Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cabaliños de mar

736 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Cabaliños de mar

  1. 1. IÑ OS AL C AB AROS DE M
  2. 2. Os cabaliños de mar ou hipocampos constitúen ungrupo de peixes mariños pertencentes á familiaSyngnathidae. O seu nome débese ao peculiar parecidoque presenta a súa cabeza coa dos cabalos. De feito, acaracterística de ter a cabeza en ángulo recto co resto docorpo non se da en ningún outro xénero de peixes. detalle da cabeza
  3. 3. O corpo dos cabaliños de mar está cuberto por unha armadura de placas ou aneis de constitución ósea. A súa forma de nadar é moi diferente á dos demais peixes. Teñen unha cola prensil que se enrola en espiral, permítelles agarrarse aos talos e plantas subacuáticas.Fuciño alongado Aletas para nadarCola prensilque lle axudaa suxeitarse
  4. 4. Na actualidade coñécense unhas 50 especies decabaliños de mar.
  5. 5. O tamaño dos adultos varía dacordo á especie,dende o máis pequeno Hippocampus minotaur quefoi descuberto en Australia e mide 15 mm delonxitude, ata o Hippocampus ingens que sobrepasaos 30 cm de lonxitude. Hippocampus minotaur Hippocampus ingens
  6. 6. Hábitat Augas temperadas, entre algas, manglares e corais.Distribución: Globalmente na faixa localizada entre ambos trópicos. Nas zonas indo-pacífica e atlántica é onde se atopa o maior número e diversidade.
  7. 7. Alimentación Os cabaliños de mar son depredadores de pequenos invertebrados. Teñen un sistema visual con ollos que teñen movilidade independiente entre sí, o que lles axuda a localizar mellor as súas presas que forman parte do zooplancton. Cando a presa se pon ao seu alcance é aspirada a través do seu fuciño óseo por medio dun rápido movemento da súa cabeza. Tráganas enteiras ao non dispoñer de dentes, e vense obrigados a consumir grandes cantidades de comida, xa que prácticamente carecen de estómago . crustáceo do zooplanto
  8. 8. Reproducción Nesta especie é o macho quen se ocupa da protección dos ovos. A femia utiliza o seu ovopositor para insertar os ovos maduros dentro da bolsa incubadora do macho, onde son fertilizados.
  9. 9. Tanto a entrada dos ovos no saco como a súa fecundación ocorren nun proceso extraordinariamente rápido (6 segundos). O período de xestación dura entre 10 días e 6 semanas. Pasado este prazo, o macho expulsa as crías do interior da súa bolsa durante varias horas contraendo o seu corpo para facer presión e liberalas. As crías miden duns sete a once milímetros de longo. Son totalmente independentes e non volven á bolsa despois do nacemento. Chega a ter entre 200 e 300 crías.
  10. 10. CuriosidadesNa mitoloxía grega, o hipocampo era un fabuloso sermetade cabalo e metade peixe. O hipocampo aparecenos poemas de Homero como o símbolo de Poseidón.
  11. 11. Mariña Busto Iglesias

×