Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin junio 2016

776 views

Published on

Boletín Parroquia San Francisco de Asís de Los Tilos - junio 2016

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletin junio 2016

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 191 - Xuño 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS TEMPOS DE AVALIACIÓN Remata un novo curso; curso académico para os estudantes; curso de avalia- ción e programación para todos, tamén para os cristiáns. Este ano os mem- bros da Igrexa tiñamos e temos unha proposta moi importante, feita polo Papa Francisco; unha proposta, feita cruz, pois abrangue a nosa relación de Deus connosco e a nosa con Deus −é unha proposta vertical− e, ao mesmo tempo, é unha proposta horizontal, pois abrangue as relacións cos irmáns, especialmente cos máis desfavorecidos. Esta dobre proposta ten moito de cruz porque se leva ás costas pero tamén porque é liberadora. Ao longo deste curso, invitóusenos e segue invitándosenos no que queda de Ano Santo a seguir as obras de misericordia. Ata aquí a tarefa e, a partir de aquí, a avaliación: - Notouse na miña vida que é Ano de Misericordia? - Fun ou son quen de recoñecer que necesito da misericordia do Señor? - Fun ou son quen de recoñecer que preciso da misericordia dos irmáns? - Repasando as obras de misericordia, entran todas nos meus compromisos e actitudes de seguidor de Xesús? Deus, noso Pai, é misericordioso pero gustalle ver que “o fillo volve á casa” e que “o fillo que está na casa acolle con misericordia ao irmán”. Ao longo do verán e ata o vinte de novembro, en que remata o Ano Santo da Misericordia, temos a oportunidade de “exercer a misericordia” e, unha vez superada a avaliación, levala integramente nas nosa vidas. REMATA O CAMIÑO, PERO CHEGAMOS Á META? O próximo día 18 remataremos o percorrido do Camiño Portugués. Cantos pasiños!, que son indicativos de que con pequenas cousas se acadan grandes obxectivos. Cantas escenas da beleza da natureza galega!, que son retratos da obra da creación. Cantos momentos e espazos para a reflexión!, oportunida- de para poñer a nosa vida onde se merece. Remata o camiño, pero... aínda que chegamos á Porta do Perdón, na Catedral, para acadar as metas dos diferentes ámbitos da vida temos que seguir loitan- do, pasiño a pasiño. Ao mellor, rematado o percorrido do Camiño Portugués, sería bo que indivi- dualmente ou como parellas, pensaramos que retos nos quedan abertos cara ao futuro inmediato. O día 18 sairemos ás 9 dos Tilos e comezaremos a mini etapa do Milladoiro- Santiago na capela da Madalena ás 9:30 da mañá. Xuntarémonos na praza da Quintana para entrar na Catedral pola Porta Santa. Situarémonos na nave da Acibechería agás os nenos/as, que terán un lugar especial. Co noso coro parroquial, xunto con todos os presentes, animaremos a celebración eucarís- tica mediante os nosos cantos. Teremos a invocación ao Apóstolo Santiago e repartiremos a todos os presen- tes un signo de amor e compromiso no Ano Santo da Misericordia. Tras rematar a Eucaristía, faremos a foto do grupo na praza da Acibechería. Logo, cadaquén pode facer o seu programa: comer en Santiago, volver á casa, etc.
  2. 2. • A escuridade dunha vida sen Deus, que me impide experimentar a verdadeira paz ou seguir un camiño atraente cara á verdadeira luz, que sae sempre con misericordia ao noso encontro. Ti moves o noso corazón á miseri- cordia e ao amor. Limpa, Señor, o noso barro, acende as nosas lámpadas, énchenos de esperanza e sálvanos. Fainos caer na conta do importante que é que sexamos misericordiosos para acadar a túa misericordia. Perdóanos, Señor, como perdoamos nós de corazón. Danos a túa luz para poder ver e ilu- minar aos que van polo noso mesmo camiño. PARROQUIA VIVA 3.- Pleno do Consello pastoral parro- quial, ás 20:30 h. 4.- Sábado. 6ª etapa do Camiño Portugués: Padrón-O Milladoiro. Saída ás 8:30 h. Viremos xantar á casa. 5.- XX Aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial. Logo da misa de 12, teremos o com- partir, no salón de actos da Asociación. 13.- Comeza a preparación intensiva para os nenos/as que van a recibir os Sacramentos da Penitencia e Eucaristía, ás 19 horas. 18.- Última etapa do Camiño Portugués: O Milladoiro-A Catedral. Saída dos Tilos, ás 9 h. Logo partici- pación, despois de entrar pola Porta Santa, na misa de 12. 25.- Celebración comunitaria do per- dón, ás 18 h. 26.- Primeiras Comuñóns, ás 12 h. 29.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20:30 h. XULLO 2.- Primeiras Comuñóns, ás 5 da tarde. 3.- Primeiras Comuñóns, ás 12 da mañá (en galego). SETEMBRO 20.- Asemblea parroquial preparato- ria para o novo curso. SODES A LUZ DO MUNDO… Ao noso redor hai moita escuridade que tería que ser iluminada polos que estamos convidados a sermos luz. • A escuridade de familias en dificultade por mor dunha crise que provoca dor, impotencia, insegurida- de e ameaza dun futuro incerto. • A escuridade da pobreza, fame e subdesenvolvemento: case 900 millóns de persoas desnutridas e máis do 8% dos nenos dos países en desenvolvemento que morren antes dos 5 anos. • A escuridade dos inmigrantes e refuxiados que foxen da fame e da guerra, que tanto arriscan no camiño para chegar a non saben onde. • A escuridade de pais e nais anguriados polo drama dun fillo que convive coa droga ou co alcohol. • A escuridade de moitas fami- lias que non teñen suficiente para rematar o mes ou para poder seguir vivindo. • A escuridade da miña vida chea de dificultades e egoísmos, incapaz de conectar coa mensaxe do Evanxeo. • A escuridade das miñas con- tradicións, mentiras e enganos que me impiden ser lámpada. ACONTECEMENTOS Bautismos: Mónica Omorodión, de Samuel e Lucy (15-05-2016) Marcos Seoane Hortas, de Juan Carlos e Eva María (22-05-2016) David García Rossi, de Sergio e María Jimena (05-06-2016) Confirmacións: (15-05-2016) Carla Lobato Bandín Milagros Souto Cotón Carlos Parrado Casas Mónica Omorodión Lucía Ordás López Lucía García Ramón Marcos Pérez Lajos Clara Baliñas Vidal Samuel Baliñas Vidal Blanca Fraga Cimadevila Pablo Ferradás Rodríguez Adriana Lea Sánchez Juan Pérez Avilés Dolores Mouriño Ferreiro Alicia Aceituno Carbajo Encarnación Emilia Romero Calvo Defuncións: José Luis Pallares Rodríguez (Trav. de Montouto 7, Baixo B) (24-05- 2016)

×