SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 199 - Xuño 2017
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
VODAS DE OURO SACERDOTAIS
Ter un párroco con 28 anos de antigüidade supón que máis dunha xeneración
de fregueses conviviu con el no proceso de constitución dunha comunidade
e de avanzar nunha experiencia de fe adulta e comprometida.
Todo o proceso de fe que se realiza nos sacramentos de iniciación chegáron-
nos da súa man, a iniciación na oración con sentido comunitario tamén, e as
celebracións eucarísticas dominicais, coa súa secuencia cíclica, enriquecidas
co seu maxisterio, seguramente marcaron a nosa experiencia relixiosa e de
familia crente. Pero hai máis, ter dirixido e cooperado na construción do tem-
plo e complexo parroquial foi tamén algo decisivo desde unha visión máis
material, pero se a isto engadimos que conviviu con todos dentro da mesma
urbanización aínda resalta máis unha dedicación integrada e próxima, pouco
frecuente nestes tempos.
Por iso dedicamos especialmente a edición deste boletín a D. Benjamín,
transcribindo o seu saúdo e o relato da súa historia persoal como pastor, con
variadas experiencias pastorais, e como párroco.
Congratulámonos, na celebración das súas Vodas de Ouro sacerdotais, co seu
servizo e entrega. Grazas, moitas grazas, e que o Señor o recompense.
Queridos fregueses e veciños da parroquia dos Tilos. Quero facervos partí-
cipes, neste último boletín do curso 2016-2017, dunha pequena semblanza
dos meus cincuenta anos de sacerdote. Desexo que todos sexades coñecedo-
res dos meus comezos no Seminario de Belvís ata o día de hoxe. Esta é unha
pequena contribución para unha revista que a nosa promoción sacerdotal
(1967-2017) editará con motivo das vodas de ouro sacerdotais:
PARROQUIA VIVA
4.- XXI Aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial.
Confirmacións. Logo da misa de 12, festa do compartir. Os alimentos deben
traerse antes das 11:30.
8.- Pleno do Consello pastoral parroquial ás 20:30.
10.- Excursión parroquial das familias de catequese e da parroquia.
17.- Celebración comunitaria do perdón ás 18:00.
18.- Festa do Corpus Christi. Día nacional da Caridade.
25.- Primeiras Comuñóns ás 12 da mañá.
28.- Reunión do grupo de Cáritas ás 20:30.
SETEMBRO:
16.- Asemblea parroquial para o novo curso.
ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Martín Gil SanMiguel, de Senén e Isabel (07-05-2017)
David Hortas Rodríguez, de Javier e Mª Carmen (07-05-2017)
Confirmacións:
María Tomé Castro
Paula García López
Carolina Gómez Martínez
María Lete Blanco
Alejandro da Silva Sueiro
Francisco López Lamas
Santiago Golpe Sánchez
Ian Alonso Neira
Juan Ramón Blanco Ferreiro
Zaira Fernández Lea
Sandra María Soneira Pérez
Sara Seoane Mata
Fabián Rodríguez Costa
Defuncións:
Mª del Carmen Criado Abeal (18-05-2017)
e Urquijo coa mediación da familia
López Calo, puiden seguir no
Seminario; rematada a etapa humanís-
tica en Belvís, pasamos ao Seminario
Maior para seguir coa formación filo-
sófica e teolóxica. Non quero porme-
norizar nin nos formadores nin nos
profesores nin, sequera, na alimenta-
ción; aspectos que, vistos desde hoxe,
son un argumento máis para afirmar
que a presenza e a graza do Señor se fai
viva e presente en circunstancias, per-
soas e situacións moi dispares.
Acabada a etapa formativa, chega, o 23
de xullo do ano 1967, a ordenación
sacerdotal. Miras o presente e, sobre
todo, miras o futuro dun sacerdote
novo, sen ser moi consciente do que
vai implicar para un, para a Igrexa e
para a sociedade, o Concilio Vaticano
II, recentemente concluído. Ao mesmo
tempo, quizais sen darlle a importancia
que logo tivo, vai pasar coa revolución
estudantil do ano 1968. No nivel perso-
al, ambos os dous acontecementos van
marcar as miñas inquedanzas de cura e
crego recentemente ordenado.
Fun enviado a unha parroquia (S.
Cosme de Oíns) do concello de Arzúa,
onde redescubrín a bondade, a relixio-
sidade e a proximidade da xente desta
parroquia.
Dous anos despois destináronme como
coadxutor a S. Martín de Noia, outra
experiencia distinta e que me esixía
Hoxe, ante a óptica dun crente en
Xesús, e mirando cara atrás, non cin-
cuenta anos senón sesenta e dous, debo
facer un público recoñecemento: na
miña vida todo o considero graza,
incluso cando, en varios momentos
deste montón de anos non o sentía así.
Repito todo é graza: nacín no seo
dunha familia humilde, nunha aldea
(Vilacoba, no concello de Lousame);
xunto cos meus pais (Heliodoro e
Teresa) nacemos e medramos cinco
irmáns (dos cales só tres seguimos
peregrinando). A escola e a igrexa
parroquial conformaron, xunto coa
familia, unha trindade dun neno que,
aos dez anos, é invitado a ir ao
Seminario como única oportunidade de
seguir estudando e como sementeiro de
vocacións sacerdotais. Alí, en Belvís,
lonxe de tódalas vivencias da miña
nenez, encontreime cun montón de
rapaces e non tan rapaces que, dirixido
por un grupo de cregos (non creo que
fose equipo sacerdotal), nos instaba a
formarnos en catro actitudes: piedade,
disciplina, urbanidade e aplicación.
Endexamais escoitara semellantes ter-
mos pero, hoxe, non daquela, son cons-
ciente da súa grande importancia na
formación e crecemento persoal. Así,
nun clima de multitude, fómonos
modelando como persoas e, incluso, na
incipiente vocación sacerdotal. Pasan
tres anos, e grazas a D. Lucas de Oriol
unha presenza máis actualizada cun
novo tipo emerxente de mocidade
(falo dos anos setenta). Sete anos des-
pois, previa petición, fun enviado a
Ordoeste e Barcala, engadindo logo
Corneira (todas no concello da Baña).
Ao mesmo tempo matriculeime na
facultade de Psicoloxía co único inte-
rese de formarme, e de sentirme, con
32 anos, mozo entre mozos/as de 18
anos. Tras rematar Psicoloxía, fun
enviado a Roma e, á volta, encargá-
ronme a Pastoral Familiar na Diocese
xunto coa adscrición a S. Xoán de
Calo. Catro anos despois (1989) pro-
puxéronme crear unha parroquia
nova, como comunidade canónica,
pois como tal comunidade cristiá xa
nacera anos antes; e aquí sigo hoxe.
Esta é a parroquia de S. Francisco de
Asís dos Tilos, no concello de Teo.
Cincuenta anos despois, vexo todo
isto como don e como graza; máis que
dar recibín moitas ensinanzas que me
foron forxando para ir corrixindo
aspectos e integrándoos na vida per-
soal e sacerdotal; cincuenta anos nos
que, xunto as cruces diarias sempre
atopei “cireneos”, expresión da pre-
senza do Señor Xesús na tarefa dun
cristián sacerdote.
A súa compaña sempre foi para min
apoio e estímulo para seguir adiante.
Dende hai vinte anos que resido no
complexo parroquial de S. Francisco
de Asís dos Tilos, sempre tiven dous
veciños, irmáns sacerdotes, Luis e José
Antonio Seoane Ares, pero, en todo
momento, e quero confesalo con toda
humildade, teño un amigo, día e noite,
ao que cando estou a punto de quedar
durmido lle digo: “Xesús, amigo e
veciño, quedas de garda”, ao mesmo
tempo que lle pido graza e perdón.
Asegúrovos que non falla.
Deixo para o final un recordo especial e
entrañable para os compañeiros de pro-
moción, sacerdotes e segrares: grazas
por estar sempre aí; grazas pola vosa
amizade; grazas, pois a vosa constancia
fixo e fai posible que durante estes anos
nos xuntásemos para rezar, para cele-
brar e para fortalecer a nosa amizade.
Grazas, grazas, grazas.
P.D. Non sei o que o Señor nos ten gar-
dado, pero o que me gustaría é que
agora fose toda a xente da parroquia
dos Tilos: unha comunidade como era
a dos anos 90; comunidade viva, comu-
nidade profética (que denunciaba os
males e carencias e, que ao mesmo
tempo, loitou para que aquela veciñan-
za fose tamén unha comunidade cristiá
(chegando a constituírse en parro-
quia); que a nosa parroquia fose un fiel
reflexo da primeira comunidade dos
apóstolos: na fracción do pan, na
escoita da Palabra e na oración.
Neste primeiro domingo de xuño, día
de Pentecoste, o Señor envíanos o seu
Espírito; só fai falla a nosa vontade
de facer realidade este proxecto de
comunidade.
TODO É GRAZAS A DEUS

More Related Content

What's hot (20)

Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016
 
Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182
 
Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015
 
Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016 Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011
 
19º domingo toc 2016 bene pagola
19º domingo toc 2016  bene pagola19º domingo toc 2016  bene pagola
19º domingo toc 2016 bene pagola
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
4º pascua b 2015 bene pagola
4º pascua b 2015  bene pagola4º pascua b 2015  bene pagola
4º pascua b 2015 bene pagola
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
10º corpus christi 2015 b bene pagola
10º corpus christi 2015  b  bene pagola10º corpus christi 2015  b  bene pagola
10º corpus christi 2015 b bene pagola
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 

Similar to Boletin xuño 2017 (18)

Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Semana del 1 al 7 de octubre
Semana del 1 al 7 de octubreSemana del 1 al 7 de octubre
Semana del 1 al 7 de octubre
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
2º advento 2013 bene pagola
2º  advento 2013 bene pagola2º  advento 2013 bene pagola
2º advento 2013 bene pagola
 
1 bautismo do señor c 2013 bene pagola
1 bautismo do señor c 2013 bene pagola1 bautismo do señor c 2013 bene pagola
1 bautismo do señor c 2013 bene pagola
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de GaliciaOfrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
 
El Papa Francisco
El Papa Francisco El Papa Francisco
El Papa Francisco
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 

More from parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

More from parroquiadostilos (8)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin xuño 2017

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 199 - Xuño 2017 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS VODAS DE OURO SACERDOTAIS Ter un párroco con 28 anos de antigüidade supón que máis dunha xeneración de fregueses conviviu con el no proceso de constitución dunha comunidade e de avanzar nunha experiencia de fe adulta e comprometida. Todo o proceso de fe que se realiza nos sacramentos de iniciación chegáron- nos da súa man, a iniciación na oración con sentido comunitario tamén, e as celebracións eucarísticas dominicais, coa súa secuencia cíclica, enriquecidas co seu maxisterio, seguramente marcaron a nosa experiencia relixiosa e de familia crente. Pero hai máis, ter dirixido e cooperado na construción do tem- plo e complexo parroquial foi tamén algo decisivo desde unha visión máis material, pero se a isto engadimos que conviviu con todos dentro da mesma urbanización aínda resalta máis unha dedicación integrada e próxima, pouco frecuente nestes tempos. Por iso dedicamos especialmente a edición deste boletín a D. Benjamín, transcribindo o seu saúdo e o relato da súa historia persoal como pastor, con variadas experiencias pastorais, e como párroco. Congratulámonos, na celebración das súas Vodas de Ouro sacerdotais, co seu servizo e entrega. Grazas, moitas grazas, e que o Señor o recompense. Queridos fregueses e veciños da parroquia dos Tilos. Quero facervos partí- cipes, neste último boletín do curso 2016-2017, dunha pequena semblanza dos meus cincuenta anos de sacerdote. Desexo que todos sexades coñecedo- res dos meus comezos no Seminario de Belvís ata o día de hoxe. Esta é unha pequena contribución para unha revista que a nosa promoción sacerdotal (1967-2017) editará con motivo das vodas de ouro sacerdotais: PARROQUIA VIVA 4.- XXI Aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial. Confirmacións. Logo da misa de 12, festa do compartir. Os alimentos deben traerse antes das 11:30. 8.- Pleno do Consello pastoral parroquial ás 20:30. 10.- Excursión parroquial das familias de catequese e da parroquia. 17.- Celebración comunitaria do perdón ás 18:00. 18.- Festa do Corpus Christi. Día nacional da Caridade. 25.- Primeiras Comuñóns ás 12 da mañá. 28.- Reunión do grupo de Cáritas ás 20:30. SETEMBRO: 16.- Asemblea parroquial para o novo curso. ACONTECEMENTOS Bautismos: Martín Gil SanMiguel, de Senén e Isabel (07-05-2017) David Hortas Rodríguez, de Javier e Mª Carmen (07-05-2017) Confirmacións: María Tomé Castro Paula García López Carolina Gómez Martínez María Lete Blanco Alejandro da Silva Sueiro Francisco López Lamas Santiago Golpe Sánchez Ian Alonso Neira Juan Ramón Blanco Ferreiro Zaira Fernández Lea Sandra María Soneira Pérez Sara Seoane Mata Fabián Rodríguez Costa Defuncións: Mª del Carmen Criado Abeal (18-05-2017)
  • 2. e Urquijo coa mediación da familia López Calo, puiden seguir no Seminario; rematada a etapa humanís- tica en Belvís, pasamos ao Seminario Maior para seguir coa formación filo- sófica e teolóxica. Non quero porme- norizar nin nos formadores nin nos profesores nin, sequera, na alimenta- ción; aspectos que, vistos desde hoxe, son un argumento máis para afirmar que a presenza e a graza do Señor se fai viva e presente en circunstancias, per- soas e situacións moi dispares. Acabada a etapa formativa, chega, o 23 de xullo do ano 1967, a ordenación sacerdotal. Miras o presente e, sobre todo, miras o futuro dun sacerdote novo, sen ser moi consciente do que vai implicar para un, para a Igrexa e para a sociedade, o Concilio Vaticano II, recentemente concluído. Ao mesmo tempo, quizais sen darlle a importancia que logo tivo, vai pasar coa revolución estudantil do ano 1968. No nivel perso- al, ambos os dous acontecementos van marcar as miñas inquedanzas de cura e crego recentemente ordenado. Fun enviado a unha parroquia (S. Cosme de Oíns) do concello de Arzúa, onde redescubrín a bondade, a relixio- sidade e a proximidade da xente desta parroquia. Dous anos despois destináronme como coadxutor a S. Martín de Noia, outra experiencia distinta e que me esixía Hoxe, ante a óptica dun crente en Xesús, e mirando cara atrás, non cin- cuenta anos senón sesenta e dous, debo facer un público recoñecemento: na miña vida todo o considero graza, incluso cando, en varios momentos deste montón de anos non o sentía así. Repito todo é graza: nacín no seo dunha familia humilde, nunha aldea (Vilacoba, no concello de Lousame); xunto cos meus pais (Heliodoro e Teresa) nacemos e medramos cinco irmáns (dos cales só tres seguimos peregrinando). A escola e a igrexa parroquial conformaron, xunto coa familia, unha trindade dun neno que, aos dez anos, é invitado a ir ao Seminario como única oportunidade de seguir estudando e como sementeiro de vocacións sacerdotais. Alí, en Belvís, lonxe de tódalas vivencias da miña nenez, encontreime cun montón de rapaces e non tan rapaces que, dirixido por un grupo de cregos (non creo que fose equipo sacerdotal), nos instaba a formarnos en catro actitudes: piedade, disciplina, urbanidade e aplicación. Endexamais escoitara semellantes ter- mos pero, hoxe, non daquela, son cons- ciente da súa grande importancia na formación e crecemento persoal. Así, nun clima de multitude, fómonos modelando como persoas e, incluso, na incipiente vocación sacerdotal. Pasan tres anos, e grazas a D. Lucas de Oriol unha presenza máis actualizada cun novo tipo emerxente de mocidade (falo dos anos setenta). Sete anos des- pois, previa petición, fun enviado a Ordoeste e Barcala, engadindo logo Corneira (todas no concello da Baña). Ao mesmo tempo matriculeime na facultade de Psicoloxía co único inte- rese de formarme, e de sentirme, con 32 anos, mozo entre mozos/as de 18 anos. Tras rematar Psicoloxía, fun enviado a Roma e, á volta, encargá- ronme a Pastoral Familiar na Diocese xunto coa adscrición a S. Xoán de Calo. Catro anos despois (1989) pro- puxéronme crear unha parroquia nova, como comunidade canónica, pois como tal comunidade cristiá xa nacera anos antes; e aquí sigo hoxe. Esta é a parroquia de S. Francisco de Asís dos Tilos, no concello de Teo. Cincuenta anos despois, vexo todo isto como don e como graza; máis que dar recibín moitas ensinanzas que me foron forxando para ir corrixindo aspectos e integrándoos na vida per- soal e sacerdotal; cincuenta anos nos que, xunto as cruces diarias sempre atopei “cireneos”, expresión da pre- senza do Señor Xesús na tarefa dun cristián sacerdote. A súa compaña sempre foi para min apoio e estímulo para seguir adiante. Dende hai vinte anos que resido no complexo parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos, sempre tiven dous veciños, irmáns sacerdotes, Luis e José Antonio Seoane Ares, pero, en todo momento, e quero confesalo con toda humildade, teño un amigo, día e noite, ao que cando estou a punto de quedar durmido lle digo: “Xesús, amigo e veciño, quedas de garda”, ao mesmo tempo que lle pido graza e perdón. Asegúrovos que non falla. Deixo para o final un recordo especial e entrañable para os compañeiros de pro- moción, sacerdotes e segrares: grazas por estar sempre aí; grazas pola vosa amizade; grazas, pois a vosa constancia fixo e fai posible que durante estes anos nos xuntásemos para rezar, para cele- brar e para fortalecer a nosa amizade. Grazas, grazas, grazas. P.D. Non sei o que o Señor nos ten gar- dado, pero o que me gustaría é que agora fose toda a xente da parroquia dos Tilos: unha comunidade como era a dos anos 90; comunidade viva, comu- nidade profética (que denunciaba os males e carencias e, que ao mesmo tempo, loitou para que aquela veciñan- za fose tamén unha comunidade cristiá (chegando a constituírse en parro- quia); que a nosa parroquia fose un fiel reflexo da primeira comunidade dos apóstolos: na fracción do pan, na escoita da Palabra e na oración. Neste primeiro domingo de xuño, día de Pentecoste, o Señor envíanos o seu Espírito; só fai falla a nosa vontade de facer realidade este proxecto de comunidade. TODO É GRAZAS A DEUS