1. Respóndoche graficamente
Unha secuencia para producir unha infografía que responda cuestións ou
afirmacións que denotan ideas falsas existentes sobre a historia da lingua.
LINGUA GALEGA E LITERATURA, 3º ESO
Orixe: http://es.123rf.com/
2. Que contidos e destrezas se traballan?
• O xénero infografía.
• A orixe e formación da lingua galega.
• A lingua na Idade Moderna.
• A lingua no s. XIX.
• Os conceptos básicos de sociolingüística.
• Inferir os trazos da infografía.
• Desenvolver o dominio dalgunhas estratexias e fórmulas deste xénero.
• Planificar, analizando a situación comunicativa, xerando e organizando as ideas, infografías.
• Compoñer o borrador, seguindo o planificado, deste xénero textual.
• Coñecer as circunstancias que definen a formación e as diferentes etapas da historia social
da lingua galega ata o s. XIX.
• Pescudar e identificar as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social
da lingua galega ata o s. XIX.
• Comprender a ligazón das circunstancias da historia social da lingua coa súa situación
actual.
Cales son os principais criterios de avaliación?
Capta a información, tamén implícita, de determinadas infografías
Recoñece os trazos fundamentais do xénero que hai que producir
Comprende os textos expositivos das fontes e extrae información esencial
Selecciona información histórica e incorpóraa a unha liña temporal
Segue un plan de composición atendendo as escollas e conexións precisas
Elabora unha infografía, axustada, apropiada e clara
Que proceso xeral se seguirá?
1. Situarse criticamente ante o contido dunha infografía.
2. Inferir e recoller trazos da infografía a partir de distintos exemplos.
3. Debullar a información do tema do traballo, con inclusión de actividades tipo libro de texto.
4. Recoller información básica nunha liña temporal.
5. Planificar a composición: distribución espacial dos datos precisos, etc.
6. Compoñer e revisar.
Cales son as condicións de realización?
É un traballo individual, para facer -agás apoios puntuais- na casa e entregar en documento dixital
ou en papel ata o final da segunda semana de novembro.
3. 1. Case todo en moi pouco
“Son máis sintéticas cós vídeos, máis narrativas ca un
esquema, máis atractivas cás táboas de datos, máis
exploratorias cás presentaciones tradicionais e, a diferenza
dos textos escritos, permiten visualizar a información que
presentan” (Rosana Larranz)
A infografía foi e segue a ser un recurso xornalístico e
académico, mais recentemente constitúe tamén un xénero dos
medios dixitais con aplicacións nos máis diversos ámbitos.
Pretende ser unha representación visual de información, con
descricións, narracións, procesos ou interpretacións
presentadas de maneira gráfica.
O seu obxectivo básico é facilitar o acceso a información
complexa. Mais este pode estar ao servizo doutros fins, como
no caso da infografía da dereita, froito dunha campaña
publicitaria dunha coñecida marca. Saibamos ou non cal é a
súa orixe, podemos comentar o seguinte:
• Que obxecto configura a disposición dos contidos e
para que?
• En que partes te fixaches antes? A que constribúen as
imaxes e iconas?
• Que diferente tipo de datos estatísticos aprecias?
Como se presentan visualmente?
• Máis alá das distancias persoais coas medias, cres que
toda a información será “estatisticamente” veraz? Ten
en conta que poden personalizar a infografía no
espazo web da empresa persoas desde os 18 aos 99
anos.
• Procúrase, logo, informar neste caso? Cal é a
finalidade fundamental do texto?
Se queres obter a infografía cos teus datos, accede a
http://ir.gl/286fff
4. 2. A infografía a grandes trazos
Fixémonos nalgúns exemplos máis para intentar caracterizar este modelo textual.
Tomado de http://blogs.xunta.es/
6. 2.1. Revisa os elementos fundamentais dunha infografía que se especifican no cadro e indica se
están presentes en todas as anteriores, coas matizacións que sexan precisas.
Infografías
Elementos
Anónimo
Calquera
Sociedade da
Información
Reforma das
pensións
Nova Caixa
Galega
NCG Banco
Título claro e directo;
pode acompañarse dun
subtítulo
Corpo gráfico: contén a
información visual; soe
ter unha imaxe central da
que derivan
Texto: proporciona a
explicación
imprescindíbel para
comprender o que os
elementos icónicos non
poden recoller
Fontes: indica onde se
obtivo a información
Crédito: o nome do/a
autor/a
7. 2.2. Centrámonos agora nos trazos característicos. Considera esas mesmas infografías e mais
as dúas seguintes para decidir como completar esta táboa:
Relevancia do visual A información non textual pódena achegar diferentes constituíntes:
mapas, .............................................................................................
Combinación de
texto e imaxe
Texto con formato
Diferentes estruturas Diagrama, ........................................................................................
Maximízase a comprensión coa precisión, o impacto visual e a claridade.
8. 3. A información debullada
Posto que o tema da nosa infografía esixe
comprender a evolución histórica da
lingua galega anterior ao século XX,
revisaremos estes contidos minimamente.
Para resolver as actividades desta parte,
consulta o libro de texto (especifícanse as
páxinas para o da editorial Anaya) e mais
a información que se achega aquí. Tamén
se recomenda visitar estas dúas fontes:
http://ir.gl/da20f0 e http://ir.gl/55ed80 .
3.1. Orixe e formación da lingua
(Anaya: páxs. 21-3).
3.1.1. Coloca as seguintes palabras ao
lado dos seus étimos de acordo coas
regras fonéticas sinaladas e indica se se
trata de cultismos, semicultismos ou
palabras patrimoniais.
clamar, riba, prata, soidade, prado,
abella, lobo, fraco, chamar, moeda,
cravo, amigo, roda, chama, chan, chave,
clave, cheo, espiga
-P- > -b- -K- > -g-
RIPAM>
APICULAM>
LUPUM>
AMICUM>
SPICAM>
-T- > -d- PL- > ch-
SOLITATEM>
PRATUM>
MONETAM>
ROTAM>
PLANUM>
PLENUM>
CL- > ch- FL- > ch-
CLAMARE>
CLAVEM>
FLAMMA>
CL- > cl-
FL- > fl-
PL- > pl-
PL- > pr-
FL- > fr-
CL- > cr-
CLAMARE>
CLAVE
PLATTAM>
FLACCUM>
CLAVUM>
3.1.2. Procura a lingua de procedencia
das seguintes palabras e clasifícaas
segundo se trate de elementos de
substrato ou de superestrato,
9. especificando a lingua de orixe.
alquimia, amorodo, touza, espeto, alambique, albeite, cabazo, almacén, xadrez, azafrán, espora,
xinete, laranxa, arroz, escuma, azucena, lousa
3.2. O galego na Idade Media (Anaya: páx. 51). Pódese dicir que o galego foi unha lingua normal
(normalizada), como calquera das romances, na Idade Media?
3.3. O galego na Idade Moderna (Anaya: páx. 150). A que feitos históricos e a que realidades
sociolingüísticas diferentes se refire o Padre Sarmiento neste texto?
No pocas veces he pensado en cuál ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso
o abuso de escribir en castellano lo que antes se escribía en latín o en gallego. No hay género de
escritura, testamento, donación, venta, contrato, foro, arriendo, compra, trueque, partijas, etc.,
que yo no haya visto y leído en Galicia o en latín o en gallego (...) No habiendo pues precedido
ni concilio ni cortes, ni consentimiento uniforme de los gallegos para actuar, otorgar, comerciar
en lengua castellana, ¿quién lo introdujo? La respuesta está tan patente que Galicia llora y llorará
siempre; no los gallegos, sino los no gallegos que a principios del siglo XVI inundaron el Reino
de Galicia, no para cultivar sus tierras, sino para hacerse carne y sangre de las mejores.
3.4. O galego no século XIX (Anaya: páxs. 172-3). O termo Rexurdimento aplícase á cultura
escrita, especialmente ao ámbito literario, pero non debe empregarse para denominar a situación
social e de uso oral da lingua no século XIX. Por que?
3.5. Conceptos básicos de sociolingüística. Caracteriza brevemente a situación da lingua galega en
cada un dos tres grandes períodos vistos empregando axeitadamente os termos diglosia,
normalización, lingua minoritaria, lingua minorizada e lingua dominante.
A lingua galega
na Idade Media
A lingua galega
na Idade
Moderna
A lingua galega
no século XIX
Conceptos básicos de sociolingüística
1. A sociolingüística
É unha disciplina que estuda a linguaxe como fenómeno social e cultural e
que se centra nas relacións entre a lingua e a sociedade. Todas as linguas
son sistemas de comunicación pero tamén serven como importantes
elementos da identidade das persoas, dos grupos sociais e dos pobos.
2. Contacto de linguas, bilingüismo e diglosia
Interésalle á sociolingüística sobre todo o contacto entre dous ou máis
grupos lingüísticos dentro dunha mesma área ou país. Neste caso, as relacións entre eles poden
ser igualitarias, pero o máis frecuente é que sexan discriminatorias e conflitivas.
10. De feito, o bilingüismo é un fenómeno fundamentalmente individual, entendido como a
capacidade que ten unha persoa para comunicarse, máis ou menos con igual destreza, en dúas
linguas. Mais, o uso lingüístico das comunidades sempre é desigualitario. Isto significa que as
dúas linguas, e as respectivas comunidades lingüísticas en contacto, teñen un status político,
social ou cultural diferente. A lingua que se atopa en situación privilexiada adoita denominarse
lingua A (Alta) e a que padece a situación desfavorecida denomínase lingua B (Baixa).
En comunidades como a nosa, temos que ter en conta estes dous conceptos para entender o
comportamento dos seus falantes. Por mor da diferenciación diglósica de funcións sociais para
cada unha das linguas, o emprego do galego ou do castelán pode depender de tres factores: o
grao de formalidade -o galego só para usos informais-, os contextos ou situacións -o galego
reducirase ao rural e aos barrios- e os interlocutores -usarase o galego ou o castelán dependendo
do status social, da confianza, etc.
3. Normalización e normativización
Aínda que ambos adoitan referirse a linguas B, cómpre non confundir estes conceptos.
A normalización lingüística é o proceso orientado a converter unha lingua en vehículo normal de
comunicación dunha sociedade, isto é, que sexa utilizada de forma habitual nos principais
ámbitos da vida pública. Para conseguir a normalización precísase un pulo institucional (o apoio
por parte da Administración), un pulo social (o apoio por parte da sociedade, isto é, medios de
comunica- ción, empresas, comercio, colectivos profesionais, sindicatos e outras organizacións)
e un pulo individual (asentado na vontade de cada unha das persoas).
En cambio, a normativización é o proceso que conduce á constitución dunha variedade estándar
da lingua. Cando unha lingua falada comeza a escribirse e a utilizarse na comunicación pública e
formal, iníciase un proceso de normativización, que culmina cando a lingua se dota dunhas
normas completas.
4. Linguas minoritarias e minorizadas. Lingua dominante e
conflito lingüístico
Os termos maioritario e minoritario refírense ao número de falantes,
mais cómpre reparar no ámbito territorial que se toma como
referencia. Así, no Estado español o castelán é a lingua das tres
cuartas partes da poboación aproximadamente, mentres que o
galego, o catalán e o éuscaro son falados por porcentaxes máis
reducidas. Pero, en cambio, en Galicia, o galego é -e sempre foi- a
lingua maioritaria da poboación.
O termo de lingua minorizada refírese a unha lingua que convive en inferioridade de condicións
con outra. A minorización dunha lingua implica a discriminación social e cultural dos seus
falantes, o que conduce a infravalorala. Por iso, as linguas en situación minorizada tenden a ser
abandonadas polos seus propios falantes.
En Galicia coexisten dúas linguas, a propia do territorio e única durante sete séculos, o galego, e
a introducida no s. XV polas clases dirixentes vindas de Castela para substituír a nobreza galega,
o castelán. A existencia de dúas linguas marcadas socialmente provoca un conflito lingüístico,
posto que:
a) o galego viu restrinxidas as súas funcións e os seus ámbitos de uso na sociedade (aínda
hoxe ten unha escasa presenza na xustiza ou nas empresas, por exemplo), é dicir, foi
convertida en lingua minorizada -que non minoritaria-, situación que se pretende modificar
coa normalización lingüística;
b) o castelán estableceuse desde o poder político e económico e ficou desde aquela
marcado positivamente, con maior prestixio social. Este dominio outórgalle o papel de
lingua hexemónica ou dominante, aínda que sempre foi minoritaria en Galicia.
Con algunhas definicións tomadas de Lingua galega e literatura, 3º ESO, editorial Galaxia
11. 4. A liña de partida
Revisa todas as fontes de información indicadas no punto anterior para completar a seguinte liña
temporal. Insere os datos que consideres máis relevantes, situándoos nun século determinado (ou
nun ano, se hai unha data concreta) e enunciándoos con moita precisión.
5. Moito plan para pouco texto
Xa tes máis asentados os coñecementos necesarios para compoñer o texto. Ímolo planificar
seguindo estes pasos.
a) Escolle unha destas cuestións erradas, que intentarás resolver, aclarárllela a quen non coñeza ou
comprendese mal a realidade histórica da lingua galega. O título da túa infografía terá que facer
referencia dalgún xeito á cuestión que elixas.
• *O galego deixouse de falar nos Séculos Escuros e logo recuperárono os escritores
• *O galego evolucionou moi pouco desde o latín e por iso nunca serviu para avanzar
socialmente
• *O galego nunca sufriu presión por parte do castelán
• *Os galegofalantes foron deixando o seu idioma porque libremente o decidiron
• *O castelán é tan idioma propio de Galicia historicamente como o galego
• *O galego falárono algunha vez máis ca catro pailáns ou nacionalistas?
b) Centra a necesidade de información dos receptores que asumen esa idea errónea. En relación con
iso, decide a cantidade de información acaída, descartando entre todo o que sabes o que non sexa
relevante.
c) Xerarquiza a información, decidindo a que se lle dará maior énfase. Conecta as ideas e datos e
tira conclusións.
d) Procura imaxes e iconas relevantes, que axuden a situar esa información. Podes botar man de
http://www.iconarchive.com . Se podes, confecciona algún gráfico.
e) Decide a estrutura da infografía, a secuencia que ordenará os elementos. As máis adecuadas,
evidentemente, son a cronolóxica e a de preguntas-respostas.
f) Anota algunhas claves do deseño: fondo, cores, tipografía...
g) Recolle as fontes para citalas ao final da infografía.
Podes acceder a múltiples exemplos para tomar modelos en http://ir.gl/99dc6c , http://ir.gl/249a ou
http://ir.gl/68eab2 .
1863: Inicio do
estudo científico:
dicionarios e
gramáticas
S. IX:
Conformación das
linguas romances
Elementos de substrato:
precelta e celta
12. 6. Compoñemos e revisamos
Para realizar xa a infografía, podes empregar o papel ou medios informáticos. Na rede hai varios
servizos gratuítos ben funcionais, como por exemplo http://piktochart.com/ . Atende cando menos
estas recomendacións:
Integra a información e os elementos icónicos antes seleccionados. Inclúe só a información
necesaria e dun xeito tal que sexa doada de interpretar, que poida visualizarse e procesarse
con rapidez. Non abuses do texto.
Inclúe só información que teñas a seguridade de que é veraz.
Distribúe de xeito equilibrado os textos e os elementos icónicos. Lembra que as imaxes non
son mera decoración, pois terán que cumprir unha función informativa.
Faina funcional e atractiva. Usa cores con bo contraste para facilitar a lectura. Destaca os
fragmentos de texto fundamentais.
Usa letra clara non menor de tamaño 10, evita as cursivas e os sombreados, prefire fontes
sinxelas como Arial, Times New Roman ou Calibri, usa cores claras para os fondos.
Para revisar a túa creación, antes de decidir entregala, seranche de utilidade estes criterios:
✔ Considerei todos os elementos propios da infografía.
✔ Respondín a unha idea errada con información axustada á realidade histórica.
✔ Incluín información suficientemente ampla pero non excesiva.
✔ Organicei a información en aspectos específicos conectados.
✔ Destaquei datos e ideas clave por medio do tamaño, da cor...
✔ Integrei imaxes e textos, con predominio das primeiras.
✔ Empreguei imaxes acordes co tipo de información.
✔ Incluín formas ou iconas relevantes e con proporción.
✔ Decidín o deseño xeral de acordo co tema.
✔ Conseguín que a distribución espacial de todos os elementos sexa clara.
✔ Empreguei unha tipografía adecuada ao tipo de información.
✔ O resultado é completamente orixinal.