SlideShare a Scribd company logo
1 of 41
Download to read offline
Arco da vella
OUTROS NOMES 
CASTELÁN: 
Arco iris 
INGLÉS: 
Rainbow 
FRANCÉS: 
Arc en ciel 
ALEMÁN: 
Regenbogen 
PORTUGUÉS: 
Arco íris, arco celeste, arco 
da aliança, arco da 
chuva, arco da velha
O arco da vella é un efecto óptico que se aprecia como un arco 
de bandas de cores, desde o vermello ata o violeta. 
Fórmase cando o Sol baixo ilumina unha cortina de chuvia que 
cae diante dun espectador que está de costas a el.
A razón da súa formación é 
que a luz ao refractarse e 
reflectirse dentro das pingas 
dispérsase e sepáranse as 
cores que a compoñen. 
Non sempre que chove e fai 
sol se ve un arco da vella. As 
pingas de auga deben ser 
esféricas. 
A chuvia non debe ser 
torrencial nin estar afectada 
polo vento.
O “ángulo do arco da vella” foi descuberto por René Descartes en 
1637. Os raios de luz que forman o arco saen das pingas de chuvia 
cun ángulo aproximado de 138º respecto á dirección que levaban 
antes de entrar. 
Un raio de luz solar dos que 
forman un arco da vella 
cambia de dirección tres 
veces mentras se move a 
través dunha pinga de 
chuvia. A descomposición en 
cores é posible porque o 
índice de refracción da pinga 
de auga é lixeiramente 
distinto para cada lonxitude 
de onda (para cada cor que 
forma o arco).
As cores máis intensas fórmanse coas pingas de auga máis grandes.
En determinadas condicións 
pódese ver un arco da vella 
circular. Esto é posible desde 
lugares moi altos ou desde os 
avións.
Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está 
aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co 
ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que 
contrasta co fondo escuro.
Aínda que non ten un especial significado meteorolóxico a longo 
prazo, a súa aparición indica que entre el e o Sol está o ceo limpo.
O efecto de arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas, fontes ou 
do salseiro do mar.
O arco da vella secundario aparece habitualmente a 50-53 graos respecto do primario e 
presenta as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional 
antes de saír da pinga de auga. Só é visible cando o primario é moi intenso.
FENÓMENOS SEMELLANTES: 
HALOS, COROAS, E OUTRAS MANCHAS LUMINOSAS: 
Luminosidades circulares que rodean ó Sol ou á Lúa producidas 
pola difracción (reflexión e refracción) da luz que emiten nos 
cristais de xeo. A súa aparición indica a presenza de humidade en 
altura e, como consecuencia, o empeoramento do tempo.
Halos solares
ARCO CIRCUMHORIZONTAL. Orixínase en cristais de xeo. É de 
cor vermella no interior e azul no exterior.
ARCO CIRCUNCENITAL: 
Prodúcese pola 
refracción da luz solar a 
través de cristais de xeo. 
Fórmase no mesmo lado 
que o Sol. As cores van 
de azul no interior a 
vermello no exterior. 
Semella un arco da vella 
ao revés.
PARHELIO, coñecido tamén como “bicho”. Fórmanse pola 
intersección de distintos halos solares nun punto
ARCO DE NÉBOA. Fórmanse como os arcos da vella pero cando o 
sol atravesa as finas pingas da néboa que difractan a luz de forma 
extensiva. As cores son moi tenues debido a que o arco en cada cor 
é moi amplo e as cores superpóñense.
GLORIA (ou anthelion) es un fenómeno óptico producido por la 
luz retrodispersada (una combinación de difracción, reflexión e 
refracción) sobre a súa fonte por una nube de diminutas pingas 
de auga de tamaño uniforme. Ten múltiples aneis coloreados 
aínda que xeralmente só se ve un.
Os ARCOS DA VELLA 
LUNARES ou ARCOS 
LUNARES prodúcense pola 
refracción da luz da Lúa 
sobre chuvia ou néboa 
nocturna. Son raros pero 
ás veces pódense 
observar en noites de lúa 
chea aínda que con cores 
máis tenues, xa que 
a percepción visual dos 
humanos para as cores é 
pobre con pouca luz polo 
que os arcos da vella 
lunares percíbense como 
brancos.
Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. En fotografías de longa exposición pódense 
apreciar ben diferenciadas as cores.
O ARCO DA VELLA NA 
CULTURA POPULAR 
Joseph Anton Koch (1805).
O arco da vella aparece citado na Biblia como símbolo da alianza 
entre Deus e os homes despois do diluvio.
LENDA DE GILGAMESH 
Na epopeia de Gilgamesh 
o arco da vella é o “colar 
de pedrería da gran 
madre Isthar” que 
levanta cara ao ceo como 
unha promesa de que 
nunca esquecerá os días 
da gran enchenta que 
destruiu aos seus fillos.
Para os gregos o arco da 
vella era unha deusa 
mensaxeira entre o ceo e 
a terra chamada IRIS, filla 
de Taumante e a 
Oceánide Electra.
Na maioría dos lugares asóciase a unha vella 
ou a unha deusa relacionada co inverno, o 
clima ou as colleitas. 
En moitas culturas asóciano co arco dun 
deus: Marduk de Mesopotamia, deus das 
Treboadas en Finlandia, de Zeus, en 
Homero, dos Vedas, de Rama Chandra, de 
Rustán/Saitán no Irán... 
Tamén pode ser un arco de trunfo, unha 
porta ou unha ponte: Pont du Saint-Esprit, 
Pont Saint-Bernard; ponte das almas en 
Escandinavia... 
Noutras partes é unha serpe, unha amalloa, 
un cinto, unha faixa, un acueduto que leva 
as augas dos ríos ao mar... 
Na antiga Roma crian que o arco da vella 
bebía a auga dos mares.
O ARCO DA VELLA 
NA CULTURA POPULAR GALEGA
OUTROS NOMES RECOLLIDOS EN GALICIA: 
contrasol, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das 
noivas, arco das bruxas, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, circo 
da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da 
vella, seña da auga, a ponte coloreada, as sete cores, barco da vella, 
ponte coloreada... 
-Cando o arco da vella é máis 
grande chámase arco das mozas 
ou arco das novas e cando é doble 
ou de cores máis ténues arco 
novo. 
Arco das mozas, 
cheo de pozas, 
crco das vellas, 
cheo de pedras.
CRENZAS: 
-O arco da vella aliméntase da auga 
do mar e dos ríos. 
-A cor azul representa o diluvio de 
auga que fixo renacer o mundo e a 
vermella o diluvio de lume que o vai 
destruír. 
-No lugar onde o arco toca a terra 
existe un tesouro agochado. 
-Para os mariñeiros é unha soga. Os 
barcos que pasan por baixo del 
quedan malfadados. 
-O arco da vella sobre o ceo é sinal 
de boas novas. 
-O arco da lúa é sinal de mal agoiro.
-A vella utilizaba o arco para baixar á terra para levarse algún 
meniño o unha moza. Sobre todo en época de fame. 
Cantigas para defenderse: 
Arco da vella, 
vaite de ahí, 
que as nenas bonitas 
non son pra ti. 
Arco da vella, 
vaite de aí, 
que as mozas de agora 
non son para ti. 
Arco da vella, 
vaite de aí, 
que andan os porcos 
a fosar en ti.
-Segundo polo lado que se vexa o arco da vella pode anunciar o 
tempo. Sobre o mar indica bo tempo; sobre a terra, chuvia e neve; 
entre lusco e fusco, un bo mencer; no mediodía chuvia todo o día; 
se se ve no poñente indica mal tempo; e se é ao raiar o sol indica 
bo tempo. 
Cando anuncia chuvia 
pódese esconxurar dicindo: 
Arco da vella 
revírate pedra, 
non botes chuvia, 
nin pingadela.
REFRÁNS 
Arco da vella, auga na terra. 
Arco da vella, nin chove nin neva 
Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante. 
Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante. 
Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante. 
Arco da vella ó raiante, ei, boi! ei!, pra adiante. 
Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante. 
Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente. 
Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante. 
Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día. 
Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer. 
Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente. 
Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente. 
Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente. 
Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente. 
Arco da vella ó poñente, mariñeiro alerta! 
Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé. 
Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente. 
Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente. 
Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. 
Cando chove e fai sol, anda o demo por Ferrol
O arco da vella emprégase en distintas bandeiras relacionadas coa 
paz e como simbolo de varios movementos sociais e reivindicativos.
IMAXES: Adela Leiro, Wikipedia 
DOCUMENTACIÓN: Wikipedia 
“Diccionario dos seres míticos 
galegos”, de Xoán R Cuba, Antonio 
Reigosa e Xosé Miranda. Ed. Xerais. 
Setembro 2014

More Related Content

More from iesasorey

Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 

Arco da vella

  • 2. OUTROS NOMES CASTELÁN: Arco iris INGLÉS: Rainbow FRANCÉS: Arc en ciel ALEMÁN: Regenbogen PORTUGUÉS: Arco íris, arco celeste, arco da aliança, arco da chuva, arco da velha
  • 3. O arco da vella é un efecto óptico que se aprecia como un arco de bandas de cores, desde o vermello ata o violeta. Fórmase cando o Sol baixo ilumina unha cortina de chuvia que cae diante dun espectador que está de costas a el.
  • 4. A razón da súa formación é que a luz ao refractarse e reflectirse dentro das pingas dispérsase e sepáranse as cores que a compoñen. Non sempre que chove e fai sol se ve un arco da vella. As pingas de auga deben ser esféricas. A chuvia non debe ser torrencial nin estar afectada polo vento.
  • 5. O “ángulo do arco da vella” foi descuberto por René Descartes en 1637. Os raios de luz que forman o arco saen das pingas de chuvia cun ángulo aproximado de 138º respecto á dirección que levaban antes de entrar. Un raio de luz solar dos que forman un arco da vella cambia de dirección tres veces mentras se move a través dunha pinga de chuvia. A descomposición en cores é posible porque o índice de refracción da pinga de auga é lixeiramente distinto para cada lonxitude de onda (para cada cor que forma o arco).
  • 6. As cores máis intensas fórmanse coas pingas de auga máis grandes.
  • 7. En determinadas condicións pódese ver un arco da vella circular. Esto é posible desde lugares moi altos ou desde os avións.
  • 8. Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que contrasta co fondo escuro.
  • 9.
  • 10. Aínda que non ten un especial significado meteorolóxico a longo prazo, a súa aparición indica que entre el e o Sol está o ceo limpo.
  • 11.
  • 12. O efecto de arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas, fontes ou do salseiro do mar.
  • 13.
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18. O arco da vella secundario aparece habitualmente a 50-53 graos respecto do primario e presenta as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga. Só é visible cando o primario é moi intenso.
  • 19.
  • 20. FENÓMENOS SEMELLANTES: HALOS, COROAS, E OUTRAS MANCHAS LUMINOSAS: Luminosidades circulares que rodean ó Sol ou á Lúa producidas pola difracción (reflexión e refracción) da luz que emiten nos cristais de xeo. A súa aparición indica a presenza de humidade en altura e, como consecuencia, o empeoramento do tempo.
  • 22. ARCO CIRCUMHORIZONTAL. Orixínase en cristais de xeo. É de cor vermella no interior e azul no exterior.
  • 23. ARCO CIRCUNCENITAL: Prodúcese pola refracción da luz solar a través de cristais de xeo. Fórmase no mesmo lado que o Sol. As cores van de azul no interior a vermello no exterior. Semella un arco da vella ao revés.
  • 24. PARHELIO, coñecido tamén como “bicho”. Fórmanse pola intersección de distintos halos solares nun punto
  • 25. ARCO DE NÉBOA. Fórmanse como os arcos da vella pero cando o sol atravesa as finas pingas da néboa que difractan a luz de forma extensiva. As cores son moi tenues debido a que o arco en cada cor é moi amplo e as cores superpóñense.
  • 26. GLORIA (ou anthelion) es un fenómeno óptico producido por la luz retrodispersada (una combinación de difracción, reflexión e refracción) sobre a súa fonte por una nube de diminutas pingas de auga de tamaño uniforme. Ten múltiples aneis coloreados aínda que xeralmente só se ve un.
  • 27. Os ARCOS DA VELLA LUNARES ou ARCOS LUNARES prodúcense pola refracción da luz da Lúa sobre chuvia ou néboa nocturna. Son raros pero ás veces pódense observar en noites de lúa chea aínda que con cores máis tenues, xa que a percepción visual dos humanos para as cores é pobre con pouca luz polo que os arcos da vella lunares percíbense como brancos.
  • 28. Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. En fotografías de longa exposición pódense apreciar ben diferenciadas as cores.
  • 29. O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR Joseph Anton Koch (1805).
  • 30. O arco da vella aparece citado na Biblia como símbolo da alianza entre Deus e os homes despois do diluvio.
  • 31. LENDA DE GILGAMESH Na epopeia de Gilgamesh o arco da vella é o “colar de pedrería da gran madre Isthar” que levanta cara ao ceo como unha promesa de que nunca esquecerá os días da gran enchenta que destruiu aos seus fillos.
  • 32. Para os gregos o arco da vella era unha deusa mensaxeira entre o ceo e a terra chamada IRIS, filla de Taumante e a Oceánide Electra.
  • 33. Na maioría dos lugares asóciase a unha vella ou a unha deusa relacionada co inverno, o clima ou as colleitas. En moitas culturas asóciano co arco dun deus: Marduk de Mesopotamia, deus das Treboadas en Finlandia, de Zeus, en Homero, dos Vedas, de Rama Chandra, de Rustán/Saitán no Irán... Tamén pode ser un arco de trunfo, unha porta ou unha ponte: Pont du Saint-Esprit, Pont Saint-Bernard; ponte das almas en Escandinavia... Noutras partes é unha serpe, unha amalloa, un cinto, unha faixa, un acueduto que leva as augas dos ríos ao mar... Na antiga Roma crian que o arco da vella bebía a auga dos mares.
  • 34. O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR GALEGA
  • 35. OUTROS NOMES RECOLLIDOS EN GALICIA: contrasol, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das noivas, arco das bruxas, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada, as sete cores, barco da vella, ponte coloreada... -Cando o arco da vella é máis grande chámase arco das mozas ou arco das novas e cando é doble ou de cores máis ténues arco novo. Arco das mozas, cheo de pozas, crco das vellas, cheo de pedras.
  • 36. CRENZAS: -O arco da vella aliméntase da auga do mar e dos ríos. -A cor azul representa o diluvio de auga que fixo renacer o mundo e a vermella o diluvio de lume que o vai destruír. -No lugar onde o arco toca a terra existe un tesouro agochado. -Para os mariñeiros é unha soga. Os barcos que pasan por baixo del quedan malfadados. -O arco da vella sobre o ceo é sinal de boas novas. -O arco da lúa é sinal de mal agoiro.
  • 37. -A vella utilizaba o arco para baixar á terra para levarse algún meniño o unha moza. Sobre todo en época de fame. Cantigas para defenderse: Arco da vella, vaite de ahí, que as nenas bonitas non son pra ti. Arco da vella, vaite de aí, que as mozas de agora non son para ti. Arco da vella, vaite de aí, que andan os porcos a fosar en ti.
  • 38. -Segundo polo lado que se vexa o arco da vella pode anunciar o tempo. Sobre o mar indica bo tempo; sobre a terra, chuvia e neve; entre lusco e fusco, un bo mencer; no mediodía chuvia todo o día; se se ve no poñente indica mal tempo; e se é ao raiar o sol indica bo tempo. Cando anuncia chuvia pódese esconxurar dicindo: Arco da vella revírate pedra, non botes chuvia, nin pingadela.
  • 39. REFRÁNS Arco da vella, auga na terra. Arco da vella, nin chove nin neva Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante. Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante. Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante. Arco da vella ó raiante, ei, boi! ei!, pra adiante. Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante. Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente. Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante. Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día. Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer. Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente. Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente. Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente. Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente. Arco da vella ó poñente, mariñeiro alerta! Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé. Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente. Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente. Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. Cando chove e fai sol, anda o demo por Ferrol
  • 40. O arco da vella emprégase en distintas bandeiras relacionadas coa paz e como simbolo de varios movementos sociais e reivindicativos.
  • 41. IMAXES: Adela Leiro, Wikipedia DOCUMENTACIÓN: Wikipedia “Diccionario dos seres míticos galegos”, de Xoán R Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Ed. Xerais. Setembro 2014