histoire de la géographie du Nouveau Continent (Exame crítico da historia da xeografía do Novo Continente) (1814-1834). -Atlas géographique et physique du royaume de la Nouvelle Espagne (Atlas xeográfico e físico do virreinato da Nova España) (1811). -Essai politique sur le royaume de la Nouvelle Espagne (Ensaio político sobre o reino da Nova España) (1811). -Essai sur la géographie des plantes (Ensaio sobre a xeografía das plantas) (1805). -Relation historique (Relación histórica) (1814-1825), unha narración inconclusa das súas viaxes, que inclúe Essai politique sur l'île de Cuba (Ensaio político sobre a illa de Cuba). -Nova genera et species plantarum (Novos xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1825). Contén descricións de máis de 4.500 especies de plantas colectadas por Humboldt e Aimé Bonpland.
  • 50. -Ansichten der Natur (Cadros da Natureza) (1808) . -Nova genera et species plantarum (Novos xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1815- 1825). Contén descricións de máis de 4.500 especies de plantas colectadas por Humboldt e Aimé Bonpland. -Recueil d'observations astronomiques (Compendio de observacións astronómicas) (1808) coa colaboración de J. Oltmanns. -Recueil d'observations de zoologie et d'anatomie comparée (Compendio de observacións de zooloxía e de anatomía comparada) (1805-1833) coa colaboración de Cuvier, Latreille, Valenciennes e Gay-Lussac.
  • 51. -Fragments de géologie et de climatologie asiatiques (Fragmentos de xeoloxía e climatoloxía asiáticas) (1831) e Asie centrale (Asia central) (1843), recollen os resultados da súa viaxe asiática. -Kosmos - Entwurf einer physischen Weltbeschreibung (Cosmos – Ensaio para unha descrición física do Mundo) (1845 a 1862). Obra na que fai unha descrición gráfica do mundo físico que estudou e observou durante case medio século. .....
  • 52. A importancia do traballo de Humboldt recoñécese con numerosos monumentos e dándolle o seu nome a elementos da natureza (montañas, glaciares, covas, correntes mariñas, minerais, máis de 300 especies de plantas e 100 de animais, fungos, fósiles...), lugares, institucións, premios, becas... Monte Humboldt (Venezuela)
  • 53. Cadea de montañas East and West Humboldt Range (Estados Unidos)
  • 55. Sima Humboldt en Venezuela Lago Humboldt (Nevada, Estados Unidos)
  • 56. Badía de Humbold nos EstadosUnidos
  • 57. Redwoods State Park (Humboldt County California)
  • 58. Río Humboldt (Nevada, Estados Unidos) Glaciar Humboldt en Groenlandia
  • 59. Mare Humboldtianum na Lúa Cadea de Humboldt na Lúa
  • 60. Humboldtina, mineral de oxalato de ferro Miradoiro Humboldt en Tenerife
  • 61. Cuba
  • 63. Humboldt (Santa Fe, Arxentina) Guevea de Humboldt (México)
  • 64. Phragmipedium humboldtii (orquídea Humboldt) Quercus humboldtii (carballo andino)
  • 65. Mammillaria humboldtii (cactus de Humboldt) Lilium humboldtii (azucena de Humboldt)
  • 66. Histiotus humboldti (morcego de orellas castañas grandes de Humboldt) Conepatus humboldtii – Mofeta de Humboldt
  • 67. Spheniscus humboldti (Pingüín de Humboldt) Hylocharis humboldtii (Zafiro de Humboldt)
  • 68. Perisama humboldtii (perisama de Humboldt) Mitracephala humboldti
  • 69. Chirostoma humbodtianum Dosidicus gigas (Lura de Humboldt) Rhinella humboldti (sapo venezolano)
  • 70. Tricholomopsis humboldtii Sticta humboldtii (lique)
  • 71. Buque de investigación polar peruano Humboldt. Alexander von Humboldt II, buque escola da Deutsche Stiftung Sail Training (Fundación de entrenamento de vela alemana) Portacontedores CMA CGM Alexander von Humboldt Cruceiro nas Illas Galápagos
  • 72.
  • 75. Axencia Internacional de Viaxes para organización de rutas naturais polo mundo Planetario Humboldt en Venezuela
  • 76. Museo Humbold de Historia Natural (Berlín) Museo Casa Alejandro de Humbold en Cuba
  • 78.
  • 80. “As ideas so serán útiles cando estean vivas en moitas cabezas” Alexander von Humboldt Busto de Humboldt na Universidade da Habana de Erfurt Christian Paschold.