2. CEIP LAMAS DE ABADE
PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR
EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO CENTRO.
Código: 15022589 Nome: CEIP Lamas de Abade
Domicilio: Lamas de Abade s/n CP: 15702
Teléfono/fax: 981523313 E-mail: ceip.lamas.abade@edu.xunta.es
2.- OBXECTIVOS.
• Favorecer a autonomía do alumno achegándolle as estratexias de
traballo necesarias para abordar a tarefa educativa.
• Mellorar a toma de conciencia para que coñeza as súas posibilidades
e supere as posibles dificultades na aprendizaxe.
• Axudar a desenvolver no alumno unha actitude relacionada co esforzo
e a implicación no traballo diario.
• Contribuír ao desenvolvemento da autoestima do alumno.
• Implicar ás familias no proceso educativo dos seus fillos tanto no seu
facer no fogar como en colaboración co centro educativo.
• Proporcionar estratexias básicas que permitan a adquisición das
aprendizaxes a través do traballo sobre técnicas de estudo.
• Profundar na comprensión oral e escrita desde diferentes formulacións
educativas.
• Animar ao uso da lectura cotiá como unha práctica de goce no tempo
de lecer.
• Axudar á mellora do razoamento lóxico-matemático a partir do cálculo
e a resolución de problemas.
• Dotar de habilidades que permitan buscar, seleccionar e utilizar a
información para a elaboración de proxectos de traballo.
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 2
3. CEIP LAMAS DE ABADE
3.- CONTIDOS.
Para poder acadar os obxectivos xerais establecidos neste Plan, derivarán da
consecución duns contIdos moi concretos, como son:
• Estratexias e técnicas de estudo.
• Cálculo mental e escrito. Resolución de operacións.
• Animación á lectura. Comprensión e expresión oral e escrita.
• Análise e resolución de problemas.
• Elaboración de proxectos de traballo ao redor de temas de interese (2º
e 3º trimestre).
4.- METODOLOXIA ESPECÍFICA PARA O DESENVOLVEMENTO DO
PROGRAMA.
• Abordamos o traballo desde a atención individualizada referida ás
dificultades persoais que cada alumno ten para a adquisición das
distintas capacidades definidas polo currículo de Educación Primaria a
partir dunha tarefa común para todos.
• A modalidade fundaméntase nun grupo medio de traballo de quince
alumnos dirixidos por unha profesora encargada de impartir a
totalidade dos contidos co fin de favorecer o control, a avaliación e a
coordinación coas familias a partir da titoría dos mesmos.
• As características que definen o grupo permiten traballar dun modo
aberto, flexible e participativo favorecendo que o alumno sexa suxeito
activo na construción das súas aprendizaxes. Neste sentido o docente
convértese en asesor, guía e orientador do alumno no proceso de
aprendizaxe.
• O material de traballo e os procedementos didácticos para cada sesión
elíxense dun modo consensuado entre o coordinador e a mestra que
imparte, co fin de dar homoxeneidade ao proceso de ensino-
aprendizaxe.
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 3
4. CEIP LAMAS DE ABADE
5. RECURSOS E ESPACIOS.
Materiais impresos
• O responsable busca, selecciona e/ou elabora os materiais de traballo
para cada sesión. De tal modo que se utilizan libros, revistas, prensa
diaria, contos, mapas, folletos publicitarios
• O alumno ten un caderno exclusivo de traballo para todos os contidos
abordados que lle servirá ademais de axenda.
• Material audiovisual e multimedia
• A utilización de recursos audiovisuais (vídeos, dvd) e multimedia
(software informático, internet) a través do uso do PC. Este material
pretende ser un medio necesario para a procura de información,
selección e utilización da mesma que contribúe ao desenvolvemento
do proceso de ensino-aprendizaxe.
Recursos persoais
• A profesora responsable da docencia encárgase do seguimento,
control e avaliación do alumnado de forma personalizada ao longo de
todo o período. Para iso, comézase por unha avaliación inicial que
permite valorar as habilidades do alumnado e as necesidades do
mesmo ao redor da adquisición dos obxectivos propostos a partir dos
cales se realizará a planificación do traballo.
• A implicación das familias é imprescindible para lograr o compromiso e
o interese do alumnado neste proxecto. O seguimento do traballo
diario do seu fillo/a, compartir momentos de aprendizaxe por exemplo,
en tarefas de procura de información no fogar, facilitar unhas ideais
condicións de estudo espazo-temporais no fogar, o contacto directo co
titor e a valoración crítica dos seus progresos e dificultades poden ser
medidas que favorezan o desenvolvemento dos procesos de
aprendizaxe.
Familias
• Asistencia ás distintas reunións:
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 4
5. CEIP LAMAS DE ABADE
• Inicial de presentación (explicativa)
• Individuais de seguimento
• Final de valoración (avaliativa)
• Seguimento semanal do traballo realizado no caderno mediante a
revisión.
• Participación na redacción de propostas de mellora (cuestionario final
de valoración).
Profesorado
• Aplicación da observación directa como instrumento de avaliación
(participación, atención, implicación, esforzo).
• Aplicación da reflexión e a autocrítica ao redor da validez dos
procedementos de ensino e aos materiais utilizados.
• Desenvolvemento das distintas habilidades do alumno ao longo do
período (compresión e expresión oral e escrita) e información aos pais
a partir da elaboración duns boletíns informativos con carácter
trimestral.
• Profundización nos ámbitos de coñecemento abordados.
• Adecuación na planificación do traballo.
• Asistencia do alumnado.
Alumnos
• Avaliación inicial ou de diagnóstico.
• Revisión do caderno de traballo diario.
• Actitude no traballo (atención, participación, escoita activa aos seus
compañeiros, implicación e esforzo).
• Avaliación de seguimento.
• Relación co grupo e o titor.
• Cumprimento das tarefas encomendadas.
• Aplicación das estratexias de aprendizaxe no seu traballo no aula.
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 5
6. CEIP LAMAS DE ABADE
• Avaliación final (verificación do desenvolvemento das distintas
capacidades alcanzadas ao longo do período).
6.- COORDINACIÓN.
O alumnado que participa neste programa pertence aos grupos de 5º e 6º
polo que se establecerán coordinación seguindo os seguintes criterios:
• Reunión cos titores/as á que asistirá o coordinador do Programa.
Periodicidade mensual.
• Reunión profesora que imparte o Programa co coordinador do
mesmo. Dúas semanais.
• Reunión informativa cos pais en coordinación coa Orientadora.
7.- PROFESORADO IMPLICADO NO PROGRAMA
Profesora
González Fernández , Lucía 44089730H
acompañante
Miguéns Esparís, José 33243958 B Coordinador
Hermida Benito, Fernando Félix 33196719Z Titor
García Cancela, Cristina 33223228G Titora
Baldomir Pego, Xosé Constantino 33229106V Titor
Suarez Guzman, Maria Jose 33841660N Titora
Costoya Hernández, Mª Isabel 33210477H Orientadora
8.- HORARIO SEMANAL
Martes e xoves de 16:30 a 18:30 h.
9.- ALUMNADO.
Somos un centro con catro unidades do Terceiro Ciclo de Primaria e hai un
bo número de alumnos/as que cumpren moitas das situacións que posibilitan
este Programa.
Os criterios de adscrición ao Programa no que se baseou o Equipo de Ciclo
co asesoramneto do Departamento de Orientación, foron os seguintes:
• Retraso no proceso de maduración persoal.
• Escasa integración no grupo ou no centro.
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 6
7. CEIP LAMAS DE ABADE
• Ausencia de hábitos de traballo.
• Retraso no proceso de aprendizaxe das áreas instrumentais básicas.
Para o proceso de selección convócase unha reunión informativa cos pais
para informarlles do Programa; nesta reunión se lles pide que cumprimenten
a autorización e compromiso de asistencia, por parte das familias, ao
Programa. Si algún alumnos tivera ausencias inxustificadas (3 ou 4) será
sustituido por outro.
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 7
8. CEIP LAMAS DE ABADE
Realizado todo o proceso saíron elixidos 13 alumnos7as, para o
desenvolvemento do Programa no curso 2009/10.
10.- FAMILIAS.
Como sinalamos no apartado anterior, farase unha reunión xeral informativa
na que se explicarán obxectivos, contados, horarios, aspectos relativos ao
compromiso que se adquire co Programa, etc.
Nesa reunión, ou por outros mecanismos, obteremos a autorización e
compromiso familiar para a asistencia ao Programa. Ao longo do curso
informaremos ás familias a través de entrevistas individuais (cando sexan
necesarias), nas follas adxuntas no boletín de notas,….
Proxecto PROA 2009/10 - Páxina 8