1. BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 193 Novembro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
REMATA A MISERICORDIA?
O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da
Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un
ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben
camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como
fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as
obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte
grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr.
Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si
do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie
dade planetaria).
A miña reflexión, que quero compartir cos lec
tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as
obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano
Santo da Misericordia remata pero as obras de
misericordia permanecen ou deben permanecer
na nosa vida comprometida de crentes cristiáns.
As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser
como un vademécum (van comigo) na vida
cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons
tante SI á caridade reflectida nas obras de mise
ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a
Deus e aos irmáns.
Unha aperta do voso párroco.
PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA
Non queremos que permane
za no esquecemento a
Peregrinación a Terra Santa
que, dende o 20 ao 29 de
xullo, fixemos un grupo de
vinte e dúas persoas. Ir a
Terra Santa sempre é unha
experiencia enriquecedora.
Visitar os Santos Lugares é
poñerlle sitio á presenza de
Xesús: dende Belén ata o
Santo Sepulcro hai moitas
vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan
xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San
Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri
nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania.
Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei
ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas,
na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este
traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que
agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a
Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
2. Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc
9,3840; 8,3233; 10,4245) e exhorta
á corrección fraterna: Se teu irmán
peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti
só con el. (Mt 18,1517).
O Evanxeo proponnos corrixir e axu
dar a medrar a unha persoa… pero sen
emitir xuízos sobre a súa responsabili
dade e a súa culpabilida de (Papa
Francisco, Evagelii Gaudium 172).
4. Consolar ao triste
… pois o Señor consolou ao seu pobo
e compadeceuse dos seus pobres (Is
49,13). Ditosos os que choran, porque
eles serán consolados… Ditosos os
misericordiosos, porque eles acadarán
misericordia (Mt 5,4.7).
Os gozos e as esperanzas, as tristuras e
as angurias dos homes do noso tempo,
sobre todo dos pobres e de cantos
sofren, son á súa vez gozos e esperan
zas, tristuras e angurias dos discípulos
de Cristo (Vaticano II, Gaudium et
Spes 1).
5. Perdoar as ofensas
Pedoa as nosas ofensas como tamén
perdoamos nós a quen nos ten ofendi
do… Porque se perdoades aos outros
as ofensas que vos fan, tamén voso Pai
celestial perdoará as vosas; pero se
non perdoades aos outros, o voso Pai
celestial tampouco perdoará as vosas
ofensas (Mt 6,12.1415).
Señor, cantas veces terei que perdoar a
meu irmán se me segue ofendendo?
ata sete veces? Respondeulle Xesús:
PARROQUIA VIVA
1. Festa de Todos os Santos.
2. Misa por todos os familiares e
veciños defuntos, ás 20:00.
20. Festa de Cristo, Rei do Universo.
Remata o Ano Santo da Misericordia.
23. Reunión do grupo de Cáritas, ás
19:30.
27. Primeiro domingo de Advento.
Ciclo A.
1. Ensinar ao que non sabe
“Toda a xente acudía a el, e El ensiná
baos” (Mc 2,13).
Aconsellar e deixarse aconsellar para
discernir a verdade, compartir para
aprender uns dos outros. Ante tales
cometidos, o máis urxente hoxe é levar
os homes a descubrir a súa capacidade
de coñecer a verdade e o seu anhelo
dun sentido último e definitivo da exis
tencia (San Xoán Paulo II. Fides et
Ratio 102).
2. Dar consello ao que o necesita
Entendes o que les? Contestoulle: e
como vou entendelo se ninguén mo
explica? (Feit 8,3031). Estade dispos
tos sempre a responder a todo aquel
que vos pida razón da esperanza que
levades dentro (1Pe 3,15).
Hai que facelo con humildade, pensan
do só no outro, sen dirixir nin crear
dependencias que condicionen a liber
dade. Aconsellar provocando as pre
guntas de fondo que caracterizan o
percorrido da existencia humana: quen
son? de onde veño e a onde vou? por
que existe o mal? que hai despois desta
vida? (San Xoán Paulo II, Fides et
Ratio 1).
3. Corrixir ao que erra
Pobreza e vergoña para o que desbota
a instrución, mais quen escoita a críti
ca acadará honra (Pr 13,18).
Aguantade o sufrimento coma un casti
go educativo: é Deus que vos trata
coma fillos. Porque quen é o fillo a
quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7).
“Non che digo ata sete veces, senón
ata setenta e sete” (Mt 18,2122).
6. Soportar con paciencia os defec
tos do próximo
Máis vale o temperado héroe e quen
domina a paixón có que conquire
unha vila (Pr 16,32).
Como lle poderás dicir a teu irmán:
“Irmán, deixa que che quite o lixo
que tes no ollo”, sen reparar na trabe
que tes no teu? Hipócrita! Quita pri
meiro a trabe do teu ollo, e logo verás
claro para quitar o lixo do ollo de teu
irmán (Lc 6,42).
O amor é de corazón grande, é servi
cial… non se alporiza, non garda
malicia… Desculpa sempre… atura
sempre (1Cor 13,47).
Aturádevos uns aos outros e perdoá
devos, cando un teña queixa doutro…
(Col 3,13).
7. Rogade a Deus polos vivos e
polos defuntos
Pois se non crese na resurrección dos
mortos, non sei a que viría rezar polos
defuntos. Pero para o que pensa que
aos que morren piadosamente lles
está reservada unha recompensa mag
nífica, a cousa é piadosa e santa
(2Mac 13,4446).
Pedide e recibiredes, buscade e atopa
redes, petade e abrirásevos. Pois quen
pide, recibe; quen busca, atopa; e a
quen peta, abriráselle (Mt 7,78).
Erguéndose moi cedo, aínda de noite,
saíu para un lugar arredado, onde se
puxo a orar (Mc 1,35).
OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS
ACONTECEMENTOS
Bautizos:
Valentina Caride Ruenes, de
Alejandro e Berenice (09102016).
Aday Ramírez Porto, de César Javier
e Dulce María (10102016).
Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio
e Patricia (29102016).
Defunción:
Eduardo Eulogio González González
(Penelas, 73) (14072016).
…rezade uns polos outros para que
teñades saúde. Moito pode a oración
teimosa do xusto (Sant 5,16).
Orade como se todo dependese de Deus e
traballade como se todo dependese de
vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).