SlideShare a Scribd company logo
1 of 67
En Galiza a pedra está ligada á cultura e á tradición. Nela gravaron
os petroglifos os habitantes do Neolítico, nos dolmes e mámoas
enterraban aos mortos, con ela santificaban lugares (cruceiros e
cruces), era e segue a ser o material de construción dos santuarios
e motivo de lendas, remedios e tradicións. Pola súa forma natural,
polas propiedades que se lle atribúen, pola relación con fenómenos
sobrenaturais as pedras están asociadas a multitude de ritos e
crenzas, algúns moi primitivos e posteriormente cristianizados.
Monte Lobeira
O traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante milleiros de
anos puxo ao descuberto e modelou as masas rochosas que
forman o cerne das montañas creando, en moitas delas,
formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas
e conservadas. Moitas delas teñen nomes propios que fan
referencia á súa forma ou a algún rito ou lenda.
Pena dos Tres Pés (Forgoselo)
PENEDOS DE TRABA E PASARELA
A maioría dos nomes das pedras teñen relación con diferentes lendas.
Na Moa había mouros, e hai un túnel que desde este monte chega á igrexa parroquial.
Avión (Penedos de Pasarela)
Indíxena (Penedos de Pasarela) Man (Penedos de Pasarela)
Ceñudo (Penedos de Pasarela) Pomba (Penedos de Pasarela)
O Xigante (Monte Pindo)
Can (Castrove)
Con do Crocodilo (Illa de Arousa)
Catedrais (Ribadeo)
Penafurada (Loiba)
Oso (Camariñas)
Caudillo (Camariñas) Namorados (Camariñas)
Moa
Cabo Vilán
(Camariñas)
Dromedario (Laxe)
Detalle da illa de Sagres. Arredor desta illa hai unha lenda que conta que nos tempos
antigos en que vivían aquí os Oestrymnios chegou un home chamado Saepes ao mando dun
poderoso exército. Para facerse co dominio das illas casou coa filla do xefe da tribo
chamada Forcadiña. Como nin así conseguiu o dominio matou á súa dona e parteuna en
moitos anacos que deron lugar a numerosos illotes espallados pola zona. O pai de
Forecadiña anoxado botoulle unha maldición a Saepes e convertiuno tamén nunha pedra, o
Home de Sagres, ao igual que a todos os seus seguidores. Contan que todas as pedras que
rodean á illa de Sagres son os homes do exército de Saepes e os animais da súa facenda
convertidos en pedras.
Pena Corneira (Leiro)
Penedo dos Tres Reinos (Nos antigos lindes dos reinos de Portugal, Galiza e León)
Penedo das Fatigas (Os Blancos). Contan que aquía facían os seus ritos os antigos
habitantes da zona.
Por toda a xeografía galega podemos atopar pedras
asociadas con diferentes ritos e tradicións
PEDRAS ABALADOIRAS
(pedras do embale, de abalo, abaneantes,
baladas, bambeantes, do equilibrio, cabaleiras,
cabalgantes, moventes, vacilantes…)
Son pedras adiviñatorias que manifestan
as súas virtudes por medio do
movemento. Segundo abalen ou non
responden ás preguntas que se lles
fagan.
Téñense empregado para probar a
fidelidade das mulleres, a virxinidade
das mozas, e a culpabilidade ou
inocencia dos reos (Monte Bastelo en
Culleredo, O Xistral en Alfoz...) e dos
pecadores… Pena do Equilibrio.
Ponteareas.
Pedra do Brazal (Dumbría)
Pedra Abaladoira de Muxía (pedra da Barca): din que foi a vela da barca na que a Virxe
chegou ata alí. Se se move a Virxe concede os desexos aos ofrecidos. Os pecadores non
conseguen movela, os nenos e os libres de pecado conségueno facilmente.
Veño da Virxe da Barca
veño de abalar a pedra
tamén veño de vos ver
Santo Cristo de Fisterra.
Pica das Gralleiras (Serra do Xurés) Pica da Illa (Serra do Quinxo-Entrimo)
Pena Cabaleira
(Siradella-
O Grove)
Pena do Equilibrio (Serra do Xurés) Pena do Equilibrio (Serra do Suído)
Pena cabaleira (A Lanzada-O Grove)
Pena do Equilibrio (San Mamede-Lousame)
Pena Abaladoira da Serra do Xistral. Cóntase que se deitaban nela as parellas con
problemas de fertilidade, as nais con pouco leite, as mulleres que procuraban noivo ou as
que desexaban saír con ben do parto. A auga que apoza nas pías é boa para curar as
espullas. Quen consegue pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man cura da reuma.
Lagoa de Doniños
BERCES
-Xunto á lagoa de Doniños hai unha pedra cunha pía que din que
foi o berce no que aboiaron e se salvaron os nenos cando foi
asolagada a cidade.
-Na Pastoriza (Arteixo) está o Berce da Virxe.
Cama ou Berce da Virxe
(A lanzada)
CAMAS
Son pedras que combaten a infertilidade tendo relacións nelas;
noutras déitanse as mulleres a tomar o luar para ter bos partos:
cama ou berce da Virxe da Lanzada, Monte Pindo, San Guillerme
de Fisterra, Taboadelo, Teixido…
-Camas do Santo:
nelas suponse que
estivo deitado algún
santo: Santiago en
Padrón, Santo Amede
en Tállara, San Lourenzo
no monte Aloia,…
O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida
é unha peza circular de mármore cunha
inscrición en latín e iniciais en grego. Ata
1887 fixo de ara na igrexa do século XII de
Santa María da Ermida e desde 1925 está
exposto no Museo Diocesano e Catedralicio
de Lugo. As mulleres fregábanse no Crismón
de Quiroga para teren descendencia.
PEDRAS FERTILIZANTES
Utilizábanse para ritos de fertilidade (as parellas deitábanse nelas
para ter fillos, as mulleres para dar leite ou lograr un embararazo),
ou para pedir a chuvia.
San Guillerme de Fisterra, Cama do Home de Taboadelo, Monte
Pindo, Xalo (Culleredo)...
Foto: Wikipedia
PEDRAS CURADORAS
As máis comúns son as PEDRAS FURADAS, asociadas a ritos de
paso.
-No Penedo Vigón de San Bieito da Cova da Loba cúrase o tangaraño. Tres Marías pasan
ao neno polo burato da pedra decindo a ladaíña. Despois quítanlle a roupa e fan un
atado que colocan nunha xesta. Se a xesta seca o neno morre, se a xesta medra, o neno
cura.
-Para curar a nenos choróns é boa a
pedra furada de San Bartolomeu de
Queirugás, en Verín.
-Na procesión da Ascensión en
Santa Mariña de Augas Santas os
reumáticos levan grandes pedras
ao lombo para curarse.
-Pedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos
entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen e despois
deixábase alí a roupa.
-Pedra dos Cadrís de Muxía, á que
se lle atribúe a curación do reuma,
os riles e o lumbago.
-Pedra en Muxía, á que se lle atribúe a
curación de males da cabeza.
ANTAS: son casas ou mesas das bruxas e das mouras. Tamén se di
que son os fornos dos mouros.
PEDRAS FUNERARIAS
Asociadas a tumbos, menhires e dolmes, moradas provisionais das
almas dos mortos. Abondan por toda Galiza.
Dolme de Axeitos, ou
Pedra do Mouro, en
Oleiros (Ribeira).
Contan os vellos que entre
este dolmen e a peneda
natural coñecida como a
Pía do Frade hai unha trabe
de ouro.
Monte Facho (Fisterra) onde
se cree que había una Ara
Solis relacionadas con cultos
de fecundidade.
ARAS
En Arbo as sacamandeiras curan as doenzas dos nenos pasándoos
varias veces, espidos e lavados con auga bendita, por debaixo e
por riba do altar da igrexa.
Dalgúns altares sácanse areas chamadas pedras da ara que se
levan para as casas para curar meigallos.
PICO SACRO
Estrabón (100 a. de C.) fala de ritos relacionados coas pedras no Mons Sacer
(Pico Sacro), adicado ao Sol e a Xúpiter, no que, segundo un antigo costume, as
pedras son voltas do revés e, despois de ofrecerlles unha libación devólvense
ao xeito primitivo. Non se poden facer sacrificios nin ficar pola noite, porque é
cando os deuses visitan o lugar. Aínda na actualidade seguen a facerse romerías
no Pico Sacro con fins curativos.
Contan no século VI neste monte da Paradanta (Coto da Vella, a 924
m de altitude) apareceu a Virxe debaixo dunha rochas o que deu
lugar á devoción á virxe da Franqueira.
Pegada do cabalo de
Santiago na Pena das
Ferraduras de Santo Estevo
do Ermo-Barreiros
PENEDOS DAS FERRADURAS
Son pegadas visibles na pedra de cabalgaduras de santos, heroes ou
demos.
A burriña da Virxe cando fuxían a Exipto (Cortegada do Miño, Verín) ou cando
venceu nunha aposta ao cabalo do demo (Castro Caldelas); a burra de Xesús
cando fuxía dos xudeos; o cabalo de Santiago cando pelexaba contra os mouros
(Santo Estevo do Ermo-Barreiros, O Incio, Verín...); do cabalo de Roldán
(Carregal, Valdeorras, castro da Cidá-Ribeira...).
Cruz do Seixo
(Cerdedo)
PEDRAS DOS MOUROS ou DAS MOURAS
Agochan tesouros, altares, santos de ouroe, persoaxes míticos...
Hai penedos que se abren petando neles, rañando cun coitelo ou
dicindo unhas verbas máxicas. Estas crenzas tamén están
relacionadas con antas e mámoas.
En moitos penedos hai un culebrón que vixía os tesouros. Tamén
abondan as pedras de sacrificio, con covas, pías, altares...
-Pedra Longa (Tordoia): segundo a
lenda, a pedra tróuxoa a Nosa
Señora (a Virxe María). Tamén se
di que no lugar repousaban os
cabaleiros da Orde de Santiago e,
na Noite de Fin de Ano, fala: quen
a toca coas mans nota as súas
vibracións.
Pena da Moura (serra do Bocelo-Toques). Conta a lenda que estando un sacerdote rezando
no lugar viu que a Pedra se abría amosando un fermoso altar de ouro. O crego quedou
abraiado mirando para o tesouro e decidiuse a entrar na peneda, mais ao deixar o breviario
no chan un golpe de aire remexeu as páxinas por onde estaba aberto facendo que a Pena da
Moura se pechase. Outra lenda conta que a Pena da Moura foi traída ata alí por unha moura
que a levaba na cabeza. Pousouna no chan para descansar e veu como a pedra ía medrando
cada vez máis ata converterse no enorme penedo que é hoxe. A xente di que a base sobre o
que descansa a Pena da Moura é a rodela que levaba a moura sobre a cabeza para
transportar a pedra.
Penas das Rodas (Outeiro de Rei-Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se
poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo.
-Con de sete Pías, en Vilariño, Cambados (Pontevedra). Garda un tesouro. Desde aquí ata o
Monte Lobeira hai enterrada unha cadea de ouro.
CORGOS, PÍAS
A auga das pías cura enfermidades das persoas e animais,,
especialmente problemas dos ollos, da pel (espullas)....
“Auga que estás en vena, ponte en pena, se o sol te enxuga, saga a verruga”
-Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a
auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella.
Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos.
-A auga da Pioca de Santa Mariña de Augas Santas cura aos doentes dos
ouvidos.
-Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa
Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi
antiga. A xente acode a curar distintos males
(especialmente as espullas) coa auga que se
acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural,
e vai esbarando polo seu interior.
Pías nos montes de Buxantes
Pías no monte Pindo
As pedras do
Santuario de Muxía
son os restos da barca
nas que chegou a
Virxe.
BARCAS DE PEDRA
Embarcacións nas que viaxaban santos e outros persoeiros.
A Virxe veu navegando nunha barca de pedra a visitar a Santiago cando predicaba en
Galicia (Muxía).
No río Pedras hai unha barca que uso San Xoán, En Teixido hai unha empregada por Santo
Andrés. Santiago morto chegou a Iria nunha barca de pedra. O Conde Santo tamén volveu
a Galiza nunha barca de pedra que era o seu sartego.
En Noia está a Pena da Arca onde pasou Noé os corenta días e corenta noites do diluvio
universal.
Santo Andrés
de Teixido
MILLADOIROS OU AMILLADOIROS
PEDRAS QUE SON ÁNIMAS
Moreas de pedras que se ían xuntando nun lugar porque cada
persoa que pasaba engadía unha en representación das ánimas:
Santo André de Teixido, Ames, O Padornelo, Sandiás, Monte do
Gozo, Milladoiro... Tamén hai o costume de deixar unha pedra
cando se pasa por un sitio onde houbo unha morte súbita. As
pedras teñen por misión acougar a alma do morto.
PEDRAS DO RAIO
Segundo a tradición son machados preshitóricos que se atopan no
interior do toro dos carballos vellos, ou pedras que caeron do ceo
ou foron tocadas polo raio. Teñen virtudes curativas (contra
diversas enfermidades e mordeduras de animais pezoñentos),
protexen contra as descargas eléctricas e úsanse como amuletos.
PEDRAS DO COXO
Machados de diorita que curan doenzas.
-Por riba do Outeiro do Cruceiro no monte de
Moaña existe unha pedra cun oco na parte
superior que está sempre chea de auga que
non seca nunca, con independencia do tempo
que faga. Ademais, cóntase que a auga abala e
devala ao son das mareas.
-En Laza, para que non chova, cando se ve vir o
arco da vella cargado, reviran dúas pedras.
PEDRAS DA AUGA
Serven para pedir ou adiviñar chuvia. Nalgúns lugares fan procesións
e rogativas a penedos con coviñas ou pías.
Hai pedras choronas que anuncian chuvia cando se ven húmidas.
Os MOLEDROS: son pedras que se viran do revés para pedir chuvia.
Deben facelo mozos e nenos.
-A Pedra Mazafacha do monte Xalo (Culleredo) reparte e anuncia chuvia.
-No Monte Aloia hai unha pedra que mira cara ao mar e pónselle a San Xulián enriba para
pedir que chova.
PEDRA DO SOL
No Monte Aloia en Tui hai unha pedra na que poñían a imaxe de
San Xulián para pedir bo tempo.
PENEDO DOS VENTOS
Está na serra de Capelada preto de Santo Andrés de Teixido. Nel
críanse os ventos que secan os froitos. Cando ameazaba neboeiro
metíaselle nas fendas trigo das eiras.
MARCO DO VENTO (Monte Seixo-Cerdedo). Contan os máis
vellos do lugar que o emprazamento da pedrafita é o lugar onte o dá a volta o
PEDRA DAS TREBOADAS
Na crebadura dun seixo de
San Xoán da Cova (A Ulla)
nacen as Treboadas.
Santo
dos
Croques
Foto Wikipedia
PENAS DOS CROQUES
Curan polo sistema de darlles golpes coa cabeza.
-Pena tallada de Laza, para dores de cabeza.
-Dar golpes contra o Santo dos Croques (mestre Mateo) da
catedral de Santiago aumenta a intelixencia.
A Pedra Alta da Antela: Era o marco divisorio
de tres concellos da provincia de Ourense:
Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e
Sarreáus, que forman parte do Val de Antela
ou A Limia.
A virxe ía voando de camiño a Cortegada
dende o monte Poedo levando a pedra na
cabeza e ao chegar onde está hoxe, caéulle
quedando chantada no chan.
Outros dín que era unha moura que ía
fiando á vez que levaba a pedra na cabeza.
PEDRAS FITAS
Son os antigos menhires, lugares de culto, posiblemente os
antecedentes dos cruceiros ou dos marcos das fincas.
O que cambia un marco estará sen acougo no outro mundo e
converterase en alma en pena ata que o marco volva ao seu lugar.
Outros din que vagará pola eternidade co marco ao lombo
preguntando... onde o pouso?
PRINCESAS PETRIFICADAS
-No coto do Castelo (Vilamartín de Valdeorras) hai tres princesas
encantadas que foron convertidas en pedras polos mouros cando
fuxían con elas perseguidos por Roldán e os seus cabaleiros.
-En Puxares (Quiroga) había tres costureiras
moi bonitas. Roldán namorouse delas. Para
darlle largas dixéronlle:
“Temos de ir contigo ás Francias
Cando veña o río Xares
Por diante da nosa casa”
Foi tal a ansia de Roldán que o río Xares
cambiou o curso. Os veciños cantaban:
Costureiras de Puxares
Vinde lavar as perniñas
Ás augas do río Xares.
As costureiras fuxiron e pedíronlle axuda ao
demo que as convertiu en pedras.
PENA DA COVA DA SERPE
Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao
gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas
noites á aldea e mamaba leite das vacas.
PENA DA SERPE. GUNDAMIL
En Corme (Ponteceso-A Coruña). Representa unha serpe ou, se
cadra, dúas?. Sobre a pena púxose unha cruz de pedra.
Unha explicación cristiá di que é memoria dun milagre que fixo Santo Adrián librando
aquela comarca dunha invasión de serpes. Debaixo dela encantou a todo un exército de
serpes que seguen alí.
Outras versións relacionan esta pedra co culto ás serpes por parte dos saefes.
PORTA DO ALÉN. MONTE SEIXO
Un grupo de penedos en equilibrio que forman unha abertura a
xeito de porta que serve para conversar cos que están no outro
mundo (O Alén).
Hai que ir no mes de Santos e levar algún presente para comer e beber, pan e viño
preferentemente, e tamén unha candea para alumar. Logo xa pode preguntar o que
desexe e as respostas víranlle dacabalo do vento. Pero non podes revelar o falado alí ou
quedarás rouquexo para sempre.
A lenda fala dos amores furtivos de Aldina e
Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do
Sobroso, el un humilde labrego que se deixou
tentar por un amor imposible, segundo as
comenencias sociais da época.
Aldina, saía cada tarde co pretexto de dar un
paseo a cabalo para atoparse co seu amado
Tristán. Víanse ás agochadas nestas pedras.
Don Álvaro, descúbreos e cheo de carraxe
mata a Tristán. Aldina volve tres días en busca
del e descubre que está morto. Chea de pena
péchase na torre do castelo e morre.
RITO DAS TRES PEDRAS: os namorados que
queren saber o seu futuro colócanse de costas
á pena dos namorados e tiran tres pedras por
riba do seu ombreiro. Se quedan as tres pedras
sobre a rocha casarán en menos dun ano; se
quedan dúas, entre un e dous; se queda unha
máis de dous anos e se non queda ninguna non
casarán.
PENA DOS NAMORADOS
En Arcos (Ponteareas)
CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO
Pazo de Vilardefrancos (Artes-Carballo).
Segundo a tradición, cando santo Antonio
peregrinou a Compostela celebrou misa neste
lugar, onde había unha pequena ermida.
Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do
altar un carballo que co tempo derrubou o
edificio.
Conta a lenda que o burato do carballo é
consecuencia dun raio que lle caeu enriba
pouco despois de morrer santo Antonio.
As mozas namoradas van alí e poñéndose de
costas tratan de introducir tres pedriñas no
burato: hai quen di que abonda con meter
unha, e outros din que son precisas sete. Se o
conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen
casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual
serve para pedir un desexo calquera.
Tamén se conta que en caso de facerlle unha
ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo
derrama un líquido que semella sangue
(prodixio atribuído ao santo Antonio).
PENEDO DE MURIAS (Rao-Navia de Suarna).
Hai lendas relacionadas cos mouros. Tamén din que existe un burato que se se tira
unha pedra soa como se fose metal.
Contan que durante as Guerras Carlistas do século XIX un grupo de soldados que
fuxía das forzas liberais agochou un tesouro neste penedo. Foron moitos os que o
buscaron, pero nunca deron con el.
Laxe das Rodas (Muros)
PETRÓGLIFOS
Segundo a tradición popular fixéronos os mouros.
PEDREGAL DE IRIMIA
Unha acumulación de rochas na ladeira da serra de Meira, onde nace
unha das cabeceiras do río Miño.
Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe daquelas pedras:
-Unha vella que estaba sempre a rifar co seu
home e un día díxolle que botase a correr sen
mirar atrás. O home virou a cabeza e a vella,
dicindo unhas palabras, fixo que uns paxaros
enormes comezaran a guindarlle pedras enriba.
-Uns demos que tentaron derrubar un antigo
cenobio dos frades cistercienses. Os frades
comezaron a rezar e os demos recuaron e
abandonaron as pedras.
-Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras
para defenderse dos frades do convento e
caíronlle no monte. Outra versión di que os frades
tentaron apropiarse das terras da meiga onde
había mananciais e ela cubriunos de pedras.
-Pecadores petrificados que agardan ser
purificados polas augas daquelas fontes.
Cristal de seixo
OUTRAS CRENZAS
-Non se pode traballar a terra nin remexer as
pedras no día de defuntos para non
incomodar ás ánimas e que non veñan
desgrazas (nas pedras acóllense as ánimas do
purgatorio).
-Case todas as pedras poden ser ánimas: as
dos amilladoiros, as do Camiño de Santo
Andrés, as pedras que se poñen ao pé das
cruces dos camiños...
-Hai pedras faladoras das que saen sons:
Bares, Covelo (Pena do Ruído).
-O seixo (cristal de rocha) úsase nalgúns
lugares para protexer dos males ou facilitar o
parto.
REFRÁNS
-Pedra movedía, nunca musgo cría.
-A pedra é dura e a pingueira miúda, máis caíndo a cotío fai cavadura.
-Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza.
-A pedra redonda nunca moito acouga.
-Pedra de Igrexa, ouro gotexa.
-Quen furga e se amaña, ata das pedras saca.
-O pau e a pedra no camiño medran.
-A pedra que moito roda, para cimento non é boa.
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
BIBLIOGRAFÍA
“Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco
“Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999.
“Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro
Decembro 2014

More Related Content

Similar to Lendas pedras

san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega candeadosalnes
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosmonadela
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNBegoña Codesal
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Naviamonadela
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZBegoña Codesal
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezBegoña Codesal
 
Milladoiros bibliocervo
Milladoiros bibliocervo Milladoiros bibliocervo
Milladoiros bibliocervo maria
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 

Similar to Lendas pedras (20)

san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
 
Milladoiros bibliocervo
Milladoiros bibliocervo Milladoiros bibliocervo
Milladoiros bibliocervo
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 
Toponimia
ToponimiaToponimia
Toponimia
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Lendas pedras

  • 1.
  • 2. En Galiza a pedra está ligada á cultura e á tradición. Nela gravaron os petroglifos os habitantes do Neolítico, nos dolmes e mámoas enterraban aos mortos, con ela santificaban lugares (cruceiros e cruces), era e segue a ser o material de construción dos santuarios e motivo de lendas, remedios e tradicións. Pola súa forma natural, polas propiedades que se lle atribúen, pola relación con fenómenos sobrenaturais as pedras están asociadas a multitude de ritos e crenzas, algúns moi primitivos e posteriormente cristianizados.
  • 4. O traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante milleiros de anos puxo ao descuberto e modelou as masas rochosas que forman o cerne das montañas creando, en moitas delas, formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas. Moitas delas teñen nomes propios que fan referencia á súa forma ou a algún rito ou lenda. Pena dos Tres Pés (Forgoselo)
  • 5. PENEDOS DE TRABA E PASARELA A maioría dos nomes das pedras teñen relación con diferentes lendas. Na Moa había mouros, e hai un túnel que desde este monte chega á igrexa parroquial.
  • 6. Avión (Penedos de Pasarela)
  • 7. Indíxena (Penedos de Pasarela) Man (Penedos de Pasarela) Ceñudo (Penedos de Pasarela) Pomba (Penedos de Pasarela)
  • 10. Con do Crocodilo (Illa de Arousa)
  • 12. Oso (Camariñas) Caudillo (Camariñas) Namorados (Camariñas) Moa Cabo Vilán (Camariñas)
  • 14. Detalle da illa de Sagres. Arredor desta illa hai unha lenda que conta que nos tempos antigos en que vivían aquí os Oestrymnios chegou un home chamado Saepes ao mando dun poderoso exército. Para facerse co dominio das illas casou coa filla do xefe da tribo chamada Forcadiña. Como nin así conseguiu o dominio matou á súa dona e parteuna en moitos anacos que deron lugar a numerosos illotes espallados pola zona. O pai de Forecadiña anoxado botoulle unha maldición a Saepes e convertiuno tamén nunha pedra, o Home de Sagres, ao igual que a todos os seus seguidores. Contan que todas as pedras que rodean á illa de Sagres son os homes do exército de Saepes e os animais da súa facenda convertidos en pedras.
  • 16. Penedo dos Tres Reinos (Nos antigos lindes dos reinos de Portugal, Galiza e León)
  • 17. Penedo das Fatigas (Os Blancos). Contan que aquía facían os seus ritos os antigos habitantes da zona. Por toda a xeografía galega podemos atopar pedras asociadas con diferentes ritos e tradicións
  • 18. PEDRAS ABALADOIRAS (pedras do embale, de abalo, abaneantes, baladas, bambeantes, do equilibrio, cabaleiras, cabalgantes, moventes, vacilantes…) Son pedras adiviñatorias que manifestan as súas virtudes por medio do movemento. Segundo abalen ou non responden ás preguntas que se lles fagan. Téñense empregado para probar a fidelidade das mulleres, a virxinidade das mozas, e a culpabilidade ou inocencia dos reos (Monte Bastelo en Culleredo, O Xistral en Alfoz...) e dos pecadores… Pena do Equilibrio. Ponteareas.
  • 19. Pedra do Brazal (Dumbría)
  • 20. Pedra Abaladoira de Muxía (pedra da Barca): din que foi a vela da barca na que a Virxe chegou ata alí. Se se move a Virxe concede os desexos aos ofrecidos. Os pecadores non conseguen movela, os nenos e os libres de pecado conségueno facilmente. Veño da Virxe da Barca veño de abalar a pedra tamén veño de vos ver Santo Cristo de Fisterra.
  • 21. Pica das Gralleiras (Serra do Xurés) Pica da Illa (Serra do Quinxo-Entrimo)
  • 22. Pena Cabaleira (Siradella- O Grove) Pena do Equilibrio (Serra do Xurés) Pena do Equilibrio (Serra do Suído)
  • 23. Pena cabaleira (A Lanzada-O Grove)
  • 24. Pena do Equilibrio (San Mamede-Lousame)
  • 25. Pena Abaladoira da Serra do Xistral. Cóntase que se deitaban nela as parellas con problemas de fertilidade, as nais con pouco leite, as mulleres que procuraban noivo ou as que desexaban saír con ben do parto. A auga que apoza nas pías é boa para curar as espullas. Quen consegue pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man cura da reuma.
  • 26. Lagoa de Doniños BERCES -Xunto á lagoa de Doniños hai unha pedra cunha pía que din que foi o berce no que aboiaron e se salvaron os nenos cando foi asolagada a cidade. -Na Pastoriza (Arteixo) está o Berce da Virxe.
  • 27. Cama ou Berce da Virxe (A lanzada) CAMAS Son pedras que combaten a infertilidade tendo relacións nelas; noutras déitanse as mulleres a tomar o luar para ter bos partos: cama ou berce da Virxe da Lanzada, Monte Pindo, San Guillerme de Fisterra, Taboadelo, Teixido… -Camas do Santo: nelas suponse que estivo deitado algún santo: Santiago en Padrón, Santo Amede en Tállara, San Lourenzo no monte Aloia,…
  • 28. O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida é unha peza circular de mármore cunha inscrición en latín e iniciais en grego. Ata 1887 fixo de ara na igrexa do século XII de Santa María da Ermida e desde 1925 está exposto no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. As mulleres fregábanse no Crismón de Quiroga para teren descendencia. PEDRAS FERTILIZANTES Utilizábanse para ritos de fertilidade (as parellas deitábanse nelas para ter fillos, as mulleres para dar leite ou lograr un embararazo), ou para pedir a chuvia. San Guillerme de Fisterra, Cama do Home de Taboadelo, Monte Pindo, Xalo (Culleredo)... Foto: Wikipedia
  • 29. PEDRAS CURADORAS As máis comúns son as PEDRAS FURADAS, asociadas a ritos de paso. -No Penedo Vigón de San Bieito da Cova da Loba cúrase o tangaraño. Tres Marías pasan ao neno polo burato da pedra decindo a ladaíña. Despois quítanlle a roupa e fan un atado que colocan nunha xesta. Se a xesta seca o neno morre, se a xesta medra, o neno cura. -Para curar a nenos choróns é boa a pedra furada de San Bartolomeu de Queirugás, en Verín. -Na procesión da Ascensión en Santa Mariña de Augas Santas os reumáticos levan grandes pedras ao lombo para curarse.
  • 30. -Pedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen e despois deixábase alí a roupa.
  • 31. -Pedra dos Cadrís de Muxía, á que se lle atribúe a curación do reuma, os riles e o lumbago. -Pedra en Muxía, á que se lle atribúe a curación de males da cabeza.
  • 32. ANTAS: son casas ou mesas das bruxas e das mouras. Tamén se di que son os fornos dos mouros. PEDRAS FUNERARIAS Asociadas a tumbos, menhires e dolmes, moradas provisionais das almas dos mortos. Abondan por toda Galiza. Dolme de Axeitos, ou Pedra do Mouro, en Oleiros (Ribeira). Contan os vellos que entre este dolmen e a peneda natural coñecida como a Pía do Frade hai unha trabe de ouro.
  • 33. Monte Facho (Fisterra) onde se cree que había una Ara Solis relacionadas con cultos de fecundidade. ARAS En Arbo as sacamandeiras curan as doenzas dos nenos pasándoos varias veces, espidos e lavados con auga bendita, por debaixo e por riba do altar da igrexa. Dalgúns altares sácanse areas chamadas pedras da ara que se levan para as casas para curar meigallos.
  • 34. PICO SACRO Estrabón (100 a. de C.) fala de ritos relacionados coas pedras no Mons Sacer (Pico Sacro), adicado ao Sol e a Xúpiter, no que, segundo un antigo costume, as pedras son voltas do revés e, despois de ofrecerlles unha libación devólvense ao xeito primitivo. Non se poden facer sacrificios nin ficar pola noite, porque é cando os deuses visitan o lugar. Aínda na actualidade seguen a facerse romerías no Pico Sacro con fins curativos.
  • 35. Contan no século VI neste monte da Paradanta (Coto da Vella, a 924 m de altitude) apareceu a Virxe debaixo dunha rochas o que deu lugar á devoción á virxe da Franqueira.
  • 36. Pegada do cabalo de Santiago na Pena das Ferraduras de Santo Estevo do Ermo-Barreiros PENEDOS DAS FERRADURAS Son pegadas visibles na pedra de cabalgaduras de santos, heroes ou demos. A burriña da Virxe cando fuxían a Exipto (Cortegada do Miño, Verín) ou cando venceu nunha aposta ao cabalo do demo (Castro Caldelas); a burra de Xesús cando fuxía dos xudeos; o cabalo de Santiago cando pelexaba contra os mouros (Santo Estevo do Ermo-Barreiros, O Incio, Verín...); do cabalo de Roldán (Carregal, Valdeorras, castro da Cidá-Ribeira...).
  • 37. Cruz do Seixo (Cerdedo) PEDRAS DOS MOUROS ou DAS MOURAS Agochan tesouros, altares, santos de ouroe, persoaxes míticos... Hai penedos que se abren petando neles, rañando cun coitelo ou dicindo unhas verbas máxicas. Estas crenzas tamén están relacionadas con antas e mámoas. En moitos penedos hai un culebrón que vixía os tesouros. Tamén abondan as pedras de sacrificio, con covas, pías, altares...
  • 38. -Pedra Longa (Tordoia): segundo a lenda, a pedra tróuxoa a Nosa Señora (a Virxe María). Tamén se di que no lugar repousaban os cabaleiros da Orde de Santiago e, na Noite de Fin de Ano, fala: quen a toca coas mans nota as súas vibracións.
  • 39. Pena da Moura (serra do Bocelo-Toques). Conta a lenda que estando un sacerdote rezando no lugar viu que a Pedra se abría amosando un fermoso altar de ouro. O crego quedou abraiado mirando para o tesouro e decidiuse a entrar na peneda, mais ao deixar o breviario no chan un golpe de aire remexeu as páxinas por onde estaba aberto facendo que a Pena da Moura se pechase. Outra lenda conta que a Pena da Moura foi traída ata alí por unha moura que a levaba na cabeza. Pousouna no chan para descansar e veu como a pedra ía medrando cada vez máis ata converterse no enorme penedo que é hoxe. A xente di que a base sobre o que descansa a Pena da Moura é a rodela que levaba a moura sobre a cabeza para transportar a pedra.
  • 40. Penas das Rodas (Outeiro de Rei-Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo.
  • 41. -Con de sete Pías, en Vilariño, Cambados (Pontevedra). Garda un tesouro. Desde aquí ata o Monte Lobeira hai enterrada unha cadea de ouro.
  • 42. CORGOS, PÍAS A auga das pías cura enfermidades das persoas e animais,, especialmente problemas dos ollos, da pel (espullas).... “Auga que estás en vena, ponte en pena, se o sol te enxuga, saga a verruga” -Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos. -A auga da Pioca de Santa Mariña de Augas Santas cura aos doentes dos ouvidos.
  • 43. -Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior.
  • 44. Pías nos montes de Buxantes
  • 45. Pías no monte Pindo
  • 46. As pedras do Santuario de Muxía son os restos da barca nas que chegou a Virxe. BARCAS DE PEDRA Embarcacións nas que viaxaban santos e outros persoeiros. A Virxe veu navegando nunha barca de pedra a visitar a Santiago cando predicaba en Galicia (Muxía). No río Pedras hai unha barca que uso San Xoán, En Teixido hai unha empregada por Santo Andrés. Santiago morto chegou a Iria nunha barca de pedra. O Conde Santo tamén volveu a Galiza nunha barca de pedra que era o seu sartego. En Noia está a Pena da Arca onde pasou Noé os corenta días e corenta noites do diluvio universal.
  • 47. Santo Andrés de Teixido MILLADOIROS OU AMILLADOIROS PEDRAS QUE SON ÁNIMAS Moreas de pedras que se ían xuntando nun lugar porque cada persoa que pasaba engadía unha en representación das ánimas: Santo André de Teixido, Ames, O Padornelo, Sandiás, Monte do Gozo, Milladoiro... Tamén hai o costume de deixar unha pedra cando se pasa por un sitio onde houbo unha morte súbita. As pedras teñen por misión acougar a alma do morto.
  • 48. PEDRAS DO RAIO Segundo a tradición son machados preshitóricos que se atopan no interior do toro dos carballos vellos, ou pedras que caeron do ceo ou foron tocadas polo raio. Teñen virtudes curativas (contra diversas enfermidades e mordeduras de animais pezoñentos), protexen contra as descargas eléctricas e úsanse como amuletos. PEDRAS DO COXO Machados de diorita que curan doenzas.
  • 49. -Por riba do Outeiro do Cruceiro no monte de Moaña existe unha pedra cun oco na parte superior que está sempre chea de auga que non seca nunca, con independencia do tempo que faga. Ademais, cóntase que a auga abala e devala ao son das mareas. -En Laza, para que non chova, cando se ve vir o arco da vella cargado, reviran dúas pedras. PEDRAS DA AUGA Serven para pedir ou adiviñar chuvia. Nalgúns lugares fan procesións e rogativas a penedos con coviñas ou pías. Hai pedras choronas que anuncian chuvia cando se ven húmidas. Os MOLEDROS: son pedras que se viran do revés para pedir chuvia. Deben facelo mozos e nenos. -A Pedra Mazafacha do monte Xalo (Culleredo) reparte e anuncia chuvia. -No Monte Aloia hai unha pedra que mira cara ao mar e pónselle a San Xulián enriba para pedir que chova.
  • 50. PEDRA DO SOL No Monte Aloia en Tui hai unha pedra na que poñían a imaxe de San Xulián para pedir bo tempo.
  • 51. PENEDO DOS VENTOS Está na serra de Capelada preto de Santo Andrés de Teixido. Nel críanse os ventos que secan os froitos. Cando ameazaba neboeiro metíaselle nas fendas trigo das eiras.
  • 52. MARCO DO VENTO (Monte Seixo-Cerdedo). Contan os máis vellos do lugar que o emprazamento da pedrafita é o lugar onte o dá a volta o
  • 53. PEDRA DAS TREBOADAS Na crebadura dun seixo de San Xoán da Cova (A Ulla) nacen as Treboadas.
  • 54. Santo dos Croques Foto Wikipedia PENAS DOS CROQUES Curan polo sistema de darlles golpes coa cabeza. -Pena tallada de Laza, para dores de cabeza. -Dar golpes contra o Santo dos Croques (mestre Mateo) da catedral de Santiago aumenta a intelixencia.
  • 55. A Pedra Alta da Antela: Era o marco divisorio de tres concellos da provincia de Ourense: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreáus, que forman parte do Val de Antela ou A Limia. A virxe ía voando de camiño a Cortegada dende o monte Poedo levando a pedra na cabeza e ao chegar onde está hoxe, caéulle quedando chantada no chan. Outros dín que era unha moura que ía fiando á vez que levaba a pedra na cabeza. PEDRAS FITAS Son os antigos menhires, lugares de culto, posiblemente os antecedentes dos cruceiros ou dos marcos das fincas. O que cambia un marco estará sen acougo no outro mundo e converterase en alma en pena ata que o marco volva ao seu lugar. Outros din que vagará pola eternidade co marco ao lombo preguntando... onde o pouso?
  • 56. PRINCESAS PETRIFICADAS -No coto do Castelo (Vilamartín de Valdeorras) hai tres princesas encantadas que foron convertidas en pedras polos mouros cando fuxían con elas perseguidos por Roldán e os seus cabaleiros. -En Puxares (Quiroga) había tres costureiras moi bonitas. Roldán namorouse delas. Para darlle largas dixéronlle: “Temos de ir contigo ás Francias Cando veña o río Xares Por diante da nosa casa” Foi tal a ansia de Roldán que o río Xares cambiou o curso. Os veciños cantaban: Costureiras de Puxares Vinde lavar as perniñas Ás augas do río Xares. As costureiras fuxiron e pedíronlle axuda ao demo que as convertiu en pedras.
  • 57. PENA DA COVA DA SERPE Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.
  • 58. PENA DA SERPE. GUNDAMIL En Corme (Ponteceso-A Coruña). Representa unha serpe ou, se cadra, dúas?. Sobre a pena púxose unha cruz de pedra. Unha explicación cristiá di que é memoria dun milagre que fixo Santo Adrián librando aquela comarca dunha invasión de serpes. Debaixo dela encantou a todo un exército de serpes que seguen alí. Outras versións relacionan esta pedra co culto ás serpes por parte dos saefes.
  • 59. PORTA DO ALÉN. MONTE SEIXO Un grupo de penedos en equilibrio que forman unha abertura a xeito de porta que serve para conversar cos que están no outro mundo (O Alén). Hai que ir no mes de Santos e levar algún presente para comer e beber, pan e viño preferentemente, e tamén unha candea para alumar. Logo xa pode preguntar o que desexe e as respostas víranlle dacabalo do vento. Pero non podes revelar o falado alí ou quedarás rouquexo para sempre.
  • 60. A lenda fala dos amores furtivos de Aldina e Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do Sobroso, el un humilde labrego que se deixou tentar por un amor imposible, segundo as comenencias sociais da época. Aldina, saía cada tarde co pretexto de dar un paseo a cabalo para atoparse co seu amado Tristán. Víanse ás agochadas nestas pedras. Don Álvaro, descúbreos e cheo de carraxe mata a Tristán. Aldina volve tres días en busca del e descubre que está morto. Chea de pena péchase na torre do castelo e morre. RITO DAS TRES PEDRAS: os namorados que queren saber o seu futuro colócanse de costas á pena dos namorados e tiran tres pedras por riba do seu ombreiro. Se quedan as tres pedras sobre a rocha casarán en menos dun ano; se quedan dúas, entre un e dous; se queda unha máis de dous anos e se non queda ninguna non casarán. PENA DOS NAMORADOS En Arcos (Ponteareas)
  • 61. CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO Pazo de Vilardefrancos (Artes-Carballo). Segundo a tradición, cando santo Antonio peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo derrubou o edificio. Conta a lenda que o burato do carballo é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. As mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual serve para pedir un desexo calquera. Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido que semella sangue (prodixio atribuído ao santo Antonio).
  • 62. PENEDO DE MURIAS (Rao-Navia de Suarna). Hai lendas relacionadas cos mouros. Tamén din que existe un burato que se se tira unha pedra soa como se fose metal. Contan que durante as Guerras Carlistas do século XIX un grupo de soldados que fuxía das forzas liberais agochou un tesouro neste penedo. Foron moitos os que o buscaron, pero nunca deron con el.
  • 63. Laxe das Rodas (Muros) PETRÓGLIFOS Segundo a tradición popular fixéronos os mouros.
  • 64. PEDREGAL DE IRIMIA Unha acumulación de rochas na ladeira da serra de Meira, onde nace unha das cabeceiras do río Miño. Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe daquelas pedras: -Unha vella que estaba sempre a rifar co seu home e un día díxolle que botase a correr sen mirar atrás. O home virou a cabeza e a vella, dicindo unhas palabras, fixo que uns paxaros enormes comezaran a guindarlle pedras enriba. -Uns demos que tentaron derrubar un antigo cenobio dos frades cistercienses. Os frades comezaron a rezar e os demos recuaron e abandonaron as pedras. -Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras para defenderse dos frades do convento e caíronlle no monte. Outra versión di que os frades tentaron apropiarse das terras da meiga onde había mananciais e ela cubriunos de pedras. -Pecadores petrificados que agardan ser purificados polas augas daquelas fontes.
  • 65. Cristal de seixo OUTRAS CRENZAS -Non se pode traballar a terra nin remexer as pedras no día de defuntos para non incomodar ás ánimas e que non veñan desgrazas (nas pedras acóllense as ánimas do purgatorio). -Case todas as pedras poden ser ánimas: as dos amilladoiros, as do Camiño de Santo Andrés, as pedras que se poñen ao pé das cruces dos camiños... -Hai pedras faladoras das que saen sons: Bares, Covelo (Pena do Ruído). -O seixo (cristal de rocha) úsase nalgúns lugares para protexer dos males ou facilitar o parto.
  • 66. REFRÁNS -Pedra movedía, nunca musgo cría. -A pedra é dura e a pingueira miúda, máis caíndo a cotío fai cavadura. -Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza. -A pedra redonda nunca moito acouga. -Pedra de Igrexa, ouro gotexa. -Quen furga e se amaña, ata das pedras saca. -O pau e a pedra no camiño medran. -A pedra que moito roda, para cimento non é boa.
  • 67. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta BIBLIOGRAFÍA “Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco “Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999. “Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro Decembro 2014