1. O aumento de iodo-129
nos nosos mares.
Fátima Fernández Feijoo
1ºBACH. A
IES FRANCISCO ASOREY
2. Membros do Centro Nacional de Aceleradores e
investigadores da Universidade de Sevilla
estudaron mostras de auga do norte do Atlántico
para examinar as concentracións de iodo-129
procedente das plantas europeas nas que se
procesa combustible nuclear.
3. O iodo-129 é un isótopo radioactivo do iodo
cun período de semidesintegración duns 16
millóns de anos que pode producirse a partir
do xenón-129 na atmosfera terrestre ou a
través do uranio-238.
4. Como o uranio-238 xérase nalgunhas
actividades relacionadas coa enerxía nuclear, a
súa presenza indícanos o tipo de actividade
desenvolta nun determinado lugar.
5. Por esta razón, o iodo-129 utilizouse tamén
nos estudos da auga de chuvia no
seguimento do accidente de Chernóbil.
6. Como forma compostos solubles en auga,
incorpórase con relativa facilidade ó ciclo
desta e é un excelente trazador das
correntes mariñas.
7. Os datos deste estudo indican
que a concentración de iodo-129
cunha orixe non natural está
aumentando nas augas do
Atlántico Norte debido á
emisión dende distintas plantas
de combustible nuclear, e que
esta concentración diminúe coa
profundidade.
8. Dende hai anos estanse vertendo grandes
cantidades de iodo-129 ó medio ambiente dende
plantas de procesamento de combustible nuclear
situadas na costa leste do océano Atlántico
Norte, pero os datos correspondentes á
dispersión do iodo-129 nesta zona son escasos,
de aí a importancia deste estudo.