SlideShare a Scribd company logo
1 of 118
LUGO
A NATUREZA
A comarca de Lugo está situada
no centro da provincia. Pódese
considerar unha prolongación
cara ao sur da Terra Cha, da que a
separan unha ringleira de
pequenas cotas aliñadas entre a
Cordal de Ousá (739 m), no oeste,
e o Monciro (861 m) no leste.
Abrangue o val do Miño e os seus
afluentes, o territorio entre a
Dorsal (Cova da Serpe, Corno de
Boi, Careón) e os montes da
Vacaloura polo Oeste, e as serras
do Mirador, Vaqueriza e Puñago,
polo leste.
SUPERFICIE: 1.363 km2
POBOACIÓN: 120.272 habitantes (2015)
CONCELLOS: Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade
ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño”
LICs: “Parga-Ladra-Támoga”, “Miño-Neira”
Oceánico continental achegándose á variante de montaña nas cotas máis elevadas da zona
oriental.
CLIMA
A actividade do rural da comarca é principalmente agrogandeira. Nos núcleos
urbáns, na capital e os seus arredores a industria e os servizos.
ACTIVIDADES
É unha comarca que acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados, sobre
todo co río Miño. Conserva un rico patrimonio etnográfico (muíños, ferrerías, noras, arte
popular...) e histórico artístico de distintas épocas.
PATRIMONIO
Castromaior (Portomarín)
Sartegos antropomoros en Goi (Castroverde)
Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde).
Descuberta en 1962. Atopáronse artefactos líticos, varias
lanzas talladas en cornos de cérvidos e fragmentos fósiles
de oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo,
corzo, xabaril, cabalo...
Osos de bóvidos expostos no
Museo Arqueolóxico de Vilalba
Igrexa de Espasande (Castroverde)
Igrexa de Fonteita (Castroverde)
Igrexa de
Soutomerille
(Castroverde)
Igrexa de Uriz (Castroverde)
Igrexa de Viladabade (Castroverde)
Igrexa de Anafreita (Friol)
Igrexa de Seixón (Friol)
Igrexa de Santa Cruz da Retorta (Guntín)
Igrexa de san Romao da Retorta (Guntín)
Igrexa de Entrambasaugas (Guntín) Igrexa Mosteiro (Guntín)
Catedral de Lugo
Igrexa de Bacurín (Lugo)
Igrexa de Meilán (Lugo) Igrexa de Bacurín (Lugo)
Catedral de Lugo
Igrexa de San Pedro e Museo Provincial de Lugo
Igrexa de San Pedro (Lugo). Formou parte do
antigo convento de San Francisco
Igrexa de San Domingos (Lugo)
Igrexa de Castrillón (O Corgo)
Igrexa de Franqueán (O Corgo)
Capela de Bravos (Vicinte, Outeiro de Rei)
Igrexa de Francos (Outeiro de Rei)
Igrexa de Outeiro de Rei
Igrexa das Angustias de Arcos (Outeiro de Rei)
Igrexa de Robra (Outeiro de Rei)
Igrexa de Castromaior (Portomarín) Igrexa de Cortapezas (Portomarín)
Igrexa de San Pedro (Portomarín) Igrexa de San Xoán (Portomarín)
Torre da Mota (Guntín)
Torre de Taboi (Outeiro de Rei)Torre de Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei)
Lugo, Praza Maior
Fonte da Mina a carón da Porta Miñá (Lugo)
Museo de Lugo (sala en San Paio de Narla)
Lugo, Concello
Cruceiro e casa co forno adosado en San
Xillao de Bocamaos (Lugo).
Cruceiro de Arcos (Outeiro de Rei).
Pazo en Viladabade (Castroverde)
Pazo-Torre
de Friol
Bolaño (Castroverde)
Hórreo en Viladabade (Castroverde)
Hórreo en Friol
Pendellos da feira de Castroverde
Fonte en Viladabade (Castroverde)
Fonte en Ferreira de Pallares.
A pía está feita aproveitando un antigo
sartego antropomorfo.
CASTROVERDE
Está situado ao leste da comarca. Ocupa un terreo de transición entre a chaira e as serras que
se eleva dos 500 m ao oeste, aos 1.000 nas serras do Mirador, A Vaqueriza e Puñago. No
concello, entre o Monciro e o Mirador, nace o río Azúmara, que se dirixe cara ao norte, o
Outeiro e o Romeán que van ao Chamoso, e o Tordea, o principal afluente do Neira.
CONCELLOS
Paisaxe de Castroverde
SUPERFICIE: 174 km2
POBOACIÓN: 2.823
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Agustín, Arcos, Barredo (San
Xoán e Santo André),
Barreiros, Bolaño, Cellán de
Calvos, Cellán de Mosteiro,
Cobelas, Espasande, Frairía,
Furís, Goi, Masoucos, Meda,
Miranda, Mirandela, Monte,
Montecubeiro, Moreira,
Paderne, Páramo, Pena,
Pereiramá, Pumarega,
Rebordaos, Recesende,
Riomol, San Miguel do
Camiño, Serés, Souto de
Torres, Soutomerille, Tordea,
Uriz, Vilabade, Vilalle e
Vilariño (Castroverde)
Castelo de Castroverde.
Torre da homenaxe, única parte que se
conserva da fortaleza do século XV.
O CORGO
Está situado ao surleste da comarca. O terreo é chan, cunha lixeira inclinación cara ao oeste,
por onde corre o Miño, e ao sur, por onde pasa o Neira e recibe as augas do Tordea e os seus
afluentes que atravesan o concello. Ten as maiores alturas no nordeste, no linde con
Castroverde (Monte Goi, de 640 m) e Baleira (Montes da Uceira, con 772 m).
Paisaxe do Corgo
SUPERFICIE: 157 km2
POBOACIÓN: 3.824
habitantes (2013)
PARROQUIAS:
O Corgo: Abragán, Adai, O
Alto, Anseán, Arxemil,
Bergazo, Cabreiros, Campelo,
Camposo, Castrillón, Cela,
Cerceda, Chamoso (San
Bartolomeu, San Cristovo e
Sto. André), O Corgo,
Escoureda, Farnadeiros (San
Pedro e Santo Estevo),
Folgosa (San Martiño e Santo
Estevo), Fonteita, Franqueán,
Gomeán, Lapío, Laxosa,
Maceda, Marei, Paradela,
Pedrafita, Piñeiro, Queizán,
Quinte, Sabarei, Manán (San
Cosme e Santa María
Madanela), Segovia e
Vilachá.
Ponte medieval de Lago sobre o río
Tórdea na parroquia de Abragán.
Castrillón: castro e capela
Ponte sobre o Tórdea en Rubial
FRIOL
Ocupa o oeste da comarca. O territorio ten inclinación do oeste ao leste e baixa desde os máis
de 800 m da Dorsal Galega, a menos de 500 m no río. Acolle as cuncas alta e media do río
Narla, que vaia cara ao leste a xuntarse co Miño, e a cunca alta do Parga, que vai cara ao
norte. Ten polo norte a Cordal de Ousá (739 m) e polo sur o monte dos Croios Brancos (732
m).
Paisaxe de Friol desde O Picato (Monte Meda)
SUPERFICIE: 292 km2
POBOACIÓN: 4.004
habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Friol: Anafreita, Anxeriz,
Bra, Carballo, Carlín,
Condes, Cotá, Devesa,
Friol, Guimarei, Guldriz,
Lamas, Lea, Madelos,
Miraz, Narla, Nodar, Ousá,
O Pacio, Prado, Ramelle,
Rocha, Roimil, Pregación
(Seoane e San Cibrao),
Seixón, Serén, Silvela,
Trasmonte, Vilalvite, Vilafiz
e Xiá.
Torre da fortaleza de San Paio de Narla. Habilitada como museo acolle unha
colección etnográfica do museo de Lugo e elementos da vida no castelo.
Pan de Ousá. Un pan tradicional
de elaboración artesanal típico da
parroquia de Ousá, en Friol.
GUNTÍN
Ocupa o centro-sur da comarca. Ten unha superficie de e 3.018 habitantes (datos 2013),
repartidos en 31 parroquias. O territorio ten unha inclinación sur-oeste, na metade norte do
val do río Ferreira, cara ao que baixa desde os Croios Brancos, a Pena de Fornos e o Monte
Meda ou Picato. O río Miño fai de linde polo leste.
Paisaxe de Guntín desde a serra do Páramo
SUPERFICIE: 154,7 km2
POBOACIÓN: 2.833
habitantes (2016)
PARROQUIAS:
Guntín: Castelo de Pallares,
Constante, Entrambasaugas,
Ferreira de Pallares, Ferroi
(Santa María e Santiago),
Francos, Gomelle, Grolos,
Guntín de Pallares, Lamela,
Lousada (San Mamede e
Santa Eulalia), Monte de
Meda (San Cibrao e San
Martiño), Mosteiro, A Mota,
Mougán, Navallos, Ourol,
Piñeiras, Pradeda, Retorta
(San Romao e Santa Cruz),
Santa Euxea, Sirvián,
Vilamaior de Negral,
Vilameá, Vilamerelle,
Vilarmao e Zolle.
Mosteiro de Ferreira de Pallares.
LUGO
Situado no centro da comarca. A superficie do territorio é chan; só presenta unhas lixeiras
elevacións polo nordeste (Monte Salgueiro, con 731 m) e polo suroeste (O Picato, con 783 m)
desde as que descende cara ao centro, polo que pasa o río Miño a 400 m de altitude.
O Miño, que atravesa o concello de norte a sur, recolle augas do Narla, o Mera e o Portoganoi
pola dereita, e pola esquerda o Fervedoira e o Chamoselo.
Neste concello está a cidade de Lugo, capital da comarca e da provincia que acolle
importantes vestixios arqueolóxicos de todas as épocas, en especial da romana, e que ten
tamén un grande interese natural en toda a área que rodea o río Miño, protexido no LIC
Miño-Neira.
SUPERFICIE: 329,6 km2
POBOACIÓN: 98.560 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Lugo: Adai, Bacurín, Bascuas, Bazar, Begonte, Benade, Bocamaos, Bóveda, O Burgo, Calde, Camoira,
Carballido, Coeo, Coeses, Cuíña, Esperante, Gondar, Labio, Lamas, Mazoi, Meilán, Monte de Meda, Muxa (Santa María e
San Salvador), Ombreiro, Orbazai, O Outeiro das Camoiras, Pedreda, Pías, Piúgos, Poutomillos, Prógalo, Recimil, Ribas de
Miño, Romeán, Rubiás, Saa, San Mamede dos Anxos, San Martiño de Piñeiro, San Pedro de Mera, San Román, San Xoán
de Pena, San Xoán do Alto, San Xoán do Campo, Santa Comba, Santa María de Alta, Santa Marta de Fixós, Santalla de
Bóveda de Mera, Santo André de Castro, Soñar, Teixeiro, Tirimol, Torible, O Veral e Vilachá de Mera.
Restos das Termas Romanas de Lugo que se atopan no
interior do actual balneario, ao pé do río Miño. Foron
construídas entre os séculos I e II.
O Miño, a ponte vella e parte da cidade. A Catedral desde a Muralla
A MURALLA DE LUGO (a antiga Lucus
Augusti) é o elemento máis destacado
do rico patrimonio histórico que
podemos atopar na cidade. Foi
declarado Monumento Nacional en
1921 e Patrimonio da Humanidade en
novembro de 2000.
É unha fortificación de máis de dous
quilómetros de circunferencia que
rodea todo o recinto histórico, a única
de orixe romana no mundo que
conserva íntegro o seu percorrido. A
construción fíxose entre o ano 260 e e o
325. O perímetro ten forma case
elíptica, con 2.266 m de lonxitude e
unha altura que está entre os 8 e os 12
metros. O camiño sobre a muralla
(adarve) ten de 4,5 a 7 m de ancho. O
espesor dos muros acada nalgúns
puntos os 7 metros. A muralla orixinal
tiña 85 torres, das que se conservan 71
e no exterior un foxo que podía
encherse de auga en caso de perigo.
Está construída con laxas de lousa e
bloques de granito.
Na actualidade a Muralla de Lugo ten dez portas, pero na época romana contaba con cinco que
coínciden coas actuais Porta Miñá, Porta Falsa, Porta de San Pedro, Porta Nova e Porta de Santiago. A
Porta Miñá e, posiblemente, a Falsa son de factura orixinal, as outras tres son posteriores. As
modernas son as do Bispo Aguirre, Bispo Izquierdo, A Estación, San Fernando e Bispo Odoario.
Ademais había sete poternas (portas pequenas e estreitas, de difícil acceso) que se empregaban en
caso de asedio.
Porta Falsa
Porta de Santiago
Porta Miñá
OUTEIRO DE REI
Situado ao norte da comarca. O territorio é chan, con alturas comprendidas entre os 500 e
600 m. O concello é atravesado polo Miño, no que desemboca pola dereita o Ladra; e pola
esquerda os rego do Piñeiro e Santa Marta.
É un concello de grande interese natural e etnográfico que acolle o tramo protexido do curso
do Miño e do Ladra e importantes mostras dos usos do río (muíños, caneiros). Acolle un
parque con animais en Marcelle e un centro de Avifauna en Bravos. Na parroquie de Bonxe
consérvase a actividade da oleiría cunha longa tradición.
Carballeira de Santa Sabela, ao pé do Miño contido pola presa do muíño, un
fermoso lugar de lecer moi concurrido, sobre todo no verán, xa que se pode gozar
dun amplo espazo, boa sombra e de zona de baño e paseo.
SUPERFICIE: 134 km2
POBOACIÓN: 5.083
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Aguiar (San Clodio e San
Lourenzo), Arcos, Aspai,
Bonxe, Caboi, Candai,
Castelo de Rei, Cela,
Folgueira, Francos, Gaioso
(San Tomé e Santiago),
Guillar, Martul, Matela,
Mosteiro, Outeiro de Rei,
Parada, Robra, San Fiz de
Paz, Santa Mariña, Silvarrei,
Sobrada de Aguiar, Taboi,
Vicinte e Vilela.
Interior do muíño de Santa Sabela, en Outeiro de Rei, un
dos que funcionou ata hai poucos anos.
Capela de Santa Mariña Capela de Santa Sabela
Casa-Museo dedicada ao poeta Manuel María.
PORTOMARÍN
Situado ao sur da comarca. Ocupa un terreo cunha inclinación de oeste a leste con alturas que
van desde os 800 m do monte Narón (nos montes da Vacaloura) e os 747 da Pena da Lebre
(nos montes de Ligonde), aos aproximadamente 400 m no río Miño, no arranque do encoro
de Belesar. O río Miño é fronteira do concello e da comarca e recibe o río Ferreira (fronteira
con Guntín) e o rego de Ferreira.
Ten un especial microclima, máis suave que o resto da comarca, o que permite o cultivo da
viña da que se fan os famosos augardentes de Portomarín.
Cando baixan as reservas do encoro quedan ao descuberto elementos do vello
pobo asolagado como a ponte que cruzaba o río.
SUPERFICIE: 115 km 2
POBOACIÓN: 1.624
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Bagude, Caborrecelle,
Castro San Martiño,
Castromaior, Cortapezas, Fiz
de Rozas, Gonzar, León,
Narón, Nespereira,
Portomarín (San Nicolao e
San Pedro), Recelle,
Sabadelle, San Mamede de
Belaz, San Mamede do Río,
Soengas, Vedro, Vilarbasín e
Vilaxuste.
Igrexa de san Xoan de Portomarín. Única
do seu estilo que se conserva en Galiza, foi
das poucas cousas que se salvou, ao ser
trasladada pedra a pedra, do vello
asentamento da localidade que, a pesar de
ser declarada conxunto histórico artístico,
en 1946, foi engulida polo encoro de
Belesar na década de 1960.
RÁBADE
Está situado no norte da comarca. Ten unha superficie de e 1.674 habitantes (datos 2013),
nunha única parroquia. É un territorio chan de dimensións reducidas, ocupado en gran parte
polo núcleo urbán e o polígono industrial. É un concello de gran interese natural que acolle un
tramo protexido do río Miño e a Lagoa do Rei.
Entrada a Rábade pola
ponte vella.
O edificio á beira da
estrada acolle o centro
de interpretación das
Ínsuas do Miño.
SUPERFICIE: 5,17 km2
POBOACIÓN: 1.521
habitantes (2016).
PARROQUIAS:
Rábade.
O Miño e a ponte vella.
Capela dos Remedios.
Igrexa de Santa Mariña.
O territorio é maiormente chan, con suaves ondulacións que van gañando altura
cara ao leste nas serras do Mirador, Vaqueriza e Puñago, e o oeste, onde se atopan
as serras da Dorsal Galega (Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón) e os montes da
Vacaloura. Ao norte da comarca atópase unha aliñación de pequenas cotas entre a
Cordal de Ousá, no oeste, e o Monciro, no leste.
RELEVO
O Monte Meda desde Friol.
Ao ser de pouca altitude os montes desta comarca están intensamente
aproveitados pola agrogandería e as plantacións forestais. Só se conservan
pequenas áreas de bosques nas ladeiras máis encostas que coínciden cos vales
altos dos ríos e áreas de matogueiras nos cumes que non permiten outro
aproveitamento.
As escasas diferenzas de nivel da comarca
determinan un relevo uniforme de lombas suaves e
unha paisaxe totalmente humanizada.
CORDAL DE OUSÁ
É unha pequena serra que forma un arco de
dirección E-O facendo de linde entre a Terra Cha
e a comarca de Lugo. O punto máis alto é a
Cordal, con 739 m.
A Cordal de Ousá
desde Friol.
Os breixos, xunto
cos toxos, cubren
curutos e abas nas
zonas deforestadas
dos montes.
SERRA DE MONCIRO
Con orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e
Castroverde. Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro
con 861 m. Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño.
Accedese desde Castroverde ou Pol.
A Pena, na aba do Monciro, aséntase ao pé dun resalte de
rochas calcárias que se explotaron ata hai poucos anos
como mármore.
Herba do pobre (Clematis
vitalva). Atópase asociada aos
terreos calcários.
SERRA DO MIRADOR
Con orientación N-S, é fronteira de Castroverde con Pol e Baleira. O sector
occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas
paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas de cuarcitas.
A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m. Desde o cume domínase gran parte
das chairas luguesas e das serras orientais.
Na parte occidental nacen regos que van á cunca do Miño.
O trazado da estrada de Castroverde a Mosteiro discorre paralela á serra pola aba oeste.
Pódese acceder a ela, e percorrer os cumes, polas pistas dos parques eólicos.
Vista da serra do Mirador desde Castroverde.
SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGO
Xunto coa do Mirador, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha
liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferenzan os cumes.
Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas.
O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua,
con 945 m. Accedese desde a estrada que vai de Castroverde a Baleira.
Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian
os distintos aproveitamentos do monte.Serra da Vaqueriza desde Castroverde.
A DORSAL GALEGA
Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A
Coruña e Lugo. na comarca está incluída a serra de Corno de Boi, e
pequenas partes, ao norte, da serra de Cova da Serpe e, ao sur, do Careón,
de gran interese pola composición das súas rochas, que determinan á súa
vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características
químicas do solo.
Vista xeral da Dorsal na comarca de Lugo.
SERRA DE CORNO DE BOI
Pequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A
Coruña). O monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente leste nacen
afluentes do Narla (Miño). Accedese desde a estrada de Friol a Sobrado.
O Corno de Boi.
SERRA DA COVA DA SERPE
Esténdese con dirección N-S facendo linde entre Friol e Sobrado.
Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e
granitos intrusivos. O monte máis alto é o Pico da Cova, en Friol, con 841 m.
Accedese ao cume desde Anafreita.
En Friol hai unha lenda que dí que
unha gran serpe que vivía na Cova
da Serpe, na Pena Furada que
comía ao gando e ás persoas e
baixaba a beber a unha fonte
situada a carón da fortaleza de
San Paio de Narla. Os haitantes da
zona matárona dándolle de comer
un burro untado de alquitrán.
MONTES DA VACALOURA
Son o límite da comarca de Lugo coa da Ulloa, separando a Portomarín de
Monterroso. Forman unha pequena serra de orientación N-S con estribacións cara
ao leste, entre as que baixa o río Zamoelle.
O punto máis alto na comarca e o monte Narón con 803 m.
A serra da Vacaloura, e Portomarín, desde O Páramo.
O punto máis alto, no centro da imaxe, é o monte Narón.
MONTE MEDA OU PICATO
É o cume dunha pequena elevación que se extende entre os concellos de Friol,
Guntín e Lugo.
Entre as moitas e boas vistas que se poden ter desde o cume do monte Meda hai
unhas fermosas panorámicas da cidade de Lugo.
Liques sobre as rochas
do Monte Meda
PENAS DAS RODAS
Na parroquia de Gaioso (Outeiro de Rei). Son dous grandes bolos de granito de
mica negra de 5 m de diámetro, en equilibrio, formadas pola erosión da auga.
Están rodeadas de piñeirais e pasteiros. No contorno hai unha área recreativa.
Os veciños di que son obra do demo ou dalgún trasno que está á espera dalguén
que sexa quén de movelas.
O río principal e eixo da comarca que a atravesa de norte a sur é o Miño, que
recibe pola dereita o tramo final do Ladra, toda a cunca do Narla, do Mera ou
Lavadoiro, Portoganoi e do Ferreira. Pola esquerda o rego de Piñeiro e regueiro de
Santa Marta, o Fervedoira, o Chamoso e o Neira.
Os ríos da comarca de Lugo, en especial o Miño, acollen unha gran riqueza natural
e etnográfica. O Miño e o Neira están protexidos no LIC Miño-Neira.
RÍOS
Nas zonas que o leito e o caudal o permiten aséntase unha rica e variada vexetación
entre a que se atopan especies únicas ou pouco comúns.
No propio cauce dos ríos atopamos lentellas de auga, brións, espigas de auga, miriofilio,
oucas e outros ranúnculos, pé de boi... e nas beiras xuncos, chantaxe de auga, herba
centella, amenta de lobo, espadainas, violetas, fentos, amarelles...
Seguindo o curso dos ríos e nas zonas húmidas da chaira atopamos bosques de ribeira,
con salgueiros amieiras, bidueiras, freixos, abeleiras, carballos, pradairos e outras
árbores.
Froitos de Euonymus europaea unha pequena
árbore que en Galiza só se atopa nesta zona,
nas beiras do Miño
Ambroíño enano (Ninphoides peltata). En Galiza
só se atopa nalgúns puntos do curso do río
Miño.
O cauce e ribeiras do río acollen a moitísimos animais que ocupan distintos
microhábitats: na superficie da auga, debaixo das pedras, na area, nas laxes, na beira do
río, no bosque...
Os máis numerosos son os invertebrados, e entre eles os insectos (libeliñas, cabalos do
demo, patinadores, percebellas, plecópteros, tricópteros, efémeras, ditiscos,
escarabellos muiñeiros...); as arañas, os moluscos (caracois, lapas, mexillóns de río...).
Entre os vertebrados destacan os anfibios (ras, pintafontes, saramaganta, sapos...), as
aves acuáticas e os mamíferos ligados á auga como a lontra ou o aguaneiro.
Dous bivalvos do río:
-Unio tumidus (á esquerda), de 5 a 8 cm de lonxitude. Vive en
zonas de augas tranquilas e fondos de area.
-Margarita margaritifera, pode acadar máis de 10 cm de
lonxitude. Só se atopa en ríos coas augas limpas.
Mexillón de río (Margarita
margaritifera) no substrato.
As libeliñas, cabalos do demo ou
gaiteiros son animais que nunca faltan
na beira dos ríos xa que poñen os ovos
na auga onde se desenvolven as súas
larvas que se alimentan doutros
animais acuáticos.
O curso dos ríos desta comarca
están intensamente aproveitados
por muíños, mazos, caneiros para
a pesca, centrais eléctricas...
Nas proximidades de Lugo
hai grandes muíños que
producían a fariña que
consumía a cidade.
Na imaxe a acea do Rei
Chiquito en Meilán.
Central
eléctrica do
Piago
RÍO MIÑO
O Miño nace na Serra de Meira e despois de atravsar a Terra Cha entra na comarca
de Lugo facendo fronteira entre Castro de Rei e Begonte. No comezo circula
lentamente formando a gran illa de San Roque en Cela e depois de Outeiro de Rei
comeza a encaixarse alternando tramos estreitos entre rochas graníticas, con
rápidos, e zonas de rochas máis brandas, onde discorre mainamente formando
illas ou ínsuas.
Recibe pola dereita o Ladra, o Narla (Mourelle, Lodoso), o Mera, o Ferreira
(Lavadoiro) e o Zamoelle; e pola esquerda o Robra ou Santa Marta, o Chamoso e o
Neira (Tórdea). Está protexido nos LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Miño-Neira”.
Caneiro do Piago
Acceso ás illas de San Pedro.
Desde Rábade un sendeiro leva ata as
ínsuas, permite acceder a elas e
realizar un itinerario.
Bosque nas ínsuas do Miño, en Cela.
O Miño en Rábade.
O Miño en Santa Sabela coa
desembocadura do Ladra.
Muíño e caneiro en Santa Sabela
(Outeiro de Rei).
Caneiro de Piago no verán. Construído para unha central hidroeléctrica.
O Miño e a ponte colgante pola que se accede á ínsua de Seivane. A ínsua de Seivane está cuberta
por un bosque de carballos entre os que se atopan acivros, xilbarbeiras, estripos, silvas e árbores e
arbustos propios das zonas húmidas como salgueiros, amieiras...
O Miño en Ombreiro no inverno.
O Miño, un río tranquilo, cando recibe no inverno as achegas das choivas de toda a Tera Cha, aumenta
moito o seu caudal, reborda a súa canle e provoca enchentes nos terreos dos arredores.
Caneiro e caseto de pesca (Gondai-Outeiro de Rei)
Barcas tradicionais na beira do Miño.
Muíño do Vilar (Bocamaos-Lugo) Caneiro e caseto de pesca (Meilán-Lugo)
Muíño de Castelo (Ombreiro-Lugo)
Ponte colgante sobre Miño, con Lugo ao fondo. Varios camiños permiten
percorrer as beiras do río por rutas indicadas.
Muíño en Lugo. Ponte sobre Miño, na estrada a Portomarín.
Clube fluvial. O río Miño é un importante
centro de lecer para a cidade de Lugo.
Balneario de Lugo (no interior conserva as
Termas romanas.)
O Miño pasado Lugo.
Caneiro e casetos de pesca nas Ínsuas de Santa Comba (Lugo).
O Miño na Fervenza, entre os concellos de Lugo e O Corgo. Ata este
lugar o Miño é un río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no
remate da Terra Cha, inicia un rápido descenso e escava o profundo
val que chega ata pasados Os Peares.
O Miño entre o Corgo, Guntín e o Páramo pouco despois de recoller as augas do Neira.
O Miño en Portomarín represado polo encoro de Belesar.
RÍO NARLA
Recolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de Ousá. Percorre 24
km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro. Recibe
pola dereita as augas do Lodoso, Portasueiro e Riazón, e pola esquerda Rego do
Porto, Mourelle, dos Muíños e Cotón.
O Narla en Friol, ao pé da área de lecer do
centro da vila. Na proximidade hai
muíños, unha pontella e un vao.
O Narla pouco antes da
desembocadura, en Ombreiro.
RÍO MERA OU LAVADOIRO
Nace nos montes entre Friol, Guntín e Lugo e desemboca no Miño en Lugo.
Nas súas proximidades, no Veral, hai unha aula da natureza, cunha exposición
sobre a vida no río. Desde alí pódese facer unha ruta polo río na que se pasa polo
bosque de ribeira e se poden ver varios pequenos saltos.
Aula da natureza do
Veral, no río Mera.
RÍO FERVEDOIRA OU RATO
Nace no Monte Salgueiro e despois dun curto percorrido rodea polo norte e
leste a cidade de Lugo antes de xuntarse co Miño. Preto da súa desembocadura
hai unha área recreativa, unha aula da natureza e unha ruta de sendeirismo
que segue o seu curso.
Área de lecer ás
beiras do río Rato,
nas proximidades de
Lugo.
Hai un paseo
acondicionado e o
Centro de
Interpretación das
Terras do Miño.
Fervenza nun rego que
cae no río Rato.
Confluencia do río Rato co Miño no caneiro da Tolda (Lugo).
RÍO CHAMOSO
Fórmase pola unión dos regos do Outeiro e Romeán, que nacen na serra do
Monciro. Recolle augas de Castroverde, Lugo e O Corgo. Desemboca no Miño
facendo fronteira entre O Corgo e Lugo. Recibe pola dereita o regueiro de
Carballido.
Ponte medieval de Galiñeiros sobre o río
Chamoso en Arxemil (O Corgo).
O Chamoso preto da desembocadura, onde
está acondicionada unha área recreativa e
instalacións etnográficas.
Mazo de Santa Comba no río Chamoso,
nas proximidades de Nadela.
RÍO NEIRA
Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e na comarca drena o concello do
Corgo, no que fai de fronteira en case todo o seu percorrido. Desemboca no
Miño entre os concellos de O Páramo e O Corgo. O principal afluente pola
dereita é o Tórdea. Está protexido no LIC Miño-Neira, desde a súa confluencia co
Miño ata A Ponte de Neira.
O Neira en Ponte de Neira (Cela), no linde
entre O Corgo e O Páramo. Na zona hai unha
ampla área recreativa.
Nora á beira do Neira, en Cela. Accedese desde
Ponte de Neira por un camiño que hai á dereita
un pouco antes de chegar á ponte.
RÍO TÓRDEA
É o principal afluente do río Neira que nace preto de Castroverde e xúntase a el
na fronteira entre Corgo e O Páramo.
O Tórdea en Gomeán.
O Tórdea na ponte de Lago.
RÍO FERREIRA
Nace en Sucastro (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de
Palas de Rei, Friol, Guntín e Portomarín e desemboca no Miño no arranque do
encoro de Belesar. Recibe pola esquerda ao Corda, Vilela, O Burgo, Penadedra,
Portauz, Samai, Sagade, Seco e Lavadoiro e pola dereita o Camoira, Pomeda,
Irixe, Lagoa, León, Mato e Cobres.
O Ferreira na área de lecer de Mexaboi en
Guntín. Un paseo segue o río durante dous
quilómetros aproximadamente, entre a área de
lecer e a Ponte Cabalar.
O Ferreira en Portomarín, afectado polo encoro
de Belesar, pouco antes de xuntarse co Miño.
A Ponte Cabalar, no Ferreira, en Guntín.
RÍO ZAMOELLE
Nace na Serra da Vacaloura e ten todo o seu percorrido polo concello de
Portomarín onde se xunta co Miño. Baixa por un val encaixado onde rodea varios
resaltes rochosos formando un fermoso canón.
Freixos e amieiras á beira do Zamoelle,
nas abas ds serra da Vacaloura.
Val do Zamoelle.
LAGOA DO REI
É unha pequena lagoa situada detrás do polígono industrial de Rábade. Acolle
unha importante fauna acuática, en especial insectos, anfibios e aves.
Está acondicionada para visitas cun valado de madeira e unha caseta de
observación.
LAGOAS
Lavanco xuvenil. Son as aves acuáticas
máis comúns en ríos de correntes
calmas e lagoas.
A maioría dos espazos arborados da comarca de Lugo son bosques
de ribeira ou plantacións forestais, especialmente de piñeiros.
Nalgunhas áreas consérvanse fragas autóctonas de pequena
extensión, sobre todo carballeiras.
ÁRBORES
Carballeira de Santa Sabela á
beira do Miño, no concello de
Outeiro de Rei, acondicionada
como área de recreo, paseo e
praia fluvial.
Carballeira da ínsua de Seivane, un espazo que conserva o seu estado silvestre, con
exemplares de bastante portee un sotobosque mesto e variado.
Carballo de Cerracín (Vilalvite-Friol).
Mide 24 m de altura e 6,50 m de
perímetro troncal. Conta entre 250 e 500
anos.
COMO CHEGAR: na estrada de Friol a Lugo
cóllese o desvío a Vilalvite e ao rematar a
localidade un cruce de terra á esquerda, ao pé
dun muro de pedra que leva a unhas casas.
Pasada a última, á esquerda do camiño vese o
carballo.
Carballos dos contos (Vilameá-Friol).
COMO CHEGAR: desde a estrada de Guntín
a Lugo cóllese, á esquerda, o desvío a
Vilameá. O carballo atópase ao entrar na
poboación
Carballos do Campo de Golf
(Portoganoi-Lugo). Dous carballos que se
achegan aos 500 anos. O máis groso
mide 7,83 m de perímetro.
COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo-
Santiago cóllese o desvío a Portomarín e
séguese as indicacións do Campo de Golf.
Carballo do Campo de Santa Marta
de Fixós. (Lugo). Mide 17,50 m de altura
e 6,75 m de perímetro. Ten máis de 250
anos.
COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo-
Santiago cóllese o desvío a Portomarín e o
desvío á esquerda a Santa Marta de Fixós. O
carballo atópase ao pé da igrexa..
Carballo da Casa de Bravos. (Outeiro
de Rei). Situado á beira da capela da Nosa
Señora do Rosario. Ten 25 m de altura,
5,60 de perímetro.
COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña
cóllese en Ramil, á esquerda, o desvio a
Hombreiro e Friol. En Vilalvite cóllese o cruce á
dereita que leva a Vicinte e pásase por Bravos,
ao pé dos carballos.
Carballo de Bravos. (Outeiro de
Rei). Situado nas proximidades do
anterior.
Carballo de Vicinte. (Outeiro de Rei) . Mide
18, 5 m de altura e 5,20 de perímetro.
COMO CHEGAR: séguese a ruta dos anteriores ata
chegar a Vicinte e atópase á beira da estrada no
interior dunha propiedade.
Carballo de Marcelle. (Outeiro de Rei)
Mide 24 m de altura e 4,60 de perímetro.
Atópase no interior do parque zoolóxico
de Marcelle (Outeiro de Rei-Lugo).
COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña
cóllese en Ramil un cruce á esquerda e
séguense os indicadores de “Marcelle
Natureza”.
Carballo da Fervenza (O Corgo): 5 m
de perímetro.
COMO CHEGAR: Seguindo os indicadores da
Casa da Fervenza (casa rural e conxunto
etnográfico) desde Lugo ou O Corgo. Un
pouco antes de chegar á casa atópase o
carballo á dereita do camiño.
Carballo de Bergazo (O Corgo). Mide
5,20 m de perímetro e está en bastante
mal estado.
COMO CHEGAR: nunha estrada que sae do
Corgo a Bergazo, pásase o pobo e antes da
última casa á esquerda da estrada está o
carballo.
Carballo na beira do Miño
(Bocamaos-Lugo).
COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola
beira do Miño desde a ponte de Ombreiro
ao Piago, por Bocamaos.
Carballo na beira do Miño
(Ombreiro-Lugo).
COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola
beira do Miño desde Ombreiro a Adai.
Carballo na Ínsua de Seivane
(Outeiro de Rei):
COMO CHEGAR: COMO CHEGAR:
Seguindo unha ruta pola beira do Miño
desde Ombreiro ao Piago
Castiñeiro, Carocha de O Regueiro
(Guntín).
COMO CHEGAR: na estrada N-550 depois de
Guntín á altura da PK9 cóllese cara a Bazar e a
1,5 km do cruce chégase a O Regueiro. O
castiñeiro atópase á entrada á beira dun
camiño, nas primeiras casas.
Castiñeiro de Bolaños (Castroverde).
Mide 8 m de perímetro.
COMO CHEGAR: en Castrovesde cóllese a
estrada a Mosteiro (Pol), e aproximadamente
a 1 km á dereita da estrada atópase o
castiñeiro.
Castiñeiro de Adai (Lugo).
Na área recreativa de Adai, á beira
do Miño.
Piñeiro de Cuíña. (Ourol de Arriba -Guntín de
Pallarés). É un dos máis antigos de Galiza, con
máis de 100 anos. Mide 33 m de altura e 4,35 m
de perímetro.
COMO CHEGAR: desde Guntín cóllese a estrada que vai
a Santa Uxía e a Grolos e desde alí o cruce a Ourolde
Arriba. Un pouco antes de chegar ao luga hai un camiño
que leva á casa onde está o piñeiro.
PARQUES
Na cidade de Lugo hi varios parques e xardíns nos que podemos gozar dunha gran
variedade de especies, algunhas de interese monumental.
Placa en recordo do olmos da Praza
Maior de Lugo que morreron
afectados pola grafiose. Desde hai
cen anos, e sobre todo entre 1960-80
a grafiose, unha enfermidade
producida por un fungo que se
transmite por un insecto coleóptero,
está facendo desaparecer gran
cantidade de olmos.
Parque Rosalía de Castro.
Secuoia xigante
(Sequoiadendrom giganteum) no
Parque Rosalía de Castro (Lugo).
Hai varios exemplares desta
árbore orixinaria de California
que acada grandes dimensións.
O máis grande do parque mide
31, 5 m de altura.
RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Un espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo.
Nesta comarca están incluídos Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, Friol, Castroverde,
Guntín e O Corgo. O río Miño é o centro ecolóxico e económico da área. A zona de
maior protección contén escosistemas de gran valor ecolóxico, pouco afectados
pola acción humana e inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais e os
bosques aluviais.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Foi declarado pola UNESCO
Reserva da Biosfera o 7 de
novembro de 2002.
Na comarca hai varios centros de
interpretación ou aulas da
natureza: Illas do Miño (Rábade),
Río Fervedoira (Lugo) e O Veral
(río Mera-Lugo).
Río Fervedoira
ou Rato.
Moitos dos proxectos que se están a desenvolver nesta comarca van
encamiñados a poñer en valor o mediambiente e a etnografía para fomentar o
turismo rural e ecolóxico: museos etnográficos e aulas de interpretación da
natureza, rutas fluviais, recuperación de instalacións etnográficas (muíños,
mazos...), conservación de oficios e recursos artesanais...
Indalecio Lombao
Os oleiros de Bonxe traballan
cun barro local de cor
vermella e decoran as pezas
tradicionais con cor branca.
OLEIRÍA DE BONXE
Obradoiro de Pepa Lombao en Bonxe, que continúa
a tradición artesanal familiar.
LIC: PARGA-LADRA-TÁMOGA
Protexe os ríos en terreos dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Lugo e Friol.
Inclúe parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co
Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla.
LIC MIÑO-NEIRA
Abrangue 842 ha no curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo
da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa
confluencia co Miño ata A Ponte de Neira; en terreos dos concellos de Guntín,
Lugo, O Corgo e O Páramo,
Ínsua de Santa Comba entre Guntín e O Corgo. Accedese a ela desde un caneiro e unha ponte
situados pola marxe do Corgo, pouco antes da desembocadura do río Chamoso.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Abril 2017

More Related Content

What's hot

Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 

What's hot (20)

Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 

Viewers also liked

Hogres ecologicos ibague feb 2011
Hogres ecologicos ibague feb 2011Hogres ecologicos ibague feb 2011
Hogres ecologicos ibague feb 2011Sergio Godoy
 
POWER POINT DE VIGO
POWER POINT DE VIGOPOWER POINT DE VIGO
POWER POINT DE VIGOportocabeiro
 
Itinerario Casco Vello Santiago de Compostela
Itinerario Casco Vello Santiago de CompostelaItinerario Casco Vello Santiago de Compostela
Itinerario Casco Vello Santiago de Compostelatowanda
 
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reina
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la ReinaDecoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reina
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reinaaskiller_03
 
Gu A De Ahorro De Energ A
Gu A De Ahorro De Energ AGu A De Ahorro De Energ A
Gu A De Ahorro De Energ Aguest37a51e3
 
Fabricacion de muebles.
Fabricacion de muebles.Fabricacion de muebles.
Fabricacion de muebles.PRIMIUN
 
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas AtlánticasRutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas AtlánticasPiratas de Nabia
 
Andalucía e Islas Baleares. Geografía
Andalucía e Islas Baleares. GeografíaAndalucía e Islas Baleares. Geografía
Andalucía e Islas Baleares. Geografíacristinamonterobernal
 
Relieve España y Cantabria
Relieve España y CantabriaRelieve España y Cantabria
Relieve España y CantabriaFloren Enriquez
 

Viewers also liked (20)

Hogres ecologicos ibague feb 2011
Hogres ecologicos ibague feb 2011Hogres ecologicos ibague feb 2011
Hogres ecologicos ibague feb 2011
 
Mapa tiempò
Mapa tiempòMapa tiempò
Mapa tiempò
 
Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto
Do Monte Lobeira á Pedra do EncantoDo Monte Lobeira á Pedra do Encanto
Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto
 
POWER POINT DE VIGO
POWER POINT DE VIGOPOWER POINT DE VIGO
POWER POINT DE VIGO
 
Buenasfotos
BuenasfotosBuenasfotos
Buenasfotos
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
Itinerario Casco Vello Santiago de Compostela
Itinerario Casco Vello Santiago de CompostelaItinerario Casco Vello Santiago de Compostela
Itinerario Casco Vello Santiago de Compostela
 
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reina
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la ReinaDecoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reina
Decoración Calle Coronel Fernández Domínguez 2009 Canca la Reina
 
G presentación eu prefiro tender pontes
G presentación  eu prefiro tender pontesG presentación  eu prefiro tender pontes
G presentación eu prefiro tender pontes
 
Gu A De Ahorro De Energ A
Gu A De Ahorro De Energ AGu A De Ahorro De Energ A
Gu A De Ahorro De Energ A
 
Fabricacion de muebles.
Fabricacion de muebles.Fabricacion de muebles.
Fabricacion de muebles.
 
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas AtlánticasRutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rutas senderistas en las Islas Cies. Parque Nacional das Illas Atlánticas
 
Romanico I
Romanico IRomanico I
Romanico I
 
Andalucía e Islas Baleares. Geografía
Andalucía e Islas Baleares. GeografíaAndalucía e Islas Baleares. Geografía
Andalucía e Islas Baleares. Geografía
 
PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4
 
Qué hacer en Galicia
Qué hacer en GaliciaQué hacer en Galicia
Qué hacer en Galicia
 
decoración del hogar estilo moderno
decoración del hogar estilo modernodecoración del hogar estilo moderno
decoración del hogar estilo moderno
 
Cantabria
CantabriaCantabria
Cantabria
 
Relieve España y Cantabria
Relieve España y CantabriaRelieve España y Cantabria
Relieve España y Cantabria
 
Formas del relieve montañoso
Formas del relieve montañosoFormas del relieve montañoso
Formas del relieve montañoso
 

Similar to Comarca: Lugo

Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 

Similar to Comarca: Lugo (13)

Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca: Lugo

  • 2. A comarca de Lugo está situada no centro da provincia. Pódese considerar unha prolongación cara ao sur da Terra Cha, da que a separan unha ringleira de pequenas cotas aliñadas entre a Cordal de Ousá (739 m), no oeste, e o Monciro (861 m) no leste. Abrangue o val do Miño e os seus afluentes, o territorio entre a Dorsal (Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón) e os montes da Vacaloura polo Oeste, e as serras do Mirador, Vaqueriza e Puñago, polo leste.
  • 3. SUPERFICIE: 1.363 km2 POBOACIÓN: 120.272 habitantes (2015) CONCELLOS: Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño” LICs: “Parga-Ladra-Támoga”, “Miño-Neira”
  • 4. Oceánico continental achegándose á variante de montaña nas cotas máis elevadas da zona oriental. CLIMA
  • 5. A actividade do rural da comarca é principalmente agrogandeira. Nos núcleos urbáns, na capital e os seus arredores a industria e os servizos. ACTIVIDADES
  • 6. É unha comarca que acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados, sobre todo co río Miño. Conserva un rico patrimonio etnográfico (muíños, ferrerías, noras, arte popular...) e histórico artístico de distintas épocas. PATRIMONIO
  • 8. Sartegos antropomoros en Goi (Castroverde)
  • 9. Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde). Descuberta en 1962. Atopáronse artefactos líticos, varias lanzas talladas en cornos de cérvidos e fragmentos fósiles de oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo... Osos de bóvidos expostos no Museo Arqueolóxico de Vilalba
  • 10. Igrexa de Espasande (Castroverde) Igrexa de Fonteita (Castroverde) Igrexa de Soutomerille (Castroverde)
  • 11. Igrexa de Uriz (Castroverde)
  • 12. Igrexa de Viladabade (Castroverde)
  • 13. Igrexa de Anafreita (Friol) Igrexa de Seixón (Friol)
  • 14. Igrexa de Santa Cruz da Retorta (Guntín) Igrexa de san Romao da Retorta (Guntín)
  • 15. Igrexa de Entrambasaugas (Guntín) Igrexa Mosteiro (Guntín)
  • 16. Catedral de Lugo Igrexa de Bacurín (Lugo)
  • 17. Igrexa de Meilán (Lugo) Igrexa de Bacurín (Lugo)
  • 19. Igrexa de San Pedro e Museo Provincial de Lugo
  • 20. Igrexa de San Pedro (Lugo). Formou parte do antigo convento de San Francisco
  • 21. Igrexa de San Domingos (Lugo)
  • 22. Igrexa de Castrillón (O Corgo) Igrexa de Franqueán (O Corgo)
  • 23. Capela de Bravos (Vicinte, Outeiro de Rei) Igrexa de Francos (Outeiro de Rei)
  • 24. Igrexa de Outeiro de Rei Igrexa das Angustias de Arcos (Outeiro de Rei) Igrexa de Robra (Outeiro de Rei)
  • 25. Igrexa de Castromaior (Portomarín) Igrexa de Cortapezas (Portomarín)
  • 26. Igrexa de San Pedro (Portomarín) Igrexa de San Xoán (Portomarín)
  • 27. Torre da Mota (Guntín)
  • 28. Torre de Taboi (Outeiro de Rei)Torre de Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei)
  • 29. Lugo, Praza Maior Fonte da Mina a carón da Porta Miñá (Lugo) Museo de Lugo (sala en San Paio de Narla) Lugo, Concello
  • 30. Cruceiro e casa co forno adosado en San Xillao de Bocamaos (Lugo). Cruceiro de Arcos (Outeiro de Rei).
  • 31. Pazo en Viladabade (Castroverde) Pazo-Torre de Friol
  • 33. Hórreo en Viladabade (Castroverde) Hórreo en Friol
  • 34. Pendellos da feira de Castroverde
  • 35. Fonte en Viladabade (Castroverde) Fonte en Ferreira de Pallares. A pía está feita aproveitando un antigo sartego antropomorfo.
  • 36. CASTROVERDE Está situado ao leste da comarca. Ocupa un terreo de transición entre a chaira e as serras que se eleva dos 500 m ao oeste, aos 1.000 nas serras do Mirador, A Vaqueriza e Puñago. No concello, entre o Monciro e o Mirador, nace o río Azúmara, que se dirixe cara ao norte, o Outeiro e o Romeán que van ao Chamoso, e o Tordea, o principal afluente do Neira. CONCELLOS Paisaxe de Castroverde SUPERFICIE: 174 km2 POBOACIÓN: 2.823 habitantes (2014) PARROQUIAS: Agustín, Arcos, Barredo (San Xoán e Santo André), Barreiros, Bolaño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Cobelas, Espasande, Frairía, Furís, Goi, Masoucos, Meda, Miranda, Mirandela, Monte, Montecubeiro, Moreira, Paderne, Páramo, Pena, Pereiramá, Pumarega, Rebordaos, Recesende, Riomol, San Miguel do Camiño, Serés, Souto de Torres, Soutomerille, Tordea, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño (Castroverde)
  • 37. Castelo de Castroverde. Torre da homenaxe, única parte que se conserva da fortaleza do século XV.
  • 38. O CORGO Está situado ao surleste da comarca. O terreo é chan, cunha lixeira inclinación cara ao oeste, por onde corre o Miño, e ao sur, por onde pasa o Neira e recibe as augas do Tordea e os seus afluentes que atravesan o concello. Ten as maiores alturas no nordeste, no linde con Castroverde (Monte Goi, de 640 m) e Baleira (Montes da Uceira, con 772 m). Paisaxe do Corgo SUPERFICIE: 157 km2 POBOACIÓN: 3.824 habitantes (2013) PARROQUIAS: O Corgo: Abragán, Adai, O Alto, Anseán, Arxemil, Bergazo, Cabreiros, Campelo, Camposo, Castrillón, Cela, Cerceda, Chamoso (San Bartolomeu, San Cristovo e Sto. André), O Corgo, Escoureda, Farnadeiros (San Pedro e Santo Estevo), Folgosa (San Martiño e Santo Estevo), Fonteita, Franqueán, Gomeán, Lapío, Laxosa, Maceda, Marei, Paradela, Pedrafita, Piñeiro, Queizán, Quinte, Sabarei, Manán (San Cosme e Santa María Madanela), Segovia e Vilachá.
  • 39. Ponte medieval de Lago sobre o río Tórdea na parroquia de Abragán. Castrillón: castro e capela Ponte sobre o Tórdea en Rubial
  • 40. FRIOL Ocupa o oeste da comarca. O territorio ten inclinación do oeste ao leste e baixa desde os máis de 800 m da Dorsal Galega, a menos de 500 m no río. Acolle as cuncas alta e media do río Narla, que vaia cara ao leste a xuntarse co Miño, e a cunca alta do Parga, que vai cara ao norte. Ten polo norte a Cordal de Ousá (739 m) e polo sur o monte dos Croios Brancos (732 m). Paisaxe de Friol desde O Picato (Monte Meda) SUPERFICIE: 292 km2 POBOACIÓN: 4.004 habitantes (2014). PARROQUIAS: Friol: Anafreita, Anxeriz, Bra, Carballo, Carlín, Condes, Cotá, Devesa, Friol, Guimarei, Guldriz, Lamas, Lea, Madelos, Miraz, Narla, Nodar, Ousá, O Pacio, Prado, Ramelle, Rocha, Roimil, Pregación (Seoane e San Cibrao), Seixón, Serén, Silvela, Trasmonte, Vilalvite, Vilafiz e Xiá.
  • 41. Torre da fortaleza de San Paio de Narla. Habilitada como museo acolle unha colección etnográfica do museo de Lugo e elementos da vida no castelo. Pan de Ousá. Un pan tradicional de elaboración artesanal típico da parroquia de Ousá, en Friol.
  • 42. GUNTÍN Ocupa o centro-sur da comarca. Ten unha superficie de e 3.018 habitantes (datos 2013), repartidos en 31 parroquias. O territorio ten unha inclinación sur-oeste, na metade norte do val do río Ferreira, cara ao que baixa desde os Croios Brancos, a Pena de Fornos e o Monte Meda ou Picato. O río Miño fai de linde polo leste. Paisaxe de Guntín desde a serra do Páramo SUPERFICIE: 154,7 km2 POBOACIÓN: 2.833 habitantes (2016) PARROQUIAS: Guntín: Castelo de Pallares, Constante, Entrambasaugas, Ferreira de Pallares, Ferroi (Santa María e Santiago), Francos, Gomelle, Grolos, Guntín de Pallares, Lamela, Lousada (San Mamede e Santa Eulalia), Monte de Meda (San Cibrao e San Martiño), Mosteiro, A Mota, Mougán, Navallos, Ourol, Piñeiras, Pradeda, Retorta (San Romao e Santa Cruz), Santa Euxea, Sirvián, Vilamaior de Negral, Vilameá, Vilamerelle, Vilarmao e Zolle.
  • 43. Mosteiro de Ferreira de Pallares.
  • 44. LUGO Situado no centro da comarca. A superficie do territorio é chan; só presenta unhas lixeiras elevacións polo nordeste (Monte Salgueiro, con 731 m) e polo suroeste (O Picato, con 783 m) desde as que descende cara ao centro, polo que pasa o río Miño a 400 m de altitude. O Miño, que atravesa o concello de norte a sur, recolle augas do Narla, o Mera e o Portoganoi pola dereita, e pola esquerda o Fervedoira e o Chamoselo. Neste concello está a cidade de Lugo, capital da comarca e da provincia que acolle importantes vestixios arqueolóxicos de todas as épocas, en especial da romana, e que ten tamén un grande interese natural en toda a área que rodea o río Miño, protexido no LIC Miño-Neira. SUPERFICIE: 329,6 km2 POBOACIÓN: 98.560 habitantes (2014) PARROQUIAS: Lugo: Adai, Bacurín, Bascuas, Bazar, Begonte, Benade, Bocamaos, Bóveda, O Burgo, Calde, Camoira, Carballido, Coeo, Coeses, Cuíña, Esperante, Gondar, Labio, Lamas, Mazoi, Meilán, Monte de Meda, Muxa (Santa María e San Salvador), Ombreiro, Orbazai, O Outeiro das Camoiras, Pedreda, Pías, Piúgos, Poutomillos, Prógalo, Recimil, Ribas de Miño, Romeán, Rubiás, Saa, San Mamede dos Anxos, San Martiño de Piñeiro, San Pedro de Mera, San Román, San Xoán de Pena, San Xoán do Alto, San Xoán do Campo, Santa Comba, Santa María de Alta, Santa Marta de Fixós, Santalla de Bóveda de Mera, Santo André de Castro, Soñar, Teixeiro, Tirimol, Torible, O Veral e Vilachá de Mera.
  • 45. Restos das Termas Romanas de Lugo que se atopan no interior do actual balneario, ao pé do río Miño. Foron construídas entre os séculos I e II. O Miño, a ponte vella e parte da cidade. A Catedral desde a Muralla
  • 46. A MURALLA DE LUGO (a antiga Lucus Augusti) é o elemento máis destacado do rico patrimonio histórico que podemos atopar na cidade. Foi declarado Monumento Nacional en 1921 e Patrimonio da Humanidade en novembro de 2000. É unha fortificación de máis de dous quilómetros de circunferencia que rodea todo o recinto histórico, a única de orixe romana no mundo que conserva íntegro o seu percorrido. A construción fíxose entre o ano 260 e e o 325. O perímetro ten forma case elíptica, con 2.266 m de lonxitude e unha altura que está entre os 8 e os 12 metros. O camiño sobre a muralla (adarve) ten de 4,5 a 7 m de ancho. O espesor dos muros acada nalgúns puntos os 7 metros. A muralla orixinal tiña 85 torres, das que se conservan 71 e no exterior un foxo que podía encherse de auga en caso de perigo. Está construída con laxas de lousa e bloques de granito.
  • 47. Na actualidade a Muralla de Lugo ten dez portas, pero na época romana contaba con cinco que coínciden coas actuais Porta Miñá, Porta Falsa, Porta de San Pedro, Porta Nova e Porta de Santiago. A Porta Miñá e, posiblemente, a Falsa son de factura orixinal, as outras tres son posteriores. As modernas son as do Bispo Aguirre, Bispo Izquierdo, A Estación, San Fernando e Bispo Odoario. Ademais había sete poternas (portas pequenas e estreitas, de difícil acceso) que se empregaban en caso de asedio. Porta Falsa Porta de Santiago Porta Miñá
  • 48. OUTEIRO DE REI Situado ao norte da comarca. O territorio é chan, con alturas comprendidas entre os 500 e 600 m. O concello é atravesado polo Miño, no que desemboca pola dereita o Ladra; e pola esquerda os rego do Piñeiro e Santa Marta. É un concello de grande interese natural e etnográfico que acolle o tramo protexido do curso do Miño e do Ladra e importantes mostras dos usos do río (muíños, caneiros). Acolle un parque con animais en Marcelle e un centro de Avifauna en Bravos. Na parroquie de Bonxe consérvase a actividade da oleiría cunha longa tradición. Carballeira de Santa Sabela, ao pé do Miño contido pola presa do muíño, un fermoso lugar de lecer moi concurrido, sobre todo no verán, xa que se pode gozar dun amplo espazo, boa sombra e de zona de baño e paseo. SUPERFICIE: 134 km2 POBOACIÓN: 5.083 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aguiar (San Clodio e San Lourenzo), Arcos, Aspai, Bonxe, Caboi, Candai, Castelo de Rei, Cela, Folgueira, Francos, Gaioso (San Tomé e Santiago), Guillar, Martul, Matela, Mosteiro, Outeiro de Rei, Parada, Robra, San Fiz de Paz, Santa Mariña, Silvarrei, Sobrada de Aguiar, Taboi, Vicinte e Vilela.
  • 49. Interior do muíño de Santa Sabela, en Outeiro de Rei, un dos que funcionou ata hai poucos anos. Capela de Santa Mariña Capela de Santa Sabela Casa-Museo dedicada ao poeta Manuel María.
  • 50. PORTOMARÍN Situado ao sur da comarca. Ocupa un terreo cunha inclinación de oeste a leste con alturas que van desde os 800 m do monte Narón (nos montes da Vacaloura) e os 747 da Pena da Lebre (nos montes de Ligonde), aos aproximadamente 400 m no río Miño, no arranque do encoro de Belesar. O río Miño é fronteira do concello e da comarca e recibe o río Ferreira (fronteira con Guntín) e o rego de Ferreira. Ten un especial microclima, máis suave que o resto da comarca, o que permite o cultivo da viña da que se fan os famosos augardentes de Portomarín. Cando baixan as reservas do encoro quedan ao descuberto elementos do vello pobo asolagado como a ponte que cruzaba o río. SUPERFICIE: 115 km 2 POBOACIÓN: 1.624 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bagude, Caborrecelle, Castro San Martiño, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao e San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste.
  • 51. Igrexa de san Xoan de Portomarín. Única do seu estilo que se conserva en Galiza, foi das poucas cousas que se salvou, ao ser trasladada pedra a pedra, do vello asentamento da localidade que, a pesar de ser declarada conxunto histórico artístico, en 1946, foi engulida polo encoro de Belesar na década de 1960.
  • 52. RÁBADE Está situado no norte da comarca. Ten unha superficie de e 1.674 habitantes (datos 2013), nunha única parroquia. É un territorio chan de dimensións reducidas, ocupado en gran parte polo núcleo urbán e o polígono industrial. É un concello de gran interese natural que acolle un tramo protexido do río Miño e a Lagoa do Rei. Entrada a Rábade pola ponte vella. O edificio á beira da estrada acolle o centro de interpretación das Ínsuas do Miño. SUPERFICIE: 5,17 km2 POBOACIÓN: 1.521 habitantes (2016). PARROQUIAS: Rábade.
  • 53. O Miño e a ponte vella. Capela dos Remedios. Igrexa de Santa Mariña.
  • 54. O territorio é maiormente chan, con suaves ondulacións que van gañando altura cara ao leste nas serras do Mirador, Vaqueriza e Puñago, e o oeste, onde se atopan as serras da Dorsal Galega (Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón) e os montes da Vacaloura. Ao norte da comarca atópase unha aliñación de pequenas cotas entre a Cordal de Ousá, no oeste, e o Monciro, no leste. RELEVO O Monte Meda desde Friol.
  • 55. Ao ser de pouca altitude os montes desta comarca están intensamente aproveitados pola agrogandería e as plantacións forestais. Só se conservan pequenas áreas de bosques nas ladeiras máis encostas que coínciden cos vales altos dos ríos e áreas de matogueiras nos cumes que non permiten outro aproveitamento. As escasas diferenzas de nivel da comarca determinan un relevo uniforme de lombas suaves e unha paisaxe totalmente humanizada.
  • 56. CORDAL DE OUSÁ É unha pequena serra que forma un arco de dirección E-O facendo de linde entre a Terra Cha e a comarca de Lugo. O punto máis alto é a Cordal, con 739 m. A Cordal de Ousá desde Friol. Os breixos, xunto cos toxos, cubren curutos e abas nas zonas deforestadas dos montes.
  • 57. SERRA DE MONCIRO Con orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e Castroverde. Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro con 861 m. Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño. Accedese desde Castroverde ou Pol. A Pena, na aba do Monciro, aséntase ao pé dun resalte de rochas calcárias que se explotaron ata hai poucos anos como mármore. Herba do pobre (Clematis vitalva). Atópase asociada aos terreos calcários.
  • 58. SERRA DO MIRADOR Con orientación N-S, é fronteira de Castroverde con Pol e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas de cuarcitas. A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais. Na parte occidental nacen regos que van á cunca do Miño. O trazado da estrada de Castroverde a Mosteiro discorre paralela á serra pola aba oeste. Pódese acceder a ela, e percorrer os cumes, polas pistas dos parques eólicos. Vista da serra do Mirador desde Castroverde.
  • 59. SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGO Xunto coa do Mirador, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferenzan os cumes. Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m. Accedese desde a estrada que vai de Castroverde a Baleira. Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian os distintos aproveitamentos do monte.Serra da Vaqueriza desde Castroverde.
  • 60. A DORSAL GALEGA Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. na comarca está incluída a serra de Corno de Boi, e pequenas partes, ao norte, da serra de Cova da Serpe e, ao sur, do Careón, de gran interese pola composición das súas rochas, que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. Vista xeral da Dorsal na comarca de Lugo.
  • 61. SERRA DE CORNO DE BOI Pequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). O monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente leste nacen afluentes do Narla (Miño). Accedese desde a estrada de Friol a Sobrado. O Corno de Boi.
  • 62. SERRA DA COVA DA SERPE Esténdese con dirección N-S facendo linde entre Friol e Sobrado. Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. O monte máis alto é o Pico da Cova, en Friol, con 841 m. Accedese ao cume desde Anafreita. En Friol hai unha lenda que dí que unha gran serpe que vivía na Cova da Serpe, na Pena Furada que comía ao gando e ás persoas e baixaba a beber a unha fonte situada a carón da fortaleza de San Paio de Narla. Os haitantes da zona matárona dándolle de comer un burro untado de alquitrán.
  • 63. MONTES DA VACALOURA Son o límite da comarca de Lugo coa da Ulloa, separando a Portomarín de Monterroso. Forman unha pequena serra de orientación N-S con estribacións cara ao leste, entre as que baixa o río Zamoelle. O punto máis alto na comarca e o monte Narón con 803 m. A serra da Vacaloura, e Portomarín, desde O Páramo. O punto máis alto, no centro da imaxe, é o monte Narón.
  • 64. MONTE MEDA OU PICATO É o cume dunha pequena elevación que se extende entre os concellos de Friol, Guntín e Lugo. Entre as moitas e boas vistas que se poden ter desde o cume do monte Meda hai unhas fermosas panorámicas da cidade de Lugo. Liques sobre as rochas do Monte Meda
  • 65. PENAS DAS RODAS Na parroquia de Gaioso (Outeiro de Rei). Son dous grandes bolos de granito de mica negra de 5 m de diámetro, en equilibrio, formadas pola erosión da auga. Están rodeadas de piñeirais e pasteiros. No contorno hai unha área recreativa. Os veciños di que son obra do demo ou dalgún trasno que está á espera dalguén que sexa quén de movelas.
  • 66. O río principal e eixo da comarca que a atravesa de norte a sur é o Miño, que recibe pola dereita o tramo final do Ladra, toda a cunca do Narla, do Mera ou Lavadoiro, Portoganoi e do Ferreira. Pola esquerda o rego de Piñeiro e regueiro de Santa Marta, o Fervedoira, o Chamoso e o Neira. Os ríos da comarca de Lugo, en especial o Miño, acollen unha gran riqueza natural e etnográfica. O Miño e o Neira están protexidos no LIC Miño-Neira. RÍOS
  • 67. Nas zonas que o leito e o caudal o permiten aséntase unha rica e variada vexetación entre a que se atopan especies únicas ou pouco comúns. No propio cauce dos ríos atopamos lentellas de auga, brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos, pé de boi... e nas beiras xuncos, chantaxe de auga, herba centella, amenta de lobo, espadainas, violetas, fentos, amarelles... Seguindo o curso dos ríos e nas zonas húmidas da chaira atopamos bosques de ribeira, con salgueiros amieiras, bidueiras, freixos, abeleiras, carballos, pradairos e outras árbores. Froitos de Euonymus europaea unha pequena árbore que en Galiza só se atopa nesta zona, nas beiras do Miño Ambroíño enano (Ninphoides peltata). En Galiza só se atopa nalgúns puntos do curso do río Miño.
  • 68. O cauce e ribeiras do río acollen a moitísimos animais que ocupan distintos microhábitats: na superficie da auga, debaixo das pedras, na area, nas laxes, na beira do río, no bosque... Os máis numerosos son os invertebrados, e entre eles os insectos (libeliñas, cabalos do demo, patinadores, percebellas, plecópteros, tricópteros, efémeras, ditiscos, escarabellos muiñeiros...); as arañas, os moluscos (caracois, lapas, mexillóns de río...). Entre os vertebrados destacan os anfibios (ras, pintafontes, saramaganta, sapos...), as aves acuáticas e os mamíferos ligados á auga como a lontra ou o aguaneiro. Dous bivalvos do río: -Unio tumidus (á esquerda), de 5 a 8 cm de lonxitude. Vive en zonas de augas tranquilas e fondos de area. -Margarita margaritifera, pode acadar máis de 10 cm de lonxitude. Só se atopa en ríos coas augas limpas. Mexillón de río (Margarita margaritifera) no substrato.
  • 69. As libeliñas, cabalos do demo ou gaiteiros son animais que nunca faltan na beira dos ríos xa que poñen os ovos na auga onde se desenvolven as súas larvas que se alimentan doutros animais acuáticos.
  • 70. O curso dos ríos desta comarca están intensamente aproveitados por muíños, mazos, caneiros para a pesca, centrais eléctricas... Nas proximidades de Lugo hai grandes muíños que producían a fariña que consumía a cidade. Na imaxe a acea do Rei Chiquito en Meilán. Central eléctrica do Piago
  • 71. RÍO MIÑO O Miño nace na Serra de Meira e despois de atravsar a Terra Cha entra na comarca de Lugo facendo fronteira entre Castro de Rei e Begonte. No comezo circula lentamente formando a gran illa de San Roque en Cela e depois de Outeiro de Rei comeza a encaixarse alternando tramos estreitos entre rochas graníticas, con rápidos, e zonas de rochas máis brandas, onde discorre mainamente formando illas ou ínsuas. Recibe pola dereita o Ladra, o Narla (Mourelle, Lodoso), o Mera, o Ferreira (Lavadoiro) e o Zamoelle; e pola esquerda o Robra ou Santa Marta, o Chamoso e o Neira (Tórdea). Está protexido nos LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Miño-Neira”. Caneiro do Piago
  • 72. Acceso ás illas de San Pedro. Desde Rábade un sendeiro leva ata as ínsuas, permite acceder a elas e realizar un itinerario. Bosque nas ínsuas do Miño, en Cela.
  • 73. O Miño en Rábade. O Miño en Santa Sabela coa desembocadura do Ladra. Muíño e caneiro en Santa Sabela (Outeiro de Rei).
  • 74. Caneiro de Piago no verán. Construído para unha central hidroeléctrica.
  • 75. O Miño e a ponte colgante pola que se accede á ínsua de Seivane. A ínsua de Seivane está cuberta por un bosque de carballos entre os que se atopan acivros, xilbarbeiras, estripos, silvas e árbores e arbustos propios das zonas húmidas como salgueiros, amieiras...
  • 76. O Miño en Ombreiro no inverno. O Miño, un río tranquilo, cando recibe no inverno as achegas das choivas de toda a Tera Cha, aumenta moito o seu caudal, reborda a súa canle e provoca enchentes nos terreos dos arredores.
  • 77. Caneiro e caseto de pesca (Gondai-Outeiro de Rei)
  • 78. Barcas tradicionais na beira do Miño.
  • 79.
  • 80. Muíño do Vilar (Bocamaos-Lugo) Caneiro e caseto de pesca (Meilán-Lugo) Muíño de Castelo (Ombreiro-Lugo)
  • 81. Ponte colgante sobre Miño, con Lugo ao fondo. Varios camiños permiten percorrer as beiras do río por rutas indicadas.
  • 82. Muíño en Lugo. Ponte sobre Miño, na estrada a Portomarín. Clube fluvial. O río Miño é un importante centro de lecer para a cidade de Lugo. Balneario de Lugo (no interior conserva as Termas romanas.)
  • 83. O Miño pasado Lugo.
  • 84. Caneiro e casetos de pesca nas Ínsuas de Santa Comba (Lugo).
  • 85. O Miño na Fervenza, entre os concellos de Lugo e O Corgo. Ata este lugar o Miño é un río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no remate da Terra Cha, inicia un rápido descenso e escava o profundo val que chega ata pasados Os Peares.
  • 86. O Miño entre o Corgo, Guntín e o Páramo pouco despois de recoller as augas do Neira.
  • 87. O Miño en Portomarín represado polo encoro de Belesar.
  • 88. RÍO NARLA Recolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro. Recibe pola dereita as augas do Lodoso, Portasueiro e Riazón, e pola esquerda Rego do Porto, Mourelle, dos Muíños e Cotón. O Narla en Friol, ao pé da área de lecer do centro da vila. Na proximidade hai muíños, unha pontella e un vao. O Narla pouco antes da desembocadura, en Ombreiro.
  • 89. RÍO MERA OU LAVADOIRO Nace nos montes entre Friol, Guntín e Lugo e desemboca no Miño en Lugo. Nas súas proximidades, no Veral, hai unha aula da natureza, cunha exposición sobre a vida no río. Desde alí pódese facer unha ruta polo río na que se pasa polo bosque de ribeira e se poden ver varios pequenos saltos. Aula da natureza do Veral, no río Mera.
  • 90. RÍO FERVEDOIRA OU RATO Nace no Monte Salgueiro e despois dun curto percorrido rodea polo norte e leste a cidade de Lugo antes de xuntarse co Miño. Preto da súa desembocadura hai unha área recreativa, unha aula da natureza e unha ruta de sendeirismo que segue o seu curso. Área de lecer ás beiras do río Rato, nas proximidades de Lugo. Hai un paseo acondicionado e o Centro de Interpretación das Terras do Miño.
  • 91. Fervenza nun rego que cae no río Rato.
  • 92. Confluencia do río Rato co Miño no caneiro da Tolda (Lugo).
  • 93. RÍO CHAMOSO Fórmase pola unión dos regos do Outeiro e Romeán, que nacen na serra do Monciro. Recolle augas de Castroverde, Lugo e O Corgo. Desemboca no Miño facendo fronteira entre O Corgo e Lugo. Recibe pola dereita o regueiro de Carballido. Ponte medieval de Galiñeiros sobre o río Chamoso en Arxemil (O Corgo). O Chamoso preto da desembocadura, onde está acondicionada unha área recreativa e instalacións etnográficas.
  • 94. Mazo de Santa Comba no río Chamoso, nas proximidades de Nadela.
  • 95. RÍO NEIRA Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e na comarca drena o concello do Corgo, no que fai de fronteira en case todo o seu percorrido. Desemboca no Miño entre os concellos de O Páramo e O Corgo. O principal afluente pola dereita é o Tórdea. Está protexido no LIC Miño-Neira, desde a súa confluencia co Miño ata A Ponte de Neira. O Neira en Ponte de Neira (Cela), no linde entre O Corgo e O Páramo. Na zona hai unha ampla área recreativa. Nora á beira do Neira, en Cela. Accedese desde Ponte de Neira por un camiño que hai á dereita un pouco antes de chegar á ponte.
  • 96. RÍO TÓRDEA É o principal afluente do río Neira que nace preto de Castroverde e xúntase a el na fronteira entre Corgo e O Páramo. O Tórdea en Gomeán. O Tórdea na ponte de Lago.
  • 97. RÍO FERREIRA Nace en Sucastro (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Friol, Guntín e Portomarín e desemboca no Miño no arranque do encoro de Belesar. Recibe pola esquerda ao Corda, Vilela, O Burgo, Penadedra, Portauz, Samai, Sagade, Seco e Lavadoiro e pola dereita o Camoira, Pomeda, Irixe, Lagoa, León, Mato e Cobres. O Ferreira na área de lecer de Mexaboi en Guntín. Un paseo segue o río durante dous quilómetros aproximadamente, entre a área de lecer e a Ponte Cabalar. O Ferreira en Portomarín, afectado polo encoro de Belesar, pouco antes de xuntarse co Miño.
  • 98. A Ponte Cabalar, no Ferreira, en Guntín.
  • 99. RÍO ZAMOELLE Nace na Serra da Vacaloura e ten todo o seu percorrido polo concello de Portomarín onde se xunta co Miño. Baixa por un val encaixado onde rodea varios resaltes rochosos formando un fermoso canón. Freixos e amieiras á beira do Zamoelle, nas abas ds serra da Vacaloura. Val do Zamoelle.
  • 100. LAGOA DO REI É unha pequena lagoa situada detrás do polígono industrial de Rábade. Acolle unha importante fauna acuática, en especial insectos, anfibios e aves. Está acondicionada para visitas cun valado de madeira e unha caseta de observación. LAGOAS Lavanco xuvenil. Son as aves acuáticas máis comúns en ríos de correntes calmas e lagoas.
  • 101. A maioría dos espazos arborados da comarca de Lugo son bosques de ribeira ou plantacións forestais, especialmente de piñeiros. Nalgunhas áreas consérvanse fragas autóctonas de pequena extensión, sobre todo carballeiras. ÁRBORES Carballeira de Santa Sabela á beira do Miño, no concello de Outeiro de Rei, acondicionada como área de recreo, paseo e praia fluvial.
  • 102. Carballeira da ínsua de Seivane, un espazo que conserva o seu estado silvestre, con exemplares de bastante portee un sotobosque mesto e variado.
  • 103. Carballo de Cerracín (Vilalvite-Friol). Mide 24 m de altura e 6,50 m de perímetro troncal. Conta entre 250 e 500 anos. COMO CHEGAR: na estrada de Friol a Lugo cóllese o desvío a Vilalvite e ao rematar a localidade un cruce de terra á esquerda, ao pé dun muro de pedra que leva a unhas casas. Pasada a última, á esquerda do camiño vese o carballo. Carballos dos contos (Vilameá-Friol). COMO CHEGAR: desde a estrada de Guntín a Lugo cóllese, á esquerda, o desvío a Vilameá. O carballo atópase ao entrar na poboación
  • 104. Carballos do Campo de Golf (Portoganoi-Lugo). Dous carballos que se achegan aos 500 anos. O máis groso mide 7,83 m de perímetro. COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo- Santiago cóllese o desvío a Portomarín e séguese as indicacións do Campo de Golf. Carballo do Campo de Santa Marta de Fixós. (Lugo). Mide 17,50 m de altura e 6,75 m de perímetro. Ten máis de 250 anos. COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo- Santiago cóllese o desvío a Portomarín e o desvío á esquerda a Santa Marta de Fixós. O carballo atópase ao pé da igrexa..
  • 105. Carballo da Casa de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado á beira da capela da Nosa Señora do Rosario. Ten 25 m de altura, 5,60 de perímetro. COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña cóllese en Ramil, á esquerda, o desvio a Hombreiro e Friol. En Vilalvite cóllese o cruce á dereita que leva a Vicinte e pásase por Bravos, ao pé dos carballos. Carballo de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado nas proximidades do anterior.
  • 106. Carballo de Vicinte. (Outeiro de Rei) . Mide 18, 5 m de altura e 5,20 de perímetro. COMO CHEGAR: séguese a ruta dos anteriores ata chegar a Vicinte e atópase á beira da estrada no interior dunha propiedade. Carballo de Marcelle. (Outeiro de Rei) Mide 24 m de altura e 4,60 de perímetro. Atópase no interior do parque zoolóxico de Marcelle (Outeiro de Rei-Lugo). COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña cóllese en Ramil un cruce á esquerda e séguense os indicadores de “Marcelle Natureza”.
  • 107. Carballo da Fervenza (O Corgo): 5 m de perímetro. COMO CHEGAR: Seguindo os indicadores da Casa da Fervenza (casa rural e conxunto etnográfico) desde Lugo ou O Corgo. Un pouco antes de chegar á casa atópase o carballo á dereita do camiño. Carballo de Bergazo (O Corgo). Mide 5,20 m de perímetro e está en bastante mal estado. COMO CHEGAR: nunha estrada que sae do Corgo a Bergazo, pásase o pobo e antes da última casa á esquerda da estrada está o carballo.
  • 108. Carballo na beira do Miño (Bocamaos-Lugo). COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde a ponte de Ombreiro ao Piago, por Bocamaos. Carballo na beira do Miño (Ombreiro-Lugo). COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde Ombreiro a Adai.
  • 109. Carballo na Ínsua de Seivane (Outeiro de Rei): COMO CHEGAR: COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde Ombreiro ao Piago
  • 110. Castiñeiro, Carocha de O Regueiro (Guntín). COMO CHEGAR: na estrada N-550 depois de Guntín á altura da PK9 cóllese cara a Bazar e a 1,5 km do cruce chégase a O Regueiro. O castiñeiro atópase á entrada á beira dun camiño, nas primeiras casas. Castiñeiro de Bolaños (Castroverde). Mide 8 m de perímetro. COMO CHEGAR: en Castrovesde cóllese a estrada a Mosteiro (Pol), e aproximadamente a 1 km á dereita da estrada atópase o castiñeiro.
  • 111. Castiñeiro de Adai (Lugo). Na área recreativa de Adai, á beira do Miño. Piñeiro de Cuíña. (Ourol de Arriba -Guntín de Pallarés). É un dos máis antigos de Galiza, con máis de 100 anos. Mide 33 m de altura e 4,35 m de perímetro. COMO CHEGAR: desde Guntín cóllese a estrada que vai a Santa Uxía e a Grolos e desde alí o cruce a Ourolde Arriba. Un pouco antes de chegar ao luga hai un camiño que leva á casa onde está o piñeiro.
  • 112. PARQUES Na cidade de Lugo hi varios parques e xardíns nos que podemos gozar dunha gran variedade de especies, algunhas de interese monumental. Placa en recordo do olmos da Praza Maior de Lugo que morreron afectados pola grafiose. Desde hai cen anos, e sobre todo entre 1960-80 a grafiose, unha enfermidade producida por un fungo que se transmite por un insecto coleóptero, está facendo desaparecer gran cantidade de olmos. Parque Rosalía de Castro.
  • 113. Secuoia xigante (Sequoiadendrom giganteum) no Parque Rosalía de Castro (Lugo). Hai varios exemplares desta árbore orixinaria de California que acada grandes dimensións. O máis grande do parque mide 31, 5 m de altura.
  • 114. RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Un espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo. Nesta comarca están incluídos Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín e O Corgo. O río Miño é o centro ecolóxico e económico da área. A zona de maior protección contén escosistemas de gran valor ecolóxico, pouco afectados pola acción humana e inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais e os bosques aluviais. ESPAZOS PROTEXIDOS Foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002. Na comarca hai varios centros de interpretación ou aulas da natureza: Illas do Miño (Rábade), Río Fervedoira (Lugo) e O Veral (río Mera-Lugo). Río Fervedoira ou Rato.
  • 115. Moitos dos proxectos que se están a desenvolver nesta comarca van encamiñados a poñer en valor o mediambiente e a etnografía para fomentar o turismo rural e ecolóxico: museos etnográficos e aulas de interpretación da natureza, rutas fluviais, recuperación de instalacións etnográficas (muíños, mazos...), conservación de oficios e recursos artesanais... Indalecio Lombao Os oleiros de Bonxe traballan cun barro local de cor vermella e decoran as pezas tradicionais con cor branca. OLEIRÍA DE BONXE Obradoiro de Pepa Lombao en Bonxe, que continúa a tradición artesanal familiar.
  • 116. LIC: PARGA-LADRA-TÁMOGA Protexe os ríos en terreos dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Lugo e Friol. Inclúe parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla.
  • 117. LIC MIÑO-NEIRA Abrangue 842 ha no curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata A Ponte de Neira; en terreos dos concellos de Guntín, Lugo, O Corgo e O Páramo, Ínsua de Santa Comba entre Guntín e O Corgo. Accedese a ela desde un caneiro e unha ponte situados pola marxe do Corgo, pouco antes da desembocadura do río Chamoso.
  • 118. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017